Post on 11-Nov-2018
Educación secundaria para persoas adultas
Ámbito científico tecnolóxico Educación a distancia semipresencial
Módulo 4 Unidade didáctica 5 A orixe e evolución da Terra e da vida
Páxina 2 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Índice
1. Introdución ................................................................................................................. 3
1.1 Descrición da unidade didáctica ...................................................................................... 3 1.2 Coñecementos previos .................................................................................................... 3 1.3 Criterios de avaliación ..................................................................................................... 4
2. Secuencia de contidos e actividades ...................................................................... 5
2.1 Historia da Terra .............................................................................................................. 5 2.1.1 A orixe da Terra .................................................................................................................................................. 5 2.1.2 A Terra un planeta cambiante ............................................................................................................................ 7 2.1.3 Ideas históricas sobre a idade da Terra ............................................................................................................. 8 2.1.4 Métodos de datación ........................................................................................................................................ 11 2.1.5 Historia xeolóxica da Terra ............................................................................................................................... 15
2.2 Estrutura e dinámica da Terra ....................................................................................... 24 2.2.1 Métodos de estudo da Terra ............................................................................................................................ 24 2.2.2 Modelo xeoquímico .......................................................................................................................................... 26 2.2.3 Modelo xeodinámico ........................................................................................................................................ 28 2.2.4 O motor interno da Terra .................................................................................................................................. 30
2.3 Tectónica de placas ...................................................................................................... 32 2.3.1 Antecedentes da tectónica de placas ............................................................................................................... 32 2.3.2 A teoría da tectónica de placas ........................................................................................................................ 36 2.3.3 A deformación da litosfera ................................................................................................................................ 41
2.4 A orixe e a evolución da vida......................................................................................... 43 2.4.1 A orixe da vida .................................................................................................................................................. 43 2.4.2 A orixe da biodiversidade ................................................................................................................................. 45 2.4.3 Os mecanismos da evolución .......................................................................................................................... 48 2.4.4 As probas da evolución .................................................................................................................................... 50 2.4.5 A evolución humana ......................................................................................................................................... 53
3. Actividades finais .................................................................................................... 57
4. Solucionario ............................................................................................................. 59
4.1 Solucións das actividades propostas ............................................................................ 59 4.2 Solucións das actividades finais .................................................................................... 64
5. Glosario .................................................................................................................... 67
6. Bibliografía ............................................................................................................... 69
7. Anexo. Licenza de recursos ................................................................................... 70
Páxina 3 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
1. Introdución
1.1 Descrición da unidade didáctica
A Terra é un planeta cambiante. Ao longo dos seus 4.600 millóns de anos variou as
súas características xeolóxicas, o seu clima e a súa biodiversidade. Nesta unidade
estudaremos a orixe da Terra, a súa evolución e tamén a orixe da vida.
Na primeira parte da unidade estudaremos a historia da Terra, determinaremos a súa
idade, teorías, métodos de datación, a importancia dos fósiles e remataremos
estudando os acontecementos máis importantes que acaeceron en cada etapa
xeolóxica.
Na segunda parte da unidade estudaremos a estrutura interna da Terra, a teoría da
tectónica de placas e as súas manifestacións, as hipóteses sobre a orixe da vida, as
probas e teorías da evolución dos seres vivos e a evolución humana.
1.2 Coñecementos previos
Coñecer a organización e a orixe do universo.
Coñecer a organización do sistema solar.
Localizar a posición da Terra no sistema solar.
Establecer os movementos da Terra, da Lúa e do Sol, e relacionalos coa existencia
do día e da noite, das estacións...
Estrutura e distribución actual dos continentes.
Distribución e situación das principais formacións montañosas e cadeas de illas do
noso planeta.
Transmisión da calor por correntes de convección.
A xeosfera constitúe a parte máis interna da Terra e está formada por rochas.
Os materiais da xeosfera distribúense en capas concéntricas: codia, manto e
núcleo.
Fenómenos xeolóxicos como a formación de montañas, o movemento dos
continentes, os volcáns e os terremotos son manifestacións da enerxía interna da
Terra.
Páxina 4 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
A Terra formouse hai 4.600 millóns de anos, pero conserva unha boa parte da
súa inmensa enerxía en forma de calor.
A distribución dos continentes variou ao longo da historia da Terra.
O fondo oceánico estase a renovar de xeito lento e continuo.
Os fósiles dannos información da vida no pasado.
Os membros dunha poboación son similares, pero non idénticos, moitas das
características que os diferencian son herdables.
Os cambios herdables dos organismos dunha poboación son a materia prima da
evolución dos seres vivos.
1.3 Criterios de avaliación
Recoñecer as ideas principais sobre a orixe do Universo e a formación e a
evolución das galaxias.
Expor a organización do Universo e do sistema solar, así como algunhas das
concepcións que sobre este sistema planetario se tiveron ao longo da historia.
Recoñecer e contrastar feitos que amosen a Terra como un planeta cambiante.
Clasificar e integrar os procesos xeolóxicos máis importantes da historia da Terra.
Comprender e comparar os modelos que explican a estrutura e a composición da
Terra.
Integrar o modelo dinámico da estrutura interna da Terra coa teoría da tectónica de
placas.
Interpretar algúns fenómenos xeolóxicos asociados ao movemento da litosfera e
relacionalos coa súa situación en mapas terrestres.
Coñecer e describir as hipóteses sobre a orixe da vida e as probas da evolución.
Comparar lamarckismo, darwinismo e neodarwinismo.
Describir a hominización e interpretar a importancia do xacemento de Atapuerca no
coñecemento da evolución humana.
Páxina 5 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
2. Secuencia de contidos e actividades 2.1 Historia da Terra 2.1.1 A orixe da Terra
A Terra no Universo
O noso Universo é un conxunto de materia e enerxía relacionadas entre si. Nun
principio, a enerxía debeu transformarse en materia tras o Big Bang, orixinando os
obxectos materiais que coñecemos hoxe. No momento actual, é a materia a que está continuamente transformándose en enerxía, proceso que acontece
fundamentalmente no interior das estrelas e que é responsable das emisións enerxéticas das estrelas en forma de radiacións de variadas lonxitudes de onda.
Os obxectos materiais que conforman o noso Universo son as galaxias que, á súa
vez, están constituídas por estrelas, nebulosas, planetas e planetas menores (ou planetoides).
A nosa galaxia recibe o nome de Vía Láctea e pertence a un pequeno cúmulo denominado o Grupo Local, que, á súa vez, pertence ao chamado supercúmulo de Virgo. É de tipo espiral e está formada por varios millóns de estrelas. O sistema solar está situado no Brazo de Orión, na zona exterior da Vía Láctea, e a súa estrela, o Sol, é unha de entre os 200 e 400 billóns de estrelas que ten esta galaxia.
Como se formou a Terra?
Esta pregunta inquietou a humanidade desde os seus inicios e cada cultura
respondeuna de forma diferente. Os científicos tamén buscaron unha resposta; na
actualidade, grazas a eles, a orixe da Terra e do Sistema Solar no seu conxunto
explícase mediante unha teoría: a hipótese da nebulosa primitiva.
A explosión dunha estrela na Vía Láctea orixinou unha nube de gas e po (unha nebulosa) composta principalmente por hidróxeno e helio. Esta nebulosa primitiva comezou a contraerse e xirar sobre si mesma.
A maior parte do material da nebulosa acumulouse, por acreción gravitacional, no centro, formando un sol inicial ou protosol.
O resto da materia continuaba xirando e chocando arredor do centro e formáronse as primeiras estruturas dos actuais planetas, chamadas protoplanetas.
O proceso de condensación seguiu producíndose durante millóns de anos ata que se eliminou todo resto de material e se formaron completamente a Terra e todos os corpos do sistema solar.
Páxina 6 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Evolución da Terra
Primeira etapa: a Terra era unha masa incandescente.
Segunda Etapa: a lava manaba en abundancia por múltiples gretas da codia.
Terceira etapa: a temperatura baixou o suficiente como para permitir a formación da codia terrestre.
Cuarta etapa: a atmosfera.
Quinta etapa: formación de mares e océanos.
A terra na actualidade: os continentes dividíronse e formáronse océanos, mares, baías etc.
Tarefa persoal: organización do Universo e elementos do sistema solar
Utilizando como ferramenta a información da unidade 5 do módulo 1, faga un
esquema sobre como está organizado o Universo e sobre os elementos que forman o
sistema solar. Tamén pode completar a información mediante a procura en Internet
(nalgunha das páxinas que se propoñen na bibliografía).
Lembre:
A teoría ou hipótese do Big Bang (Gran Explosión) para explicar a orixe do universo é a máis aceptada pola sociedade científica na actualidade.
Segundo este paradigma, o universo comezou hai uns 14.000 millóns de anos cunha grande explosión. Inmediatamente despois de que ocorrese este fenómeno, creáronse o espazo, o tempo, a enerxía e a materia.
Todo o que nos rodea, a roupa, a auga, as árbores, os nosos coches e casas, absolutamente todo isto está constituído pola materia formada polo Big Bang. O hidróxeno que ten a auga, formouse inmediatamente despois de ocorrer o Bing Bang.
Pero como consecuencia da forza da gravidade ou gravitacional que atrae os planetas entre si, o movemento expansivo desacelerarase ata anularse. A partir deste momento producirase unha contracción do Universo ata o seu colapso gravitacional: Big Crunch (Gran Implosión), desaparecendo entón na nada.
Edwin Hubble observou en 1929 que o universo está a se expandir continuamente e que, polo tanto, todas as galaxias se afastan entre si.
Pero a orixe do Big Bang é o maior misterio de todos os tempos. A pesar de chamármola teoría do Big Bang, o paradoxal é que non nos di nada do Big Bang.
Páxina 7 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
2.1.2 A Terra un planeta cambiante
Introdución
Desde a súa formación ata a actualidade, a Terra experimentou moitos cambios ata
chegar ao estado actual e, previsiblemente, seguirao facendo no futuro. Podémolo
comprobar observando os efectos producidos por unha erupción volcánica ou por un
terremoto, ou cando unha tormenta leva unha praia. Tamén certas actividades
humanas, como a construción dun encoro, dunha estrada ou do ferrocarril, introducen
cambios na superficie terrestre. Noutras ocasións, os cambios son moito máis lentos,
como a separación de América do Norte e Europa, o crecemento do Himalaia ou o
retroceso dos glaciares.
Algúns destes cambios que se producen na Terra son:
Cambios paleoxeográficos.
Cambios do clima.
Cambios na atmosfera.
Cambios na biodiversidade.
Cambios paleoxeográficos
Desde a súa formación, os continentes e océanos do planeta non cesaron de cambiar
como consecuencia dos movementos das placas litosféricas.
Estes desprazamentos provocan a apertura e o peche dos océanos, o afastamento, o
achegamento e a colisión dos continentes e a formación das cordilleiras.
Pérmico (hai 225 millóns de anos) Xurásico (hai 135 millóns de anos) Na actualidade
Cambios no clima
Na historia da Terra alternan as etapas cálidas ou de invernadoiro cos períodos fríos
ou glaciacións. Durante os períodos glaciares, o xeo avanza desde os polos e cobre
gran parte dos continentes e os océanos. Durante a última glaciación, o xeo chegou a
cubrir o 30 % das terras emerxidas e alcanzou un espesor duns 4.000 metros.
Páxina 8 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Coñécense períodos glaciares en todas as eras. Na actualidade vivimos un período
interglaciar, que comezou hai uns 10.000 anos.
Podemos coñecer o clima que tivo a Terra noutras épocas coa axuda das rochas. Nas
épocas cálidas, fórmanse grandes depósitos de sal (evaporitos) ao evaporarse a auga
dos océanos; nas épocas frías, acumúlanse sedimentos arrastrados polos glaciares
(morenas), que orixinan un tipo de conglomerado especial chamado tilita.
Depósitos de sal. Evaporitas. Tilitas.
Cambios na atmosfera
A diferenza máis importante da atmosfera primitiva coa actual é que non había
osíxeno e, pola contra, era moito máis abundante o dióxido de carbono. Tampouco
existía a capa protectora de ozono, porque este fórmase a partir do osíxeno. A
aparición do osíxeno e a redución do dióxido de carbono débense aos organismos
fotosintéticos. Ademais, a formación da capa de ozono permitiu a moitos organismos
pasar do medio acuático ao terrestre.
Cambios na biodiversidade
Ás épocas de aumento do número de especies e grupos sucédense períodos,
normalmente bruscos, de extinción de especies.
2.1.3 Ideas históricas sobre a idade da Terra
Introdución
A humanidade sempre intentou determinar a idade da Terra. Agora sabemos que ten
aproximadamente 4.600 millóns de anos, pero, para chegar a esta data, foi necesario
realizar numerosos intentos baseados nos coñecementos científicos da época. Algúns
dos que tentaron calcular a idade da Terra foron os seguintes:
Século XVII, o arcebispo James Usser, baseándose nas idades dos patriarcas
xudeus que aparecen no Antigo Testamento, estimou a idade da Terra en 4.004
anos antes de Cristo, concretamente o 25 de outubro ás 9 da mañá. Algunhas
teorías creacionistas aínda sosteñen que a idade da Terra é de varios milenios.
Páxina 9 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
En 1779, Buffon creou un globo de pequenas dimensións de composición similar á
Terra e, partindo desa masa fundida, calculou unha idade de 75.000 anos medindo
o seu ritmo de arrefriamento. Este cálculo é incorrecto, porque se descoñecía que
a maior parte da calor interna da Terra procede da desintegración de isótopos radioactivos.
A comezo do século XIX, utilizouse o procedemento da salinidade do mar. Partindo de que, nun principio, os océanos estaban constituídos por auga doce,
calculando a cantidade de sales que achegan os ríos ao mar ata chegar á
salinidade actual, a idade estimada era duns 5 millóns de anos. (Non contaban con
que a salinidade non aumenta indefinidamente, senón que se produce a
precipitación deses sales formando rocas sedimentarias).
A mediados do século XIX xurdiron dúas correntes, aínda que se aceptou a
primeira:
– En 1862, William Thomson (Lord Kelvin), baseándose no tempo que tardaría
o planeta en arrefriarse supoñendo que se formou como unha bóla rochosa
fundida, calculou que a idade da Terra estaba entre 24 e 40 Ma (millóns de
anos).
– Charles Lyell cría que era necesario máis tempo para que se producisen os
fenómenos de erosión e sedimentación. Observando o espesor dos estratos,
calculou que eran necesarios uns 2.000 Ma, cálculos bastante acertados, pois
aínda non se descubriron as rochas máis antigas. Darwin tamén vía necesario
un gran período de tempo para que evolucionasen as especies, propoñendo
unha idade de 300 Ma.
En 1896, Becquerel descubriu a radioactividade, pero foi en 1903 cando os
esposos Curie descubriron que os elementos radioactivos desprendían calor, a
fonte de enerxía que quentaba o interior da Terra.
A mediados do século XX xa se situaba a idade da Terra entre os 1.600 e os 3.000
millóns de anos, aínda que na actualidade está estimada en 4.600 Ma, e non se
cre que varíe moito esta estimación nos próximos anos.
Actualismo e uniformismo
Charles Lyell y James Hutton, no século XIX, desenvolveron os principios do
uniformismo e actualismo, referíndose ao feito de que a Terra sempre funcionou igual,
desde o punto de vista da xeoloxía.
Páxina 10 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
O actualismo pódese resumir coa frase “o presente é a clave do pasado”. Os
fenómenos e procesos que están a actuar hoxe son os mesmos que actuaron
durante os tempos xeolóxicos, e producen os mesmos efectos.
Os procesos xeolóxicos terrestres sempre foron os mesmos e sempre actuaron da
mesma maneira, polo que os procesos que podemos estudar hoxe en día
(magmatismo, deriva continental, sedimentación etc.) sucederon igual noutros
momentos da historia da Terra.
Dito doutro xeito, o que estudamos hoxe achéganos información sobre o que
sucedeu no pasado.
Con toda esta información, na actualidade podemos facernos unha idea dos
cambios que se obraron na Terra desde a súa creación. Por exemplo, as
ondulacións (ripples) nas areas da praia actuais e os fósiles son similares.
O uniformismo. Os procesos xeolóxicos, como a erosión e o levantamento dos
relevos, actúan gradualmente e durante longos períodos de tempo. Este
principio opoñíase ás ideas catrastrofistas predominantes na época que, para
explicar feitos como a formación de cordilleiras ou a escavación de profundos
vales, propoñían eventos extraordinarios e grandes convulsións.
Actualmente o modelo teórico máis aceptado denomínase neocatastrofista e
recoñece a coexistencia entre procesos xeolóxicos de distinta intensidade e
duración.
Observe:
Exemplo de Actualismo, as ondulacións (ripples) nas areas da praia actuais e os fósiles son similares.
Algúns cambios son de tipo catastrófico, como os impactos de meteoritos ou os terremotos, que se producen en segundos, os tsunamis, que suceden en minutos, ou as erupcións volcánicas que duran días.
Hai procesos graduais que van dende os moi lentos, que tardan millóns de anos, como a formación ou a erosión dunha montaña, a outros, como a formación dun solo, que precisan miles de anos.
Actividades propostas
S1. As ondulacións (ripples) que teñen que ver co actualismo?
S2. Que diferenzas hai entre o catastrofismo e o uniformismo?
Páxina 11 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
2.1.4 Métodos de datación
Para coñecer a historia da terra fan falta materiais que podamos observar, restos e
pegadas do pasado, ademais de métodos fiables que nos permitan reconstruílo.
Os fósiles. Instrumentos de datación
Definición: os fósiles son restos de seres vivos que viviron en épocas xeolóxicas
pasadas. A ciencia que se dedica ao seu estudo é a paleontoloxía. Xeralmente os
fósiles atópanse en rochas sedimentarias, porque este tipo de rochas non sufriu
procesos, como poden ser altas temperaturas e fortes presións, que provocarían a
destrución dos fósiles.
En xeral, só se fosilizan as partes duras dun organismo, aínda que se atoparon fósiles de partes brandas ou mesmo de organismos conservados enteiros dentro de ámbar (insectos principalmente). Tamén son fósiles os restos da actividade biolóxica (como os estromatólitos ou os coprólitos) e os icnofósiles (marcas que denotan a presenza dun ser vivo, como pegadas, galerías escavadas na rocha etc.).
A fosilización: é o proceso polo que se conservan restos de seres vivos ou das
súas actividades vitais nas rochas. En esencia, o que debe suceder para que un
organismo, ou polo menos unha parte del, se conserve é que os restos orgánicos
queden protexidos do xeito máis rápido posible nunha área de sedimentación.
Mediante a mineralización substitúense os compostos orgánicos do organismo
morto por substancias inorgánicas
Fósiles guía ou índice: coñécense unhas 300.000 especies fósiles, un número
moi escaso se consideramos que o rexistro fósil abrangue desde hai 3.500 millóns
de anos ata hoxe. Se a conservación dos fósiles fose aceptablemente boa, sería
previsible que o número de especies fósiles superase en moito o número das
especies actuais.
Destacan os chamados fósiles-guía que, polas súas especiais características,
achegan información sobre a idade dos sedimentos en que se produciu a
fosilización.
Páxina 12 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Un fósil guía ou índice é aquel que permite deducir a idade do estrato no que se
atopa, porque é característico e exclusivo dunha determinada etapa xeolóxica.
Exemplos son:
Trilobites: un grupo de artrópodos mariños que viviu durante toda a era primaria ou Paleozoico (uns 300 millóns de anos). Son o grupo fósil máis diverso e nel inclúense arredor de 5.000 especies coñecidas.
Ammonites: foron moluscos cefalópodos, como os polbos e as luras, con cunchas externas enrodeladas e de simetría bilateral. Viviron nos mares paleozoicos e mesozicos (na era secundaria), desde o Devónico ata o Cretáceo, nadando e cazando lentamente nas augas pouco profundas.
Nummulites: eran grandes foraminíferos (un tipo de protozoos) cunha cuncha formada por un disco plano de dous a catro centímetros de diámetro. Viviron nos mares quentes do hemisferio norte durante o Mioceno (período da era terciaria).
Actividades propostas
S3. Xustifique as características que debe ter un fósil guía.
S4. Indique que partes ou restos dos seres vivos se consideran fósiles.
Datación relativa
A datación relativa consiste en establecer a orde na que se sucederon os
acontecementos xeolóxicos, sen asignarlles a súa idade concreta en millóns de
anos. Os estratos fórmanse a partir dos sedimentos que se depositan
horizontalmente no fondo dunha conca sedimentaria. Cada estrato representa un
breve episodio da historia da Terra.
As rochas sempre achegan información sobre a súa orixe. Se xurdiron na
superficie terrestre, como é o caso das rocas sedimentarias, moitas volcánicas e
algunha metamórfica, proporcionarannos información ademais do medio no que se
formaron.
De todas, as rochas sedimentarias son as máis abundantes da superficie
terrestre (aínda que non da Terra), posto que se forman na mesma superficie; por
iso son as que maior información nos poden facilitar e as que podemos estudar con
máis facilidade.
Páxina 13 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Á parte desta abundancia, as rochas sedimentarias son interesantes para o estudo
da Terra por dúas circunstancias:
– Pola súa formación a partir de restos doutras rochas preexistentes, restos que
reciben o nome de sedimentos. Estes sedimentos deposítanse sempre en zonas
baixas (normalmente os fondos de mares ou lagos) uns encima doutros,
orixinando por compactación as rochas sedimentarias. Dispóñense en capas
chamadas estratos. Os estratos están colocados orixinalmente de forma
horizontal (principio de horizontalidade dos estratos) e segundo a súa idade,
os de maior antigüidade máis abaixo e os máis recentes arriba e, polo tanto,
permiten establecer cronoloxías relativas (principio de superposición dos estratos). Conteñen, ademais, información daqueles medios que deron lugar
aos sedimentos.
– As rochas sedimentarias son as únicas, coa soa excepción das lousas, que
poden conter fósiles, é dicir, restos de seres vivos.
Nunha serie de estratos sen deformar, sempre poderemos afirmar que os estratos inferiores son máis antigos (xa que se depositaron primeiro) que os que teñen por riba, que son cada vez mais modernos.
A datación ou xeocronoloxía relativa baséase nunha serie de principios xeolóxicos
ou estratigráficos:
O principio de… Establece que…
Horizontalide orixinal. Os estratos deposítanse sempre de forma horizontal e permanecen horizontais se non actúa ningunha forza sobre eles.
Superposición de estratos.
Nunha secuencia de estratos que non sufrise inversión, os estratos inferiores son máis antigos que os que están enriba.
Sucesión fáunica (ou biótica).
Os fósiles das capas inferiores son máis antigos que os das superiores, e a presenza dos mesmos fósiles en rochas moi afastadas determina que estas teñen a mesma idade.
Superposición de acontecementos. Calquera fenómeno xeolóxico que afecte unha rocha é posterior a súa formación.
Correlación estratigráfica.
Reconstrúe a historia completa dunha serie estratigráfica a partir de series fragmentadas comparando os estratos que posúe cada unha delas.
Páxina 14 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Datación absoluta
A datación absoluta consiste en determinar a idade concreta, en millóns de anos,
na que tiveron lugar os acontecementos xeolóxicos.
Para realizar unha datación absoluta existen moitos métodos, que se diferencian
entre si pola técnica utilizada e no rango de tempo que permiten abarcar:
– A dendrocronoloxía. Permite datar troncos de árbores utilizados como trabes,
así como elementos asociados a eles, contando os aneis estacionais.
– A termoluminiscencia. Serve para datar obxectos de arxila cocida, coma as
cerámicas.
– Métodos radiométricos, tamén chamados reloxos atómicos. Este método
baséase no feito de que existen elementos químicos que son inestables e co
tempo transfórmanse en elementos químicos estables. Convértense así noutros
isótopos ou elementos diferentes, á vez que liberan enerxía (este é o principio
básico da obtención de enerxía nuclear). Por exemplo, o carbono 14
transfórmase en nitróxeno 14, o uranio 238 transfórmase en chumbo 206.
O tempo que tarda un elemento en pasar dunha a outra forma é característico
de cada un e faise a un ritmo absolutamente preciso e constante. Se medimos a
cantidade inicial estimada dun deses elementos e a cantidade final, saberemos
con bastante fiabilidade o tempo que transcorreu.
Existe un parámetro que é propio de cada elemento radioactivo: o chamado tempo de vida media ou período de semidesintegración (T), que é o tempo
que debe transcorrer para que unha masa inicial dun elemento radioactivo se
reduza á metade; por exemplo, o carbono 14 ten un período T = 5.730 anos o
cal significa que unha masa de 100 gramos de 14C tardará 5.730 anos en
reducirse a 50 gramos.
A historia está constituída por unha sucesión de acontecementos. Para contar a historia da Terra debemos ordenar os acontecementos que coñecemos. A ordenación pode realizarse de dúas formas:
Datación relativa: trátase de ordenar rochas, fósiles ou acontecementos de máis antigos a máis modernos, sen precisar os anos que teñen.
Datación absoluta: consiste en poñer data aos materiais ou sucesos, é dicir, precisar os anos que teñen.
Páxina 15 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Observe:
Cando paseamos por unha praia, imos deixando pegadas sobre as rizaduras da area. Se alguén pasa detrás de nós, saberá que primeiro se fixeron as rizaduras e logo as pegadas; descoñecerá en que momento exacto sucederon ambos os feitos, pero si saberá cal sucedeu antes e cal despois. É o que chamamos CRONOLOXÍA RELATIVA. Se unha das pegadas pisou un xornal que é dese día, poderemos situar a pegada nese mesmo día, e as rizaduras pouco tempo antes. Isto sería CRONOLOXÍA ABSOLUTA.
2.1.5 Historia xeolóxica da Terra O calendario xeolóxico
Os xeólogos estableceron un calendario xeolóxico que divide a historia da Terra en
eóns, eras, períodos, épocas e subdivisións menores. Estas divisións están
baseadas en evidencias de grandes acontecementos que quedaron gravados nas
rochas, como grandes fenómenos tectónicos, cambios na sedimentación e
cambios nos restos fósiles.
As divisións máis amplas deste calendario reciben o nome de eóns, pois abarcan
períodos de tempo do rango de miles de millóns de anos. Os eóns que distinguen
os xeólogos son catro: Hádico, Arcaico, Proterozoico e Fanerozoico. Aos tres
primeiros eóns denomínaselles Precámbrico.
Para estudar a evolución global do noso planeta, o primeiro que debemos facer é dividir os 4.500 millóns de anos en unidades de tempo que abarquen procesos máis ou menos globais e que sexan susceptibles de subdividirse máis para facilitar o traballo de investigación. Tomando como base cronolóxica o millón de anos (Ma), as DIVISIÓNS XEOCRONOLÓXICAS en que se divide a historia terrestre reciben o nome de
EÓNS que á súa vez se dividen en ERAS divididas en PERÍODOS divididos en ÉPOCAS
Páxina 16 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
É difícil para o home formar unha idea do que é o tempo en xeoloxía. O que para
nós pode parecer enormemente lento, como pode ser, por exemplo, a separación
de América do Norte e Europa, a escala xeolóxica é un proceso moi rápido. O que
para a nosa escala pode ser un suceso improbable, como é o choque dun
meteorito grande contra a Terra, a escala xeolóxica convértese nun suceso seguro,
é dicir, grandes meteoritos chocaron repetidamente contra a Terra.
Os límites dos eóns coinciden con cambios en todo o planeta; os das eras, coa
formación de grandes cordilleiras e os dos períodos, con cambios xeolóxicos ou no
rexistro fósil.
A historia da Terra divídese en dúas partes de características claramente
diferenciadas polos feitos acontecidos e, sobre todo, polo coñecemento que temos
deses feitos:
– Tempo precámbrico. Abrangue desde a formación da Terra, hai uns 4.500 Ma,
ata hai uns 540 Ma. Este período é o máis dilatado de toda a historia da Terra.
Nel déronse os procesos máis importantes que ocorreron nunca, tales como a
formación da propia Terra, a aparición da vida, a formación dunha atmosfera
redutora e, cara ao final do período, a explosión de formas viventes coa
aparición, ademais, dos primeiros vertebrados. Este tempo adóitase dividir en
tres eóns ou divisións temporais, que son o Hádico, o Arcaico e o Proterozoico.
– Eón fanerozoico. Iníciase hai uns 540 Ma e chega ata os nosos días. Aínda
que só supón o 11 % do tempo da Terra, é cando se configura o planeta tal
como o coñecemos, cos continentes actuais e a gran variedade de vida
existente, a cal nos inclúe a nós mesmos. Divídese en tres eras:
– Paleozoico (= "vida antiga"). Equivale á antiga era primaria. Nela xurdiron
case todas as formas de vida animal e vexetal e produciuse a conquista dos
continentes por parte dos seres vivos.
– Mesozoico (= "vida media"). É a antiga era secundaria. Os réptiles e as
ximnospermas dominan a Terra e xorden as aves e os mamíferos nos
continentes actuais.
– Cenozoico (= "vida nova"). Engloba as antigas eras terciaria e cuaternaria.
Actualmente téndese a considerar que ten tres períodos: o Paleoxeno, o
Neoxeno e o Cuaternario (o que transcorre na actualidade). Nestas tres eras,
os mamíferos e as plantas con froito constitúense como grupos dominantes.
Culmina coa aparición do home.
Páxina 17 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Precámbrico
Trátase dunha división un tanto artificial da historia da Terra. Agrupa todo o tempo
transcorrido desde a orixe da Terra ata a diversificación biolóxica producida a finais do
Proterozoico e que dá paso ao Fanerozoico. Constitúe o 89 % da historia terrestre e
nel suceden algúns dos feitos máis importantes da historia do noso planeta, tales
como a súa propia formación, a aparición da vida ou a formación dos primixenios
continentes.
O Precámbrico adóitase organizar en tres divisións cronolóxicas:
– Eón hádico (4.500 a 3.800 Ma).
– Eón arcaico (3.800 a 2.500 Ma).
– Eón proterozoico (2.500 a 540 Ma).
Eón hádico (4.500 a 3.800 Ma)
Neste período de tempo, cuxo nome deriva de Hades, deus dos infernos, produciuse
a formación da Terra na contorna do sistema solar. Sobre a orixe da Lúa existen dúas
teorías: que, pouco despois da formación da Terra, impactou un corpo rochoso do
tamaño de Marte e desgarrou a Lúa, ou que era un planeta anano e foi capturado pola
atracción gravitacional.
En rochas lunares, meteoritos e algún satélite do sistema calculáronse idades
próximas a 4.500 Ma. Con todo, non existen rochas terrestres anteriores a 3.800 Ma,
xa que a tectónica de placas e a erosión borraron os rastros máis antigos que
puidesen existir. Nese lapso de 700 Ma. foi arrefecendo a superficie terrestre. Hoxe
en día existen datos que atribúen unha idade duns 4.100 Ma a uns circóns detríticos
que representarían os minerais máis antigos da Terra.
A atmosfera terrestre é completamente redutora, é dicir, carece de osíxeno gas e está
formada por gases como o hidróxeno, o metano, o amoníaco, CO2 etc. A superficie
terrestre recibe continuos impactos de meteoritos que atrasan o arrefriamento da súa
superficie, situación que se prolonga ata hai uns 3.900 Ma.
Principais eventos do Hádico Formación da Terra. Formación da primeira atmosfera (sen osíxeno). Gran bombardeo meteorítico. Formación da Lúa. Formación de océanos primitivos. Formación da litosfera. Formación das primeiras rochas.
Páxina 18 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Eón arcaico (3.800 a 2.500 Ma).
Comeza hai 3.800 Ma, idade das primeiras rochas sedimentarias, as máis antigas
coñecidas e depositadas en ambiente mariño. Representan a primeira evidencia de
hidrosfera.
O feito máis importante é a aparición da vida sobre a Terra. Os primeiros seres vivos
serían procariotas (REINO MONERA) anaerobios. Da súa existencia chegáronnos
microfósiles con idades máximas duns 3.600-3.500 Ma.
Microfósiles. Os máis antigos que se coñecen datan de hai uns 3.600 Ma. Pertencen seguramente a CIANOBACTERIAS.
Microfósiles de Marble Bar (Australia). Teñen uns 3.500 Ma de antigüidade. Son cianobacterias e bacterias anaerobias.
Fósiles de Warrawoona. Foron localizados no noroeste de Australia. Son ESTROMATÓLITOS, un tipo de colonización biolóxica da zona fótica. Datan de hai uns 3.450 Ma.
Fósiles de Fortescue (Australia occidental). Estromatólitos formados por CIANOBACTERIAS, organismos fotoautótrofos e responsables da emisión de O2 á atmosfera. A súa idade é de 2.800 Ma.
Cara aos 3.200-3.300 Ma, ao arrefriarse a Terra, apareceu a primeira litosfera
continental (150-200 km de espesor). A partir deste momento comezou a tectónica de
placas (evidencias do primeiro rift continental hai 2.700 Ma), iníciase o
desenvolvemento de plataformas continentais e a formación dos grandes cratóns.
Durante este período ten lugar unha grande actividade tectónico-magmática que
finaliza hai 2.500 Ma. A atmosfera tiña uns niveis de osíxeno inferiores ao 1 %. O
ferro, ao non oxidarse, era facilmente soluble, polo que se acumulaba nas augas
oceánicas. Posteriormente depositábase, pola acción de microorganismos, en forma
de hidróxidos e óxidos en grandes masas sedimentarias denominadas formacións de
ferro bandado.
Principais eventos do Arcaico
Aparición das primeiras células anaerobias heterótrofas.
Aparición de células anaerobias fotosintéticas. Cianobacterias.
Primeiras estruturas de orixe biolóxica. Estromatólitos. Primeiros continentes. Inicio da tectónica de placas. Comeza a liberarse oxíxeno cara á atmosfera. Cesa a choiva de meteoritos.
Páxina 19 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Eón proterozoico (2.500 a 540 Ma).
Neste período tan amplo van estabilizar os primeiros continentes. Estarán sometidos
a un ciclo de tectónica de placas similar ao actual que culminará coa primeira gran
acreción continental constituínte de Panxea I. Hai 2.300 Ma sucede a primeira
glaciación confirmada na futura Gondwana.
Tamén hai uns 2.100 Ma aparecen as primeiras células eucariotas (PROTISTAS).
Son talvez parecidas a algas verdes fotosintéticas unicelulares e recibiron o nome de
Grypania. Nesa mesma época detéctase un significativo aumento dos niveis de
oxíxeno na atmosfera, superior ao 1 %. A atmosfera faise oxidante e aparece unha
tenue capa de ozono. Hai 1.400 Ma prodúcese outra das grandes adquisicións
evolutivas, a reprodución sexual.
Hai 1.000 Ma rexístranse as primeiras algas pluricelulares (METAFITAS), vermellas e
verdes. Entre 900-700 Ma xorden os primeiros individuos dos dous reinos de seres
vivos que faltaban: fungos (FUNGOS) e animais (METAZOOS). É o desenvolvemento
explosivo da biosfera. Entre 1.000-540 Ma danse as intensas glaciacións
precámbricas. Talvez son debidas ao efecto antiinvernadoiro provocado pola
explosión demográfica do plancto calcario, que retira grandes cantidades de CO2 da
atmosfera. Estas glaciacións puideron orixinar a primeira grande EXTINCIÓN de
seres vivos.
Algas verdes fotosintéticas unicelulares; recibiron o nome de Grypania.
Hai uns 670 Ma a atmosfera alcanza o 7 % de oxíxeno. Desenvólvese a FAUNA DE EDIACARA, constituída por invertebrados mariños, que constitúe a primeira grande explosión de vida sobre a Terra.
Principais eventos do Proterozoico Os primeiros continentes únense formando Panxea I. Primeiras células aerobias. Primeiras células eucariotas. Comeza a formarse a capa de ozono. Primeiros seres vivos pluricelulares: algas vermellas
e verdes. Primeiras glaciacións. Primeiros metazoos: fauna de Ediacara. Primeiros fungos.
Páxina 20 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Eón fanerozoico
Fanerozoico = "Vida visible e rechamante". Comprende un período relativamente
curto da historia da Terra. Desde o punto de vista da vida é o máis importante, posto
que se estenderá por toda a Terra, diversificándose e aumentando o seu número nun
proceso tal que aínda hoxe en día non concluíu. Durante o Fanerozoico teñen lugar
as sucesivas oroxéneses que foron configurando os continentes tal como os
coñecemos hoxe.
A conquista dos ecosistemas terrestres e a gran diversidade da fauna foi posible
grazas á aparición das plantas terrestres e a súa gran diversificación.
O Eón fanerozoico organízase en tres ERAS:
ERAS PERIODOS
Paleozoico (544 a 245 Ma)
1. Período cámbrico (544 a 505 Ma). 2. Período ordoviciano (505 a 440 Ma). 3. Período silúrico (440 a 410 Ma). 4. Período devónico (410 a 360 Ma). 5. Período carbonífero (360 a 286 Ma). 6. Período permiano (286 a 245 Ma).
Mesozoico (245 a 65 Ma)
1. Período triásico (245 a 208 Ma). 2. Período xurásico (208 a 146 Ma). 3. Período cretáceo (146 a 65 Ma).
Cenozoico (65 Ma a hoxe)
1. Período paleoxeno (65 a 23 Ma) 2.Período neoxeno (23 a 1,8 Ma) 3. Período cuaternario (1,8 Ma a hoxe).
ERA PALEOZOICA (544 a 245 Ma)
Período Eventos xeolóxicos e paleoclimáticos Eventos biolóxicos
Período cámbrico (544 a 505 Ma)
Segue a fragmentación de Panxea I, os continentes están separados por mares cálidos e superficiais. A atmosfera acada o 10 % de oxíxeno.
Hai unha grande explosión de vida mariña, aparece a maior parte dos grupos de invertebrados: os primeiros animais con cuncha e os primeiros crustáceos e corais, incluídos os primeiros cordados.
Período ordoviciano (505 a 440 Ma)
Reúnense os continentes e causan a glaciación ordoviciano-silúrica que dará a extinción ordovícico-silúrica (438 Ma)
Continúa a diversificación da fauna mariña: aparecen os primeiros vertebrados, os PEIXES ACOIRAZADOS. As plantas e os animais comezan a conquistar as terras emerxidas: coas briófitas e os artrópodos terrestres, a vida sae dos mares.
Período silúrico (440 a 410 Ma)
Cara a 400-380 Ma dáse a oroxénese caledoniana, formación de cordilleiras a ambos os lados do Atlántico actual, hoxe case erosionadas.
Debido á explosión da vida vexetal e á conquista da terra, a atmosfera alcanza un 21 % de oxíxeno, coma na actualidade. Primeiras plantas terrestres vasculares (con tecidos condutores para transportar nutrientes ás partes aéreas) = pteridófitas primitivas. Primeiros insectos terrestres.
Páxina 21 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Período devónico (410 a 360 Ma)
Só había dúas masas de terra importantes. Unha era Laurasia, que estaba composta polas actuais América do Norte, Europa e case toda Asia. A outra era Gondwana, composta por América do Sur, África, Australia, a India e a Antártida. Grandes zonas de Laurasia e algunhas de Gondwana estaban cubertas por mares pouco profundos. Durante este período, os dous grandes continentes fóronse achegando ata formar o supercontinente chamado Panxea.
O Devónico é coñecido como a "era dos peixes", posto que ao longo deste período aparecen os tres grandes grupos nos que se dividen os peixes con mandíbulas: os placodermos, os condríctios e os osteíctios. Hai uns 390-380 Ma aparecen peixes de auga doce. Son os primeiros vertebrados terrestres (protoanfibios) formados a partir de peixes que resisten fóra da auga. Cuns 360 Ma de antigüidade, xorden os primeiros anfibios e, pouco despois, as primeiras árbores. Extinción devónica (367 Ma).
Período carbonífero (360 a 286 Ma)
O Carbonífero é unha época da historia da Terra moi activa desde o punto de vista tectónico. Durante este período prodúcese a oroxénese hercínica ou varisca que dá lugar á formación do megacontinente Panxea. Climaticamente terminou cunha glaciación, durante a cal os glaciares se estenden por todo o centro e sur de Panxea.
Os primeiros réptiles teñen unha idade duns 340 Ma. Hai 325 Ma desenvólvese a primeira membrana amniótica, que permite a vida independente da auga aos animais. Duns 300 Ma atrás son as primeiras espermatófitas, as ximnospermas. Isto implica a existencia de estruturas reprodutoras e especializadas, como o pole e as sementes. Os réptiles colonizan os continentes. Glaciación permo-carbonífera. Fórmanse os grandes depósitos de carbón.
Período permiano (286 a 245 Ma)
No Permiano houbo importantes cambios climáticos cunha tendencia xeral de climas tropicais a condicións máis secas e áridas. Produciuse unha contracción dos pantanos. Os glaciares do Carbonífero sobre a rexión polar do sur de Gondwana retrocederon durante o Pérmico. Fósiles pérmicos. Nese período finalizou a oroxénese varisca debida á formación do gran continente chamado Panxea. Ao final do Permiano prodúcese un grande episodio de actividade volcánica masiva no que hoxe é Siberia. Causa un quentamento global debido ao aumento dos gases de efecto invernadoiro na atmosfera, así como unha acidificación dos océanos pola inxente emisión de gases sulfurosos.
Extinguíronse gran cantidade de fentos arborescentes (Lycopodiophyta) e anfibios, que requirían condicións húmidas. Os fentos con semente, os réptiles e os réptiles mamiferoides dominaron os ambientes terrestres. O Pérmico, e con el a era paleozoica, terminou coa extinción masiva do Pérmico-Triásico, a maior extinción na historia da Terra, na que desapareceron o 90 % das especies mariñas e o 70 % das terrestres.
Principais eventos do Paleozoico
Diversifícanse os invertebrados. As plantas (briófitas) e os animais (artrópodos) saen
da auga e colonizan a terra. A atmosfera alcanza os niveis actuais de oxíxeno. Aparecen os vertebrados = peixes acoirazados. Os vertebrados conquistan a terra: peixes-anfibios-réptiles. Xorden as espermatófitas, plantas con sementes. Panxea I reúnese, formando Panxea II. Grande extinción pérmica.
ERA MESOZOICA (245 a 65 Ma)
Período Eventos xeolóxicos e paleoclimáticos Eventos biolóxicos
Período triásico (245 a 208 Ma)
O Triásico comprendía un só supercontinente chamado "Panxea". O clima era cálido e húmido. Xunto a ríos e lagos, naceron varios tipos de plantas, como fentos, estendidos xunto aos estanques. Presenta un clima máis seco no interior, grandes extensións desérticas, situadas nos trópicos, especial para a vida dos réptiles. Ao final do Triásico comeza a fragmentación continental e ábrense mares pouco profundos.
Ao principio do Triásico novos animais chegaron despois do impacto da extinción masiva do final do Pérmico. Apareceron as primeiras ras e tartarugas. Hai 240 Ma existiron dinosauros con toda certeza. 230 Ma atrás a cadeira dos réptiles adáptase para a carreira veloz. Os primeiros amonoides teñen uns 225 Ma e os primeiros pterosaurios, uns 205 Ma. Extinción finitriásica.
Páxina 22 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Período xurásico (208 a 146 Ma)
Continúa a apertura dos continentes; 200 Ma atrás comeza a fragmentación e expansión de Panxea II: apertura do Océano Atlántico. 150 Ma, a Antártida e Australia sepáranse de África. O clima faise moito máis húmido e segue sendo cálido (ambientes tropicais a temperados húmidos).
Este período caracterízase pola hexemonía dos grandes dinosauros; os peixes e os réptiles mariños dominan os mares, hai unha gran diversidade de invertebrados mariños e as conífera dominan a flora. Primeiros peixes teleósteos. Primeiros mamíferos e aves. Primeiros animais con placenta.
Período cretáceo (146 a 65 Ma)
Os continentes seguen separándose (o Atlántico ábrese), pero comeza a colisión de África e a India con Euroasia, o que inicia o levantamento das cordilleiras da oroxénese alpina. O clima comeza a arrefriar. 100 Ma, América do Sur sepárase de África. Aos 100-75 Ma dáse a maior transgresión mariña rexistrada (extensión dos mares). A mediados do Cretácico, deuse a formación de máis do 50 % das reservas mundiais de petróleo que se coñecen nos nosos días. Ao final do Cretácico aumenta a actividade volcánica global e un grande asteroide choca coa Terra, no golfo de México.
Hai 130 Ma rexístranse as primeiras anxiospermas. Hai unha gran diversidade de vida mariña e de dinosauros. Aparecen insectos polinizadores e os marsupiais. Ao final do Cretáceo prodúcese unha extinción masiva e brusca. Desaparecen os dinosauros e outros seres. Extinción finicretácica: hipótese do impacto dun gran meteorito no actual golfo de México que provoca a desaparición dos dinosauros. Ao final do período, aos 65 Ma, aparecen os primates.
Principais eventos do Mesozoico
Aparecen os dinosauros e outros grandes réptiles, que se estenderán por todos os mares e continentes e dominarán a Terra.
Fragméntase Panxea II. Xorden os Mamíferos e as Aves. Aparecen as anxiospermas. Grande extinción cretácica polo impacto dun gran
meteorito.
ERA CENOZOICA (65 a 1,8 Ma)
Período Eventos xeolóxicos e paleoclimáticos Eventos biolóxicos
Período paleoxeno (65 a 23 Ma)
Continúa a separación dos continentes iniciada no Cretáceo (apertura do Atlántico) e a India remata a súa colisión con Eurasia. Finaliza así a oroxénese alpina, formáronse os Pireneos, os Alpes, o Himalaia... Tamén se levantan as cordilleiras do bordo occidental de América. O clima nesta época é aínda subtropical e húmido en case todas as rexións.
Aparecen especies de plantas modernas. Aparecen os cactos e as palmeiras. Os mamíferos teñen a posibilidade de explotar agora os ecosistemas que deixou libres a extinción dos dinosauros. Aparecen durante este período os mamíferos monotremas, marsupiais, multituberculados e placentarios. As aves comezaron a diversificarse durante esta época.
Período neoxeno (23 a 1,8 Ma)
Entre os 35 e os 3 Ma produciuse a glaciación neoxena, que orixinou a formación do casquete glacial antártico (hai 10 Ma, formación total do casquete antártico) e dos casquetes glaciares no hemisferio norte. Os continentes alcanzan posicións próximas as actuais. Ábrense o mar Vermello e o Rift Valley de África Oriental. O clima vai arrefriando e faise máis árido.
As aves e os mamíferos alcanzan gran diversidade e en moitos casos, gran tamaño. Aparecen moitos dos grupos actuais, incluídos os primeiros primates antropoides (e os homínidos ao final do período). 30 Ma, primates con visión estereoscópica e mans prénsiles. Hai 20 Ma xurdiron os primeiros homínidos (Proconsul). O clima progresivamente máis frío e máis seco, modifica a fauna e a flora.
Período cuaternario (1,8 Ma a hoxe)
É o que chega ata a actualidade. Neste período os glaciares cubriron a cuarta parte da superficie terrestre e o clima foi moi frío.Varios episodios glaciais supostamente xa finalizados, aínda que hai quen opina que nos encontramos nun período interglacial.
As glaciacións modifican profundamente a flora e causan a aparición de moitos dos grupos actuais de plantas. Xorden novas especies de mamíferos adaptadas a climas máis fríos ou máis áridos. Aparece o home, que conviviu con animais feroces e corpulentos como o mamut, o mastodonte e o tigre dos dentes de sabre. Diversificación do xénero Homo: H. erectus, H. antecessor, H. neanderthalensis, H. sapiens. O home conquista todos os continentes.
Páxina 23 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Principais eventos do Cenozoico
Os mamíferos diversifícanse e esténdense por
toda a Terra. Continúa a expansión do Océano Atlántico. Créanse as grandes cordilleiras actuais. Aparecen os homínidos. Grandes glaciacións e formación dos casquetes
polares. Aparece a especie humana.
Observe:
Camiñando entre os fósiles de Galicia QUE DINOSAUROS camiñaron pola nosa xeografía?, que homes prehistóricos a poboaron? Interesante, non? Hai 477 millóns de anos, que non hai tanto, sabías que un supervolcán arrasou "Galicia" nunha erupción "megacolosal" cando formaba parte do fondo mariño do continente de Gondwana? Un supervolcán "é un tipo de volcán que posúe unha cámara magmática mil veces máis grande que a dun volcán convencional". Iso dános unha idea do pouco que sabemos, os cidadáns correntes, sobre o pasado da nosa terra. 24.02.2016. Un problema que presenta o terreo galego á hora de atopar pegadas fósiles terrestres é debido a que Galicia e o norte de Portugal estiveron durante os últimos 200 millóns de anos por riba do nivel da auga, eran como unha illa. O terreo quedou exposto á erosión, o que fixo que non se conservasen fósiles de animais e plantas como noutras partes do mundo durante esa época, explica Juan Ramón Vidal Romaní, catedrático de xeoloxía da Universidade da Coruña. Pódese afirmar que os dinosauros que poboaron Galicia, aínda que non existan restos por este motivo, eran similares aos dos territorios próximos como Portugal, A Rioxa, Asturias ou Soria, que polo tipo de terreo e condicións conserváronse ata hoxe. Así pois, sabemos que percorreron os nosos vales Tyrannosaurus rex, Brachiosaurus ou saurópodos como o Diplodocus, que eran uns dinosauros de enormes. Os primeiros achados de fósiles en Galicia atribúense a Guillermo Schulz, enxeñeiro de minas, que en 1834 trazou "o primeiro mapa xeolóxico a nivel europeo, feito en Galicia, de España e Portugal", comenta Juan Ramón. E fíxoo nun segundo plano, xa que se dedicaba á procura de xacementos minerais e, en consecuencia, atopouse con algúns restos fósiles nas zonas de lousa. Con respecto a outro tipo de fósiles máis recentes que si se conservaron en covas de zonas calcarias, cuxo pH básico contribuíu a conservar os restos, podemos dicir que en 1961 no Incio, en Lugo, atopáronse os primeiros restos fósiles de Mamut (Mammuthus primigenius) do Cuaternario. En concreto dous dentes e dúas vértebras pertencentes aos períodos máis fríos do Plistoceno, segundo o estudo de Emiliano Aguirre, primeiro director de Atapuerca. No Courel atopáronse recentemente xacementos fósiles do período precámbrico e do Ediacara considerada a primeira fauna, que era mariña porque a terra non tiña atmosfera protectora e en terra as especies morrían pola radiación. A partir deste período melloran as condicións sobre a terra e empezan a aparecer animais terrestres. Nunha cova de Becerreá apareceron restos de hienas, leóns das cavernas, rinocerontes e mamuts e en Valdavara atopouse o maior xacemento de fauna do Cuaternario con restos de leóns, hienas, leopardos, rinocerontes e bisontes. En 2013 descubriuse na Pontenova, en Lugo, un xacemento de fósiles de trilobites xigantes, duns 300 millóns de anos antes que os dinosauros, cando Galicia era un fondo mariño, que emerxeu hai uns 350 millóns de anos. Estes trilobites son duns 90 centímetros debido ao xigantismo polar, porque hai 488 millóns de anos, no período ordovícico, Galicia estaba a nivel de Suráfrica moi preto do que hoxe é o Polo Sur. Na cova de Eirós, considerada a Atapuerca galega, en Lugo, atopáronse uns 2.000 fósiles, entre eles 43 de osos cavernarios (Ursus spelaeus), un oso de gran tamaño de hai uns 30.000 anos. Destacar neste terreo a Aurora Grandal, paleontóloga da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, polas súas investigacións sobre "grandes mamíferos cuaternarios" en Galicia, que empezou a secuenciar a xenética molecular destes fósiles. Sobre os achados de osos das cavernas desta cova versa a tese de Grandal dirixida por Juan Ramón Vidal. Máis recentemente, hai uns 7.000 anos, a cova de Eirós foi ocupada por humanos. Atopáronse tamén restos de Homo sapiens en Valdavara, que podemos considerar os primeiros galegos da historia, xa que o máis antigo data duns 10.000 anos. "O que non se atopou ata agora é ningún rastro de neandertalense en Galicia", afirma Juan Ramón, pero si ferramentas que algúns autores atribúen a estes. Nun mundo no que conviviron dúas especies de homes, o Homo sapiens e o neanderthalensis, ata hai ben pouco creuse que non existía cruzamento entre eles, pero a antropoloxía xenética xa determinou a existencia dos devanditos cruzamentos. Por lóxica, Juan Ramón cre posible a hibridación de especies humanas naquel momento. En Pontevedra o tipo de rochas graníticas que temos non deu lugar á conservación deste tipo de fósiles máis antigos, porque non hai presenza de lousas nin calcarias.
Páxina 24 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Tarefa persoal: lea atentamente o artigo “Camiñando entre os fósiles de Galicia” e sobre un mapa de Galicia sitúe os fósiles descubertos, determinando o seu calendario xeolóxico (eón, era, período...); indique se son fósiles guía e as súas características.
Actividades propostas
S5. Conteste as seguintes preguntas sobre o corte xeolóxico que aparece a
continuación. a) En que era se formou o estrato 8? b) Que serie estratigráfica se
formou en terra firme? c) En que era se formou o estrato 4? d) Cal é a orde dos
acontecementos xeolóxicos que ocorreron nesta zona?
S6. Como queda rexistrada nos estratos una extinción masiva de especies?
2.2 Estrutura e dinámica da Terra
2.2.1 Métodos de estudo da Terra
Métodos directos e indirectos
Non sabemos con precisión como é o interior da Terra. Os pozos máis profundos que
puideron ser perforados só teñen uns 13 km de profundidade. Esta cifra resulta
insignificante se se compara cos máis de 6.000 km de profundidade que ten o noso
planeta. Para coñecer a estrutura interna terrestre utilízanse varios métodos:
Métodos directos: baseados na observación directa do interior da Terra. Aínda
que os datos e medidas son fiables, achegan pouca información, pois o acceso á
información procedente do interior terrestre é limitado.
MÉTODOS DIRECTOS
Materiais de afloramentos do interior
terrestre.
Análises dos materiais volcánicos e plutónicos da superficie que proceden de materiais orixinados a varios quilómetros, así como das súas inclusións (rochas arrastradas no ascenso do magma).
Sondaxes e prospeccións.
Perforacións da superficie terrestre. Dos pozos de investigación obtense una columna de material, denominada testemuño, que permite coñecer, por análise directa, a composición das rochas.
Estudo de minas profundas. Extracción e estudo de rochas e minerais dunha profundidade superior aos tres quilómetros.
Análises de meteoritos. Os diferentes tipos de meteoritos posúen unha composición similar ás capas terrestres.
Páxina 25 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Métodos indirectos: baseados en cálculos e deducións resultantes do estudo de
propiedades físicas e químicas da Terra e dos seus materiais.
MÉTODOS INDIRECTOS
Método magnético. Estudo das anomalías do campo magnético terrestre. O magnetismo mídese co magnetógrafo.
Método gravimétrico. Estudo das flutuacións do campo gravitacional en diferentes rexións do planeta. A gravidade diminúe coa altura, pois a distancia ao centro da Terra aumenta. Tamén cambia segundo a composición das rochas.
Método xeotérmico. Estudo do fluxo térmico, chamado gradiente xeotérmico, que vai do interior cara á superficie terrestre.
Método sísmico. Estudo das diferenzas de velocidade e dirección das ondas sísmicas ao atravesaren capas terrestres con diferentes propiedades.
Método eléctrico. Estudo da condutividade eléctrica das rochas. Este método utilízase ademais para atopar augas subterráneas e para situar xacementos de metais.
O método sísmico
O método sísmico é un método de estudo indirecto que utiliza a variación na
velocidade de propagación que experimentan as ondas sísmicas (as producidas
polos terremotos) cando atravesan os diferentes materiais do interior da xeosfera.
É o método indirecto que mellores resultados proporciona para o estudo da
composición e estrutura do interior da Terra.
Que son as ondas sísmicas?
– As ondas sísmicas son vibracións. Xéranse nos puntos do interior da Terra
onde ten lugar un terremoto.
– Todo sismo produce ondas sísmicas primarias (P), secundarias (S) e superficiais.
Ondas sísmicas
Ondas P ou primarias Ondas S ou secundarias Ondas superficiais
Fan vibrar os materiais de modo que estes se comprimen e se dilatan alternativamente, como un acordeón.
Propáganse tanto en medios sólidos como líquidos.
Fan vibrar os materiais de modo que estes oscilan perpendicularmente á dirección de propagación.
Son máis lentas que as ondas P e non poden atravesar líquidos.
Xéranse cando as ondas P e S chegan á superficie da Terra e se propagan só por ela.
Ao non viaxaren polo interior da Terra, non se empregan no método sísmico.
Páxina 26 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
– Propáganse en todas as direccións, máis rápido canto máis ríxido é o medio que atravesan.
Comportamento das ondas sísmicas ao atravesaren o planeta
As traxectorias detectadas só poden explicarse no suposto de que a Terra se organice en capas de distinta natureza.
Ademais, o núcleo externo non pode ser atravesado por ondas S, que só poden viaxar polos sólidos, o que significa que esta capa debe estar en estado fluído.
2.2.2 Modelo xeoquímico
As descontinuidades sísmicas
As descontinuidades sísmicas son cambios bruscos da velocidade de propagación das ondas sísmicas a través da Terra, estas variacións (que levan
o nome dos seus descubridores) interprétanse como os límites entre capas de
diferente composición, estado físico ou comportamento mecánico.
Principais descontinuidades sísmicas da Terra.
Descontinuidade de Mohorovicic. Detéctase a una media de 20 km de profundidade, porque as ondas sísmicas aumentan a súa velocidade debido a un aumento na densidade das rochas. Baixo ela, nalgunhas rexións, rexístrase unha zona de baixa velocidade das ondas que indicaría a presenza de rochas fundidas (zona A do gráfico).
Descontinuidade de Gutenberg. Detéctase a 2.900 km de profundidade, porque as ondas P diminúen bruscamente a súa velocidade, mentres que as ondas S deixan de propagarse a partir de aí. Isto indica que a capa inferior se encontra en estado líquido (entre as zonas D e E do gráfico).
Descontinuidade de Wiechert-Lehman-Jeffreys. Detéctase a 5.100 km de profundidade, porque a velocidade das ondas P aumenta outra vez bruscamente. Isto interpretouse como un estado sólido compacto dos materiais do centro da Terra (entre as zonas E e F do gráfico).
Modelo xeoquímico ou estático
A partir dos datos proporcionados polo método sísmico e por análises doutros tipos,
deduciuse un modelo xeoquímico da Terra que explica o interior terrestre e divídeo en capas e subcapas concéntricas, en función da súa composición química, que coinciden coas descontinuidades detectadas mediante o método sísmico.
Páxina 27 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Codia: é a capa máis externa, delgada, sólida e lixeira. É a capa máis delgada,
esténdese desde a superficie ata a descontinuidade de Mohorovicic, situada a
unha profundidade media de 20 km. Podemos distinguir:
– Codia continental: (ata 25-70 km) forma os continentes. A rocha máis
abundante é o granito. De espesor variable como resultado da dinámica
terrestre e por acumulación de rochas e outros sedimentos, ademais de rochas
metamórficas.
– Codia oceánica: ( ata 6-12 km) forma os fondos dos océanos. A rocha máis
abundante é o basalto (rocha volcánica) e o gabro (rocha plutónica). É polo
tanto máis delgada ca
codia continental, pero
debido a que ten unha
distinta composición é
máis densa (o basalto
e o gabro son rochas
máis densas que o
granito).
Manto: constitúe a capa intermedia e é a capa máis grosa. Sitúase entre a
descontinuidade de Mohorovicic e a de Gutenberg (a unha profundidade de
2.900 km). Está formada por rochas moi densas de peridotito. Divídese en dúas
partes:
– Manto superior: (70-670 km) menos denso que o manto inferior, con parte dos
seus materiais fundidos.
– Manto inferior: (670-2.900 km) sólido debido ás maiores presións a que están
sometidos os materiais.
Núcleo: é a capa máis interna da Terra. Esténdese desde o límite inferior do
manto, 2.900 km, ata o centro do noso planeta, a 6.371 km. Formado por materiais
máis pesados, como o ferro e o níquel, de composición similar á dos meteoritos
sideritas. Nel xérase o campo magnético. Considérase dividido en dúas partes:
– Núcleo externo: (2.900-5.100 km) formado por materiais fundidos (debido ao
seu estado líquido e tamén ás altas temperaturas e presións ás que están
sometidos os seus materiais, as ondas S non o atravesan). Nel maniféstanse
correntes de convección, responsables do campo magnético terrestre.
– Núcleo interno: (5.120-6.371 km) formado por ferro e níquel que, debido ás
altas presións, é sólido (as ondas P aumentan aquí a súa velocidade).
Páxina 28 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
2.2.3 Modelo xeodinámico
Os estudos do interior terrestre mediante ondas sísmicas tamén proporcionan
información sobre as características mecánicas dos materiais das capas interiores da
Terra, é dicir, se son fluídos, plásticos ou ríxidos; se poden moverse ou non…
O modelo xeodinámico divide o interior terrestre en varias zonas, en función de dous criterios: o seu estado físico e o seu comportamento ou dinámica. No
modelo xeodinámico considéranse as seguintes zonas ou capas:
Litosfera: é a capa máis superficial da Terra, formada pola codia e a parte superior do manto ríxido, que forman unha capa
completamente sólida e ríxida cun grosor de entre
30 km (zonas oceánicas) e 100 km (zonas
continentais). Esta capa non é continua, senón
que está dividida en grandes fragmentos que reciben o nome de placas litosféricas ou tectónicas. Atópanse flotando sobre materiais
máis densos. Distínguense dous tipos de litosfera:
litosfera continental e oceánica.
Astenosfera: por baixo da litosfera atopamos unha capa que, debido ás condicións
de temperatura e presións, ten un comportamento de material viscoso sobre o que
flotan e se moven as placas litosféricas. É unha capa plástica e de espesor variable, entre 100 e 300 km nos lugares onde foi recoñecida, feito polo que algúns autores non a consideran como nivel universal. Permite o
desprazamento horizontal das placas litosféricas ríxidas, así como os movementos
verticais de elevación e afundimento de continentes.
Mesosfera: é a parte máis extensa da Terra (300-2.900 km). É a capa formada polo resto do manto en estado sólido. Está situada por debaixo da astenosfera ata uns 2.900 km de profundidade. É unha capa sólida da que non
se coñece o seu estado de rixidez; crese que o seu estado é sólido pola presión
dos materiais. A súa dinámica presenta correntes de convección, de movemento
moi lento, e térmicas.
– Nivel D: é una capa de transición entre a mesosfera e o núcleo externo de
endosfera. Nela prodúcense intercambios de materiais e gran cantidade de
enerxía en forma de calor entre estas capas a través destas plumas térmicas,
que atravesan a mesosfera e a litosfera.
Páxina 29 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Endosfera: (2.900-6.371 km).Ocupa o centro do planeta e coincide co núcleo. A
súa estrutura coincide co núcleo do modelo xeoquímico. Na endosfera orixínase o campo magnético terrestre e as correntes de convección, “motor” da dinámica interna do planeta. Divídese en:
– Núcleo externo: é líquido (consistencia similar á da auga) e nel prodúcense
rápidas correntes de convección por diferenzas de temperatura e densidade.
– Núcleo interno: é sólido, é una enorme esfera de metal sólido.
Actividades propostas
S7. Cales son os métodos utilizados para coñecer a estrutura interna da Terra?
S8. Complete a imaxe cos termos que identifican cada unha das partes da Terra:
Astenosfera Manto superior Núcleo externo Codia oceánica Núcleo Núcleo interno Litosfera Codia Codia continental Manto inferior Manto
Páxina 30 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
2.2.4 O motor interno da Terra
A enerxía interna da Terra
Para entender como actúa a dinámica interna da Terra hai que ter en conta a
gravidade e a enerxía interna en forma de calor. Todos os procesos internos da
Terra baséanse nas transferencias de calor que manteñen en continuo movemento
as rochas do interior da Terra. Esta calor queda en evidencia en procesos como o
magmatismo e o metamorfismo.
A orixe desta calor débese a dúas posibles causas:
– Calor remanente: a calor residual do proceso de formación da Terra. O Núcleo
garda calor desde o momento de formación da Terra. A súa composición fai que
sexa moi condutivo e, ademais, estea en convección. Esta calor vai liberándose
de forma progresiva ao manto.
– A desintegración de elementos radioactivos no manto (uranio e torio) produce
calor que se libera de forma gradual.
Calquera de ambas as orixes abonda por si soa para xustificar a cantidade de calor
que chega á superficie. Con todo, crese que interveñen as dúas e, en maior medida, a
calor do núcleo. Esta calor interna transmitida polo manto e a codia é a responsable
da actividade tectónica e dos procesos xeolóxicos internos, constituíndo así o
auténtico motor da tectónica de placas.
Gradiente xeotérmico: é o aumento continuo da temperatura a medida que
aumenta a profundidade na Terra, é dicir, desde a superficie ata o interior terrestre.
Na codia, o seu valor medio é de 3 ºC por cada 100 metros, chegando a 10 ºC por cada 100 metros nas áreas volcánicas. A profundidades maiores, estes valores non se manteñen e a distribución de temperaturas estímase en función de extrapolacións baseadas en experimentos de laboratorio e datos sísmicos.
Observe:
A calor pódese transferir de 3 maneiras: Condución: transferencia de calor sen movemento de materia.
Depende da condutividade térmica da substancia. Convección: transferencia de calor con movemento de materia. O
movemento está ocasionado polos cambios de densidade da substancia dentro dun campo gravitacional.
Radiación: transferencia de calor por medio de ondas. Non precisa materia para a súa propagación.
Páxina 31 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Transporte de calor na xeosfera
A enerxía calorífica alcanza a superficie terrestre mediante dous mecanismos:
– Condutividade térmica.
– Correntes de convección.
Condutividade térmica
A condutividade ou condución térmica é a transmisión de calor de rocha a rocha,
desde o interior do planeta á superficie. Esta viaxe que realiza a calor coñécese co
nome de fluxo térmico (é a cantidade de enerxía calorífica que chega á superficie
terrestre desde o interior da Terra). Dado que as rochas transmiten (conducen) mal
a calor, a viaxe dura miles de anos, trátase dun mecanismo moi lento.
Correntes de convección
Son o verdadeiro motor da dinámica interna da Terra, mediante as cales o material
quente, menos denso e, polo tanto, máis lixeiro, ascende cara á superficie. Cando
arrefría, este material aumenta a súa densidade e volve fundirse. Este fluxo de
materiais é xerado pola forte variación de temperatura entre a litosfera e o nivel D.
A corrente descendente débese á gravidade que actúa sobre as placas litosféricas onde (nas zonas de contacto entre placas) se produce un fluxo descendente de litosfera oceánica, que se volve moi densa a uns 670 km de profundidade e afúndese ata o ardente límite núcleo-manto. Este afundimento ou avalancha de restos de placa tira da devandita placa e móvea cara á zona de afundimento.
No manto, a corrente ascendente (columna ascendente) estaría orixinada polos penachos térmicos ou plumas de magma, procedentes do nivel D. No caso das capas que non poden mesturarse por ter diferente densidade, como a do núcleo metálico e o manto rochoso, prodúcense correntes de convección independentes.
Páxina 32 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Movementos verticais na litosfera
A litosfera ríxida “flota” sobre o manto sublitosférico, mantendo un equilibrio de
flotación chamado isostase.
Este equilibrio altérase debido a dinámicas, que poden ser de orixe interna ou
externa, que provocan
movementos na vertical de
bloques ou porcións de
litosfera, para restablecer o
equilibrio isostático, como
sucede nun barco cando se
carga ou se descarga.
Un incremento do peso
sobre a litosfera pode provocar o seu afundimento, fenómeno denominado
subsidencia. Un exemplo son as grandes acumulacións de xeo sobre os
continentes durante as glaciacións ou de sedimentos nas cuncas sedimentarias.
Pola contra, a erosión ou o desxeo reducen o peso sobre os bloques, feito que
provoca a súa elevación.
Actividades propostas
S9. Cal é a orixe da calor interna da Terra?
S10. Como funcionan as correntes de convección do manto?
S11. A península de Escandinavia está a experimentar un lento pero continuo
movemento ascendente por causa da isostase. Pode explicar por que?
2.3 Tectónica de placas
2.3.1 Antecedentes da tectónica de placas
Teorías oroxenéticas
Antes de que se coñecese a dinámica do interior da Terra, que se describiu, a
xeoloxía buscaba explicacións para os procesos de formación de cordilleiras, a
actividade volcánica, os terremotos… As teorías oroxenéticas explican a
formación dos oróxenos e o relevo terrestre. Estas teorías, segundo defendan ou
non o desprazamento dos continentes, clasifícanse en fixistas e mobilistas.
Páxina 33 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Teorías fixistas, postulan que os continentes terrestres presentaron a mesma
situación xeográfica durante toda a súa historia.
As teorías fixistas foron desacreditadas polos argumentos das teorías mobilistas. A
información proporcionada polos fondos oceánicos e o método sísmico nos anos
60 apoiaron as ideas defendidas polas teorías mobilistas, xustificadas polo modelo
xeodinámico terrestre.
Teorías mobilistas, afirman que os continentes terrestres se desprazan,
localizándose en diferente situación xeográfica ao longo da historia da Terra.
O precursor da interpretación da xeosfera como un sistema dinámico e das teoría
mobilistas foi o xeofísico alemán Alfred Wegener. Posteriormente comprobouse
que as correntes de convección están implicadas no desprazamento dos
continentes, o que confirmou as teorías da deriva continental e da tectónica de
placas.
A teoría da tectónica de placas, actualmente coñecida como tectónica global, xorde a finais da década dos sesenta (T. Wilson) como consecuencia dunha serie
de datos xeofísicos e de teorías anteriores, iniciadas en 1912 coa deriva
continental (A. Wegener) e culminadas a principios dos sesenta coa expansión dos
fondos oceánicos (H. H. Hess).
A deriva continental
En 1912, Wegener presentou a súa revolucionaria hipótese mobilista: a deríva
continental. Segundo esta teoría, hai uns 200 millóns de anos todos os continentes
estarían unidos nun só, ao que denominou Panxea (“toda a terra”), deixando un
único grande océano, Pantalasa. Panxea dividiuse, os fragmentos resultantes
desprazáronse e deron lugar aos continentes actuais.
As probas que achegou Wegener:
Probas xeográficas
Coincidencia entre as costas de continentes hoxe en día separados. Exemplo: África e América do Sur. A coincidencia é maior se se realiza a partir das plataformas continentais.
Páxina 34 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Probas xeolóxicas
Atopou que algunhas formacións xeolóxicas tiñan continuidade a ambos os lados do Atlántico. Por exemplo, diamantes en Brasil e Suráfrica.
Probas biolóxicas / paleontolóxicas
En continentes separados actualmente podíanse atopar fósiles da mesma especie, en lugares hoxe moi afastados, que en ningún caso podería ter atravesado o océano que os separa. Isto só se podía explicar se, hai millóns de anos, estes continentes estivesen unidos entre si.
Probas paleoclimáticas
Utilizou rochas sedimentarias como indicadores dos climas nos que se orixinan: tilitos (clima glacial), xeso, halita (clima árido), carbóns (clima tropical). Debuxou mapas deses climas antigos e concluíu que a súa distribución non se podería explicar se os continentes permanecesen nas súas posicións actuais.
Probas xeomagnéticas
Minerais magnéticos en rochas de igual idade en distinto continente indican dous polos norte. Trasladando os continentes, apuntan a un único polo.
Carencias da teoría de deriva continental
A teoría de deriva continental foi refugada pola maioría dos científicos da época, ao
non poder achegar os datos necesarios para explicar o mecanismo polo que os
continentes se moven. Wegener propoñía como motor a forza centrífuga orixinada
pola rotación terrestre. Ao se moveren, os continentes arrastraban os sedimentos que
atopaban ao seu paso formando cadeas montañosas (efecto proa) desprazándose
sobre os fondos mariños.
Nin os cálculos máis optimistas podían demostrar que a forza centrífuga bastaba para
vencer as forzas de resistencia, nin explicaba a existencia de oróxenos noutras
posicións. O descubrimento da convección do manto por Hess supuxo atopar o motor
da deriva continental e a formulación dunha nova teoría máis completa: a tectónica de
placas ou tectónica global.
Páxina 35 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
A expansión do fondo oceánico
A interpretación definitiva da deriva dos continentes chegou, na década dos anos
sesenta, coa teoría da expansión do fondo oceánico de Vine, Matthews e Hess.
A teoría da expansión do fondo oceánico afirma que a codia oceánica se crea nas
dorsais oceánicas, concretamente no rift valley, por onde ascende e aflora material
fundido procedente do manto que se deposita a ambos os lados da dorsal, de
maneira que despraza o material liberado e consolidado anteriormente, aumentando
así a extensión dos océanos.
Probas da expansión oceánica
Idade dos basaltos A idade das rochas do fondo oceánico é menor cá das da codia continental e aumenta dende o centro das dorsais cara as zonas máis afastadas. Se observa o mapa da ilustración, as zonas máis antigas, en azul, son as máis próximas aos continentes, e as máis recentes son as das dorsais, en vermello.
Paleomagnetismo O campo magnético da Terra é inestable e a súa polaridade inverteuse cada certo tempo ao longo da historia. Estas inversións quedan rexistradas nas rochas que conteñen o mineral magnetita, que se orienta como o campo magnético terrestre do momento da súa solidificación. A distinta polaridade (normal e inversa) que se aprecia na ilustración, en bandas paralelas e simétricas a ambos os lados da dorsal, corrobora a expansión oceánica.
Espesor dos sedimentos. Os sedimentos nos fondos oceánicos non se distribúen de maneira homoxénea. Non hai sedimentos na dorsal. A medida que nos afastamos desta e nos achegamos aos continentes, increméntase a acumulación e o espesor de sedimentos. Polo tanto, o fondo oceánico móvese e vai acumulando sedimentos ao longo do tempo.
Observe:
Unha das evidencias da teoría de Wegener obtívose ao analizar a distribución de terremotos e volcáns activos na Terra. Curiosamente, estas zonas non se distribúen en rexións extensas, senón que forman dous grandes aliñamentos de miles de quilómetros de lonxitude e só uns poucos de ancho, os cintos activos que, dada a súa situación na Terra, denomínanse: Cinto circumpacífico (antigamente coñecido
como "cinto de lume do Pacífico") que bordea as costas americanas, asiáticas e oceánicas do océano Pacífico.
Cinto eurasiático-melanésico, que inclúe as cordilleiras alpinas de Europa e Asia, conectando co anterior no arquipélago de Melanesia.
Páxina 36 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Actividades propostas
S12. En que se baseou Wegener para afirmar que os continentes se moven?
S13. Cales foron os acertos e os erros da teoría de Wegener?
2.3.2 A teoría da tectónica de placas
Principios básicos e probas
A finais da década de 1960, varios investigadores, con base nas novas
descubertas científicas, completaron e corrixiron as teorías anteriores e formularon
a teoría da tectónica de placas, vixente na actualidade. A tectónica de placas
tamén recibe o nome de tectónica global, xa que é capaz por si soa de explicar
todos os fenómenos xeolóxicos que ocorren na Terra (a situación actual dos
continentes, a orixe e a distribución xeográfica das cordilleiras) e dos principais
fenómenos internos que suceden na Terra (volcáns e terremotos) a partir do
movemento relativo das placas litosféricas.
A tectónica de placas pode resumirse nos seguintes puntos:
– A litosfera está dividida en grandes fragmentos ríxidos: as placas litosféricas
ou placas tectónicas.
– A maior parte da actividade xeolóxica interna concéntrase nos límites entre as placas, onde interactúan.
– Os fondos oceánicos xéranse continuamente nas dorsais e destrúense, por subducción, nas fosas oceánicas.
– As placas litosféricas móvense, son dinámicas, no seu movemento arrastran
os continentes e accionan entre si, onde dúas placas se separan, xéranse novos
océanos, onde se achegan e chocan, levántanse cordilleiras.
– A calor interna da Terra xunto coa forza de gravidade xeran correntes de convección que moven unhas placas con respecto a outras, arrastrando con
elas os continentes.
Placas litosféricas: definición e clasificación
Unha placa litosférica é un anaco de litosfera (codia mais manto superior ríxido)
limitado na súa superficie por bordos de placa que poden ser de tres tipos:
diverxente (dorsais oceánicas), converxente (zonas de subducción) e cizalla (fallas
de transformación). Estas placas son sólidas e atópanse sobre unha zona de baixa
velocidade das ondas sísmicas, zona de materiais plásticos que favorece o seu
movemento, xerado polas correntes de convección.
Páxina 37 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Tipos de placas. A litosfera está dividida en catorce grandes placas: pacífica, de
Nazca, norteamericana, suramericana, euroasiática, africana, indo-australiana,
antártica, de Scotia, filipina, arábiga, caribeña, de Cocos e de Juan de Fuca.
Clasificamos as placas litosféricas conforme a súa composición e tamaño: Segundo a súa
composición. – Placas oceánicas,
formadas exclusivamente pola codia oceánica e o manto superior (placa de Nazca ou placa pacífica).
– Placas continentais, constituídas por codia continental e manto superior (placa arábiga).
– Placas mixtas, a maioría, formadas en parte por codia continental, codia oceánica e manto superior (placa euroasiática, placa suramericana). Segundo o seu
tamaño. – Placas maiores, en total
15. Exemplo placa euroasiática.
– Placas menores, en total 45. Exemplo placa de Nazca.
Observe:
As placas tectónicas están vivas! Efectivamente, as placas tamén se reproducen, crecen e morren.
Reprodúcense: observe o val do Rift africano, a rexión dos Grandes Lagos. Aquí a placa Africana está a dividirse en dúas, coma se dunha célula que se divide por bipartición se tratase.
Crecen: fíxese no límite entre a placa eurasiática e a africana ao longo do Mediterráneo. Está limitada por dúas dorsais, a dorsal centroatlántica e a dorsal do Mar Vermello. A actividade de ambas as dorsais está a facer que a placa africana vaia aumentando de tamaño.
Morren: reparou nunha placa moi pequena que hai na costa occidental norteamericana? É a placa de Juan de Fuca. Esta placa está sendo "tragada" pola subducción e acabará desaparecendo. Esta e mais a de Cocos, no Caribe, formaban unha placa moito máis grande no Pacífico, da que hoxe só quedan estes dous restos. Que cre que lle pasará á placa filipina?
Actividades propostas
S14. Observe o debuxo das placas tectónicas e cite unha que inclúa só superficie
oceánica, outra que só inclúa superficie continental e unha terceira mixta.
Páxina 38 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S15. Compare a imaxe da esquerda (sobre as placas litosféricas) coa da dereita
(sobre a distribución dos volcáns) e responda: existen coincidencias entre as
dúas imaxes?
Límites das placas
Bordos diverxentes (ou construtivos): cando as placas se separan, prodúcese
un ascenso de materiais do interior da Terra; isto provoca erupcións volcánicas con
achega de magma, que se solidifica no exterior e enche o oco formando nova
litosfera. Un exemplo son as dorsais oceánicas.
– Estruturas do bordo diverxente:
– Rifts continentais: cando o bordo diverxente afecta un continente,
produce unha fenda (chamada rift continental). Trátase de afundimentos de
terreo con fondo moi fracturado que se producen cando unha masa
continental rompe para orixinar dúas placas. Exemplo, o val do Rift na zona
de África Oriental.
África é un exemplo: se vemos o mapa de placas litosféricas, apreciamos que a parte oriental de África se separa do resto. Hoxe nesta rexión atopamos un enorme val, denominado val do Rift. No futuro, dentro de millóns de anos, a separación completarase e alí aparecerá un océano cunha dorsal no seu fondo.
– Dorsais oceánicas: son elevacións do fondo mariño de decenas de miles de
quilómetros de lonxitude, centos de quilómetros de anchura e uns 2 km de
altitude, cunha fosa que ocupa o eixe central. Fórmanse nos bordos
diverxentes de dúas placas constituídas por litosfera oceánica. Unha das
principais dorsais é a que percorre de norte a sur o centro do Atlántico.
Páxina 39 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Dorsais oceánicas. Formación litosfera oceánica. Exemplo de rift continental en Islandia..
Bordos converxentes (ou destrutivos). A formación de novo fondo oceánico nas
dorsais debe ser compensada mediante a destrución de superficie antiga. Segundo
a tectónica de placas as zonas de subducción destrúen continuamente litosfera
oceánica.
Os bordos converxentes son os límites de dúas placas que se moven unha cara
á outra.
– Os tipos de bordos destrutivos dependen da natureza de cada unha das
placas que choquen. Trátase, en realidade, de diferentes etapas da subdución:
Converxencia de dous límites oceánicos de placas
Se o contacto se produce entre dous bordos oceánicos, pero un deles se acha preto dun continente, este afúndese baixo o outro e orixínanse fosas oceánicas. Aparecen «arcos de illas» ao ascender os magmas, e entre o continente e estas novas illas un mar interior, como é o caso do Xapón ou das illas Kuriles (ou Curilas). Ademais, fórmase un plano inclinado de focos sísmicos coa placa próxima ao continente, denominado plano de Benioff, responsable da maior parte dos terremotos.
Converxencia dun límite continental e un oceánico
Cando o límite de placas é entre un continental e outro oceánico, como na placa de Naza e a suramericana, a placa oceánica, ao ser máis densa, afúndese baixo a continental e xera magmas que, ao regresaren ao manto, forman correntes convectivas descendentes. Entre as placas queda unha fonda fosa oceánica onde se depositan sedimentos, chegados sobre todo do continente, que se van comprimir por efecto das presións laterais, provocando levantamentos de cordilleiras perioceánicas como os Andes. Neste camiño de descenso da placa oceánica, fórmase o plano de Benioff.
Páxina 40 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Converxencia de dous límites continentais
Cando, ao avanzar a subducción, o océano situado entre dous continentes desaparece, prodúcese a colisión entre eles. Neste choque, as masas de sedimentos acumulados entre as marxes de ambos os continentes comprímense e elévanse, co que xeran cordilleiras non volcánicas con intenso pregamento, como é o caso da cordilleira do Himalaia, por colisión entre a placa hindú e a euroasiática. Posteriormente cesa a subducción.
Bordos transformantes. Cando as placas esvaran unha sobre a outra e os seus
movementos teñen lugar lateralmente, non se crea nin se destrúe litosfera, pero
si orixinan fortes terremotos. Un exemplo é a falla de San Andrés, en California
(Estados Unidos).
– Neles desenvólvense fallas de transformación que corresponden a
esgazaduras do terreo que aparecen en zonas sometidas a pulos distintos.
Poden atoparse cortando transversalmente o eixe das dorsais e nos bordos das
placas, onde dúas placas esvaran en sentidos contrarios, o que xera unha
actividade sísmica importante, mais sen vulcanismo.
Observe:
Formación de puntos quentes Nalgúns casos aparecen illas volcánicas de orixe diferente, que non teñen forma de arco e non están nos bordos das placas litosféricas, son os chamados puntos quentes. A súa orixe son zonas das capas máis profundas da Terra con altas temperaturas, que fan que suba o magma. Cando esta situación se produce en zonas de litosfera oceánica, máis fina que a continental, pode producir unha fenda pola que escapa o magma ao exterior formando un conxunto de illas de orixe volcánica. Un exemplo son as illas Canarias ou as Hawai.
Páxina 41 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Actividades propostas
S16. Os esquemas representan tres zonas do planeta con distinto grao de evolución
na formación dun océano. Ordéneos e describa a súa posible evolución.
S17. Complete o cadro referido ás características dos bordos das placas litosféricas.
Tipo de bordo Movemento de placas Estruturas formadas Exemplos
2.3.3 A deformación da litosfera
Introdución
Cando a actividade xeolóxica é moi intensa, os conxuntos rochosos da codia
terrestre poden sufrir alteracións moi importantes, que dan lugar a deformacións na litosfera terrestre. Ante estes esforzos, as rochas compórtanse como
materiais plásticos, que se deforman, ou ríxidos, que se fracturan.
– Dobras ou pregamentos: cando a deformación é permanente, denomínase deformación plástica, e dá lugar ás estruturas xeolóxicas coñecidas como
pregamentos.
– Fracturas (fallas e diáclases): cando o esforzo supera o límite de rotura, as
rochas fractúranse e dan lugar ás fallas e as diáclases.
Dobras ou pregamentos. Fracturas.
Páxina 42 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Pregamentos
Definición: son deformacións plásticas que afectan a varios estratos. Distínguense
pola perda de horizontalidade dos estratos.
Elementos xeométricos nun pregamento:
Flancos: cada unha das superficies que forman o pregamento.
Charneira: a liña de unión dos dous flancos (liña de máxima curvatura do pregamento).
Plano ou superficie axial: plano imaxinario formado pola unión das charneiras de todos os estratos que forman o pregamento. O seu afastamento da vertical indica a verxencia ou inclinación do pregamento.
Eixo do pregamento: liña imaxinaria formada pola intersección do plano axial cun plano horizontal.
Núcleo: parte interna do pregamento.
Clasificación dos pregamentos:
– Polo sentido da curvatura
Anticlinal Materiais do núcleo, os máis antigos.
Sinclinal Materiais do núcleo, os máis novos.
Monoclinal Só teñen un flanco.
– Pola inclinación do plano axial
Recto
O plano axial é vertical.
Inclinado O plano axial forma un ángulo coa vertical.
Tombado O plano axial é case horizontal.
Fallas e diáclases
Definición:
– Fallas: son deformacións fráxiles, ou fracturas, que afectan a varios estratos.
Son fracturas con desprazamento.
– Diáclases: son fracturas sen desprazamento e que afectan a un só estrato.
Páxina 43 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Elementos xeométricos dunha falla:
Bloques ou beizos: cada unha das partes divididas
e separadas pola falla.
– Beizo afundido: o que queda en posición inferior con respecto ao outro.
– Beizo levantado: mantense elevado con respecto ao afundido.
Plano de falla: o plano de rotura polo que se produciu o desprazamento. Serve para orientar a falla.
Salto: é a magnitude do desprazamento.
Tipos de fallas:
Falla inversa: o beizo levantado apóiase
sobre o plano de falla. Orixínanse por forzas compresivas. (A)
Falla normal ou directa: o beizo afundido apóiase sobre o plano de falla. A súa orixe é por forzas distensivas. (B).
Falla transformante: non ten salto vertical. (C).
Actividades propostas
S18. Indique os tipos de deformacións que poden sufrir os materiais terrestres
segundo o seu comportamento.
S19. Debuxe un pregamento sinclinal inclinado e una falla inversa indicando os seus
elementos xeométricos.
2.4 A orixe e a evolución da vida
2.4.1 A orixe da vida
Ata o momento actual a ciencia non foi capaz de dar unha explicación sobre o que é a
vida, á parte de estudar as súas características e as súas manifestacións. Ademais de
explicar o que é a vida, houbo outro problema que preocupou ao home desde sempre: a orixe da vida; de onde vén?, como se formou? Para explicar isto
existiron dúas grandes correntes de pensamento: a xeración espontánea, idea
que perdurou ata finais do século XIX, cando L. Pasteur a rebateu; e,
modernamente, a teoría da orixe química da vida e a teoría da orixe extraterrestre.
Páxina 44 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
O problema da xeración espontánea
Os primeiros que se ocuparon deste tema foron os pensadores da antiga Grecia,
entre os que destaca Aristóteles, que sostiña a idea da xeración espontánea
segundo a cal os seres vivos proviñan directamente do barro, do esterco e doutras materias inertes sen sufrir ningún tipo de proceso previo, simplemente aparecían.
O primeiro intento por refutar de forma científica esta idea data de 1668 e débese a
Francesco Redi, pero os seus experimentos non foron concluíntes, xa que, co
desenvolvemento da microscopía, confirmouse a existencia dunha gran variedade
de seres minúsculos presentes en todos os cultivos que reavivaron a polémica
sobre a xeración espontánea destes organismos. Ata que na segunda metade do século XIX, o químico francés Louis Pasteur
(1822-1895), entre outras cousas, demostrou, por unha banda, que os microorganismos se atopaban por todas as partes e provocaban a descomposición dos alimentos e moitas enfermidades humanas e, por outra banda, que a xeración espontánea non existía, os seres vivos procedían doutro ser vivo anterior.
Francesco Redi (1626-1698) ideou un experimento sinxelo e concluínte que consistiu en meter uns anacos de carne en frascos pechados e outros en frascos abertos, vendo que a carne dos frascos pechados non desenvolvía vermes (ver debuxo).
Con este experimento Redi demostrou que os vermes non aparecían por xeración espontánea e que a súa presenza estaba relacionada coa posibilidade que tiñan as moscas de chegaren á carne.
Pasteur realizou o seguinte experimento: “Eu poño nun frasco de vidro un dos seguintes líquidos, todos eles moi alterables en contacto co aire ordinario: auga de fermento de cervexa á que se lle engadiu azucre, ouriños, mollo de remolacha, auga de pemento. A continuación dobro o colo do frasco de forma que quede curvado en varias partes. Logo poño a ferver o líquido durante varios minutos ata que empeza a saír vapor polo extremo aberto e, por último, deixo arrefriar o líquido.
O po que transporta microorganismos queda atrapado no colo de cisne; o líquido queda libre de crecemento microbiano longos períodos de tempo, mesmo anos.
Se o líquido entra en contacto co po acumulado no colo de cisne, en poucos días detéctase crecemento microbiano no líquido”.
Páxina 45 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Teorías modernas sobre a orixe da vida
Os indicios máis antigos de vida na Terra foron encontrados na rexión de Isúa, en
Grenlandia, datados hai 3.800 Ma, o que dá idea da temperá presenza de actividade
biolóxica tendo en conta a idade da Terra, estimada en 4.500 Ma. Existen dous
modelos teóricos para explicar a presenza da vida na Terra
Panspermia/orixe extraterrestre. Desde a antiga Grecia ata a actualidade.
Postula que a vida chegou á Terra en forma de esporas bacterianas procedentes do espazo exterior e impulsadas pola presión da radiación das estrelas. Baséase na existencia de materia orgánica en restos de meteoritos, pero
non explica a aparición de vida no hipotético planeta orixinal. Apoiada por
Anaxágoras, Arrhenius e numerosos astrofísicos.
Evolución química da vida. É a hipótese máis aceptada na actualidade para
explicar a orixe da vida na Terra. Exposta polo ruso A. Oparin e o inglés Haldane en 1923, esta teoría supón tres pasos:
– Formación de moléculas orgánicas simples a partir de inorgánicas.
– Desenvolvemento de moléculas complexas.
– Aparición das primeiras células, un proceso que se coñece como evolución
química.
Hipótese de Oparin: síntese prebiótica de moléculas orgánicas.
Existencia dunha atmosfera primitiva redutora (metano, dióxido de carbono, amoníaco etc.).
Reacción dos gases atmosféricos como consecuencia de descargas eléctricas, formando pequenas moléculas orgánicas.
Combinación das moléculas orgánicas coa auga da choiva para precipitar e formar ladrillos biolóxicos (aminoácidos, ácidos graxos etc.).
Interacción dos ladrillos biolóxicos para xerar os primeiros polímeros (proteínas e ácidos nucleicos).
Estas moléculas fóronse acumulando en mares primitivos formando a sopa ou caldo primixenio.
Os polímeros agrúpanse formando pequenas pingas ou microestruturas (coacervados) capaces de reproducirse e evolucionar dando lugar ás primitivas células.
Estas primeiras células estenderíanse polos mares, dando comezo un proceso que aínda segue funcionando hoxe en día, o proceso de EVOLUCIÓN BIOLÓXICA, responsable de que a partir de seres vivos máis sinxelos vaian xurdindo seres vivos cada vez máis complexos, e que é a causa da gran diversidade de seres vivos que poboaron e poboan actualmente a Terra, o que hoxe chamamos a BIODIVERSIDADE.
2.4.2 A orixe da biodiversidade
Unha vez que a vida xorde sobre a Terra, expónsenos un novo interrogante: como a partir dunha soa célula puideron aparecer todas as especies tan diferentes que existen hoxe día? É evidente que a resposta a esta pregunta variou moito da época
en que se aceptaba a teoría da xeración espontánea a cando esta teoría foi rexeitada.
Páxina 46 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Teorías preevolutivas
Fixismo, S. XVIII (Linneo): propón que as especies non cambian, senón que se
manteñen basicamente invariables ao longo do tempo desde a creación do
universo.
Catastrofismo, S. XVIII (Cuvier): cada cataclismo xeolóxico destrúe as especies
existentes, de forma que se produce posteriormente unha creación de novas
especies.
A finais do S. XVIII, Leclerc (Conde de Buffon) achegou a idea de que os seres
vivos se transforman ou evolucionan, o que favoreceu que se abandonasen as
teorías fixistas e catastrofistas.
Teorías evolucionistas
A primeira teoría evolucionista suficientemente elaborada foi presentada polo
francés Jean-Baptiste de Monet, cabaleiro de Lamarck, en 1809. As principais
ideas lamarquistas poden resumirse en:
– O ambiente produce modificacións dos caracteres: as condicións ambientais
varían ao longo do tempo.
– A función crea o órgano: os novos hábitos permiten o desenvolvemento de
determinados órganos.
– Herdanza dos caracteres adquiridos: estas modificacións, inducidas polo
ambiente, son transferidas á descendencia.
A evolución das xirafas segundo Lamarck
1- As xirafas viven na sabana alimentándose das follas das árbores. En época de seca, as follas escasean. 2- Ante a falta de follas, as xirafas estirarían o pescozo e as súas patas para lograren alcanzar as follas situadas a máis altura. 3- O estiramento das patas e o pescozo provocaría o seu alongamento. Estes caracteres herdaríanos os seus descendentes.
Lamarck, polo tanto, cría que era a necesidade a que producía os cambios evolutivos.
Unha vez que tiñan lugar, eses cambios serían herdables.
En 1859, o inglés Charles Darwin propuxo unha nova teoría da evolución,
recollida no seu libro A orixe das especies. Un ano antes publicara unha serie de
artigos xunto a Alfred Wallace, investigador que chegara independentemente ás
mesmas conclusións que Darwin.
Páxina 47 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Os mecanismos evolutivos propostos por Darwin resúmense nas seguintes ideas:
– Non todos os individuos dunha especie son idénticos. Existe unha variabilidade
da descendencia que se transmite xeneticamente.
– Entre os individuos hai unha loita pola existencia, e só sobreviven aqueles cuxas
variacións os fan máis aptos (supervivencia do máis apto). Desta maneira, as
variacións favorables presérvanse. Esta idea foi denominada selección natural.
– A acumulación de diferenzas adaptativas vai producindo o cambio dunhas especies a outras.
A evolución das xirafas segundo Darwin
1- Entre as xirafas existen diferenzas en canto á lonxitude do pescozo e das patas.
2- Ante a escaseza de follas, as xirafas co pescozo e as patas máis longas acceden mellor ao alimento e deixan máis descendencia.
3- Co tempo, cada vez habería máis xirafas co pescozo e as patas longas porque o ambiente favorece estes caracteres.
Darwin e Wallace atopáronse co problema de explicar por que existía esa variedade
de individuos e por que había trazos que si se herdaban. Esta teoría formulouse sen fundamentos xenéticos que explicasen a orixe da variabilidade e os mecanismos da súa transmisión hereditaria. Os traballos sobre a herdanza
realizados por Mendel anos antes pasaran inadvertidos para a comunidade científica.
Foi a raíz do redescubrimiento dos traballos realizados por Mendel cando a teoría
darwinista sufriu certas modificacións, fundamentadas na comprensión da xenética,
dando lugar ao neodarwinismo ou teoría sintética da evolución, proposta por
Dobzhansky (S. XX).
A teoría sintética da evolución integra a xenética mendeliana e a selección natural
de Darwin, propoñendo ademais os seguintes mecanismos:
– Nas poboacións existe unha variabilidade xenética, orixinada por mutación e
polos procesos de recombinación xenética.
– A selección natural elimina aqueles individuos que pola súa información
xenética son menos aptos. As características, determinadas xeneticamente, que
teñen valor adaptativo son seleccionadas e transmítense á xeración seguinte.
– As especies son conxuntos de poboacións que posúen un fondo xenético
común e que son capaces de reproducirse entre si. O conxunto de xenes, coas
Páxina 48 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
novas combinacións que poden producirse por mutación ou recombinación,
vese sometido á selección natural e determina as características das
poboacións en cada momento, segundo as condicións ambientais.
O puntualismo. Algúns biólogos como Stephen Jay Gould e, sobre todo, os
paleontólogos adoitan discrepar das
ideas neodarwinistas no aspecto da
velocidade á que se producen os
cambios nas poboacións que
terminan dando lugar a especies
novas; eles, ao estudaren os
fósiles, o que observan é que eses
cambios parecen producirse moito máis rápido do que indica o neodarwinismo e o
evolucionismo en xeral: o rexistro fósil non nos fala de cambios graduais ao longo
de moitas xeracións, senón de cambios moito máis rápidos, en moi poucas
xeracións, que converten unhas especies noutras como resposta aos cambios no
medio; é coma se a evolución avanzase a saltos: é a denominada teoría saltacionista, ou teoría do equilibrio puntuado.
Actividades propostas
S20. Moitos produtos químicos empregados na agricultura, como determinados
funxicidas, perden eficacia co tempo e deben ser substituídos por novos
produtos. Como explicaría este feito un lamarckista? E un darwinista?
S21. Cales son as diferenzas entre as teorías darwinista e neodarwinista?
2.4.3 Os mecanismos da evolución
Os seres vivos somos o que somos grazas á información xenética que posuímos
almacenada nas nosas células; esta información foi máis ou menos modelada polo ambiente no que vivimos, que pode modificar de maneira natural a información
xenética ao longo da vida dun ser vivo, pero as modificacións que produce nunca se
van transmitir aos nosos descendentes, o único que transmitiremos aos nosos fillos
serán os nosos xenes.
A información xenética e o ambiente son a base da evolución
A principal forza evolutiva son as mutacións xenéticas (alteracións do material
xenético), que son as responsables da maioría da variabilidade xenética; estes
cambios maniféstanse no fenotipo (manifestación externa do xenotipo, que é o
conxunto de xenes dun individuo) ou características do individuo.
Páxina 49 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
A reprodución sexual, que é a responsable da mestura de xenes e alelos nos
individuos, produce recombinación xenética; este proceso tamén produce
variabilidade xenética.
Cando un ser vivo nace, desenvolve unha serie de caracteres para os que posúe
información xenética, eses caracteres son modelados polo ambiente no que
vive. Calquera ser vivirá mellor ou peor no lugar en que lle tocou vivir segundo os
caracteres que desenvolvese, esta capacidade de vivir mellor ou peor é o que chamamos ADAPTACIÓN AO MEDIO.
Os individuos que están peor adaptados viven menos, e deixarán menos
descendentes, polo que, ao cabo de varias xeracións, os seus xenes tenderán a
desaparecer, quedando só os xenes que supoñen unha mellor adaptación, é dicir,
a natureza selecciona os mellores xenes para un ambiente determinado, é o que chamamos a SELECCIÓN NATURAL.
Consecuencias do proceso evolutivo
Ás veces a selección natural actúa favorecendo alelos que dan lugar a maiores
cambios nas poboacións, polo que, co tempo poden xurdir especies novas parecidas ás anteriores, o que chamamos MICROEVOLUCIÓN.
Ou grupos de seres vivos novos, completamente diferentes, podendo mesmo
extinguirse as especies anteriores, o que chamamos MACROEVOLUCIÓN; todo
depende de que as mutacións orixinen alelos ou xenes novos, que impliquen a
existencia de caracteres moi diferentes aos preexistentes, e que estes caracteres
diferentes sexan seleccionados por implicaren unha mellor adaptación ao medio.
Especiación: aparición de dúas ou máis especies diferentes a partir dunha inicial. Cando unha poboación cambia a súa información xenética por mutacións,
combínaa pola reprodución sexual, e a selección natural favorece as novas
combinacións xenéticas, co tempo esa poboación deixará de pertencer á súa
especie e converterase nunha especie nova, o que chamamos especiación. Este
proceso é lento e gradual, segundo os darwinistas e neodarwinistas, ou é rápido e
brusco, segundo os "saltacionistas" do equilibrio puntuado.
Especie: conxunto de organismos que teñen semellanzas morfolóxicas, poden
reproducirse dando lugar a descendencia fértil e presentan un illamento reprodutivo
con outras especies.
Como se produce a especiación?: normalmente por illamento xeográfico, que
impide o intercambio de xenes entre poboacións, polo que, distintas poboacións
comezan a separarse xeneticamente. Despois aparece o illamento reprodutivo
(cambios fisiolóxicos, anatómicos e de conduta).
Páxina 50 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Diversificación ou aumento da biodiversidade. Como consecuencia, prodúcese
o aumento crecente e a diversificación do número de especies, orixinando a actual
biodiversidade no noso planeta.
A converxencia adaptativa. Prodúcese cando os organismos habitan en ambientes semellantes, polo que presentan semellanzas nas súas formas, aínda que non sexan especies emparentadas. Na evolución converxente desenvólvense órganos análogos, teñen a mesma función, pero diferente estrutura; teñen orixe evolutiva distinta.
A diverxencia evolutiva. Prodúcese cando as poboacións habitan contornos diferentes, desenvolvendo adaptacións diferentes. Na evolución diverxente prodúcense órganos homólogos, órganos de distinta función pero a mesma estrutura, adaptados ao contorno da especie.
2.4.4 As probas da evolución
As probas da evolución son as evidencias que permiten poñela de manifesto. Entre as
principais destacan as que achegan ciencias como a anatomía comparada, a
paleontoloxía, a bioxeografía, a embrioloxía e a bioquímica comparada.
Anatomía comparada
Baséanse no estudo comparado da estrutura de órganos. Exemplos:
– Órganos homólogos, por exemplo, a aleta dun golfiño e a á dun morcego son
órganos coa mesma estrutura interna, pero un é para nadar e o outro para voar
(distinta función) e teñen a mesma orixe evolutiva.
Órganos homólogos Órganos análogos
– Órganos análogos, os órganos que desempeñan a mesma función, pero teñen
unha constitución anatómica diferente chámanse análogos, como a á dun
insecto e a á dunha ave, especies moi separadas evolutivamente que teñen que
adaptarse ao mesmo medio e, polo tanto, desenvolven estruturas similares, por
iso o imitan varias especies.
Páxina 51 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
– Órganos vestixiais, en moitos seres vivos existen órganos atrofiados, non
funcionais, que aparecen en antepasados antigos perfectamente funcionais,
pero que co transcurso das xeracións deixaron de ser útiles; estes órganos
denomínanse órganos vestixiais.
Probas paleontolóxicas
O estudo dos fósiles dános unha idea moi directa dos cambios que sufriron as
especies ao transformárense unhas noutras; existen moitas series de fósiles de
plantas e animais que nos permiten reconstruír como se foron adaptando ás
cambiantes condicións do medio, como as series de ourizos dos cantís ingleses, o
paso de réptiles a aves a través do Archaeopterix ou a evolución dos cabalos para
adaptárense ás grandes praderías abertas polas que corrían.
A ordenación dos fósiles do máis antigo ao máis moderno revela a existencia dun proceso de cambio ao longo do tempo, é dicir, mostra como evolucionaron
unhas especies a partir doutras.
Probas bioxeográficas
Consisten na existencia de grupos de especies máis ou menos parecidas, emparentadas, que habitan lugares relacionados entre si pola súa proximidade, situación ou características, por exemplo, un conxunto de illas,
onde cada especie do grupo se adaptou a unhas condicións concretas. A proba evolutiva aparece porque todas esas especies próximas proveñen dunha única especie antepasada que orixinou a todas as demais a medida que pequenos grupos de individuos se adaptaban ás condicións dun lugar concreto, que eran diferentes ás doutros lugares.
Son exemplos característicos disto os pimpíns das illas Galápagos que foron
estudados por Darwin, os drepanidos, aves das illas Hawai, ou as grandes aves
non voadoras distribuídas polo hemisferio sur, os ñandús suramericanos, as
avestruces africanas, o paxaro elefante de Madagascar (extinguido), o casuario e o
emú australianos ou o moa xigante de Nova Zelandia (tamén extinguido).
Probas embriolóxicas
Relacionadas coas probas anatómicas, o estudo dos embrións dos vertebrados
dános unha interesante visión do desenvolvemento evolutivo dos grupos de
animais, xa que as primeiras fases dese desenvolvemento son iguais para todos os vertebrados, sendo imposible diferencialos entre si; só ao ir
Páxina 52 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
avanzando o proceso, cada grupo de vertebrados terá un embrión diferente ao do resto, sendo tanto máis parecidos canto máis emparentadas estean as especies. Isto é o que Haeckel resumiu dicindo que a "ontoxenia resume a filoxenia".
Probas moleculares
As probas máis recentes, e as que maiores posibilidades presentan, consisten en
comparar certas moléculas que aparecen en todos os seres vivos, de tal maneira
que esas moléculas son tanto máis parecidas canto menores diferenzas evolutivas
hai entre os seus posuidores, e ao revés; isto fíxose sobre todo con proteínas (por
exemplo proteínas do sangue) e con ADN.
Probas paleontolóxicas
Probas moleculares
Actividades propostas
S22. Procure información sobre os órganos homólogos e indique algún exemplo. Que
proban?
S23. O Archaeopteryx é un fósil dunha ave primitiva con características de réptil. Que
demostra este fósil? A que grupo pertence este tipo de probas?
Páxina 53 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
2.4.5 A evolución humana
A orixe do ser humano
A especie humana é única en moitos aspectos, se a comparamos coas demais
especies que viven sobre a Terra. Con todo, como ser vivo pertencente ao reino
dous metazoos, xurdiu a partir dos mesmos procesos biolóxicos e evolutivos que o resto dos animais que hoxe podemos ver, é dicir, segundo o
neodarwinismo: os cambios no medio, as mutacións e a selección natural modelaron un conxunto de poboacións de primates que se foron transformando ata dar lugar á cadea de homínidos, da cal nós somos o derradeiro elo.
Os homínidos apareceron hai uns cinco millóns de anos; caracterízanse pola súa posición ergueita e por seren bípedes (andaren sobre dúas extremidades).
– O bipedismo puido ter xurdido nalgúns grupos de primates, obrigados a
abandonar a súa vida arbórea, a consecuencia dun cambio climático ocorrido
hai uns 15 millóns de anos que eliminou moitas árbores. Nas sabanas africanas,
a posición ergueita permitiu a estes individuos advertir a presenza de presas e
depredadores, mellorar a visión e liberar a man, que podía ser utilizada en
actividades distintas á locomoción.
– O bipedismo foi unha adquisición evolutiva moi importante, pois provocou modificacións do cranio necesarias para adaptarse á posición ergueita. A
pelve, a columna vertebral e as extremidades variaron a súa morfoloxía e o seu
desenvolvemento, e o cerebro foi adquirindo maior complexidade.
Fotograficamente reducido a partir de diagramas a tamaño natural (excepto o do xibón, que é dúas veces máis grande ca na realidade), debuxado polo Sr. Waterhouse Hawkins a partir de espécimes do Museo do Royal College of Surgeons.
A especie humana presenta características propias, tales como:
– Somos plenamente bípedes, andamos erguidos completamente.
– Extremidades posteriores locomotoras e anteriores manipuladoras.
– Mans con polgares opoñibles, para manexar con habilidade obxectos.
– Ollos cara a diante con visión estereoscópica, para apreciar relevos e formas a
distancia.
Páxina 54 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
– Mandíbula máis curta e en forma parabólica (ortognatismo).
– Dentes máis pequenos e músculos mastigadores menos desenvolvidos.
– Gran capacidade cranial e gran desenvolvemento do cerebro, con altas
capacidades cognitivas.
– Desenvolvemento dos órganos fonadores e da linguaxe como forma de
comunicación.
O proceso de hominización
O proceso de hominización comprende as etapas que marcan o desenvolvemento evolutivo da nosa especie: a bipedestación, o aumento da
capacidade cranial e o desenvolvemento da linguaxe, a colonización de hábitats e
a distribución xeográfica, así como a capacidade tecnolóxica.
Os pasos evolutivos quedan postos de manifesto co descubrimento de fósiles de primates e homínidos que nos permiten reconstruír o seu aspecto e as súas
transformacións, aínda que hai partes por aclarar da nosa historia evolutiva.
– Os primates:
– O primeiro primate considerado pertence a un grupo de pequenos mamíferos
arborícolas, representados polo pequeno Purgatorius, que sobreviviron a
masiva extinción de especies do Xurásico, a finais do Mesozoico.
– O primeiro primate que se move polo chan é o Aegyptopithecus, unha
especie de mono que podía andar de poutelas no chan e que viviu no que
hoxe é Exipto hai uns 30 millóns de anos, cando estaban a desaparecer as
selvas que ata entón cubriran toda África.
– Entre 25 e 5 millóns de anos, vai xurdir unha nova liña evolutiva, a dos
hominoideos, a partir dun antepasado común ao que se lle chamou
Procónsul, desde o que se van diversificar os primates estendéndose
ademais por todo o Vello Mundo (África, Europa e Asia) e do que xorden os
antepasados dos xibóns, dos orangutáns, dos gorilas e chimpancés, e tamén da especie humana.
Purgatorius Aegyptopithecus Proconsul
Páxina 55 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
– Os homínidos:
– Homínidos prehumanos: utilizan instrumentos que non fabrican e carecen
de pensamento conceptual. Mencionamos os Australopithecus.
– Homínidos humanos: elaboran útiles e dispoñen dun pensamento
conceptual. Pertencen ao xénero Homo. Todos están extinguidos, salvo o
Homo sapiens, especie á que pertencemos os seres humanos actuais.
Australopithecus Camiñaban erguidos. Estatura 1,5 m. Cerebro pequeno (500 cm³). Mandíbulas grandes. Habitaban a sabana africana.
Homo habilis Camiñaban erguidos. Cerebro maior có do Australopithecus. Mandíbulas grandes en relación co cranio. Habitaban na sabana africana e eran omnívoros. Fabricaban ferramentas de pedra moi simples.
Homo erectus Postura natural erguida. Gran cerebro (850 - 1.250 cm³) Mandíbula reducida. Saíu de África e asentouse en zonas frías e en zonas cálidas. Dieta omnívora, dominou o lume. Fabricou ferramentas elaboradas.
Homo antecessor Capacidade cranial 1.000 cm³. Antepasado do home de Neardenthal e do home moderno, trazos próximos
ao ser humano. Atopado no xacemento de Atapuerca, Burgos.
Homo neanderthalensis Parecido ao home actual, pero máis forte. Cerebro grande (1.500 cm³). Fortes mandíbulas. Habitaba as zonas frías. Coincidiu co Homo sapiens. Ferramentas de pedras máis elaboradas. Enterraba os seus mortos. Non se ten constancia de que puidese falar.
Homo sapiens Ser humano actual. Cara pequena con queixada, fronte elevada e cranio redondeado,
capacidade media de 1.400 cm³ . Dieta omnívora. Habita en todos os hábitats terrestres. Grande intelixencia, manifestacións artísticas e enorme capacidade de
intervención na contorna.
Páxina 56 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
A evolución cultural do Homo sapiens. Desde a nosa aparición, os Homo sapiens
fomos experimentando una evolución cultural:
– Fomos acumulando coñecementos que transmitimos de xeración en xeración
– Fomos transformando as nosas sociedades, orixinariamente cazadoras-
recolledoras, en sociedades agrícolas e gandeiras e, máis recentemente, en
sociedades tecnolóxicas.
O presente reto da nosa evolución cultural e corrixir os desequilibrios ecolóxicos e as
desigualdades sociais que está producindo o noso modelo de vida.
Observe:
Achan en Atapuerca a mandíbula do homínido europeo máis antigo
Segundo un estudo publicado na revista 'Nature', achan en Atapuerca a mandíbula do homínido europeo máis antigo. O descubrimento produciuse no xacemento burgalés da Sima do Elefante. Xunto ao fósil desenterráronse ferramentas de pedra e ósos de animais. De "O Mundo". Madrid.-27/03/2008 Os paleontólogos que traballan na Serra de Atapuerca acharon, na última campaña, unha mandíbula humana de hai 1,2 millóns de anos que confirma que na serra burgalesa habitaron os primeiros homínidos que pisaron Europa e alí experimentaron unha evolución propia. Xunto a este fósil apareceron unhas ferramentas de pedra, utilizadas por este homínido burgalés para alimentarse, e restos óseos dos animais que lle serviron de comida. Ata agora, a evidencia fósil máis antiga de presenza humana en Atapuerca, e en Europa, era de hai uns 800.000 anos, no nivel TD6 do xacemento da Gran Dolina, a 200 metros da Sima. Os fósiles atribuíronse, en 1994, a unha nova especie denominada 'Homo antecessor', cuxa existencia aínda xera polémica na comunidade científica. Os investigadores, de forma provisional, atribúen o novo fósil tamén a esta especie, aínda que ten 400.000 anos máis. "A mandíbula confirma que xa a primeira saída de África tivo éxito e evolucionou dentro do propio continente. É o fósil do primeiro europeo", asegura o paleontólogo catalán. Parece que os homínidos que saíron de África cara ao Próximo Oriente evolucionaron logo cara ao 'Homo erectus' en Asia e ao 'Homo antecessor' en Europa. Carbonell engade que, de momento, non se sabe se este probable 'Homo antecessor' evolucionou máis adiante en Europa cara aos neandertales ou se desapareceu, aínda que se mostra convencido de que "en 30 ou 40 anos a árbore evolutiva europeo estará completa".
Tarefa persoal: elabore un documento, utilizando o mapa adxunto, sobre o itinerario que realizaron os homínidos dende África para poboar Europa e Asia. Estableza tamén unha cronoloxía das diferentes especies de homínidos ata actualidade:
– Información en Internet (nalgunha das páxinas que se propoñen na bibliografía).
Páxina 57 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
3. Actividades finais S24. Sinale cal destes exemplos fai referencia á idade absoluta e cal á idade relativa.
Exemplos Idade Absoluta/Idade relativa
Eu son máis vello ca ti.
Teño 16 anos.
Esta rocha ten 100 millóns de anos.
Esta falla é posterior aos estratos que afecta.
S25. Que é a litosfera?
S26. Cal é o principal problema para o estudo da xeosfera? Daquela, que métodos
debemos usar para estudar o interior da Terra?
S27. A que se debe a estrutura da Terra en capas?
S28. Que é a astenosfera? Como inflúe sobre as placas litosféricas?
S29. Complete o seguinte debuxo sobre as capas da Terra segundo os dous modelos
que existen para explicar a estrutura do interior terrestre.
S30. Que factor é o que produce que o núcleo interno, malia ter a mesma composición e
maior temperatura que o externo, estea en estado sólido e non fundido?
S31. Por que se expande continuamente o fondo oceánico que separa os continentes?
S32. Cal é a causa da formación das cordilleiras e os arcos de illas?
S33. Indique o choque de que placas orixinou a cordilleira do Himalaia. E os Andes?
S34. Observe a Península Ibérica nun mapa de placas litosféricas. Que zona está
máis preto dun bordo de placa? Que zona, xa que logo, ten maior risco sísmico?
Se continuara o choque entre a placa euroasiática e africana, que estrutura
xeolóxica se formaría no estreito de Xibraltar?
Páxina 58 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S35. É certo que América está cada vez máis lonxe de Europa?
S36. A illa de Surtsey (Islandia) xurdiu do mar en novembro de 1963 por causa dunha
erupción volcánica submarina que se prolongou durante cinco anos. Cal é a
orixe desta illa?
S37. Explique o que ten lugar no seguinte esquema, e indique un exemplo.
S38. Por que hai fósiles mariños nalgúns cumios dos Pireneos?
S39. A porcentaxe de secuencias de aminoácidos (compoñentes das proteínas) de
distintas especies idénticas á dunha das cadeas da hemoglobina humana é:
lamprea 14 %, ra 54 %, galiña 69 %, rato 87 % e macaco 95 %. Que demostra
isto? A que grupo pertence este tipo de probas?
S40. Entre as especies actuais hai algunhas, como o náutilo, que permanecen
estables durante millóns de anos, polo que se consideran como fósiles viventes.
Cal das anteriores teorías evolutivas explica mellor este feito?
S41. Na película Waterworld, Costner é un individuo que vive nunha futura Terra
totalmente acuática e que posúe branquias. Como o explicaría un lamarckista?
S42. Desde un punto de vista evolutivo, as mutacións (cambios no ADN) son
prexudiciais ou beneficiosas para os organismos? E para a especie?
S43. Que vantaxes e trastornos presenta a posición ergueita para os primeiros
homínidos bípedes?
S44. Utilizando bibliografía e ligazóns de Internet, investigue cales son as principais
diferenzas entre o Homo erectus e o Homo sapiens.
Páxina 59 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
4. Solucionario
4.1 Solucións das actividades propostas
S1. As ondulacións (ripples) na area da praia actuais e os fósiles son similares, isto
implica que os procesos xeolóxicos terrestres sempre foron os mesmos e
sempre actuaron da mesma maneira, polo que, os procesos que podemos
estudar hoxe en día (magmatismo, deriva continental, sedimentación etc.)
sucederon igual noutros momentos da historia da Terra. Dito doutro xeito: o que
estudamos hoxe achéganos información sobre o que sucedeu no pasado.
Actualismo.
S2. Uniformismo; os procesos xeolóxicos, como a erosión e o levantamento dos
relevos, actúan gradualmente e durante longos períodos de tempo. Para
explicar feitos como a formación de cordilleiras ou a escavación de profundos
vales, o catrastrofismo propoñía eventos extraordinarios e grandes convulsións.
S3. Estes fósiles pertencen a seres vivos moi abundantes e cunha ampla
distribución nun determinado tempo xeolóxico. Ademais, caracterízanse por
teren unha evolución e extinción moi rápida, por iso se empregan para delimitar
a idade dos sedimentos onde se atopan.
S4. En xeral, só se fosilizan as partes duras dun organismo, aínda que se atoparon
fósiles de partes brandas ou incluso de organismos conservados enteiros dentro
de ámbar (insectos principalmente). Tamén son fósiles os restos da actividade
biolóxica (como os estromatólitos ou os coprólitos) e os icnofósiles (marcas que
denoten a presenza dun ser vivo, como pegadas, galerías escavadas na rocha
etc.).
S5. a) Era paleozoica. b) A secuencia é a seguinte: 8-7-6-5. c) Anmonites fósil
mariño, era mesozoica. (Devónico ao Cretácico). d) Orde: 8-7-6-5-4-3 / falla-
ciclo erosivo (descontinuidade)- 2 – 1 .
S6. Por desaparicións bruscas no rexistro fósil dunha porcentaxe elevada dos
grupos de seres vivos presentes nos estratos anteriores.
Páxina 60 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S7.
MÉTODOS DIRECTOS
Materiais de afloramentos do interior terrestre.
Análises dos materiais volcánicos e plutónicos da superficie que proceden de materiais orixinados a varios quilómetros, así como das súas inclusións (rochas arrastradas no ascenso do magma).
Sondaxes e prospeccións.
Perforacións da superficie terrestre. Dos pozos de investigación obtense unha columna de material, denominada testemuño, que permite coñecer, por análise directa, a composición das rochas.
Estudo de minas profundas.
Extracción e estudo de rochas e minerais dunha profundidade superior aos tres quilómetros.
Análises de meteoritos. Os diferentes tipos de meteoritos posúen una composición similar ás capas terrestres.
MÉTODOS INDIRECTOS
Método magnético. Estudo das anomalías do campo magnético terrestre. O magnetismo mídese co magnetógrafo.
Método gravimétrico. Estudo das flutuacións de campo gravitacional en diferentes rexións do planeta. A gravidade diminúe coa altura, pois a distancia ao centro da Terra aumenta. Tamén cambia segundo a composición das rochas.
Método xeotérmico. Estudo do fluxo térmico, chamado gradiente xeotérmico, que vai do interior cara á superficie terrestre.
Método sísmico. Estudo das diferenzas de velocidade e dirección das ondas sísmicas ao atravesaren capas terrestres con diferentes propiedades.
Método eléctrico. Estudo da condutividade eléctrica das rochas. Este método utilízase ademais para atopar augas subterráneas e para situar xacementos de metais.
S8.
S9. A orixe desta calor débese a dúas posibles causas:
Calor remanente: a calor residual do proceso de formación da Terra. O Núcleo
garda calor desde o momento da formación da Terra. A súa composición fai que
sexa moi condutivo e, ademais, estea en convección. Esta calor vaise liberando
de forma progresiva ao manto.
A desintegración de elementos radioactivos no manto (uranio e torio), produce
calor que se libera de forma gradual.
Páxina 61 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S10. Os materiais do manto próximos ao núcleo están a maior temperatura que os
próximos á codia. Isto fai que teñan unha menor densidade e ascendan cara ao
exterior. Ao chegaren á zona superior máis fría diminúe a súa temperatura,
aumenta a súa densidade e descenden. Así fórmanse unhas correntes
circulares chamadas correntes de convección do manto.
S11. Porque ao derreter o xeo que cubría a península, redúcese a carga da placa
litosférica, o que supón un movemento vertical ascendente para recobrar o
equilibrio isostático sobre o manto máis denso.
S12. Wegener achegou cinco tipos de probas para apoiar a súa teoría da deriva
continental. Xeográficas: as liñas de costa dalgúns continentes encaixan
perfectamente, como as costas atlánticas de América do Sur e África.
Climáticas: existen rexións da Terra con indicios de teren no pasado unha
localización distinta á actual (restos glaciares no Brasil, fósiles de plantas
tropicais na Antártida). Biolóxicas: existencia de animais terrestres idénticos en
rexións moi distantes, como ocorre a un e outro lado do Atlántico.
Paleontolóxicas: existen fósiles idénticos en zonas distantes e incomunicadas
como son América do Sur, Suráfrica, Antártida, India e Australia. Isto fai pensar
que no pasado estas rexións puideran estar unidas. Probas xeomagnéticas:
minerais magnéticos en rochas de igual idade en distinto continente indican
dous polos norte; trasladando os continentes, apuntan a un único polo.
S13. Acertos: existía un único supercontinente chamado Panxea. Co tempo,
partiríase en dous: Laurasia ao norte e Gondwana ao sur. Do continente
Laurasia procederían, por fragmentación, a actual América do Norte,
Groenlandia e Eurasia; e o continente Gondwana daría lugar a América do Sur,
a Antártida, Australia e África. Erros: os continentes non ían á deriva, senón que
a litosfera esvaraba sobre a astenosfera empurrada polas correntes de
convección e non por forzas gravitacionais.
S14. A placa pacífica e a de Nazca ocupan unicamente superficie oceánica. A placa
de Arabia, superficie continental. Pero a maioría son capas mixtas, é dicir,
ocupan simultaneamente superficie oceánica e continental; é o caso da placa
norteamericana, a suramericana e a africana.
S15. Si, a maior parte dos volcáns sitúanse nos límites das placas.
Páxina 62 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S16. A evolución dos bordos construtivos vai desde a ruptura da litosfera ata a
formación dun gran océano. O primeiro estadio está representado pola ruptura
da litosfera continental, formando un sistema de fosas tectónicas que constitúen
o «rift-valley» da zona oriental de África. Se segue evolucionando, podería dar
lugar a un mar incipiente, como é a fase seguinte representada polo Mar
Vermello, o que se pode considerar como un océano incipiente, que está
separando actualmente Arabia de África. A derradeira fase é á que pode chegar
o Mar Vermello se a súa evolución continúa; é a etapa representada polo
Océano Atlántico, en continuo crecemento arredor de 2 cm por ano.
S17.
Tipo de bordo Movemento de placas Estruturas formadas Exemplos
Diverxente Separación Dorsal oceánica Dorsal Atlántica
Converxente Choque Cordilleiras, arcos de illas Cordilleira do Himalaia, Arquipélago do Xapón
Transformante Desprazamento lateral Falla Falla de San Andrés, California
S18. Segundo os materiais se comporten de forma plástica (sufrirán pregamentos ou
dobras) ou ríxida (sufrirán fracturas).
S19. Tarefa persoal.
S20. Lamarckista: explicaríao dicindo que as especies agrícolas se van afacendo a
unha cantidade cada vez maior de funxicida e cada vez fanlle menor efecto.
Darwinista: explicaríao dicindo que hai variedade natural de organismos
agrícolas, xa antes de engadir o funxicida, sendo unhas resistentes aos
funxicidas e outras non. Ao empregar o pesticida as variedades que non teñen
resistencia aos funxicidas morren, e as que teñen esta resistencia sobreviven e
poden reproducirse, transmitindo esta característica á seguinte xeración.
Daquela, as novas plantas tamén son resistentes aos funxicidas.
S21. A teoría neodarwinista ou sintética parte da idea do darwinismo ou selección
natural, pero engádenselle os coñecementos posteriores de xenética. Os
neodarwinistas parten de que a orixe da variabilidade dentro dunha especie se
debe ás constantes mutacións que teñen lugar na súas poboacións; os
individuos que portan mutacións beneficiosas nun determinado medio van ser
seleccionados; é dicir, a selección natural actúa favorecendo os individuos
mellor adaptados a ese medio e elimina os que non o están, ao non portaren as
devanditas mutacións beneficiosas.
Páxina 63 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S22. Denomínanse órganos homólogos aqueles que teñan unha orixe común, malia
poderen ter na actualidade unha función distinta. É o caso das ás das aves, as
patas anteriores dos mamíferos e as aletas dos golfiños: todos eles
evolucionaron a partir dun antepasado común, por iso manteñen unha estrutura
anatómica similar. É unha proba do grupo da anatomía comparada.
S23. Este fósil con características propias das aves (plumas, pico...) e dos réptiles
(escamas, dentes...) demostra que as aves evolucionaron a partir dos réptiles,
que son máis primitivos. Trátase dunha proba paleontolóxica.
Páxina 64 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
4.2 Solucións das actividades finais
S24.
Exemplos Idade absoluta/Idade relativa
Eu son máis vello ca ti. Idade relativa
Teño 16 anos. Idade absoluta
Esta rocha ten 100 millóns de anos. Idade absoluta
Esta falla é posterior ós estratos que afecta. Idade relativa
S25. É a codia mais manto superior ríxido.
S26. O principal problema é que non podemos estudar directamente as zonas máis
pro-fundas da Terra, xa que mediante perforacións da codia terrestre non se
pode superar os 13 quilómetros de profundidade dos mais de 6.000 que ten o
raio terrestre. Por isto, para coñecer o interior terrestre, temos que recorrer a
métodos indirectos como o estudo dos materiais expulsados polos volcáns e a
análise das ondas sísmicas producidas polos terremotos.
S27. A explicación da estrutura da xeosfera en capas distintas débese ao proceso de
formación da Terra. Nas primeiras fases todos os materiais estaban fundidos
debido ás altas temperaturas. Os materiais máis densos ocuparon os lugares
máis fondos e os menos densos as zonas máis externas, igual que cando
metemos nun recipiente líquidos con densidades diferentes. Daquela, o núcleo
ten a densidade máis alta e a codia a máis baixa.
S28. A astenosfera é unha capa situada por debaixo da litosfera. Debido ás
condicións de temperatura e presións ten un comportamento de material viscoso
sobre o que flotan e se moven as placas litosféricas.
S29.
Páxina 65 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S30. O núcleo interno está sometido a altas presións que fan que os seus materiais,
malia as altas temperaturas, estean en estado sólido.
S31. Os materiais fundidos procedentes do manto que saen polas dorsais oceánicas
so-lidifican, ao contacto coa auga mariña fría, e únense á codia oceánica
existente, así, xérase nestes lugares nova codia oceánica a ambos os lados da
dorsal ao tempo que separan as dúas placas en contacto, favorecendo polo
tanto a expansión do fondo oceánico e a separación dos continentes a ambos
os lados do océano.
S32. A orixe da formación das cordilleiras e os arcos de illas é o choque das placas
litosféricas. A diferenza entre ambas é o tipo de litosfera implicada no choque,
xa que, se chocan dúas zonas de litosfera oceánica, orixinarase unha cadea de
illas, e se unha ou as dúas placas que chocan son de litosfera continental,
orixinarase unha cordilleira.
S33. A cordilleira do Himalaia é orixinada polo choque das placas indoaustraliana e
euroasiática. Os Andes polo choque das placas suramericana e de Nazca.
S34. A zona da Península Ibérica máis preto dun bordo de placa é o sur, e é, polo
tanto, a que ten maior risco sísmico. Se continuase o choque entre a placa
euroasiática e a africana, no estreito de Xibraltar formaríase unha cordilleira
intracontinental similar ao Himalaia.
S35. É certo, xa que o límite entre as placas norteamericana e euroasiática está no
fondo do océano Atlántico, onde existe unha dorsal oceánica que percorre todo
o fondo do océano de Norte a Sur. Na dorsal hai moita actividade volcánica, e
continuamente están saíndo materiais fundidos que van arrefriando e
convértense en codia oceánica. Esta produción continua de codia oceánica fai
que o terreo se desprace a ambos os lados da dorsal. Así, prodúcese a
separación de América do Norte e Europa a unha velocidade media de 2,3 cm
ao ano.
S36. Islandia atópase nun límite de placas, concretamente nun bordo construtivo. A
súa orixe é a actividade volcánica dunha dorsal por riba do nivel do mar.
S37. Corresponde á converxencia de dous bordos de placa oceánicos. A placa que
está máis arredada do continente subduce baixo a outra placa, orixinando unha
fosa oceánica no bordo de placa e arquipélagos volcánicos en forma de arco,
polo ascenso de magmas, e un plano inclinado de focos sísmicos, plano de
Benioff. Ocorre ao confluír a placa pacífica baixo a filipina.
Páxina 66 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
S38. Hai uns 80 Ma, as placas ibérica e europea comezaron a chocar. Como
consecuencia diso, o fondo mariño elevouse e deu lugar á cordilleira dos
Pireneos. Por esta razón, é posible encontrar nas súas rochas restos de
cunchas e coirazas de animais mariños a máis de 3.000 metros de altura.
S39. Demostra o grao de parentesco evolutivo entre estas especies, sendo o macaco
máis próximo evolutivamente ao rato que á galiña, pero máis afastado da ra e
moito máis afastado evolutivamente da lamprea. Situariámolos na seguinte orde
evolutiva: lamprea, ra, galiña, rato e macaco. Trátase dunha proba evolutiva
procedente da bioloxía molecular.
S40. A teoría saltacionista.
S41. Un lamarkista explicaríao dicindo que, nunha Terra acuática, a necesidade de
respirar baixo a auga fixo que aparecesen as branquias.
S42. A maioría das mutacións son prexudiciais para os organismos, pero desde un
punto de vista evolutivo van ser beneficiosas para a especie. Ao ser unha fonte
de variabilidade, aqueles individuos con mutacións que achegan un beneficio
nun determinado medio terán máis posibilidades de sobrevivir. Daquela, dise
que están máis adaptados a ese medio. Os organismos que as portan, ao
reproducírense, vanlle transmitir estes caracteres herdables á súa
descendencia, o que permite a evolución da especie.
S43.
Vantaxes Trastornos
O corpo queda menos exposto a radiación solar. Maior superficie do corpo recibe brisa , está máis
fresco. Permite ver o horizonte por riba da vexetación en
busca de árbores ou depredadores. Deixa libre as mans, o que permite manipular e
transportar obxectos. A marcha é máis lenta que a dos cuadrúpedes,
pero consome menos enerxía, o que permite percorrer grandes distancias.
O bipedismo xera moitas tensións na columna vertebral, articulacións e extremidades inferiores. A dor de lombo é parte do prezo por ter postura ergueita.
Os cambios que se producen na pelve afectan especialmente as mulleres, sobre todo polo estreitamento do canal pelviano. Como consecuencia deste cambio, o parto humano é un proceso máis complexo e doloroso ca o do resto dos primates.
S44. Traballo persoal
Páxina 67 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
5. Glosario
A Acreción gravitacional Proceso de crecemento dun corpo por adición de materia debido á forza gravitacional.
B Bioestratigrafía Parte da estratigrafía que estuda a disposición e idade das rochas estratificadas a partir dos fósiles que conteñen.
Biofacies Conxunto de caracteres paleontolóxicos que definen a facies estratigráfica.
C
Ciclo de Wilson
Modelo de evolución xeodinámica dos océanos e as cordilleiras que comeza cun proceso de fragmentación dun continente, creando un sistema de rifts continentais, continúa cunha prolongada fase de creación e expansión dun océano, acompañado por deriva continental, e termina cunha fase de creación de zonas de subducción que culmina co peche final do océano e sutura nun proceso de colisión continental.
Continente Área de grandes dimensións, constituída por codia continental e, en parte emerxida, actual ou antiga, incluíndo as súas marxes.
Codia continental Capa rochosa máis externa debaixo dos continentes e na plataforma continental, cun grosor entre 25 km y 70 km.
Codia oceánica Capa rochosa máis externa debaixo dos océanos, máis delgada que a continental. Pode chegar aos 10 km.
Correntes convectivas Movementos de fluídos por diferenzas de temperatura.
D Descontinuidade
sísmica Zona do interior da Terra na que hai unha variación brusca da velocidade das ondas sísmicas.
Dorsais oceánicas Elevacións volcánicas submarinas.
E Estrato Nivel de rocha ou sedimento que se depositou nun intervalo de tempo concreto e que queda delimitado por superficies (denominadas superficies de estratificación), orixinadas por cambios na sedimentación, por interrupcións sedimentarias ou por ambos os factores á vez.
G Guyot Relevo submarino de forma troncocónica co cume aplanado, de orixe volcánica,
situado a máis de 200 m de profundidade.
Grandes cordilleiras Formacións montañosas máis importantes da Terra: Himalaia, Andes, Alpes...
H Himalaia Unha das grandes cordilleiras. Está en Asia, entre a China, a India e Paquistán.
I Isostase Equilibrio que se establece entre a litosfera e a astenosfera, xerando movementos verticais na superficie ata alcanzalo.
M Magnetismo
remanente
Propiedade de certas rochas de adquirir e reter unha orientación selectiva dos seus minerais magnéticos pola acción do campo magnético terrestre do momento no que se formaron, sen que cambie dita magnetización aínda que posteriormente cambie o campo magnético.
Mutación Alteración ou cambio na información xenética (ADN) dun ser vivo. Prodúcese de xeito súbito e ao chou, e pódeselle transmitir á descendencia.
O Ondas sísmicas Propagación de perturbacións producidas nos terremotos. Transmítense como as
ondas que se producen na auga cando deixamos caer unha pedra na súa superficie.
Oroxénese Formación de montañas e cordilleiras.
P Paleomagnetismo Estudo do magnetismo remanente de rochas (volcánicas e sedimentarias) de tempos anteriores, que permite coñecer a posición relativa dos polos en tempos pretéritos e establecer unha escala de intervalos de tempo sucesivos e alternantes, uns de polaridade normal e outros de polaridade inversa.
Páxina 68 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
Placa Cada unha das láminas ríxidas nas que se divide a litosfera e que, en superficie, se presentan como fragmentos de casquetes esféricos de contorno moi irregular. O seu movemento está rexido pola dinámica que establece a tectónica de placas. Sinón.: placa litosférica.
Período glaciar
Intervalo de tempo dun ciclo climático, caracterizado polo avance dos glaciares, polo desenvolvemento dos casquetes e por un nivel do mar baixo. Ao longo do Cuaternario sucedéronse numerosos períodos glaciares dando orixe a glaciacións. Os máis importantes son os desenvolvidos nos últimos 900.000 anos seguindo o ciclo orbital da excentricidade de 100.000 anos. V. glaciación.
R Rift-valley Val da litosfera que se forma polo pulo de material fluído procedente do manto. Atópase no medio das dorsais.
S Serie estratigráfica Ordenamento dos estratos, e conxuntos de estratos, presente nun sector, desde os
máis antigos aos máis modernos.
Subsidencia Afundimento total dun punto calquera dunha conca sedimentaria durante un determinado intervalo de tempo.
Z Zona de subducción
Zona de choque entre dúas placas onde a máis densa (oceánica) se introduce por debaixo doutra (xeralmente continental) menos densa.
Páxina 69 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
6. Bibliografía Bibliografía
Pode utilizar como complemento libros de texto actualizados de 4º de ESO das
editoriais, sempre que estean actualizados, é dicir, que sigan a lexislación actual.
Natureza 3 e 4. Educación secundaria para persoas adultas a distancia. Ed.
CNICE. Safel.
Ligazóns de Internet
Nestas ligazóns pode atopar trucos e información que pode consultar para mellorar a
súa práctica.
http://www.recursos.cnice.mec.es/biosfera
http://www.cnice.mecd.es/eos/MaterialesEducativos: Recursos de Ciencias
Naturais do Ministerios de Educación.
http://www.mineraltown.com/index.php?idioma=1. Coleccionismo de minerais e
fósiles con artigos sobre a formación de rochas e minerais, escala de Mohs da
dureza mineral, identificación, fotos, vídeos e directorio web.
www.geoenciclopedia.com
https://www.edumedia-sciences.com/es/media/345-sistema-solar
https://www.edumedia-sciences.com/es/media/674-dorsal-oceanica.
https://www.edumedia-sciences.com/es/media/686-seleccion-natural
https://www.edumedia-sciences.com/es/media/693-wegener
https://www.edumedia-sciences.com/es/media/585-placas-litosfericas-tectonicas
https://www.edumedia-sciences.com/es/node/59-geodinamica-interna.
http://www.biogeociencias.com: Paxina moi completa de temas xerais de bioloxía e
xeoloxía.
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ Recursos de Ciencias Naturais Xunta de
Andalucía.
https://www.edumedia-sciences.com/es/media/565-formacion-del-himalaya
https://youtu.be/n9HnFwChrZo. Video. “La odisea de la especie” .
https://youtu.be/IDRwsP6hhVY. Vídeo. “La evolución del ser humano” .
Páxina 70 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
7. Anexo. Licenza de recursos Licenzas de recursos utilizadas nesta unidade didáctica
RECURSO (1) DATOS DO RECURSO (1) RECURSO (2) DATOS DO RECURSO (2)
RECURSO 1
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Siloli_Laguna_colorada.jpg
RECURSO 2
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://nn.wikipedia.org/wiki/Fil:Lehigh_conglom.jpg
RECURSO 3
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/
RECURSO 4
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Puu_oo.jpg
RECURSO 5
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://pixabay.com/p-81244/?no_redirect
RECURSO 6
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/
RECURSO 7
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/
RECURSO 8
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/
RECURSO 9
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia: http://educativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio/750/990/html/estratos2.jpg
RECURSO 10
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://www.educa.jcyl.es/adultos/es/materiales-recursos/ensenanza-secundaria-personas-adultas/ambito-cientifico-tecnologico/modulo-iii-optativo-ampliacion-biologia-geologia/
RECURSO 11
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia:
RECURSO 12
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 13
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 14
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
Páxina 71 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
RECURSO (1) DATOS DO RECURSO (1) RECURSO (2) DATOS DO RECURSO (2)
RECURSO 15
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 16
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 17
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 18
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 19
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 20
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 21
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 22
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 23
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 24
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 25
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 26
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 27
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 28
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 29
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia: http://e-
ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//500/564/html/Unidad02/imagenes/4.jpg
RECURSO 30
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/1/1a/Gradiente_geotermico.jpg
RECURSO 31
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 32
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
Páxina 72 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
RECURSO (1) DATOS DO RECURSO (1) RECURSO (2) DATOS DO RECURSO (2)
RECURSO 33
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 34
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia: https://upload.wikimedia.org/wikip
edia/commons/9/9d/Glacier_weight_effects_Lmb.png
RECURSO 35
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 36
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 37
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 38
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 39
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 40
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 41
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/39/Paleomagnetisme-es.png
RECURSO 42
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 43
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://es.m.wikipedia.org/wiki/Archivo:Grandes_unidades_del_relive.png
RECURSO 44
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/39/Iceland_Rift.JPG
RECURSO 45
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 46
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f4/Studio_portrait_photograph_of_Edwin
RECURSO 47
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 48
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
Páxina 73 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
RECURSO (1) DATOS DO RECURSO (1) RECURSO (2) DATOS DO RECURSO (2)
RECURSO 49
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 50
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 51
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 52
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 53
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 54
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 55
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/91/Tipos_de_fallas.png
RECURSO 56
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 57
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ea/Matraces-Pasteur.png
RECURSO 58
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 59
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 60
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 61
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 62
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 63
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 64
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 65
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 66
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
Páxina 74 de 74 Unidade elaborada por Arturo Casares Guzmán
RECURSO (1) DATOS DO RECURSO (1) RECURSO (2) DATOS DO RECURSO (2)
RECURSO 67
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 68
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia: https://upload.wikimedia.org/wikip
edia/commons/9/91/Huxley_-_Mans_Place_in_Nature.jpg
RECURSO 69
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 70
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 71
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons
RECURSO 72
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 73
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 74
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 75
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/47/HomoAntecessor.jpg
RECURSO 76
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/55/095_homo_neanderthalensis.jpg
RECURSO 77
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b7/Homo_sapiens_-_Paleolithic_-_reconstruction_-_MUSE.jpg RECURSO 78
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 79
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 80
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 81
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 82
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
http://recursostic.educacion.es/cia
RECURSO 83
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f4/Studio_portrait_photograph_of_Edwin_Powell_Hubble.JPG/
RECURSO 84
Autoría: CC Licenza: Uso comercial Procedencia:
https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/50/Evolucion_Universo_CMB_Timeline300_no_WMAP.jpg