Post on 06-Oct-2020
·A normativa vixente (tras Covid) indica:
a 3ª avaliación será de reforzo das competencias e estándares básicos.
procurarase afianzar o traballado previamente no curso.
ampliaranse só contidos que se consideren fundamentais.
procurarase a recuperación da materia pendente do alumnado que non superase as anteriores avaliacións.
o traballo da 3ª avaliación será sempre para subir as cualificacións, non pode baixalas.
axudarase ao alumnado no proceso educativo.
·Avaliación da materia de lingua galega e literatura + ámbito sociolingüístico de 3º PMAR:
media ponderada: 1ª aval. = 60 % (notas reais)2ª aval. = 40 % (notas reais)
establécese o aprobado en 4,5 (notificarei). as persoas que non acaden o 4,5 deberán facer
actividades de recuperación. as tarefas da 3ª avaliación poden subir nota.
AVISOS:
·a nota de aprobado no curso regular é 5 co cal
establécese un 4,5 pola situación dada e así favorecer o alumnado mediante unha rebaixa na valoración dos mínimos.
·un 4,3 non é case un aprobado pois faltan 0,7 ata a nota de aprobado estándar.
·Materias PENDENTES de cursos anteriores que aínda non as recuperasen:
deberán facer traballo que proporcione o profesorado.
farán unha proba telemática avaliativa na primeira semana de xuño en data e horario posto polo centro.
teñen o profesorado á súa disposición para calquera consulta ou solicitude de axuda que lles resulte necesaria.
·Procurarei seguir co traballo formativo facendo:
vídeos explicativos de materia xa vista ou comentada.
traballo de mellora das competencias básicas (fundamentalmente lecto-escritura) como indica a normativa.
actividades de reforzo do xa traballado e de preparación para o curso vindeiro.
disposición cara ao alumnado para solucionar dúbidas e problemas relacionados coa materia.
clase en liña?
·pailebote.wordpress.com
·contameunconto@gmail.com
·mandei avisos pola plataforma Abalar
·se é preciso falar comigo:
envíenme un correo electrónico ao enderezo anterior, ou a través do formulario de contacto que hai no blog, indicando o número de teléfono e poreime en contacto.