Post on 03-Oct-2020
ADEUS COLEXIO, ADEUS PRIMARIA!CEIP ANTONIO BLANCO RODRIGUEZ
COVELO
O IES VAL DO TEA
Como xa sabedes este curso o noso centro pasou a estar adscrito ao IES Val do Tea!
Situado na rúaFeliciano Barrera, 15. 36860 Ponteareas
Tlf. 886110513 Fax 886110526 email:ies.val.do.tea@edu.xunta.gal
A punto de comezar a E.SO
● É o momento de comezar a pensar na ESO: que é?
● Que materias terei? ● Con que profesores/as atoparei? ● Estarei en clase cos meus amigos do
cole?. É normal que teñas moitas
dúbidas...imos aclarar algunhas!
O Sistema educativo. Mudanzas importantes nos cambios de étapa....
Universidade.
BachilleratoCiclo formativo.
(17-18 anos)
ESO ( 12-16 anos)(outras opcións)
Educación primaria ( 7-12 anos)
Educación infantil ( 0-6 anos)
Mundo laboral
Que supón isto para ti?
1. O cambio a unha etapa educativa moi distinta e mais esixente. 2. O inicio da adolescencia:
Cambios físicos. Cambios psicolóxicos. Cambios sociais.
Diferencias mais importantes entre as etapas de Primaria e Secundaria.
PRIMARIA
Centro mais pequeno e coñecido
1 Aula Horario partido mañá e
tarde1 titor e poucos profesoresMenor peso dos conceptos
E.S.OCentro mais grande e
descoñecido.Aumenta número de aulasHorario intensivo de
mañá*. 1 titor e moitos
profesores.Profesores especialistas.Maior peso dos conceptos.
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA
Etapa educativa obrigatoria. Está dirixida ao alumnado dende os 12 ata os 16 anos. Ainda
que se pode permanecer nela ata os 18 ou 19 anos, en caso de ter que repetir.
Consta de 4 cursos organizados en dous ciclos:
1º ciclo: 1º curso de ESO 2º curso de ESO 3º curso de ESO
2º ciclo: 4º curso de ESO
Cando remates a etapa obterás o título de graduado en educación secundaria. O título é necesario para poder continuar estudos posteriores, xa sexan de bacharelato ou formación profesional.
O título acadado é o título mínimo que se esixe actualmente para desempeñar un posto de traballo, sin el terás unhas nulas posibilidades de ter un contrato de traballo.
MATERIAS 1º ESO● BIOLOXIA E XEOLOXIA : 4 SESIÓNS SEMANAIS● LINGUA CASTELÁ E LITERATURA : 4 SESIÓNS SEMANAIS● MATEMÁTICAS :5 SESIÓNS SEMANAIS● PRIMEIRA LINGUA ESTRANXEIRA 3 SESIÓNS SEMANAIS● XEOGRAFIA E HISTORIA 3 SESIÓNS SEMANAIS● EDUCACIÓN FISICA 2 SESIÓNS SEMANAIS● EDUCACIÓN PLÁSTICA , VISUAL E AUDIOVISUAL 2 SESIÓNS
SEMANAIS● SEGUNDA LINGUA ESTRANXEIRA 2 SESIÓNS SEMANAIS● VALORES ÉTICOS 1 SESIÓN SEMANAL● LINGUA GALEGA E LITERATURA 4 SESIÓNS SEMANAIS● TITORIA 1 SESIÓN SEMANAL● LIBRE CONF.CENTRO 1 SESIÓN SEMANAL
PROMOCIÓN E AVALIACIÓN
Poderase repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da etapa. Cando esta segunda repetición deba producirse en 3º ou 4º, prolongarase un ano o límite de idade (ata os 19 anos). Excepcionalmente, un alumno ou alumna poderá repetir unha segunda vez en 4º curso se non repetiu nos
cursos anteriores da etapa. Os alumnos promocionarán de curso cando superasen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa
en 2 materias como máximo. Repetirase curso con avaliación negativa en 3 ou máis materias, ou en 2 materias que sexan Lingua Galega e
Literatura / Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas de forma simultánea. As materias coa mesma denominación en diferentes cursos da ESO consideraranse como materias distintas. É
dicir, se suspendes lingua castelá de 2º e de 1º, serán consideradas como dúas materias diferentes, así que se suspendes unha máis, por regra xeral terías que repetir curso por suspender máis de dúas materias. Quen promocione sen superar todas as materias deberá matricularse das materias non superadas,
seguirán os programas de reforzo que estableza o equipo docente e deberán superar as avaliacións correspondentes. Quen non promocione deberá permanecer un ano máis no mesmo curso.
DEBEMOS TER EN CONTA QUE NA ESO HAI QUE...- Incrementar as horas de estudio ( 1h e 1/2h ou 2
ao día como mínimo)- Estudar día a día ( non basta con facer só os
deberes para mañana)- Programar os exames e estudar con varios días de
antelación.- Traballar cada día ( todos os días terás deberes)
- Ser autónomos .
- Planificar o tempo de estudio, apuntar na axenda e cumplilo.
- Ter un bo lugar de estudio ( na habitación, na mesa, boa luz, sen ruidos nin interrupcións, sen distraccións)
- Empregar técnicas de estudio adecuadas ( lectura comprensiva, subraiado, esquemas, etc.)
- Intenta non antepoñer outras actividades ao estudio ( extraescolares, sair con amigos, actividades de lecer ou de
casa...)- É MOI IMPORTANTE Combinar tempo de estudo con descanso
e ocio de forma equilibrada.
PERIGOS!*DROGAS:TABACO,ALCOL,CANNABIS.
* MALAS COMPAÑÍAS* DESMOTIVARSE polas baixas notas.
* QUERER SER “GUAY”* ACOSO ESCOLAR.
* VIOLENCIA MACHISTA...➔ LEMBRA ESTAR ATENT@ E SER TI MESM@. NON TE
DEIXES ENGANAR!