A enerxía (Primaria)

Post on 13-Jun-2015

76 views 0 download

Transcript of A enerxía (Primaria)

A enerxía

Toda a actividade da natureza e do ser humano é produto do uso da enerxía nas súas diferentes formas de manifestarse.Sen enerxía non poderiamos movernos, nen traballar, non poderíamos acender a luz, quecernos, facer funcionar as máquinas, utilizar vehículos para desprazarnos...Sen enerxía non habería chuvia nin vento as plantas non medrarían e non existiría vida nin se producirían cambios no Planeta nin no Universo.

A enerxía dos animais procede dos alimentos que consumen. Os músculos utilizan a enerxía que conteñen os alimentos para producir traballo e calor.

Os animais de “sangue frío” carecen dun sistema interno para regular a súa temperatura corporal polo que precisan quecerse cos raios do sol.

Case toda a enerxía que utilizamos procede do sol. Regula o ciclo da auga, fai posible a fotosíntese, produce os ventos, quece aos seres vivos...

Todas as máquinas precisan de algunha fonte de enerxía.

As plantas e os animais utilizan a enerxía da natureza para subsistir e medrar.

O ser humano, ademais, descubriu diversas formas de aproveitar e transformar a enerxía dispoñíble na natureza.

Enerxía é a capacidade para producir un traballo

A enerxía é sempre a mesma, pero pode

manifestarse de moitas formas

Enerxía mecánica maniféstase co movemento

Enerxía eléctrica

Enerxía radiante(electromagnética)producida polos saltos dos electróns dentro dos átomos

Enerxía térmica ou calorífica

Enerxía sonora

Enerxía química

Enerxía nuclear

E. nuclear E. electromagnética E. eléctrica E. luminosa - E. calorífica – E. sonora

TRANSFERENCIAS ENERXÉTICASSempre que se fai uso da enerxía realízanse transferencias dunhas formas ás outras.

DÚAS FORMAS DE APROVEITAR ENERXÍA PROCEDENTE DO SOL

E. nuclear E. electromagnética E. química E. calorífica E. mecánica E. eléctrica E. luminosa - E. calorífica – E. sonora

Sol panel fotovoltaico-corrente eléctrica-televisor

Sol -plantas -carbón -central térmica -corrente eléctrica-televisor

Fontes enerxéticas

Enerxía solar

O Sol é a fonte da maioría da enerxías: quece o solo, o aire e o mar, produce o vento, fai circular a auga, permite a fotosíntese das plantas...

FONTES DE ENERXÍANON RENOVABLES

Unha vez transformadas as fontes esgótanse. En xeral son contaminantes e algunhas perigosas para os seres vivos e o medio ambiente.

-Combustibles fósiles: carbón, petróleo, gas natural-Minerais: uranio, plutonio... (Enerxía nuclear)

RENOVABLES

Estanse xerando continuamente. A maioría proceden dunha fonte practicamente inesgotable, o Sol.No seu proceso de transformación, producen poucos problemas ambientais:

-Enerxía solar -Enerxía eólica -Enerxía xeotérmica -Enerxía mariña -Enerxía da biomasa -Enerxía hidráulica

Enerxía eólicaaproveita a enerxía do vento

Enerxía hidráulicaproducida polas correntes de auga

Enerxía mariñaAproveita a enerxía das mareas, da ondas e das diferencias de temperatura da auga do mar

Enerxía xeotérmicaaproveita a calor interna da terra

Enerxía da biomasaa enerxía almacenada polos seres vivos

Combustibles fósilesÉ unha forma de biomasa que se orixinou hai millóns de anos

Enerxia nuclearAproveita a enerxía da rotura dos atomos radioactivos

CENTRAL NUCLEAR

Pilas e bateríasconteñen substancias químicas que reaccionan e xeran un fluxo de electróns

Enerxía e medio

ambiente

A transformación da enerxía produce importantes efectos sobre o medio ambiente:•Perda da calidade do aire•Aumento do efecto invernadoiro e aumento global da temperatura.•Diminución da capa de ozono...

Os AUTOMÓVILES emiten á atmosfera grandes cantidades de gases contaminantes que contribúen ao aumento do efecto invernadoiro, á producción de chuvia ácida e a diminución xeral da calidade do aire.

Son tamén un importante foco de contaminación acústica.

o aforro enerxético

É a mellor das alternativas ao consumo de enerxía por dúas razóns fundamentais: reduce o consumo e á vez todos os efectos negativos que xera a súa producción e os seus resíduos.

MEDIDAS URXENTES:

+Investigar novas fontes de enerxía e mellorar os procesos actuais.

+Aumentar o consumo das fontes enerxéticas renovables.

+Acadar maior eficiencia no consumo: nas vivendas, nas industrias, nas empresas, nos vehículos... xa que actualmente se desperdicia arredor dun 30% da enerxía producida.

MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO

NOS TRANSPORTES-Utilizar sempre que sexa posible os transportes colectivos-Facer os pequenos desprazamentos a pe, en bicicleta...-Utilizar vehículos de consumo reducido e telos en boas condicións de funcionamento.-Para aforrar combustible no automóbil debemos conducir sen pasarnos de revolucións e sen aceleróns bruscos.

Por cada litro de combustible empregado no transporte podemos obter rendementos diferentes segundo o uso que fagamos del:-Un coche, cun so pasaxeiro percorrería 10 km-Se nese coche viaxasen 4 persoas, case se multiplicaría por catro o seu rendemento.-Un autobús con 50 pasaxeiros ou un tren con 300 percorrería 50 km.

MEDIDAS DE AFORRO ENERXÉTICO

NAS VIVENDAS, EDIFICIOS...-Adaptar as construcións ás condicións naturais do entorno para aproveitar a enerxía do medio (sol, luz...).-Utilizar sistemas de illamento para evitar as perdas de enerxía.-Instalar aparellos de baixo consumo.-Utilizar enerxía limpas e renovables.

Casa solar

SISTEMAS DE AFORRO DE ENERXÍA QUE SE PODEN INSTALAR NUNHA VIVENDA

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro,Internet.DEBUXOS: Mon Daporta