Post on 07-Mar-2016
description
A AUGA EDUCACIÓN INFANTIL – 3 ANOS C.E.I.P. A LAXE (Ferrol) Proxecto de investigación sobre a auga que xira en torno a dous eixos fundamentais: o eixo científico e o eixo medioambiental. Patricia Martínez Díaz 2º Trimestre do curso 2008/ 2009
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
O proxecto comeza con varias conversas coas nenas e nenos para descubrir os coñecementos previos sobre o tema que iamos afrontar este 2º trimestre.
Nestas conversas as nenas e nenos falan do que é a auga, de
onde hai auga, de cómo é a auga, etc.
A partir de aquí, buscamos información, tanto na casa como na
escola e comezamos a aprender…
COMO É A AUGA?
Para que entenderan un pouquiño o que é a auga, formamos
con globos a molecula da mesma, é dicir, 2 globos brancos na
parte de arriba que serían o hidróxeno, e un globo azul na
parte de abaixo, que sería o osíxeno. As nenas e nenos
apréndeno enseguida porque a molécula de auga parécese á
cara de Mickey Mouse.
As nenas e nenos colorearon
a fórmula da auga e a súa
molécula.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Ao longo de varias sesións fixemos diferentes experimentos
para averiguar a cor, o sabor e o olor da auga (pincha nos
enlaces para ver os vídeos).
EXPERIMENTO DA COR
EXPERIMENTO DO SABOR
EXPERIMENTO DO OLOR
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Para continuar coa nosa investigación, fixemos 3 experimentos
máis para averiguar os estados nos que podía aparecer a auga
e descubrimos que eran 3 (pincha nos enlaces para ver os
vídeos):
EXPERIMENTO LÍQUIDO – SÓLIDO
EXPERIMENTO LÍQUIDO – GASOSO
As nenas e nenos
fixeron unha serie
de fichas nas que
tiñan que pegar fotos
da auga nos seus 3
diferentes estados.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
ONDE HAI AUGA?
Para responder a esta pregunta estivemos vendo un DVD que
nos trouxo Roberto e unha morea de libros que nos mandaron
as familias. E así, dándolle voltas e máis voltas descubrimos que
a auga estaba presente en moitísimas cousas e sitios.
O primeiro que
descubrimos foi que
había auga na terra
e no noso corpo.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Tamén fomos vendo que
a auga estaba nos
alimentos, nos animais,
nas plantas, etc.
O que máis nos chamou a atención foi descubrir que a maioría
do noso corpo era auga.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
PARA QUE SERVE A AUGA?
Neste apartado, todos xa sabiamos moitísimas cousas para as
que utilizábamos a auga así que, decidimos facer uns carteis
ben grandes e poñelos na porta da clase.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
O CICLO DA AUGA
Rebuscando en internet, atopamos a unha gotiña chamada
Clariña que nos foi explicando como viaxaba ao longo do tempo.
Fixemos un mural moi grande no que debuxamos a Clariña e a
todos os elementos que influían na súa viaxe.
Igualmente decoramos con diferentes técnicas plásticas o
conto titulado “A viaxe da gotiña Clariña” que facía referencia
ao ciclo da auga.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Que ben o pasamos
facendo este conto!!
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Tamén quixemos facer un panel decorado con unha paisaxe no
que Clariña puidera viaxar, e así o fixemos. Coloreamos con
témperas unha paisaxe cun río e fixemos unha gotiña,
plastificamos todo e puxemos un pouquiño de velcro nos sitios
polos que pasaba Clariña, de tal xeito que podiamos xogar con
ela e ir movéndola por toda a paisaxe, como fan na realidade as
gotiñas de auga.
Clariña no río
Clariña nas
nubes
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Clariña caendo
(cando chove)
Clariña regando
O campo
Clariña volvendo
á súa casiña, o río
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Por último ordeamos unhas viñetas sobre a viaxe de Clariña e
fixemos un debuxo, para incluír no dosier.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
PROPIEDADES DA AUGA
Estivemos falando moito sobre este aspecto e decidimos facer
un experimento para investigar que cousas flotan na auga.
EXPERIMENTO DE FLOTACIÓN
BENEFICIOS DA AUGA
Entre todos descubrimos as cousas boas da auga e o sana que é
para nós, polo que temos que beber moita auga.
Como xa sabemos as
letras da palabra
AUGA, as pegamos
na ficha
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
O COIDADO DA AUGA
Como todos sabemos que unha imaxe vale máis que mil palabras,
estivemos vendo vídeos e fotos sobre os problemas que
causaría a falta de auga e os problemas que está a causar o
cambio climático co desxeo dos polos e a desertización. Todos
estamos moi concienciados e sabemos que temos que coidar a
auga e aforrar o máximo posible. Por todo isto, no Entroido
disfrazámonos de billas e formamos a comparsa “Nin unha gota
de máis” e tamén levabamos a Clariña connosco. Ademais
cantamos unha canción titulada “El agua es vida” que falaba
diso, do coidado da auga.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
DIA DA CIENCIA MÁXICA CON AUGA (pincha para ver o vídeo)
Como colofón do proxecto organizamos unha sorpresa para as
nenas e nenos, en colaboración coas familias. Oito familiares
asistiron un día ao cole disfrazados de Magos da auga e, no
ximnasio do cole, prepararon oito experimentos máxicos coa
auga.
Estes experimentos os atopamos no libro “Ciencia Máxica” de
Alejandra Vallejo – Nájera.
COMO PASAR A AUGA DUN VASO A OUTRO SEN TOCALOS…
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
METER UN VASO CUN PAPEL NA AUGA E NON MOLLAR O PAPEL…
A BOTELLA MÁXICA QUE BOTA AUGA AINDA QUE ESTEA CERRADA…
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
FACER QUE A AUGA SUBA POLAS PAREDES…
MOVER DE DIFERENTES FORMAS GOTIÑAS DE CORES POLA AUGA …
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
HINCHAR UN GLOBO CUNHA BOTELLA DE AUGA SEN SOPRAR …
FACER UN VOLCÁN DENTRO DA AUGA …
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
XUNTAR CORTIZAS QUE FLOTAN SEN TOCALAS …
TODAS AS MAGAS E MAGOS COAS ALUMNAS E ALUMNOS DE
EDUCACIÓN INFANTIL DO CEIP A LAXE (FERROL)
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
ACTIVIDADES PLÁSTICAS
As nenas e nenos decidiron facer un barquiño, pero un
barquiño moi especial, feito coa cortiza das árbores que tirou o
ciclón Klaus que pasou pola nosa cidade.
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
.. .. .. .. AA AA UUGG AA .. .. .. .. nnoommee
C.E.I.P. A LAXE – CURSO 2008/ 2009 TITORA: PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
Agardo que disfrutarades tanto
coma nós con este bonito proxecto.
C.E.I.P. A LAXE
TITORA:
PATRICIA MARTÍNEZ DÍAZ
ALUMNAS E ALUMNOS DE 3 ANOS:
IVÁN S.
JORGE
IVÁN E.
LUCÍA
JUAN
CECILIA
MARCOS
ROBERTO
RAÚL