Atribución en recursos alleos

Post on 06-Aug-2015

57 views 2 download

Transcript of Atribución en recursos alleos

ATRIBUCIÓN DE RECURSOS

SEMINARIO PERMANENTE

Deseño e aplicación de ambientes virtuais de aprendizaxe no ensino presencial do Ies Salvaterra de Miño

Atribución de recursos alleos

En xeral

Todas as licenzas Creative Commons requiren que deas crédito ao autor das obras que estás a utilizar. Aínda que o autor non especificase unha forma particular de como debes citalo isto non significa que non debas facelo. Simplemente significa que has de intentar facelo da mellor forma que poidas considerando a información que posúes.

Normalmente isto implica cinco cousas:

• Se o traballo contén algunha información sobre o copyright incluída polo autor debes deixala intacta ou reproducila dunha forma razoable considerando o medio no que a estás a reproducir.

• Citar o nome do autor, nome en pantalla, identificación de usuario, etc. Se estás a publicar en Internet, é aconsellable enlazar o nome da persoa á páxina do seu perfil.

• Citar o título do traballo (se existe). Se estás a publicar en Internet é conveniente enlazalo ao traballo orixinal.

• Citar a licenza Creative Commons baixo a que está o traballo. Se estás a publicar enInternet é conveniente enlazalo á páxina da devandita licenza dentro da web de Creative Commons.

• Se estás a facer un traballo derivado ou unha adaptación, ademais do anterior, debes explicitar que a túa obra é un traballo derivado. Por exemplo: "Isto é unha tradución de (traballo orixinal) por (autor).

Realmente, en caso de que o autor estableza requirimentos adicionais só pode obrigar a:

• Que o traballo se atribúa a certo nome, pseudónimo ou mesmo algunha organización.

• Que o asocies a unha URL particular.

Cita de textos, imaxes, vídeos e sons

Un destes métodos• Título do recurso (en cursiva). Imaxe de (autor

coa ligazón) en (ubicación). Licenza baixo a que se ofrece o contido.

• Título do recurso (en cursiva). Imaxe en (ubicación na web) de (autor coa ligazón á ubicación da Rede), licenza Creative Commons baixo a que se ofrece o contido.

Normalmente poñeranse as ligazóns tamén á imaxe orixinal e á especificación da licenza.

Habería que incluír o texto completo do link (http:/m…..), ben no título ou no texto alternativo.

Exemplo

Buscamos unha imaxe

Busco a imaxe, por exemplo na wikipedia.

Selecciono a imaxe

Descargo a imaxe no tamaño desexado

Insertamos a imaxe, por exemplo no editor de Exe, Moodle, …

Insertamos imaxe

Localizamos o arquivo, poñemos a descrición e o título (non necesariamente igual o título de arquivo)

Escollemos aliñamento (para que quede respecto ó texto coma desexamos)

Podemos especificar as dimensións proporcionalmente e definir os espaciados respecto ó texto e resto dos elementos

Poñemos encabezado (se queremos) e título da imaxe

Murallas de Salvaterra de Miño.

Poño o título da imaxe en cursiva.

Murallas de Salvaterra de Miño. De Jose

autor

Murallas de Salvaterra de Miño. De Jose en Wikimedia Commons. Licencia CC-BY-SA

Especifico a licenza

Co botón dereito do rato, copiamos a url da imaxe e a pegamos onde pon “enlace a título”.

Poñemos o autor e de onde sacamos a imaxe

Co botón dereito do rato copiamos a dirección do enlace do autor, se a ten. En caso contrario copiaríamos a dirección da páxina onde collemos a foto.

Finalmente escollemos o tipo de licenza, según a información da imaxe.Insertamos

Este sería o aspecto que nos queda. Podemos mediante o editor alinear textos e imaxes de novo, cambiar tamaños, etc,…

Eu centrei título e pé de foto, e cambiei o tamaño do pé de foto a 1 (8pt) que é o recomendado

O proceso é similar con calquera fonte de imaxes:• Localizamos e gardamos a imaxe• Insertamos• Poñemos título da imaxe en cursiva• Copiamos e pegamos a url da imaxe• Poñemos o autor (se é coñecido) e o o lugar onde collemos a imaxe.• Copiamos e pegamos o link ó autor e/ou ó sitio• Copiamos e pegamos, ou escribimos directamente o tipo de licenza.• Copiamos e pegamos, ou buscamos nós a url coas condicións da licenza.

Un exemplo máis:

Busco en Google Imaxes

c

Empregando as “ferramentas de busca”, en “Dereitos de uso” escollo, por exemplo, etiquetadas para reutilización

Neste caso selecciono unha imaxe de Flickr. Visito a páxina para ver os datos

Descargo a foto para inserila despois. Vouno facer en LibreOficce

Insiro a imaxe

Copiamos e pegamos o nome da foto e do autor (ou da persoa que a colgou). Engadimos o nome da páxina. Para a licenza, neste caso, temos que abrir a información noutra páxina

A páxina á que nos remiten é a propia de Creative Commons onde se especifica a licenza á que se acolleron os autores. Neste caso CC- BY. Poñémola nos créditos da imaxe.

Co botón dereito vamos copiando as url ou direccións do autor, e da páxina (flickr).As direccións da imaxe e da licenza as copiamos directamente na barra de direccións.Teremos que inserir vínculos no pé de foto, polo que é mellor ir copiando e pegando una un.

Seleccionamos o nome da imaxe e na ventá que se nos abre co botón vincular incluímos a dirección ou url.Facemos o mesmo co nome do autor, páxina da foto e licenza.

Creados os vínculos, establecemos tamaño de fonte 8.Este é o resultado

Cita da wikipedia

Wikipedia inclúe unha ferramenta para crear a cita dos artigos, que unicamente deberemos copiar e pegar no noso recurso, documento. Por exemplo:

A aprendizaxe por proxectos é un modelo de pedagoxía construtivista que ten como propósito promover unha aprendizaxe profunda a través dun enfoque baseado en estimular no alumnado con indagacións en cuestións e conflitos que sexan ricos, reais e relevantes nas súas vidas.Á hora de deseñar un proxecto é necesario partir dos coñecementos previos do alumnado, relacionalo cos obxectivos e competencias a acadar e ter en conta as súas propias achegas. [1]

[1] Colaboradores de Galipedia, "Aprendizaxe por proxectos," Galipedia, a Wikipedia en galego,http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aprendizaxe_por_proxectos&oldid=2986746 (consultado o 5 de novembrode 2013)

Wikipedia presenta diferentes estilos de cita. Podemos empregar o "Estilo ISO de citas bibliográficas" ou, se non aparece, o "Estilo Chicago", que se axustan ao formato ISO-690, que tamén emprega Zotero, unha extensión para algúns navegadores. Como usar esta ferramenta...

Ao premer “citar esta páxina” aparece …

Citar páxinas web

Decidimos seguir a norma ISO-690-2 (para documentos electrónicos) para citar sitios web e documentos en liña:

((Autor)). ((Título do arquivo ou da páxina web exacta da que extraemos o texto, son, imaxe)). [En liña] ((soporte no que está: DVD, internet...)). Dispoñible: ((Sitio web ao que pertence ese arquivo ou documento web)). [Consulta: ((data))].

A cita feita antes coa ferramenta da Wikipedia podemos facela co Zotero::__________________________________________________________________[1] “Aprendizaxe por proxectos - Wikipedia, a enciclopedia libre”, [En liña]. Dispoñible:http://gl.wikipedia.org/wiki/Aprendizaxe_por_proxectos. [Consulta: 5-novembro-2013].

Ferramenta ZOTEROhttps://www.zotero.org/

Zotero é un programa de código aberto que permite aos usuarios recolectar, administrar e citar investigacións de todo tipo de orixes dende o navegador.

Funciona coma complemento para el navegador Firefox. Dende a versión 3.0 tamén funciona como programa independente.

É unha aplicación de administración de referencias, usada para administrar bibliografías e referencias.

O seu nome provén de zotëroj (albanés) que significa "poseer/dominar".

É doado recoller os datos necesarios para citar contidos de internet no formato escollido (norma ISO-690-2para citar sitios web e documentos en liña) mediante zotero.

Descargar e instalar Zotero:

1. Descarga Zotero de www.zotero.org/

2. Acceso directo á descarga.3. Descárgao (non se garda nada, instálase diretamente)4. Permite a Firefox a descarga.5. Na xanela, preme en “Instalar ahora”6. Firefox reiniciarase e aparecerá Zotero na parte inferior dereita da xanela

Usar Zotero:

Para crear unha referencia a un contido de internet abre en Firefox a páxina webque queres citar e...

6. Preme en “zotero” e despregarase na parte inferior de Firefox:7. Preme nesta icona para crear a referencia8. Referencia da páxina aberta. Antes de copiar ao portapaeis a referencia pódese engadir o autor da páxina (Zotero non o localiza). Se coñeces este dato engádeo agora:9. Apelido do autor do contido.10. Nome do autor.

11. Botón dereito do rato enriba da referencia creada12. Elixe a opción: “Crear una bilbiografía del itemseleccionado...”

13. Estilo de cita: “IEEE”14. Método de salida: “Copiar al portapapeles”15. AceptarUnicamente falta colar a referencia no documento no que fas a cita.

16. Se o documento que citas é un .PDF cómpre...17. “Crear ítem contenedor a partir del seleccionado”12. E agora “Crear una bibliografía a partir del item seleccionado...”

18. Para borrar os items antigos, fai botón dereito enriba deles e “Mover itema la papelera...”

Licenciar os meus recursos

Dende a páxina de Creative Commons nos guían para crear a nosa licencia.

Acceso a Creative Commons:Explicación dos tipos de licencias:http://es.creativecommons.org/blog/licencias/

Guía para escoller e descargar a licencia propia:http://creativecommons.org/choose/?lang=es_ES

A páxina nos vai guiando

Escollemos se permitimos adaptar a nosa obra, e se permitimos que se empregue con fins comerciais. Neste caso deixamos que se adapte, pero sempre que o resultado se comparta coma fixemos nós. Permitimos tamén que se empregue con fins comerciais.

Aparécenos o icono correspondente que podemos descargar, o texto da licenza con link á explicación e o código html que podemos embeber directamente

Ademais do especificado en cada caso concreto, empregouse o manual , Deseño, creación e titorización de cursos virtuais de Gloria Rivas Rodríguez e Agustín Carracedo Santos que ten licenza Creative Commons BY-NC-SA.

O resto é aportación propia

fin