As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España

Post on 09-Feb-2017

128 views 0 download

Transcript of As paisaxes naturais e as súas interaccións natureza-sociedade en España

AS FORMACIÓNS VEXETAISAS PAISAXES

A ECOXEOGRAFÍA

A DIVERSIDADE VEXETALA VEXETACIÓN E AS REXIÓNS FLORAIS (PÁX. 95) (92 NE)

A vexetación ou flora é o conxunto de especies vexetais dun territorio.

Está integrada por formacións vexetais ou grupos de vexetación dividualizados polo seu tamaño e pola súa fisonomía.

Os tres tipos básicos son: bosque, matogueira e prado.

Na Terra a vexetación distribúese en grandes conxuntos florísticos denominados reinos florais, subdivididos en rexións.

España forma parte do reino holártico que corresponde as terras continentais ao norte do trópico de Cáncer.

A DIVERSIDADE VEXETALA VEXETACIÓN E AS REXIÓNS FLORAIS (PÁX. 95) (92 NE)

REINOS VEXETAIS

A Península inclúe tres rexións florais:

Rexión boreoalpinaRexión eurosiberianaRexión mediterránea Canarias unha rexión floral:Rexión macaronésica.

A DIVERSIDADE VEXETALA VEXETACIÓN E AS REXIÓNS FLORAIS (PÁX. 95) (92 NE)

REINOS E REXIÓNS VEXETAIS Borealpina: zona máis

elevada das montañas pirenaicas e cantábrica.

Eurosiberiana (norte peninsular e sectores do Sistema Central e Ibérico.

Mediterránea (resto peninsular).

Macaronésica (illas Canarias)

REINO BOREAL OU HOLÁRTICO

REXIÓNBOREOALPINA

REXIÓNEUROSIBERIANA

REXIÓN MEDITERRÁNEA

REXIÓNMACARONÉSICA

Rexións bioxeográficas

Conta cunha gran diversidade de especies (6.000). Os factores que inflúen sobre ela son:

Factores físicos: clima, relevo, solos e posición.

Factores humanos.

A DIVERSIDADE VEXETALFACTORES DA DIVERSIDADE VEXETAL (PÁX. 95) (92 NE)

Factores que inflúen na paisaxe: o relevo PISOS BIOCLIMÁTICOS (CLISERIE) (PÁX. 101)

(páx. 116-117): comentario

DOMINIOEUROSIBERIANO

DOMINIO MEDITERRÁNEO

DOMINIO MACARONÉSICO

ALPINO MEDITERRÁNEO ALTA MONTAÑA

CANARIOALTA MONTAÑA

SUBALPINO MEDITERRÁNEOMONTAÑA

CANARIO MONTAÑA

MONTANO MEDITERRÁNEOSUPERIOR

CANARIO SUPERIOR

COLINO EUROMEDITERRÁNEO CANARIO INTERMEDIO

BASAL MEDITERRÁNEOLITORAL

CANARIO BASAL

As formacións vexetais dispóñense en comunidades, cuxo conxunto constitúe a paisaxe vexetal dunha área.

Dado que o clima exerce unha influencia decisiva sobre a vexetación, estudaremos as paisaxes vexetais de España por bioclimas, é dicir, por áreas dotadas de certa homoxeneidade interna en canto ao seu clima e vexetación.

A DIVERSIDADE VEXETALAS PAISAXES VEXETAIS DE ESPAÑA (PÁX. 96) (93 NE)

PAISAXES VEXETAIS DE ESPAÑA

Dominio eurosiberianoA paisaxe vexetal de clima oceánico (páx.96)

(93 NE)

Corresponde en xeral, ás zonas de dominio climático oceánico e a zonas de montaña (precipitacións superiores a 750 mm anuais, soporta mal os períodos prolongados de seca e as altas temperaturas.

Os solos adoitan ser evolucionados: pardos húmidos. Normalmente nos bosques caducifolios atlánticos atópanse os solos máis desenvolvidos do territorio español.

As súas formacións vexetais características son o bosque caducifolio, a landa e o prado.

Dominio eurosiberiano (páx.96)PAISAXE DE CLIMA OCEÁNICO: BOSQUE CADUFIFOLIO, LANDA E PRADO

Bosque caducifolio: Constituído por árbores altas, tronco recto e liso e folla

grande que cae en outono. Posúe relativamente poucas especies que se reúnan formando grandes masas específicas ou mixtas. É unha formación rica en especies arbóreas, aínda que a miúdo predomine unha soa especie.

As árbores máis características deste tipo de vexetación son os carballos e as faias, acompañadas de castiñeiros, biudeiros, abeleiras, olmos… No sotobosque medran fentos e mofos, nun ambiente sombrío.

Dominio eurosiberianoPaisaxe de clima oceánico (páx.96) (93 NE)

FAIA (FAIAL)

Tolera mal a calor e moi ben o frío, e esixe grande humidade polo que é unha árbore de montaña, que se adapta a solos calacarios e silíceos, aínda que prefire os calcarios. O seu crecemento é bastante lento. A súa madeira, dura e de boa calidade, emprégase para elaborar mobles e utensilios.

A faia forma bosques específicos (faial) ou mixtos co carballo. A súa área principal é a Cordilleira Cantábrica e Pireneo navarro.

(páx.97) (93 NE)

Dominio eurosiberiano vexetación clímax: faia (fagus sylvatica) (páx.97)

Dominio eurosiberianoPaisaxe vexetal do clima oceánico (páx.97) (94 NE)

CARBALLO (CARBALLEIRA)

Non soporta os veráns calorosos, ten menor tolerancia ao frío e esixe menos humidade que a faia, polo que se sitúa a alturas máis baixas.

Prefire solos silíceos. O seu crecemento é lento. A súa madeira, dura,

emprégase para a construción e para fabricar mobles e barcos. As áreas máis extensas de carballo atópanse en Galicia e na cordilleira Cantábrica.

Dominio eurosiberiano vexetación clímax: carballo (Quercus robur) (páx.97)

(páx.97)(94 NE)

Dominio eurosiberianoPaisaxe vexetal do clima oceánico (páx.97) (94 NE)

BOSQUE MARCESCENTE (de folla marchita)

Rebolo e caxigo (variedades de carballos de menor altura) é propio do clima oceánico de transición (provincia de Ourense).

É menos denso e de árbores menos altas que manteñen as súas follas secas ata o nacemento do novo brote para protexer as xemas do frío.

As súas landras úsanse para a alimentación do gando.

Dominio eurosiberiano caxigo (quercus lusitanica) (páx.97)

Dominio eurosiberianoPaisaxe vexetal do clima oceánico (páx.97) (94 NE)

CASTIÑEIRO SOUTO (E OUTRAS ESPECIES)

Formación vexetal secundaria que gañou terreo a custa do carballo, pois permite o aproveitamento do seu froito e da súa madeira.

Outras especies secundarias son o freixo, o teleiro, o umeiro, o bidueiro, nogueira e a abeleira.

Dominio eurosiberiano

castiñeiro (castanea sativa) (páx.97)

Dominio eurosiberiano abeleira (corylus maxima) (páx.97)

Dominio eurosiberiano umeiro (ulmum) (páx. 97)

Dominio eurosiberiano bidueiro (betula pendula) (páx.97)

Dominio eurosiberiano nogueira (Juglans regia) (páx.97)

Dominio eurosiberiano freixo (fraxinus excelsior)

Dominio eurosiberiano teixo ou teleira (taxus baccata) (páx.97)

Dominio eurosiberianoPaisaxe vexetal do clima oceánico (páx.97) (94 NE)

A ACCIÓN HUMANA

As carballeiras e faiais só ocupan unha pequena parte da súa extensión potencial

Redución da extensión do bosque: perda de usos tradicionais (leña, calefacción vexetal, fabricación de apeiros), queimas incontroladas (rozas ou estivadas) para pastos, crecemento demográfico. Substituídos por cavaduras: cultivos e pastos)

Substituídos por especies secundarias: repoboación antiga (ata mediados s.XX (castiñeiros, ulmos, freixos e abeleiras)

A partir de 1950 repoboacións actuais: piñeiros (madeira e resina) eucaliptais (pasta de papel).

Alterando o equilibrio ecolóxico da zona: empobrecen o solo, máis propensos a arder: favorecen os incendios forestais.

Dominio eurosiberiano repoboación forestal: alteración do dominio (páx.97) (94 NE)

piñeiral (pinus pinaster)

Dominio eurosiberiano repoboación forestal: alteración do dominio (páx.97) (94 NE)

eucalipto (ecucaliptus globulus)

Dominio eurosiberiano repoboación forestal: alteración do dominio (páx.97) (94 NE)

eucalipto (ecucaliptus globulus) Costa da Morte

Dominio eurosiberiano repoboación forestal: alteración do dominio (páx.97) (94 NE)

eucalipto (ecucaliptus globulus) Tala

Frei Rosendo Salvado (natural de Tui e bispo de

Nova Nursia (Autralia

Occidental) introdutor do eucalipto en Galicia na 2ª

metade do XIX

Eucalipto de Chavín (Viveiro). O máis antigo de Galicia plantado

a finais do século XIX (11 m. de diámetro e 75

m. de altura)

Dominio eurosiberiano repoboación forestal: alteración do dominio (páx.97) (94 NE) eucalipto (ecucaliptus globulus) Reserva natural de Muniellos

(Asturias) (bosque autóctono) comparación cos eucaliptais

Dominio eurosiberiano repoboación forestal: alteración do dominio (páx.97) (94 NE) eucalipto (ecucaliptus globulus) Fragas do Eume (Caaveiro)

(bosque autóctono) comparación cos eucaliptais

ALTERACIÓNDO DOMINIOAUTÓCTONO

POLA REPOBOA-CIÓN E ACCIÓN

ANTRÓPICA.Exemplo:

Fragas do Eume

Dominio eurosiberianoPaisaxe vexetal do clima oceánico (páx.97) (94 NE)

MATOGUEIRA: LANDA E PRADOS

Landa: vexetación densa de matogueira, cuxa altura pode ser baixa ou acadar os catro metros.

As especies máis abundosas son o breixo, toxo e xesta. Tamén algúns arbustos como espiños brancos, xenebreiros, texos, acivros, sobreiras, arandeiras e buxo.

A landa é a degradación do bosque caducifolio ou como vexetación supraforestal. Adoita usarse para cama de animais e logo como fertilizante.

Prado: vexetación herbácea que ocupa grandes extensións de terreo nas paisaxes oceánicas. Úsanse como alimento de gando.

Dominio eurosiberiano Paisaxe clima oceánico: landa (páx.97) (94 NE) breixo (erica tetralix) tamén uce, urces ou carrouchas

Dominio eurosiberiano Paisaxe clima oceánico: landa (páx.97) (94 NE)

toxo (ulex europaea)

Dominio eurosiberiano Paisaxe clima oceánico: landa (páx.97) (94 NE)

xesta (cytisus scoparius)

Dominio eurosiberiano Paisaxe clima oceánico: landa (páx.97) (94 NE)

Serra da Capelada

Dominio eurosiberiano Paisaxe clima oceánico: landa (páx.97) (94 NE)

Castelo de Doncos (As Nogais)

Dominio eurosiberiano espiño branco (Crataegus monogyna Jacquin) (páx. 97)

Dominio eurosiberiano xenebreiro (Juniperus comunnis) (páx.97)

Dominio eurosiberiano acivro (Ilex aquifolium ) (páx.97)

Dominio eurosiberiano sobreiras (quercus suber ) (páx.97)

Dominio eurosiberiano arandeira (vaccinium myrtillus) (páx.97)

Dominio eurosiberiano buxo (buxus sempervirens ) (páx.97)

Dominio eurosiberiano Paisaxe clima oceánico: prado (páx.97) (94 NE)

Comarca do Deza (Lalín)

Dominio eurosiberiano herbas, carrizas e fieitos (páx.97)

Dominio eurosiberiano carriza (páx.97)

Dominio mediterráneo (páx.98) (95 NE)

Corresponde á rexión floral mediterránea. As súas formacións vexetais características son o bosque perennifolio e a matogueira (maquis, garriga e estepa)

Os solos adoitan ser terras pardas, meridionais ou calcarias a miúdo non están moi desenvolvidos e posúen pouca espesura

Formacións xerófilas varios sistemas para adaptarse a seca: raíces moi estendidas, follas perennes ou esclerófilas (duras e coriáceas), follas pequenas e a miúdo espiñosas (diminúe a evapotrasnpiración), pilosidades, revestimento de resina, cera ou goma. A súa cor vai do gris ao verde escuro.

Dominio mediterráneo (páx. 98) (95 NE) Bosque perennifolio

Tipo de formación pobre en variedade de especies arbóreas. Árbores de mediana altura, con troncos non rectilíneos,

grosos e rugosos de folla perenne. As súas ramas crean copas globulares e amplas que

proxectan sombra para mitigar a insolación e a evaporación. As árbores máis características son a aciñeira e a sobreira. Outras son á carrasca, a queiroa, o carballo mediterráneo,

e, en menor medida a alfarrobeira, a oliveira brava ou sivestre ou a sabina albar.

Son especies de madeira dura pouco aptas para a explotación madereira

Teñen cortizas rugosas e grosas (máximo na sobreira) As raíces esténdense moito para aproveitar a escaseza de

auga.

Dominio mediterráneo (páx. 98) (95 NE)Aciñeira

Árbore máis característica e estendida do clima mediterráneo.

Resistente á seca e adáptase a todo tipo de solos. A súa madeira, moi dura e resistente empregábase tradicionalmente para a elaboración de rodas, carpintería exterior, utensilios e carbón, e o seu froito, a landra, para alimentar o gando. Os bosques de aciñeiras mellor conservados atópanse en Serra Morena, Estremadura e serra de Guadarrama.

Dominio mediterráneo (páx.98) (95 NE)

o bosque de aciñeiras

Os bosques de aciñeiras atópanse entre 500 e 1000 m. de altitude.

Adoitan a ser densos e achaparrados Con gran abundancia de arbustos: lentiscos, mirtos,

érbedos, esparragueiras. Foron substituídos por especies madeirabeis e que

crecen con gran rapidez como os piñeiros ou por campos de cultivo

A pesar diso segue a ser un dos bosques máis representativos de España

Utilízase os grandes espacios para o pastoreo (devesas): porcino extensivo, toros de lidia.

Dominio mediterráneo (páx.98) (95 NE)

o bosque de aciñeiras

Dominio mediterráneoaciñeira (quercus ilex) (páx.98) (95 NE)

Dominio mediterráneo (páx. 98) (95 NE) Sobreira (quercus suber)

Necesita invernos suaves, certa humidade (superior a 500 mm ao ano) e solos silíceos. A súa madeira, moi dura, aprovéitase para a realización de toneis e barcos, e a súa codia para a obtención de cortiza. Concéntrase no sudoeste peninsular, aínda que tamén hai sectores no sur de Andalucía (de Cádiz a Málaga), no nordés de Catalunya e en Castelló.

Dominio mediterráneo sobreiras (quercus suber ) (páx.98) (95 NE)

Dominio mediterráneo sobreiras (quercus suber ) (páx.98) (95 NE)

Que contestarías se caese esta prácticano exame?

Dominio mediterráneo sobreiras (quercus suber ) (páx.98) (95 NE)

Dominio mediterráneo

carrasca (quercus ilex): variedade de aciñeira (páx.98)

Dominio mediterráneo alfarrobeira (prosopis flexuosa) (páx.98)

Dominio mediterráneo oliveira silvestre (olea europaea) (páx.98)

Dominio mediterráneo sabina albar (juniperus thurifera) (páx.98)

Dominio mediterráneo (páx. 98) (95 NE) Acción humana

Cambios na vexetación natural: Redución da extensión do bosque perda dos

seus usos tradicionais, obstáculo para mecanización agrícola, regadío, urbanización e incendios forestais.

Modificación para o uso agropecuario mediante sistema de devesas. Aclarar os bosques de aciñeirais e sobreiras. Combinar a explotación forestal coa práctica da gandaría, cultivo e outros usos como a caza.

Dominio mediterráneo (páx. 98) (95 NE) Acción humana

Repoboación con piñeiro estendéronse por amplas zonas.

Valórase a súa adaptación a condicións climáticas extremas (frío, calor, aridez e humidade) e a solos diversos.

O seu rápido crecemento, aproveitamento económico da súa resina e da súa madeira para a construción, elaboración de mobles, aglomerado e a pasta de papel.

Dominio mediterráneorepoboación forestal: alteración do dominio (páx.97) (96 NE)

piñeiral (pinus pinaster)

Dominio mediterráneo (páx. 98-99, 96 NE)

A matogueira: o maquis, a garriga e a estepa

A matogueira mediterránea non é unha formación clímax, senón o resultado da degradación do bosque polo ser humano. Presenta tres tipos característicos: o maquis, a garriga e a estepa.

Onde non hai bosque predomina o maquis e a garriga, formacións vexetais constituídas por arbustos e herbas, aparecen nas terras baixas, por debaixo dos 500 m., ou a estepa nas rexións de clima semiárido.

Maquis: masa densa de arbusto de máis de dous metros de altura, moi densa e case impenetrable. Formada por oliveira brava ou silvestre, acompañado de matogueiras de lentisco, xara, breixo e xesta. Adoita a formarse sobre solos silíceos, nas zonas onde se degradou o bosque mediterráneo

O maquis e a degradación fundamentalmente da sobreira

Dominio mediterráneo maquis (páx.99, 96 NE)

Dominio mediterráneo maquis (páx.99, 96 NE)

Lentisco

BreixoXara

Xesta

Dominio mediterráneo (páx. 99, 97 NE)

a garriga

Arbustos e matogueira de romeo, tomiño e lavanda.

Que adoita deixar zonas de solo descubertas onde aflora a rocha núa.

E propio dos solos calcários (degradación fundamentalmente dos aciñeirais)

Tanto no maquis como na garriga dominan as oliveiras silvestres, acompañadas de alfarrobeira e do lentisco nas zonas máis altas a oliveira anana e as esparragueiras e nas litorais a palmeira anana.

Dominio mediterráneo garriga (páx.99, 96 NE)

Dominio mediterráneo garriga: romeo, tomiño, lavanda (páx.99, 97 NE)

Terras de cultivo de lavanda

Brihuega (La Alcarria-

Guadalajara)

Dominio mediterráneo (páx. 99, 97 NE)

A estepa

Formación de arbustos espiñosos e baixos, que deixa ao descuberto gran parte do solo, con especies como o tomiño, o esparto ou espárrago.

Nas zonas litorais dáse a palmeira anana É propia do clima semiárido do sudeste

peninsular ó que se lle suman solos moi pobres como o xerosol. Zona moi degradada pola acción humana.

En ocasións atópase en zonas áridas do interior degradadas pola acción humana: Bárdenas Reales (Navarra), Monegros (Aragón)

Dominio mediterráneoEstepa (páx.99, 97 NE)

Dominio mediterráneoEstepa: esparto (páx.99, 97 NE)

Dominio mediterráneoEstepa: esparto (páx.99, 97 NE)

Dominio mediterráneo (páx. 99, 97 NE)

usos

A matogueira mediterránea ten diversos usos en perfumería, medicina natural ou na industria farmaceútica, como condimento gastronómico e para a fabricación de vasoiras, calzado, esteiras, cordas e cestos.

PAISAXE DE RIBEIRA (páx. 99, 96 NE)

Ribeiras dos ríos. Humidade. Dispóñense paralelas ao río. Bosque de ribeira: ameneiro, salgueiro (raíces

necesitan estar na auga); álamo, chopo, freixo e umeiro.

A acción humana reduciu a extensión dos bosques ao alterar as marxes fluviais, implantar novos cultivos, urbanizar. Supuxo unha grave perda pola importancia paisaxística, sobre todo na España seca e polos beneficios ecolóxicos: mitiga a erosión, os riscos de inundacións e a evaporación, e suaviza a temperatura.

PAISAXE DE RIBEIRA (páx. 99, 96 NE)

Dominio alta montaña (páx. 100, 97 NE)

Na montaña a vexetación disponse en pisos con formacións vexetais distintas, en función da latitude, altura e da orientación (barlovento/sotavento, solleiro/avesedo).

Os cambios do clima debidos á altitude producen unha gradación nos tipos de paisaxe. En xeral, sucédense:

O bosque (onde a temperatura media anual alcanza os 10ºC).

A matogueira. Os prados e pastos en áreas cubertas pola neve

moitos meses. Prantas rupícolas adaptadas a vivir na rocha (liques e

mofos).

Dominio alta montañaMontaña alpina ou pirenaica (páx. 100, 97 NE)

Piso basal, ata os 1200 m. Inclúe aciñeiras, carballos ou caxigos e faias.

Piso subalpino (1200-2400 m.): coníferas, árbores de folla perenne, acicular (en forma de agulla) ou escamuda como o abeto ou piñeiro negro, resistentes ao frío, neve e xeo. Bosque mixto combinado con faias.

Sotobosque pobre no estrato (arbustivo como herbáceo) especies como o rododendro ou arando.

Solos ricos en materia orgánica pero pouco evolucionados.

Piso alpino (2400 e 3000 m): prado. Período vexetativo curto (sete ou oito meses, resto cuberto pola neve o que impide o desenvolvemento das plantas. Abundan pedregais onde medran plantas rupícolas.

Piso nival (máis de 3000 m): só plantas rupícolas.

Dominio alta montañaMontaña atlántica (páx. 100, 97 NE)

Representada pola vertente norte da cordilleira Cantábrica.

Piso basal: forestal de árbores caducifolias.

Piso supraforestal: landa.Piso de cume: prados.

Dominio alta montañaMontaña mediterránea (páx. 100, 97 NE)

Inclúe o resto das montañas peninsulares e Baleares:

Piso basal: forestal de bosque perennifolio (precedido de maquis nas montañas máis meridionais)

Maior altitude: especies caducifolias. Piso supraforestal: maquis ou garriga

(con amofadada espiñente nas montañas máis meridionais).

Cumes: prados tamén na ladeira de avasedo (sombra).

Dominio macaronésico (páx. 102, 98 NE)

Canarias ten unha riqueza extraordinaria. Orixe autóctono, ás que os sucesivos poboadores

incorporaron especies mediterráneas, europeas, africanas e americanas.

A insularidade fomenta o endemismo (máis de 600 especies) e reliquias (formacións vexetais de épocas xeolóxicas pasadas que se refuxiaron en enclaves moi reducidos.

Presenta dúas zonas claramente diferenciadas: Fuerteventura e Lanzarote (vexetación subdesértica)

Nas illas máis occidentais (El Hierro, Gomera, La Palma (sobre todo)) presenta gran variedade de formacións modificándose conforme a altitude

Grandes dominios bioxeográfiocos PISOS MACARONÉSICOS (PÁX.102)

Vermello: canarioBasalMorado: canario IntermedioVerde: canario SuperiorGris: montañaaltamontaña

Dominio macaronésico (páx. 102, 98 NE)

Piso basal

Piso intermedio

Termocanario

Aridez

Descenso térmicoMáis humidade

Cardón e tabaiba

Drago e palmeira

Laurisilva

Piñeiro

Mar de nubes do alisioMáis fresco e humidade

Tajinaste

Violetas do Teide

Canario

AridezFrío

Supracanario

MatogueiraDispersaE prantas ripícolas

Dominio macaronésico (páx. 102, 98 NE)

Piso canario basal desde o nivel do mar ata (300-500 m): propia dun medio árido: plantas que soportan sal (halófilas) e a a area (psamófilas) como a barrilla matogueira xerófila rala e áspera de cardón e tabaiba, plantas espiñosas de talos carnosos endémicas de Canarias. Tamén abundan especies ventureiras adaptadas a rexións áridas como as chumbeiras e pitas.

Dominio macaronésico Piso canario basal (páx.102, 98 NE)

Barrilla

Dominio macaronésico Piso canario basal (páx.102, 98 NE)

CardónTabaiba

Chumbera

Dominio macaronésico Piso canario basal (páx.102, 98 NE)

Dominio macaronésico Piso canario basal (páx.102, 98 NE)

Pita

Dominio macaronésico (páx. 102, 98 NE)

Piso canario intermedio (400-800 m.): Descenso térmico e aumento de humidade. Dáse unha vexetación semellante á mediterránea (sabina, lentisco ou oliveria brava) con dúas especies endémicas: drago e palmeira canaria que convive coa especie introducida: palmeira datileira

Dominio macaronésico Piso canario intermedio (páx.102, 98 NE)

Drago Palmeira canaria

COMENTARIO PAU XUÑO 2016

1. Relacione cada número co nome da illa. (1 pto.)

2. Analice os tipos de documentos e identifique a rexión bioxeográfica a que pertence a imaxe do documento (1 pto.)

3. Comente os elementos da paisaxe natural que aparecen no documento 2. (1 pto.)

4. Explique como inflúen os condicionantes físicos na vexetación tipo desta rexión. (1 pto.)

COMENTARIO PAU XUÑO 2016

Dominio macaronésico (páx. 102, 98 NE)

Piso termocanario (800-1200 m): a temperatura diminúe, a humidade aumenta (néboas do alisio): a vexetación adáptase ao mar de nubes (menos insolación): inclúe dúas orixinais formacións de bosque:

1. Bosque laurifolio ou laurisilva, propio da zona subtropical húmida que non tolera o frío nen a seca prolongada. Só se atopa nas ladeiras dos montes das illas canarias

2. Matogueiras de faial-breixal (degradación do bosque laurisilva pola acción humana)

Dominio macaronésico Piso termocanario (páx.102, 98 NE)

Dominio macaronésico (páx. 102)

Piso canario alta montaña (1.200-2.200 m.): ao quedar por enriba do mar de nubes, a vexetación debe adaptarse á aridez e o frío. Domina o bosque de coníferas como o piñeiro canario que a maior altitude dá paso ao cedro canario.

Piso supracanario (máis de 2.200 m.) (só en Tenerife e La Palma) ocupado por matogueiras (codeso, xesta) semellante ao das cordilleiras Béticas. Por encima dos 2700 m. aparece en Tenerife o deserto de altura con matas dispersas de tajinastes ou violetas de Teide, plantas endémicas, sobre solo en gran parte nu

Dominio macaronésico Piso canario superior: tajinaste (páx.102, 98 NE)

Dominio macaronésico Piso canario superior: violeta do teide (páx.102, 98 NE)

Dominio macaronésico (páx. 102, NE 98)

A acción humana manifestouse no retroceso da vexetación nas zonas baixas e nas medianías pola implantación de urbanizacións turísticas e cultivos; e nas zonas de bosque, dada a escaseza de madeira do arquipélag.

OS SOLOS (Páx. 103-106) (99-102 NE)

O solo é a parte superficial da codia terrestre. Componse de elementos nos tres estados. O elemento sólido está formado polas partículas

minerais procedentes da erosión das rochas e da materia orgánica viva ou descomposición.

O elemento líquido está formado pola auga e o elemento gasosos ocupando os poros CO2.

A ciencia que estuda os solos chámase Edafoloxía.

FACTORES DO SOLO (páx. 103, 99-100 NE)

A rocha nai: inflúe na cor, textura, estrutura, permeabilidade e acidez. Os solos poden ser silíceos (soltos e permeables), calcarios (pastosos e permeables) e arxilosos (compactos e impermeables)

Clima: temperatura e precipitación (lixiviación) Topografía: nas zonas chairas acumúlanse solos

grosos, mentres nas pendentes favorécese a erosión. Seres vivos: actúan de moitas maneiras. As coníferas

acidifican e empobrecen o solo. As frondosas o enriquecen. A microflora descompón a materia orgánica e crea humus. As lombrigas, roedores e insectos remóveno. As persoas destrúeno ou enriquéceno.

Tempo: proceso lento e complexo.

PERFILES E HORIZONTES DO SOLO (páx. 104, 100 NE))

O solo está formado por varios horizontes ou capas individualizadas polas súas características físicas, químicas e biolóxicas. O conxunto de horizontes constitúe o perfil. Temos varios horizontes: profundos, superficiais e medios.

Profundos: (D e C). O horizonte D é a rocha nai consolidada ou sin alterar. C é a rocha nai meteorizada.

Superficie: horizonte A formado por A0 (follaxe) A1

(humus ou materia orgánica en descomposición), A2 (gris, capa de lixivación)

Media: B de cor máis intensa, capa de acumulación de elementos lixiviados procedentes do horizonte A.

PERFIL E HORIZONTES DO SOLO

SOLOS ZONAIS

CLIMA OCEÁNICO

SILÍCEOTERRA PARDO HÚMIDA: excelente para o cultivo en topografía favorable. Contrarrestar a súa acidez coa cal.

RANKERS: zonas altas ou pendentes. Pouco evolucionados o horizonte orgánico repousa sobre a rocha nai. Aptos para bosque e pasto non cultivos.

CALCARIO

TERRA PARDA CALCARIA: excelente para o cultivo (millo e feixóns) ou prados permanentes.

TERRA FUSCA: zonas calcarias duras de forte pendente. Forestal

CLIMA MEDITERRÁNEO

SILÍCEO TERRA PARDA MERIDIONAL: pobre,ácido, escaseza de humus, estrutura solta e erosionable. Devesas de sobreiras e pasteiros pobres.

CALCARIO(Horizonte arxiloso da disolución da calcaria, avermellado (óxido de

ferro). Fertilidade diversa)

VERMELLO MEDITERRÁNEO: rico en nutrientes. Bo para o cultivo.

TERRA ROSSA: calcarias duras. Horizonte arixoloso repousa sobre a terra nai: matogueira, bosque de devesa, cultivos arbóreos (oliveira...).

ARXILAS E MARGAS

VERTISOLOS OU TERRAS NEGRAS: arxilas expansivas. Son os máis fértiles de España salvo arborescentes. Val do Guadalquivir, Terra de Barros (Badajoz) e conca de Pamplona.

MEDITERRÁNEO ESTEPARIO

GRIS SUBDESÉRTICO OU SEROSEM: cor gris clara. Seco e rico en calcaria, pobre en humus. Vexetación escasa e aberta. Secaño nulo. Regadío máis fértil aínda que se saliniza doadamente pola evaporación. Sueste peninsular e val medio do Ebro.

SOLOS AZONAIS

Perfil indefinido. Novos ou estar en pendentes pronunciadas

SOLOS INTRAZONAIS

Perfil definido. Condicionado por outros factores non climáticos

PARDO-CALCARIOS E RENDZINAS: permiten cultivos leñosos, cereais e leguminosas e hortas se se regan.

ALUVIAIS: beira do río aptos para o cultivo de horta.

ENCHARCADOS: zonas endorreicas pobres en nutrientes

AREENTOS: improdutivos pola infiltración da auga.

SALINOS: nas marismas. Só cultivables se o sal neutralízase con grandes cantidades de auga.

VOLCÁNICOS: base basáltica, en gran parte improdutivos.

  PAISAXE OCEÁNICA PAISAXE MEDITERRÁNEA PAISAXE DE MONTAÑA PAISAXE MACARONÉSICA

ZONA        

RELEVO        

CLIMA        

AUGAS

VEXETACIÓN        

SOLO        

ELABORA UN ESQUEMA(PÁX. 119-120) (116-117 NE)

Riscos naturais (Páx. 126. 123 NE)

Probabilidade de que os elementos naturais desencadeen catástrofes que ameacen o benestar ou a vida humana.

En españa os riscos máis frecuentes son de orixe xeolóxica e climática, e poden ocasionar cuantiosas perdas humanas e materiais, como danos en infraestruturas, edificios e colleitas.

Nas zonas con máis risco creáronse sistemas de vixilancia; promulgáronse normas de ocupación do terreo e construíronse infraestruturas de protección.

Ademáis deseñáronse protocolos de actuación en casos de emerxencia coordinados por Protección Civil.

Riscos xeolóxicos (Páx. 126. 123 NE)

Sismos: a Península atópase nunha zona de contacto entre as placa africana e euroasiática polo que ameazan principalmente ao sur e sueste peninsular. De forma secundaria afectan aos Pireneos e Cataluña onde están motivados polos movementos de asentamento da cordilleira que aínda non finalizaron.

España conta con 60 estacións de vixilancia sísmica que envía información e alerta se superan a magnitude de 5,5 Richter.

Terremoto de Lorca (Murcia)Maio de 2011

Riscos xeolóxicos (Páx. 126. 123 NE)

Erupcións volcánicas: só constitúe un risco as illas Canarias de La Palma, El Hierro, Tenerife e Lanzarote; nas demais, o rísco é moi baixo ou nulo.

Na Península, as áreas volcánicas existentes en Olot, Campo de Calatrava e o sueste están inactivas.

A rede de Vixilancia Volcánica limítase ás illas Canarias.

Erupcións volcánicasEl Hierro (2011)

Riscos xeolóxicos (Páx. 126. 123 NE)

Movementos de ladeira: desplazamentos de grandes masas de solo ou de rochas por unha vertente.

En España afectanlles sobre todo as grandes cordilleiras e ao val do Guadalquivir.

Para facerlles frontes lévanse a cabo obras de drenaxe, plantación de árboeres e reforzo de vertentes.

Poden ser de dous tipos: Corrementos de solos propios de rexións húmidas

con fortes pendentes cubertas por herba e prados que non suxeitan o solo saturado por fortes chuvias.

Desprendementos de rochas.

Desprendemento de ladeirasHoya de Guadix (Granada)

Desprendemento de ladeirasAlmuñécar (Granada) (2015)

Talud Autovía do Noroeste (A-6)Vega de Valcarce

Riscos climáticos (Páx. 127. 124 NE)

Inundacións. Afectan principalmente as fachadas mediterránea e cantábrica, onde se ven potenciadas pola proximidade das montañas á costas, que favorece a precipitación orográfica, e pola existencia de concas fluviais reducidas e de forte pendente. En menor medida afectan ao SO peninsular a causa de temporais do SO.

España conta cunha Rede de Información Hidrolóxica para alertar sobre indundacións (SAIH) e desde o 2010 as administracións deben elaborar Plans de Avaliación e Xestión de Risco de Inundación, medidas de restauración forestal, cartografía de zonas inundables e protección civil.

Inundacións en Málaga

Riscos climáticos (Páx. 127. 124 NE)

Secas. Déficits de precepitacións moi prolongado.

Áreas afectadas: sur, sueste peninsular, Baleares e Canarias.

Para afrontalas creáronse o Observatorio Nacional da Seca (ONS) e plans de Actuación en Situación de Alterta e Eventual Seca (PES).

Outros riscos menos frecuentes son a sarabia, tormentas, ondas de frío, temporais de neve, ondas de calor e temporais de vento.

Problemas e políticas medioambientais

(Páx. 128-142. 125-137 NE)

Sobreexplotación, contaminación e destrución son actuacións negativas do ser humano sobre o medio ambiente.

A preocupación comezou a finais da década dos sesenta: 1971: ICONA (Instituto de Conservación da Natureza)

Medrou coa democracia (ver artigo 45 da Constitución española)

A política medioambiental (Páx. 128-129. 125 NE)

Acordos internacionais: cambio climático, contaminación atmosférica, desertización.

Política ambiental da UE: desenvolvemento sostible, prevención (estudos de impacto ambiental), creación de rede de espazos protexidos (Rede Natura 2000)

Ministerio de Medio Ambiente e Consellería de Medio Ambiente.

Obxectivos: prevención, corrección, conservación.

PRINCIPAIS PROBLEMAS(PÁX. 129-138) (125-137 NE9

Alteración do relevo: continental e litoral. Contaminación atmosférica. Contaminación acústica. Contaminación das augas. Danos, alteración e destrución da

vexetación. Solo: contaminación, erosión e

desertización. Residuos Sólidos Urbanos (RSU). Redución da biodiversidade.

Alteración continentalMinas e canteiras

Alteración continentalObras públicas: impacto ambiental

Alteración continentalObras públicas: impacto ambiental

Porto exterior(A Coruña)

Alteración continentalOrdenación territorial

Val Miñor

Alteración continentalLitoral

Costa mediterránea

Alteración continentalLitoral

Benidorm (Alicante)

Problemas noRelevo costeiro:•Regresión.•Artificialización.

Alteración continentalLitoral

Benidorm (Alicante)

Alteración continentalLitoral

Oropesa (Castellón) Costa malagueña

Alteración continentalLitoral

Cullera (Valencia) Antilla (Huelva)

Alteración continentalLitoral

AlgarrobicoParque natural

Níjar-Cabo de Gata(Almería)

Alteración continentalLitoral

Manga del Mar Menor(Murcia)

Alteración continentalLitoral

Manga del Mar Menor(Murcia)

Alteración continentalLitoral

Manga del Mar Menor(Murcia)

Alteración continentalLitoral

Barreiros(Mariña lucense)

Alteración continentalLitoral

Barreiros(Mariña lucense)

Alteración continentalLitoral

Barreiros(Mariña lucense)

Malpica(A Coruña)

Alteración continentalLitoral

Alteración continentalLitoral

Malpica(A Coruña)

Outro urbanismoé posible

Cudillero(Asturias)

Outro urbanismoé posible Lastres

(Asturias)

Miño (A Coruña)

Miño (A Coruña)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Sanxenxo(Pontevedra)

Redes(Ares-A Coruña)

Redes(Ares-A Coruña)

Redes(Ares-A Coruña)

Redes(Ares-A Coruña)

Redes(Ares-A Coruña)

Redes(Ares-A Coruña)

Redes(Ares-A Coruña)

Redes(Ares-A Coruña)

Solucións fronte a estes problemas

Lei de costas: plan director para a

sostibilidade da costa

2004 2011

Enterramento da M-30

Alteración continentalRexeneración urbana: Río Manzanares (Madrid)

Alteración continentalRexeneración urbana: Río Manzanares (Madrid)

Alteración continentalRexeneración urbana: Río Manzanares (Madrid)

Alteración continentalRexeneración urbana: Río Manzanares (Madrid)

Alteración continentalRexeneración urbana: Río Manzanares (Madrid)

Contaminación atmosférica (Páx. 130. 127 NE)

Monóxido de carbono (C0) Dióxido de carbono (CO2) Dióxido de xofre (SO2) Óxido de nitróxeno (NO2) Cloro (CL2) Partículas de po e fume (slump). Proceden da queima de combustibles fósiles:

centrais térmicas, industrias, transporte, calefaccións domésticas e incendios forestais.

Os problemas causados son:

Contaminación atmosférica: choiva ácida (Páx. 130. 127 NE)

A chuvia ácida é unha precipitación cun grao de acidez superior ao normal.

Prodúcese pola emisión de dióxido de xofre e óxido de nitróxeno que se mesturan co vapor de auga contido no aire e se transforman en solucións ácidas.

Provoca alteracións na vexetación, solos, augas e edificios.

As zonas máis afectadas en España son: A Coruña, Campo de Xibraltar, León, Teruel e Xixón.

Solucións: diminución das emisións (Convenio de Xenebra 1979) nun 65% de SO2 e 45% NO2 para 2010. Cumplíronse os obxectivos no primeiro caso non no segundo. Directrices UE sobre calidade do aire: Lei da calidade do aire (2007) que fixa niveis máximos das principais substancias contaminantes.

Choiva ácida

Formada por particulas de po (PM 10) ou partículas en suspensión cun diámetro inferior a 10 micróns emitidas polo tráfico, as calefaccións urbanas e certas industrias como cementeiras e incineradoras.

Delas, as máis perigosas son as finas (PM 2,5) e ultrafinas (PM 0,1)

Afecta ao 89% das cidades de máis de 100.000 habitantes no inverno e situacións anticiclónicas.

A néboa fotoquímica é unha bruma ocasionada principalmente en verán pola formación de ozono troposférico.

Solucións: transporte colectivo, aforro enerxético...

Contaminación atmosférica: campá de poe néboa fotoquímica (Páx. 130. 127 NE)

Campá de po(Madrid)

Molécula formada por tres átomos de osíxeno (O3). Redución da capa de ozono estratosférica (15-55 km de altura) que filtra os raios ultravioletas solares. A súa diminución débese principalmente ao cloro contido nos CFC (clorofluorocarburos) empregados en aerosois, escumas e refrixerantes. O cloro reacciona co ozono e convérteo en osíxeno normal. Este problema afecta á vida vexetal, animal e humana (cancro de pel, cataratas oculares).

1990-2000 diminuíu a capa de ozono un 6% en España. Solucións: protocolo de Montreal (1967) e directrices da

UE sobre calidade do aire (2007) que producen a produción e importación de CFC. Diminución considerable.

Para o ano 2030 deberán desaparecer os HCFC (Hidrocloroflurocarburo).

Contaminación atmosférica: problemas coa capa de ozono (Páx. 130. 128 NE)

Contaminación atmosférica Efecto invernadoiro. Cambio climático

(PÁX. 132. 129 NE)

O efecto invernadoiro é unha función natural da atmosfera, realizada polo vapor de auga e gases como o dióxido de carbono e o metano. Sen este efecto, a temperatura media do planeta sería de -18ºC en lugar dos 15ºC actuais.

O problema está no aumento de emisións de gases con efecto invernadoiro. A consecuencia é o cambio climático (aumento de 1,1ºC a 6,4ºC para este século). Subida do nivel do mar e extincións de especies animais e vexetais. Afectará principalmente ao Mediterráneo. O protocolo de Kyoto establecía non aumentar as emisións máis dun 15% para o 2012. A UE pretende reducir un 20% a comezos deste século. España no cumple este obxectivo (aumentou as súas emisións un 152% en 2007)

Solucións: subida de impostos aos automóbiles máis contaminantes, eficiencia enerxética, enerxías renovables, peche de centrais térmicas, centrais ciclo combinado...

As industrias que operan con combustibles fósilesSon responsables do efecto invernadoiro

Refinería de petróleo de Meicende (A Coruña)

As empresas que operan con combustibles fósilesSon responsables do efecto invernadoiro

Térmica de Meirama (As Pontes-A Coruña)

Contaminación acústica(páx. 133. 131 NE)

En España tres cuartas partes da poboación padecen niveis de ruídos superiores aos considerados tolerables, e é o primeiro país da UE e o segundo da OCDE, tras Xapón, con maior nivel de ruído.

Solucións: lei do ruído (elaborar un mapa do ruído). Clausura de instalacións causantes do ruído.

Contaminación lumínica(páx. 131 NE)

A emisión de luz artificial durante a noite, cunha intensidade superior á necesaria.

Provoca brillo do ceo nocturno que ocasiona danos aos ecosistemas nocturnos, gasto enerxético innecesario, dificulta o tráfico aéreo e a observación astronómica.

Afecta sobre todo ás cidades, áreas industriais e comerciais e estradas.

Solución utilizar aparellos de iluminación que devolvan a luz ao solo, luminar só as áreas necesarias.

O tráfico ocasiona entre outrasContaminación acústica

Contaminación acústica(páx. 133. 131 NE)

En España tres cuartas partes da poboación padecen niveis de ruídos superiores aos considerados tolerables, e é o primeiro país da UE e o segundo da OCDE, tras Xapón, con maior nivel de ruído.

Solucións: lei do ruído (elaborar un mapa do ruído). Clausura de instalacións causantes do ruído.

Contaminaciónlumínica

Contaminación de augas. Sobreexplotación (Páx. 133. 132-133 NE)

Sobreexplotación: aumento do consumo agrario, urbano e industrial. Descende o nivel ecolóxico do caudal de moitos ríos, desaparción de humedais, acuíferos (chaira manchega, Ollos do Guadiana). Salinización por intrusión mariña (litoral mediterráneo).

Solucións: acuíferos: delimitar as zonas de sobreexplotación e controlar as extraccións.

Humediais: convenio internacional Ramsar (1982). Plan estratéxico para a conservación. Consellería de Medio Ambiente (2004): regula os humedais protexido.

Contaminación de augas (Páx. 134. 132-133 NE)

Refugallos das actividades humanas. Actividade agraria abuso de fertilizantes (contaminación

por nitratos e zurro gandeiro: eutrofización) Industria: produtos tóxicos e metais pesados

(introducirse no tecido graxo dos peixes e na cadea trófica)

Cidades: augas fecais (lixiviados) Augas mariñas: transporte de petróleo e outros produtos

tóxicos. Solucións: Plan nacional de calidade de augas (2007-

2015). Plan nacional de Restauración de Ríos.

Vertido de augasresiduais ao río

Emisario de augasResiduais de Bens-A Coruña

Emisario de augasResiduais de Bens-A Coruña

EDAR de Bens (A Coruña)Estación depuradora de augas residuais

Ría do Burgo

1976. Urquiola

Urquiola

Praia de Mera (Oleiros)

Urquiola. 1976

Casón. Fisterra. 1987

Mar Exeo. 1992

Mar Exeo. 1992

Mar Exeo. 1992

Prestige. 2002

Prestige. 2002

Unha escritoraUnha lectura

Outras alteracións Destrución da vexetación: desforestación

(cortas e incendios) (páx. 135-136. 134 NE). Consecuencias e solucións.

Erosión e desertización do solo (136-137. 135-136 NE)

Residuos Sólidos Urbanos (137-138, 136 NE) Os tres “R”.

Redución da biodiversidade (138, 137 NE)

Incendios forestais

INCENDIOS FORESTAIS ESPAÑA (2001-2011) Incendios de >100 ha

CC.AA. ha queimadas Superficie CC.AA. %CC.AA %Estado

Galicia 492 (29,3%) 179.534 ha 29.574 km2 6,07% 23,82%

Castilla León 142.300 ha 94.225 km2 1,51% 18,88%

Andalucía 97.639 ha 87.597 km2 1,11% 12,95%

Extremadura 89.826 ha 41.634 km2 2,16% 11,92%

Castilla La Mancha 49.022 ha 79.462 km2 0,62% 6,50%

Canarias 43.450 ha 7.447 km2 5,83% 5,76%

Aragón 32.273 ha 47.721 km2 0,68% 4,28%

C. Valenciana 30.929 ha 23.255 km2 1,33% 4,10%

Asturias 28.442 ha 10.604 km2 2,68% 3,77%

Cataluña 24.012 ha 32.113 km2 0,75% 3,19%

Cantabria 20.592 ha 5.321 km2 3,87% 2,73%

Madrid 5.154 ha 8.028 km2 0,64% 0,68%

Navarra 3.563 ha 10.390 km2 0,34% 0,47%

Baleares 2.870 ha 4.992 km2 0,57% 0,38%

País Vasco 2.452 ha 7.235 km2 0,34% 0,33%

Murcia 1.278 ha 11.313 km2 0,11% 0,17%

La Rioja 420 ha 5.045 km2 0,08% 0,06%

TOTAL 1679 >100 ha 753.756 ha 505.956 km2 1,49%  100%

>5%

4,99%-3%

2,99%-1,5%

<1,5%

6,07%1,49%

 INCENDIOS FORESTAIS 2001-2011 hectáreas Superficie %De 100 ou máis hectáreas queimadas comarca sobre total

Barbanza     13948 ha 749,14 km2 18,62%Bergantiños-As Mariñas   3645 ha 2428,67 km2 1,50%Ferrol-Ortegal   1463 ha 1015,58 km2 1,44%Fisterra     15627 ha 1246,75 km2 12,53%Santiago-Meseta Interior   4096 ha 2510,28 km2 1,63%   TOTAL A CORUÑA 38779 ha 7950,42 km2 4,88%Fonsagrada-Ancares   2679 ha 2039,94 km2 1,31%Lugo-Sarria     2748 ha 2616,91 km2 1,05%Mariña     0 ha 1395,51 km2 0,00%Terra Chá     1644 ha 1823,03 km2 0,90%Terra de Lemos   7755 ha 1981,17 km2 3,91%   TOTAL LUGO 14826 ha 9856,56 km2 1,50%Limia     9531 ha 1332,2 km2 7,15%Miño-Arnoia     10602 ha 1827,4 km2 5,80%Ribeiro-Arenteiro   9957 ha 959,35 km2 10,38%Valdeorras-Trives   16381 ha 1400,76 km2 11,69%Verín-Viana     26430 ha 1753,51 km2 15,07%Indeterminados   2899 ha       TOTAL OURENSE 75800 ha 7273,22 km2 10,42%Caldas-O Salnés   21022 ha 1187,77 km2 17,70%

Condado-Paradanta   6785 ha 674,32 km2 10,06%Deza-Tabeirós   11349 ha 1555,73 km2 7,29%Vigo-Baixo Miño   10972 ha 1076,84 km2 10,19%   TOTAL PONTEVEDRA 50128 ha 4494,66 km2 11,15%   TOTAL GALICIA 179533 ha 29574,9 km2 6,07%

Incendios forestais2001-2011

% terra forestal queimada6,07% Galicia

<5%

5-10%

10-15%

>15%

Residuos sólidos urbanos

PÁX. 129PÁX. 129

ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS(Páx. 139, 138-139 NE)

Lei de parques nacionais (1916). Inicialmente a beleza paisaxística. Hoxe súmase o criterio biolóxico e xeolóxico. España conta con 15 parques nacionais (ver máis adiante e mapa).

Lei do Patrimonio Natural e a Biodiversidade (2007). Establece que terán consideración de espazos

naturais protexidos os que cumpran polo menos un destes dous requisitos:

Contar con sistemas ou elementos naturais representativos, singulares, fráxiles.

Estar dedicados especialmente á protección e ao mantemento da diversidade biolóxica.

ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS(Páx. 139, 138-139 NE)

Cinco categorías:a) Parque: área natural que merece atención

preferente pola súa beleza paisaxística e a singularidade do seu ecosistema.

b) Reservas naturais: protexer ecosistemas, comunidades ou elementos biolóxicos ou xeolóxicos de especial rareza ou fraxilidade. Explotación de recursos se é compatible coa conservación.

c) Humedais protexidos. Augas marinas ou continentais.

d) Monumentos naturais: formacións naturais protexidas pola súa notoria singularidade.

e) Paisaxes protexidos: valores estéticos e naturais.

ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS(Páx. 139, 138-139 NE)

España conta con espazos protexidos incluídos en redes europeas e mundiais:

Rede Natura 2000 (UE) Rede Europea da Rede Global de

Xeoparques (Mundial) UNESCO. Rede Mundial de Reservas da Biosfera

(Mundial) UNESCO. Lista Ramsar de humedais (Mundial)

Rede galegade espazosprotexidos

A protección ao medioambiente en España: os parques nacionais 1. Picos de Europa (Asturias, Cantabria y

Castilla y León) 2. Cabañeros (Ciudad Real y Toledo) 3. Tablas de Daimiel (Ciudad Real) 4. Sierra Nevada (Granada y Almería) 5. Doñana (Huelva, Cádiz y Sevilla) 6. Ordesa y Monte Perdido (Huesca) 7. Timanfaya (Lanzarote)

A protección ao medioambiente en España: os parques nacionais 8. Aiguas Tortas y Lago de San Mauricio (Lleida

) 9. Archipiélago de Cabrera (Islas Baleares) 10. Islas Atlánticas (Pontevedra y A Coruña) 11. Caldera de Taburiente (La Palma) 12. Garajonay (La Gomera) 13. Teide (Santa Cruz de Tenerife) 14. Monfragüe (Cáceres) 15. Guadarrama (Madrid y Segovia)