Alteración da liña do litoral e do patrimonio trabajo de xeo. e hª de galicia

Post on 04-Aug-2015

33 views 6 download

Transcript of Alteración da liña do litoral e do patrimonio trabajo de xeo. e hª de galicia

Traballo realizado polos alumno/as de Xeografía e Hª de Galicia

Andrea Carballo, Juan García, Cristina Gil, Andrea González, Laura Iglesias, Baltar Morgade, Andrea Pardo,

Cristina Riobó, & Noelía Solla.

ALTERACIÓN DA LIÑA DO LITORAL E DO

PATRIMONIO CULTURAL E URBANÍSTICO A CAUSA DO

TURÍSMO NAS RÍAS BAIXAS.

IntroduciónSituación do Concello de SanxenxoProceso de TransformaciónSituación actualOpinións ecoloxistasPrincipais problemáticas

Índice

Na costa galega estendeuse moito a utilización dun novo termo, "marbellización", utilizado para expresar o perigo da saturación urbanística que ameaza con desintegrar os seus valores e riquezas naturais. No que se refire ao turismo, as costas galegas, recuperadas do "efecto Prestige", enfróntanse á nova ameaza: a urbanización masiva. Dos seus 1.720 km de costa 1.200 están ameazados polo cemento.

Introducción

Os espazos declarados Lugares de Interese Comunitario (LIC) para integralos na Rede Natura 2000 europea enfróntanse á súa degradación polas urbanizacións, campos de golf ou plantas de acuicultura dentro dos seus límites. Oturismo ocasionou unha serie de alteracións socioeconómicas e unha nova conformación dá paisaxe, un cambio de fisionomía do hábitat.

A Ría de Pontevedra

O turismo en Sanxenxo causou moitos cambios neste pobo ao longo do tempo: perda da súa propia identidade ,cambios no espazo, na paisaxe, na sociedade , na economía, etc.

Sanxenxo

En 1835 constitúese o concello de Sanxenxo, era un pobo mariñeiro, cunha infraestructura urbana propia destes pobos.

Sanxenxo a principios do século XX

A comezos do século XX, Sanxenxo empeza a destacar polas súas calidades naturais, converténdose nun lugar habitual de veraneo, de políticos e outros personaxes de relevo social.

Sanxenxo na primeira metade do s.XX

Sanxenxo empeza a ser un dos principais destinos turísticos de Galicia, alterando profundamente o seu patrimonio urbanístico e económico.

Sanxenxo nos anos sesenta e setenta

O crecemento que experimentou dende os anos 80 é moi considerable.

Sanxenxo a partir dos anos oitenta

A estrutura urbanística esperimentou numerosos cambios.Os factores naturais (agricultura, gandería, pesca) perderon importancia debido ao desenvolvemento do turismo ao longo do século XX.

Estructura urbanística

As casas da beira da praia foron derribadas e agora hai edificios de seis ou sete alturas. O boom urbanístico non tratou ben a estructura tradicional do pobo. O actual núcleo urbano de Sanxenxo nada ten que ver có apacible balneario que alí existía nas primeiras décadas do século XX, nin siquera coa vila que empezou a atraer veraneantes nos anos 60. "

Apenas quedan restos do seu patrimonio histórico no núcleo de Sanxenxo e o que queda foi absorbido pola urbanización das últimas décadas.

A Igrexa de San Xinés de Padriñán, construida no século XV, sita no corazón do pobo de Sanxenxo, é un dos poucos vestixios que aínda se conservan.

O pazo coñecido como Casa Patiño, que data do século XVII; ten a súa orixen no século XVI coa construcción da Torre defensiva do lado Este.

RESTOS DO PATRIMONIO

O porto Deportivo de Sanxenxo Juan Carlos I, foi ampliado no 2002. Sen embargo, na antigüedade era un pequeno porto pesqueiro. Aínda se atopa en fase de redacción o Plan Director de Portos Deportivos de Galicia, que debería limitar o número destas instalacions tendo en conta os costes ambientais que provocan e que tradicionalmente foron omitidos.

O porto de Sanxenxo

Recentemente produciuse unha polémica relacionada coas novas obras realizadas no porto de Sanxenxo. A disputa consiste en que a asociación SOS Panadeiras quere que se paralicen as obras de ampliación dos pantalans, xa que contribúen á destrución da praia.

En Sanxenxo incumpriuse as directrices sobre densidade e formación de pantallas arquitectónicas da Lei de Costas e da Lei de Ordenación Urbanística e do Medio Rural de Galicia. A gran presión urbanística sobre unha parte do litoral traduciuse na invasión do dominio público marítimo-terrestre.

Situación actual

Galiza é a sexta comunidade autónoma de España con unha maior superficie de costa destruida, xa que foi arrasada unha quinta parte dos primeiros 500 metros do seu litoral, segundo Greenpeace.

Segundo Greenpeace, Sanxenxo atópase no Top 25 dos municipios costeiros españois máis destruídos pola acción do turismo.

Debido ao aumento do turismo, invadiuse de maneira progresiva o espazo público marítimo-terrestre, as súas consecuencias, son a deterioración do patrimonio natural e histórico, conxestión, esgotamento de recursos naturais ou vertidos sen depuración, entre moitos outros.

Jorge García Caamaño, secretario da Asociación de veciños de Adina, afirma que o deterioro de Sanxenxo é evidente e critica a invasión urbanística na primeira liña de mar en Silgar ou Portonovo.

Opinións ecoloxistas

Debemos de reflexionar como reconducir os usos do noso patrimonio litoral cara a unha xestión máis sostible e equilibrada da ocupación que xeren residentes e visitantes. O patrimonio do noso litoral é un ben público que debemos de preservar para as xeneracións futuras.

Conclusión.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/172345/patrimonio-arquitectura-y-tradicion-centraran-las-jornadas-sanxenxo-na-historia

http://www.sanxenxo.com/informacion_general/patrimonio/ http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-218261-sanxenx

o-na-historia-debate-sobre-patrimonio-arquitectura-tradicion.html

http://www.turgalicia.es/localizador-de-recursos/-/sit/que_visitar/patrimonio_cultural/sanxenxo?langId=es_ES

http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/sanxenxo-na-historia-retrata-memoria-local-da-pesca-ao-turismo/idEdicion-2011-07-16/idNoticia-686926/

http://www.sanxenxo.com/informacion_general/patrimonio/ http://mail.turismodesanxenxo.com/gl/node/242 http://www.sanxenxo.es/index.php?idMenu=19&idIdioma=2 http://www.sanxenxo.com/informacion_ge file:///C:/Documents%20and%20Settings/usuario/Mis%20docu

mentos/Downloads/turismo-y-hbitat-alteraciones-en-la-morfoestructura-de-los-asentamiento

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/08/28/sanxenxo-turismo-costa/867827.html

http://peregrina.sanvicentedomar.com/2014/01/nuevos-pantalanes-del-puerto-de-sanxenxo.html

http://www.afundacion.org/docs/galeria/fundacion/Desarrollo_sostenible_Parte1.pdf

Bibliografía

Fin