Post on 20-Jul-2015
É unha forma de expresión artística na que un autor emprega a
linguaxe dun xeito especial para:
Crear beleza coas palabras
Expresar sentimentos.
Reflectir un mundo imaxinario no que todo é posible.
Tamén se lle chama literatura ao conxunto de obras literarias que
se escriben nunha lingua.
QUE É A LITERATURA A literatura
é unha arte
que
traballa coa
linguaxe
como fai a
pintura coa
cor e o
debuxo ou
a
arquitectura
cos
edificios.
É a clasificación que facemos das obras literarias de acordo coas súas
características formais (segundo se empregue o verso ou a prosa, a presenza ou
non dun narrador...) ou temáticas (o asunto do que traten).
QUE SON OS XÉNEROS LITERARIOS
Principais xéneros literarios
Narrativa
Obras nas que un
narrador contas os feitos,
reais ou fantásticos, que
lles ocorren a uns
personaxes.
Teatro
Obras escritas para
seren representadas e
nas que os personaxes
dialogan entre eles.
Lírica
Obras escritas en verso,
nas que o autor
expresa os seus
sentimentos.
Conxunto de manifestacións literarias
que o pobo adopta como propias e
nas que participa creativamente de
forma oral.
LITERATURA POPULAR
Caracterízase por ter un autor
coñecido e por transmitirse
fundamentalmente de forma escrita.
LITERATURA CULTA
Características da literatura popular
É anónima.
Transmitiuse oralmente a través
dos séculos, polo que pode haber
varias versións.
A linguaxe é sinxela.
Características da literatura culta
Ten autor coñecido.
Transmítese de forma escrita,
polo que hai un texto único.
A linguaxe está moi coidada.
OS RECURSOS ESTILÍSTICOS
son os diversos "trucos" que utiliza o escritor para facer máis expresiva a súa mensaxe e chamar a atención do lector.
fonéticos
O autor pretende
resaltar o contido da
súa mensaxe valéndose
dos sons da lingua.
morfosintácticos
Baséanse en
determinados usos das
clases de palabras e na
orde dos compoñentes
das oracións
semánticos
Baséanse na relación
que existe entre o
significado e o
significante das
palabras.
Que ben , que bomba vén co seu rebumbio
A bomba, Bong!, a bomba, bom amigo!
Celso Emilio Ferreiro
Aliteración: repetición dun ou varios
fonemas cunha frecuencia que se poda
percibir facilmente
Onomatopea: imitación dos
ruídos que existen na natureza.
Gli, gli,gli, gli, gli, gli
Canta aquí, canta aló, canta acolá.
Onde diaño canta o grilo?
Onde o grilo cantará?
Roberto Blanco Torres
RECURSOS FONÉTICOS
Anáfora: Unha serie de oracións ou
versos comezan dun mesmo xeito
“Castellanos de Castilla
tratade ben ós galegos
cando van, van coma rosas
cando vén, vén coma negros”
Rosalía de Castro
RECURSOS MORFOSINTÁCTICOS
Do mar pola orela
mireina pasar
Na frente unha estrela
No bico un cantar.
Curros Enríquez
Vexo contigo estes ceos
vexo estas brancas auroras
vexo estes campos froridos.
Rosalía de Castro
Hipérbato: alteración da orde lóxica das palabras na oración
Paralelismo: Repetición dunha
mesma estructura sintáctica
Comparación: relación de
semellanza entre dous termos, un
real e outro imaxinario, que
aparecen relacionados mediante
partículas comparativas.
Noite escura como boca de lobo
Metáfora: Relaciónanse e
identifícanse dous conceptos entre si,
dos cales en ocasións só aparece
mencionado un.
A alma é unha roseira
florecida, callada
de rosiñas vermellas
e de rosiñas brancas.
Ramón Cabanillas
RECURSOS SEMÁNTICOS
Todo é agora silencio violento,
que me fire, que impide ata sorbe-lo aire.
Miro Villar
Metonimia: Noméase o todo por unha parte, unha parte por outra, unha
parte polo todo,.
O menú do día inclúe tres pratos e sobremesa.
Personificación: Consiste en atribuír
calidades humanas a seres
inanimados
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
García Lorca
Hipérbole: É unha esaxeración
desmesurada
RECURSOS SEMÁNTICOS