Post on 13-Apr-2017
José Antonio PagolaMúsica:Luz que vence la sombra-Present: B.Areskurrinaga
Segundo o relato evanxélico, os que pasaban ante Xesús crucificado sobre a colina do Gólgota burlábanse del e, rindo da súa
impotencia, dicíanlle: «Se es Fillo de Deus, baixa da cruz».
Xesús non responde á provocación.
A súa resposta é un silencio cargado de
misterio. Precisamente porque
é Fillo de Deus permanecerá na cruz
ata a súa morte.
As preguntas son inevitablesComo é posible crer nun Deus crucificado polos homes?
Decatámonos do que estamos
dicindo?Que fai Deus nunha cruz?
Como pode subsistir unha relixión fundada nunha concepción tan absurda de Deus?
Un "Deus
crucificado" constitúe unha revolución e un escándalo que nos obriga a
cuestionar todas as ideas que os humanos nos facemos dun Deus ao que
supostamente coñecemos.
O Crucificado non ten o rostro nin os trazos que as relixións atribúen ao Ser Supremo.
O "Deus crucificado" non é un ser omnipotente e maxestoso, inmutable e feliz, alleo ao sufrimento dos humanos, senón un Deus impotente e humillado que sofre connosco a dor, a angustia e ata a
mesma morte.
Coa Cruz, ou acaba a nosa
fe en Deus, ou nos abrimos a
unha comprensión
nova e sorprendente dun
Deus que, encarnado no
noso sufrimento, nos ama de
manera incrible.
Ante o Crucificado empezamos a intuír que Deus, no seu último misterio, é alguén que sofre connosco. A nosa
miseria aféctalle. O noso sufrimento salpícao.
Non existe un Deus cuxa vida transcorre, por dicilo así, á marxe das nosas penas, bágoas e
desgrazas. El está en todos os calvarios do noso mundo.
Este "Deus crucificado" non permite unha fe frívola e egoísta nun Deus omnipotente ao servizo
dos nosos caprichos e pretensións.
Con este Deus encontrámonos cando nos acercamos ao sufrimento de
calquera crucificado.
Este Deus ponnos mirando cara ao
sufrimento, o abandono e o desamparo de
tantas vítimas da injustiza e das
desgrazas.
Os cristiáns seguimos dando toda clase de rodeos para non atoparnos co "Deus
crucificado". Aprendemos, incluso, a erguer a nosa
mirada cara á Cruz do Señor, desviándoa dos crucificados que están ante os nosos
ollos.
Con todo, a maneira máis auténtica de celebrara a Paixón do Señor é avivecer a nosa compaixón.
Sen isto, dilúese a nosa fe no "Deus crucificado" e ábrese a porta a toda clase de
manipulacións.
Que o noso bico ao Crucificado nos poña sempre mirando cara aos que, cerca o lonxe
de nós, viven sufrindo.