A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario

Post on 18-Jul-2015

557 views 7 download

Transcript of A situacion actual do bretón no ensino superior e universitario

Robert Neal BaxterRobert Neal BaxterUniversidade de VigoUniversidade de Vigo

A situación actual do A situación actual do bretón no ensino bretón no ensino

superior e universitariosuperior e universitario

1. A SITUACIÓN XERAL DA LINGUA

Perda de terreo

O territorio do bretón non parou de se reducir desde o século IX e, sobre todo, desde o XIX

Tamén foi minguando o número de falantes, pasando de ser a lingua maioritaria da Baixa Bretaña ao principio do século XX a representar menos de 9% da poboación total en 1999

Distribución por idades

A renovación xeracional non compensa a perda anual de falantes, cifrada en 10,000 persoas por ano

Hai un envellecemento acentuado da poboación britófona.

Nivel de alfabetizaciónA maioría das/os falantes son funcionalmente analfabetos en bretón

Ao non saberen ler e escribir en bretón resultan impermeábeis a seren educados/as nesta lingua

Á s v e c e s2 7 %

P o u c a s v e c e s

4 1 % N u n c a2 3 %

A m i ú d o5 %

M o i a m i ú d o4 %

2. O BRETÓN NA EDUCACIÓN BÁSICA

Proporción territorial

Consolidouse o ensino en bretón en todo o País, aínda que de xeito desigual

Evolución da matrícula

O crecemento da demanda tamén non para de aumentar en todos os sistemas bilingües

Crecemento da demanda

Nos últimos anos, no entanto, rexistrouse un desaceleración constante da taxa de crecemento da demanda

3. O BRETÓN NA EDUCACIÓN SUPERIOR

LICENCE: 1981.Roazhon

Brezhoneg ha keltiegBrest

Langue et culture régionales: spécialité breton et celtique

CAPES: 1985

DEUG: 1989 (suprimido en 2005)

O nivel dos estudos non se reparte de xeito igual en todos os tipos de centro

As dúas universidades públicas absorben a grande maioría da matrícula total

Repartición da matrícula

Evolución da matrículaTodos os ciclos experimentaron unha baixada na matrícula ao longo dos últimos anos

Aínda que fican consolidados os estudos de filoloxía bretoa, a matrícula global está á baixa

Outros estudos universitariosOptativaRoazhon2

Sant-Brieg (desde 2004)Brest

An Oriant

DiplomaBrest: Yezhoù ha sevenadur Breizh

MásterAn Oriant: Ingénierie de la Formation

Estudos extinguidosDiploma

Karaez-Plougêr (2000-2002)

$MásterAn Naoned (até 2002)

Formación continua

DaoulammRoazhon (1972/1975)

Universidade privada

DiplomaAradon

Gwengamp (desde 2001)

Métiers et Langue bretonne

No estranxeiro

A situación do bretón consolídase entre as outras “linguas rexionais”.

Mais neste ámbito tamén a demanda non para de diminuír

Formación do profesorado

4. CONCLUSIÓNS

Tras unha perda de falantes importante e unha política agresiva, a situación mellorou moito nos últimos anos, cunha política voluntarista por parte da Région a favor da promoción da lingua. Esta política nútrese e alimenta a un tempo o actual clima favorábel cara ao bretón na sociedade en xeral.

Esta melloría faise sentir no ámbito educativo, desde os niveis básicos que experimentaron e seguen a experimentar un crecemento importante, como tamén na creación e consolidación dos estudos universitarios.

Mais a situación está lonxe de estar plenamente normalizada, e a perda de falantes procede a un ritmo moito maior do que a aumento de novos falantes, e o número de alumnas/os escolarizadas/os en bretón segue a ser moi minoritario no conxunto da poboación escolar, tendencia que se acentúa cada vez máis a medida que se vai achegando aos niveis superiores de educación.

A pesar de a situación se ter estabilizado e consolidado, rexistra en todos os niveis educativos unha tendencia recente cara á desaceleración da taxa de crecemento, así como un estancamento nos niveis superiores.

A presenza do bretón como materia de estudo ao nivel universitario está máis desenvolvida nas dúas Universidade públicas de Roazhon e Brest, mais totalmente ausente da parte do País oficialmente fóra da Région administrativa. A universidade privada ofrece un formación superior, mais de máis baixo nivel, absorbendo unha pequena porcentaxe das/os estudantes.

O número total de estudantes que estudan o bretón nas diferentes universidades é esperanzador, mais enganoso, ao ser de lonxe a modalidade de materia optativa a que máis se cursa, polo que o nivel medio de competencia lingüística acadado polas/os estudantes matriculadas/os nas diferentes modalidades de bertón ofertadas nas universidades é insuficiente como para as/os capacitar para seguiren aulas impartidas en bretón.

Tamén é moi desigual, e en moitas ocasións deficiente, o nivel de competencia lingüística acadada polas/os alumnas/os provenientes das escolas secundarias bilingües, incapacitadas/os na súa maioría para se desenvolveren academicamente nesta lingua a nivel universitario, moitas veces nin sequera por pasiva.

Outro atranco que empece a impartición de aulas en bretón áchase na falta de docentes capacitadas/os para ensinaren e inclusivo para corrixiren traballos redactados en bretón.

Por todas estas razóns, o uso do bretón dentro da Universidade vese restrinxida á propia área de Filoloxía bretoa, sen que haxa indicios de que esta situación puider mudar nin a medio nin a longo prazo.