Post on 18-Jul-2020
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
X lexislaturaNúmero 1247 de xuño de 2017
Fascículo 2
SUMARIO
1. Procedementos parlamentarios
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.1. Proposicións presentadas
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, asignación a comisión e publicación
ı 9647 (10/PNC-001009)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaMurillo Solís, María Guadalupe e 14 máisSobre a demanda ao Goberno de España para a promoción e o establecemento de medidas quecontribúan a garantir a seguridade viaria dos ciclistas 32856
Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación
ı 9521 (10/PNC-000994)Grupo Parlamentario de En MareaSantos Queiruga, CarmenSobre a implantación pola Xunta de Galicia dun observatorio autonómico galego para a defensada transparencia no acceso e na xestión das institucións investigadoras e universitarias 32860
ı 9526 (10/PNC-000995)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego, en colaboración co Concello de Vilade Cruces, para a estabilización, reparación e conservación da ponte do Arco da Carixa, no río Deza,na parroquia de Merza 32863
ı 9530 (10/PNC-000996)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, Paula, e Villares Naveira, LuisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laboraisdo persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais 32866
ı 9537 (10/PNC-000999)Grupo Parlamentario de En MareaLago Peñas, José ManuelSobre a adopción de medidas polo Goberno galego para rematar e reverter o proceso de concen-tración e oligopolización bancaria que se está a dar en Galicia 32870
ı 9561 (10/PNC-001000)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
32842
X lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o impulso polo Goberno galego, no marco da Comisión de seguimento das obras de amplia-ción da ponte de Rande, do respecto das condicións laborais e salariais do persoal que está a tra-ballar nelas 32873
ı 9567 (10/PNC-001001)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia global a favor do transporte fe-rroviario de mercadorías e as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto 32877
ı 9579 (10/PNC-001002)Grupo Parlamentario de En MareaSantos Queiruga, Carmen, e Merlo Lorenzo, Juan JoséSobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dun programa específico de rexeneración daameixa fina para todas as rías galegas, de xeito que se poida reverter a tendencia negativa da súaprodución nos últimos anos 32881
ı 9595 (10/PNC-001003)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co uso de toponimia galegadeturpada por organismos e institucións oficiais, así como pola empresa Google na aplicación Go-ogle Maps 32884
ı 9600 (10/PNC-001004)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a declaración oficial pola Xunta de Galicia do día 8 de xuño como Día Galego da VisibilidadeLésbica, así como o impulso a través dos centros Quérote+ dunha campaña de visibilización e non-discriminación arredor da diversidade sexual e da identidade de xénero 32887
ı 9604 (10/PNC-001005)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre o apoio do Parlamento galego á Xunta de Galicia en relación coas actuacións que debelevar a cabo o Goberno galego destinadas a lograr que o Laboratorio comunitario de referenciapara o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos se sitúe enGalicia 32891
ı 9606 (10/PNC-001006)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre o apoio pola Xunta de Galicia ao proxecto Crecemento azul, desenvolvido pola AutoridadePortuaria de Vigo, baseado no crecemento sustentable dos sectores marítimo-pesqueiros e por-tuario 32894
32843
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
ı 9608 (10/PNC-001007)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia destinadas a apoiar a expansión dos pro-dutos pesqueiros galegos nos mercados exteriores, así como ao mantemento e fortalecemento demedidas de estruturación e competitividade do sector transformador de produtos do mar 32896
ı 9623 (10/PNC-001008)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre o impulso polo Goberno galego do proceso de redacción e a participación dos representantesdo sector no Plan forestal galego 32898
ı 9661 (10/PNC-001010)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas a garantir as condiciónsnecesarias en termos de espazos, medios e persoal para a correcta realización da proba da glicosaen embarazadas e de forma concreta que traslade estas condicións á Xerencia do Complexo Hos-pitalario de Pontevedra 32900
ı 9664 (10/PNC-001011)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e 2 máisSobre a inscrición no Rexistro da Propiedade do pazo de Meirás como ben de interese cultural
32902ı 9672 (10/PNC-001012)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería do Medio Rural para a realización dun in-ventario, a conservación e a posta á disposición para a consulta nas súas xefaturas territoriais detoda a documentación referida aos montes veciñais en man común existente nas diversas depen-dencias da Administración pública 32905
ı 9677 (10/PNC-001013)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máisSobre a posta en marcha polo Goberno galego, para o período 2017-2020, dun novo plan de ava-liación e control das entidades instrumentais do sector público autonómico 32908
ı 9685 (10/PNC-001014)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción, e Álvarez Martínez, Luis ManuelSobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para protexer e incluír no Catálogodo patrimonio cultural de Galicia as covas de San Xoán Vello e da Doncela, situadas na parroquiade San Xoán de Covas, no concello de Viveiro 32911
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
32844
X lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
ı 9693 (10/PNC-001015)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 3 máisSobre a realización polo Goberno galego dos trámites precisos para asegurar un servizo de asis-tencia sanitaria na época estival coa presenza dun médico permanente e atención as 24 horas dodía na illa de Ons 32914
ı 9701 (10/PNC-001016)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa inci-dencia, na xestión de servizos nos concellos galegos, das limitacións á incorporación de persoal la-boral ao sector público reflectidas na disposición adicional vixésimo sétima do Proxecto de lei deorzamentos xerais do Estado para o ano 2017 32917
ı 9707 (10/PNC-001017)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a axilización polo Goberno galego da transferencia ao Sergas do Punto de Atención Conti-nuada e do Centro de Saúde de Ponteceso, así como as actuacións que debe levar a cabo para so-lucionar as carencias e deficiencias existentes no PAC 32919
ı 9749 (10/PNC-001018)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa contía e execución orza-mentaria da partida que vai destinar para o Plan galego de investigación, innovación e crecementono Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018
32922ı 9757 (10/PNC-001019)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 3 máisSobre a realización polo Goberno galego dos trámites precisos diante do Goberno central para ainclusión, no Plan estatal de vivenda 2018-2021, da consideración dos hórreos e outros elementosetnográficos vinculados ás vivendas como parte integrante delas e como feitos susceptibles de sub-vención 32926
ı 9764 (10/PNC-001020)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre a creación dunha ligazón específica na páxina web da Consellería do Medio Rural que deaacceso a toda a información referida aos contratos de servizos e medios contra os incendios fores-tais realizados nos anos 2016, 2017 e no futuro, así como as actuacións que debe levar a cabo enrelación cos cambios de uso dos solos ocupados por fragas autóctonas, os monocultivos forestais,nomeadamente de eucaliptos, e a preservación e implementación das masas arbóreas autóctonas
32930
32845
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
ı 9819 (10/PNC-001021)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre a elaboración polo Goberno galego dun plan de adaptación de Galicia ao cambio climático
32935ı 9835 (10/PNC-001022)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores, e Torrado Quintela, JulioSobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para evitar a substitución dos he-licópteros Sikorsky S-76 C+, coñecidos como Pesca I e Pesca II, polos Dauphin 365 que pertencían áXunta de Galicia no ano 2005 32939
ı 9812 (10/PNC-001023)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Realdecreto 195/2017, do 3 de marzo, polo que se modifica a demarcación dos rexistros da propiedade,mercantís e de bens mobles e se suprimen en Galicia dez rexistros da propiedade 32941
ı 9856 (10/PNC-001024)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre a adaptación polo Goberno galego das prazas de formación que se están a ofertar en Galiciapolo sistema de residencia MIR e EIR ás necesidades reais de cobertura de profesionais no Sergas
32943ı 9866 (10/PNC-001025)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dunha estratexia de estudo e recuperación das po-boacións de berberecho nas rías galegas, adoptando medidas económicas para paliar a perda deingresos ocasionada aos mariscadores pola súa mortaldade 32946
ı 9872 (10/PNC-001026)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a realización polo Goberno galego das contratacións de persoal necesarias co fin de reduciras listas de espera no Hospital de Cee e dar unha mellor cobertura asistencial ás persoas usuariasdo centro 32949
ı 9878 (10/PNC-001027)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto das inclemen-cias meteorolóxicas acaecidas nos últimos días do mes de abril de 2017 en Galicia, así como as per-das ocasionadas no cultivo de cereal e de castiñeiros 32951
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
32846
X lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
ı 9885 (10/PNC-001028)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Ali-mentación e Medio Ambiente en relación co peche da pesqueira da cigala na zona VIIIc e o seu im-pacto para a frota de arrastre galega 32953
ı 9892 (10/PNC-001029)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co proxectode central hidroeléctrica reversible promovido por Gas Natural SDG, S. A. nos ríos Salas e Limia
32957ı 9740 – 10019 (10/PNC-001038)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a realización polo Goberno galego das xestións precisas diante do Goberno central para acreación en Santiago de Compostela dun servizo de procura e salvamento de catástrofes derivadasde accidentes aéreos ou de catástrofes naturais, que complemente e apoie o Servizo de Gardacos-tas de Galicia 32961, 32963
Proposicións non de lei en comisión corrixidas
Admisión da corrección e publicación
ı 5847 – 9610 (10/PNC-000570)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia, xunto coa Deputación Provincial deLugo e os concellos correspondentes, para garantir a conservación, a recuperación e posta en valordas torres de Torés e de Doncos, nas Nogais, a de Caldaloba, en Cospeito, e a do Batallón, en Sarria,así como o Castelo de Doiras, en Cervantes, o Castelo de Navia de Suarna, a Torre de Taboi, en Ou-teiro de Rei, e a Torre de Arcos, en Chantada 32964, 32971
32847
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
1. Procedementos parlamentarios
1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.2. Proposicións non de lei en Comisión1.3.6.2.1. Proposicións presentadas
A Mesa do Parlamento, na súa sesión do día 5 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Admisión a trámite polo procedemento de urxencia, asignación a comisión e publicación
- 9647 (10/PNC-001009)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaMurillo Solís, María Guadalupe e 14 máisSobre a demanda ao Goberno de España para a promoción e o establecemento de medidas quecontribúan a garantir a seguridade viaria dos ciclistasComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
Admisión a trámite, asignación a comisión e publicación
- 9521 (10/PNC-000994)Grupo Parlamentario de En MareaSantos Queiruga, CarmenSobre a implantación pola Xunta de Galicia dun observatorio autonómico galego para a defensada transparencia no acceso e na xestión das institucións investigadoras e universitariasComisión 4ª, Educación e Cultura
- 9526 (10/PNC-000995)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego, en colaboración co Concello de Vilade Cruces, para a estabilización, reparación e conservación da ponte do Arco da Carixa, no río Deza,na parroquia de MerzaComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
- 9530 (10/PNC-000996)Grupo Parlamentario de En MareaVázquez Verao, Paula, e Villares Naveira, LuisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laboraisdo persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios ForestaisComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 9537 (10/PNC-000999)Grupo Parlamentario de En Marea
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
32848
X lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
Lago Peñas, José ManuelSobre a adopción de medidas polo Goberno galego para rematar e reverter o proceso de concen-tración e oligopolización bancaria que se está a dar en GaliciaComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos
- 9561 (10/PNC-001000)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o impulso polo Goberno galego, no marco da Comisión de seguimento das obras de amplia-ción da ponte de Rande, do respecto das condicións laborais e salariais do persoal que está a tra-ballar nelasComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
- 9567 (10/PNC-001001)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoBará Torres, Xosé Luís e 5 máisSobre o desenvolvemento polo Goberno galego dunha estratexia global a favor do transporte fe-rroviario de mercadorías e as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respectoComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
- 9579 (10/PNC-001002)Grupo Parlamentario de En MareaSantos Queiruga, Carmen, e Merlo Lorenzo, Juan JoséSobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dun programa específico de rexeneración daameixa fina para todas as rías galegas, de xeito que se poida reverter a tendencia negativa da súaprodución nos últimos anosComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 9595 (10/PNC-001003)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co uso de toponimia galegadeturpada por organismos e institucións oficiais, así como pola empresa Google na aplicación Go-ogle MapsComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 9600 (10/PNC-001004)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre a declaración oficial pola Xunta de Galicia do día 8 de xuño como Día Galego da VisibilidadeLésbica, así como o impulso a través dos centros Quérote+ dunha campaña de visibilización e non-discriminación arredor da diversidade sexual e da identidade de xéneroComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 9604 (10/PNC-001005)Grupo Parlamentario Popular de Galicia
32849
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre o apoio do Parlamento galego á Xunta de Galicia en relación coas actuacións que debe levara cabo o Goberno galego destinadas a lograr que o Laboratorio comunitario de referencia para oseguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos se sitúe en GaliciaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 9606 (10/PNC-001006)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre o apoio pola Xunta de Galicia ao proxecto Crecemento azul, desenvolvido pola AutoridadePortuaria de Vigo, baseado no crecemento sustentable dos sectores marítimo-pesqueiros e por-tuarioComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 9608 (10/PNC-001007)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaLópez Crespo, Carlos Enrique e 6 máisSobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia destinadas a apoiar a expansión dos pro-dutos pesqueiros galegos nos mercados exteriores, así como ao mantemento e fortalecemento demedidas de estruturación e competitividade do sector transformador de produtos do marComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 9623 (10/PNC-001008)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre o impulso polo Goberno galego do proceso de redacción e a participación dos representantesdo sector no Plan forestal galegoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 9661 (10/PNC-001010)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaTorrado Quintela, Julio e 3 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas a garantir as condiciónsnecesarias en termos de espazos, medios e persoal para a correcta realización da proba da glicosaen embarazadas e de forma concreta que traslade estas condicións á Xerencia do Complexo Hos-pitalario de PontevedraComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 9664 (10/PNC-001011)Grupo Parlamentario de En MareaChao Pérez, Luca e 2 máisSobre a inscrición no Rexistro da Propiedade do pazo de Meirás como ben de interese culturalComisión 4ª, Educación e Cultura
- 9672 (10/PNC-001012)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
32850
X lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
Presas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Consellería do Medio Rural para a realización dun in-ventario, a conservación e a posta á disposición para a consulta nas súas xefaturas territoriais detoda a documentación referida aos montes veciñais en man común existente nas diversas depen-dencias da Administración públicaComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 9677 (10/PNC-001013)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDíaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máisSobre a posta en marcha polo Goberno galego, para o período 2017-2020, dun novo plan de ava-liación e control das entidades instrumentais do sector público autonómicoComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 9685 (10/PNC-001014)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María de la Concepción, e Álvarez Martínez, Luis ManuelSobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para protexer e incluír no Catálogodo patrimonio cultural de Galicia as covas de San Xoán Vello e da Doncela, situadas na parroquiade San Xoán de Covas, no concello de ViveiroComisión 4ª, Educación e Cultura
- 9693 (10/PNC-001015)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 3 máisSobre a realización polo Goberno galego dos trámites precisos para asegurar un servizo de asis-tencia sanitaria na época estival coa presenza dun médico permanente e atención as 24 horas dodía na illa de OnsComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 9701 (10/PNC-001016)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaRodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa inci-dencia, na xestión de servizos nos concellos galegos, das limitacións á incorporación de persoal la-boral ao sector público reflectidas na disposición adicional vixésimo sétima do Proxecto de lei deorzamentos xerais do Estado para o ano 2017Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 9707 (10/PNC-001017)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a axilización polo Goberno galego da transferencia ao Sergas do Punto de Atención Conti-nuada e do Centro de Saúde de Ponteceso, así como as actuacións que debe levar a cabo para so-lucionar as carencias e deficiencias existentes no PACComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
32851
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
- 9749 (10/PNC-001018)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPresas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa contía e execución or-zamentaria da partida que vai destinar para o Plan galego de investigación, innovación e crece-mento no Proxecto de lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano2018Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos
- 9757 (10/PNC-001019)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaPierres López, María Luisa e 3 máisSobre a realización polo Goberno galego dos trámites precisos diante do Goberno central para ainclusión, no Plan estatal de vivenda 2018-2021, da consideración dos hórreos e outros elementosetnográficos vinculados ás vivendas como parte integrante delas e como feitos susceptibles de sub-venciónComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
- 9764 (10/PNC-001020)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRivas Cruz, José Luis e 5 máisSobre a creación dunha ligazón específica na páxina web da Consellería do Medio Rural que deaacceso a toda a información referida aos contratos de servizos e medios contra os incendios fo-restais realizados nos anos 2016, 2017 e no futuro, así como as actuacións que debe levar a caboen relación cos cambios de uso dos solos ocupados por fragas autóctonas, os monocultivos fo-restais, nomeadamente de eucaliptos, e a preservación e implementación das masas arbóreas au-tóctonasComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 9819 (10/PNC-001021)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 4 máisSobre a elaboración polo Goberno galego dun plan de adaptación de Galicia ao cambio climáticoComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos
- 9835 (10/PNC-001022)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores, e Torrado Quintela, JulioSobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para evitar a substitución dos he-licópteros Sikorsky S-76 C+, coñecidos como Pesca I e Pesca II, polos Dauphin 365 que pertencían áXunta de Galicia no ano 2005Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 9812 (10/PNC-001023)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
32852
X lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co Realdecreto 195/2017, do 3 de marzo, polo que se modifica a demarcación dos rexistros da propiedade,mercantís e de bens mobles e se suprimen en Galicia dez rexistros da propiedadeComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
- 9856 (10/PNC-001024)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre a adaptación polo Goberno galego das prazas de formación que se están a ofertar en Galiciapolo sistema de residencia MIR e EIR ás necesidades reais de cobertura de profesionais no SergasComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 9866 (10/PNC-001025)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dunha estratexia de estudo e recuperación das po-boacións de berberecho nas rías galegas, adoptando medidas económicas para paliar a perda deingresos ocasionada aos mariscadores pola súa mortaldadeComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 9872 (10/PNC-001026)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a realización polo Goberno galego das contratacións de persoal necesarias co fin de reduciras listas de espera no Hospital de Cee e dar unha mellor cobertura asistencial ás persoas usuariasdo centroComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego
- 9878 (10/PNC-001027)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaQuiroga Díaz, José Antonio, e Pérez Seco, José ManuelSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto das inclemen-cias meteorolóxicas acaecidas nos últimos días do mes de abril de 2017 en Galicia, así como as per-das ocasionadas no cultivo de cereal e de castiñeirosComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
- 9885 (10/PNC-001028)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPrado Cores, María Montserrat e 5 máisSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Ali-mentación e Medio Ambiente en relación co peche da pesqueira da cigala na zona VIIIc e o seu im-pacto para a frota de arrastre galegaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
- 9892 (10/PNC-001029)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
32853
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAX lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
Presas Bergantiños, Noa e 5 máisSobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co proxectode central hidroeléctrica reversible promovido por Gas Natural SDG, S. A. nos ríos Salas e LimiaComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo
- 9740 – 10019 (10/PNC-001038)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaToja Suárez, María Dolores e 2 máisSobre a realización polo Goberno galego das xestións precisas diante do Goberno central para acreación en Santiago de Compostela dun servizo de procura e salvamento de catástrofes derivadasde accidentes aéreos ou de catástrofes naturais, que complemente e apoie o Servizo de Gardacos-tas de GaliciaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo
A Mesa admítea coa corrección de erros formulada no doc. núm. 10019.
Proposicións non de lei en comisión corrixidas
Admisión da corrección e publicación
- 5847 – 9610 (10/PNC-000570)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodil Fernández, Olalla e 5 máisSobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia, xunto coa Deputación Provincial deLugo e os concellos correspondentes, para garantir a conservación, a recuperación e posta en valordas torres de Torés e de Doncos, nas Nogais, a de Caldaloba, en Cospeito, e a do Batallón, en Sarria,así como o Castelo de Doiras, en Cervantes, o Castelo de Navia de Suarna, a Torre de Taboi, en Ou-teiro de Rei, e a Torre de Arcos, en ChantadaBOPG nº 79, do 08.03.2017Comisión 4ª, Educación e Cultura
A Mesa admite a corrección formulada no doc. núm. 9610.
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017Diego Calvo PousoVicepresidente 1º
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
32854
X lexislatura. Número 124. 7 de xuño de 2017
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa das deputadas e deputados, Guadalupe Murillo Solís, Julia Rodríguez Barreira, Paula Prado del Río, Alberto Pazos Couñago,César Fernández Gil, Jacobo Moreira Ferro, Isabel Novo Fariña, Aurelio Nuñez Centeno,Martín Fernández Prado, Marta Novoa Iglesias,Jaime Castiñeiras Broz, Antonio Mouriño Villar, Diego Calvo Pouso, Gonzalo Trenor, Daniel Varela Suanzes-Carpegna ao abeiro do disposto nos artigos 160, 98 concordantes do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión 1ª Institucional,
Administración Xeral, Xustiza e Interior.
Xustificación da urxencia
A urxencia ven motivada pola necesidade de que o Parlamento de Galicia se posicione canto antes sobre esta cuestión. Exposición de motivos
Nos últimos tempos asistimos a un incremento de problemas relacionados cos accidentes viais nos que se ven involucrados os ciclistas. Se ben é certo que o risco mortal de ir en bicicleta en comparación co volume de persoas que usan este vehículo disminuiu -segundo a Dirección Xeral de Tráfico os ciclistas falecidos en vías urbanas en 2015 acadaron o seu mínimo histórico con 10 e a tendencia das mortes en vías interurbanas tamén é á baixa- o número de accidentes e de feridos aumenta no 70% das provincias españolas desde 2011. O acontecido nas últimas semanas obríganos, como representantes políticos dos cidadáns de Galicia, a tomar algunha determinación que tente axudar á desaparición das mortes tráxicas dos ciclistas nas nosas estradas e da vulnerabilidade que senten os usuarios deste medio de transporte e os practicantes deste deporte. O problema dos accidentes de tráfico con ciclistas involucrados presenta unha dobre vertente. Por unha banda, cómpre tomar medidas in situ, a través dun traballo de campo, nos lugares onde se producen con maior frecuencia estes accidentes ou onde circulan un maior número de ciclistas. Por outra banda, é preciso modificar convenientemente o Código Penal para facilitar as denuncias das vítimas e o cobro das súas indemnizacións así como para penar coherentemente estes delitos nos que o infractor, en moitos casos, queda impune, xerando na cidadanía e nos afectados unha sensación de impotencia.
32855
Actualmente a lexislación non está suficientemente adaptada para dar respaldo xurídico tanto á actuación das Forzas e Corpos de Seguridade como aos Tribunais de Xustiza para facer fronte á esta problemática que afecta hoxe en día a un sector crecente da sociedade -o último Barómetro da Bicicleta en España, realizado por GESOP por encargo da Rede de Cidades pola Bicicleta, pon de manifesto un significativo crecemento no uso deste vehículo desde 2011- que crea evidentes prexuízos e limita e vulnera o pleno exercicio dos seus lexítimos dereitos. Desde a Secretaría Xeral para o Deporte promóvese o ciclismo como un deporte completo que xera importantes beneficios nos deportistas que o practican ademais de ser unha actividade sustentable que axuda a que os nosos cidadáns e cidadás afasten enfermidades relacionadas co sedentarismo adquirindo uns hábitos saudables que melloran a súa calidade de vida dun xeito destacado, tal e como se insiste desde o programa Galicia Saudable. O ciclismo cobra importancia tamén no Goberno galego como protagonista en dúas das federacións deportivas galegas como son a Federación Galega de Ciclismo e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno e as axudas que estas reciben. O deporte en xeral é unha actividade que debe estar presente no noso día a día desde as idades máis temperás ata a nosa vellez. Por iso promóvese o ciclismo, dentro do programa Xogade, que aglutina toda a oferta deportiva promovida pola Xunta de Galicia, como parte da modalidade de duatlón que se compón de carreira a pé e carreira en bicicleta, para que os máis pequenos coñezan este deporte e teñan a posibilidade de continuar a súa formación deportiva a través desta disciplina. Tamén desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda se está a manter un diálogo constante con este colectivo de cara á promoción e posta en marcha de medidas concretas que contribúan a garantir a súa seguridade viaria; colaborando de modo continuo para afondar en medidas que reforcen a seguridade dos ciclistas, que son os usuarios máis vulnerables das estradas. Así se recolle no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020, aprobado pola Xunta, onde os ciclistas están considerados como un colectivo de especial atención, prevíndose actuacións específicas encamiñadas a ofrecerlle unha maior seguridade. Nesta liña, cómpre destacar a colaboración que se vén mantendo desde a Consellería de Infraestruturas e Vivenda coa Federación Galega de Ciclismo, que consiste na entrega de cortaventos reflectantes que fagan aos ciclistas máis visibles; unha prenda que eles mesmos consideran como a máis axeitada para facilitarlles a práctica do deporte e que, ao tempo, lles garante que sexan ben visibles cando circulen polas estradas.
32856
Ademais, a Xunta tamén puxo en marcha e está a executar o Plan de Sendas de Galicia que, nunha primeira e segunda fase, recolle a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios peonís e ciclistas para facilitar unha mobilidade segura aos usuarios máis vulnerables das estradas. Esta fin de semana producíronse en distintas cidades da xeografía española diversas concentracións en apoio a unha iniciativa que propón medidas para mellorar a seguridade dos afeccionados e deportistas que practican ciclismo. Nestas manifestacións leuse un comunicado dos usuarios da bicicleta como medio de transporte, ocio ou deporte asinado pola Federación Española de Ciclismo, a Federación Española de Tríatlon, a Coordinadora ConBici, Ciclojuristas, así como as federacións autonómicas de Ciclismo e Tríatlon. Desde o Grupo Parlamentario Popular cremos necesario apoiar algunhas das reivindicacións desta iniciativa e que a consideración e a concienciación acerca da importancia do ciclismo, ben como deporte ou ben como actividade, na nosa sociedade sexa compartida por todos os cidadáns e cidadás, así como por todas as entidades, organizacións e administracións que coas súas medidas poden mellorar a situación dos ciclistas e contribuír á protección deste colectivo formado por milleiros de persoas. Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular, presenta a seguinte Proposición non de Lei en Comisión: “O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a: 1.Dirixirse ao goberno de España para que inicie os trámites necesarios para a reforma do Código Penal que permitan mellorar o marco normativo que regula estes delitos: a) Recuperar a figura da imprudencia (despenalizada en xullo de 2015) en calquera dos seus grados, con resultados de lesionados e falecidos como suposto penal. b) Revisar o concepto de imprudencia grave cando se provoque un accidente con alcohol ou drogas para ser considerado delito por dolo eventual e aumentar a súa pena. 2.Dirixirse ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para intensificar o control que se leva a cabo nas estradas urbanas e interurbanas, nomeadamente naqueles tramos nos que hai maior concentración de ciclistas:
32857
a) Vixilancia habitual da Garda Civil de Tráfico (incluíndo medios aéreos) con especial atención aos ciclistas.
b) Intensificar os controis en zonas habituais de ciclistas, especialmente orientados aos controis de drogas e alcohol.
c) Prestar unha maior atención aos accidentes de ciclistas en todo o país mediante a elaboración de informes. 3.Dirixirse ás Administracións titulares de estradas (Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia, deputacións provinciais e concellos) para, en vías de presenza frecuente de ciclistas realizar unha correcta, visible e abundante sinalización en puntos estratéxicos con carteis que recorden a presenza de ciclistas así como a distancia de 1,5 metros a contar desde a presenza dos ciclistas en paralelo. 4. Dirixirse a tódalas administracións implicadas na seguridade viaria (Administración Xeral do Estado, Xunta de Galicia, deputacións provinciais e concellos) para, en colaboración co Ministerio do Interior a través da Dirección Xeral de Tráfico, levar a cabo campañas sobre as grandes vantaxes do uso da bicicleta e consellos para a seguridade viaria. Nomeadamente, desenvolvemento de campañas de concienciación para crear condutas responsables e seguras entre os distintos usuarios das estradas (peóns, ciclistas, condutores de distintos tipos de vehículos a motor...); así como na posta en marcha de medidas que contribúan a reforzar e garantir a seguridade principalmente dos colectivos que se consideran máis vulnerables”.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2.017. Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 30/05/2017 14:44:00
María Guadalupe Murillo Solís na data 30/05/2017 14:44:20
María Julia Rodriguez Barreira na data 30/05/2017 14:44:29
Paula Prado Del Río na data 30/05/2017 14:45:15
32858
Alberto Pazos Couñago na data 30/05/2017 14:45:29
César Manuel Fernández Gil na data 30/05/2017 14:45:40
Jacobo Moreira Ferro na data 30/05/2017 14:45:51
María Isabel Novo Fariña na data 30/05/2017 14:46:04
Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 30/05/2017 14:46:34
Martín Fernández Prado na data 30/05/2017 14:46:43
Marta Novoa Iglesias na data 30/05/2017 14:46:56
Jaime Castiñeira Broz na data 30/05/2017 14:47:14
Antonio Mouriño Villar na data 30/05/2017 14:47:24
Diego Calvo Pouso na data 30/05/2017 14:47:38
Gonzalo Trenor López na data 30/05/2017 14:47:48
Daniel Luis Varela Suanzes-Carpegna na data 30/05/2017 14:48:01
32859
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de EN MAREA, a iniciativa da súa deputada Carmen
Santos Queiruga e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei, para o seu debate en
Comisión, relativa a creación dun Observatorio Autonómico galego para a
defensa da transparencia no acceso e xestión das institucións investigadoras e
universitarias.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Vivimos nun período de crise de credibilidade nas institucións, en gran medida
polos constantes casos de corrupción que afectan ao país. De nós depende
recuperar a confianza da cidadanía e iso pasa por, entre outras medidas, mellorar
a transparencia e o bo goberno. As institucións deben render conta pública, de
maneira activa, das súas actividades á sociedade.
Esta rendición de contas tamén afecta as institucións investigadoras e ás
universidades, eixo do desenvolvemento cultural, económico e social do país.
Para poder falar de participación cidadá nestas institucións, é necesario que
teñamos información visible, accesible e comprensible sobre a súa estrutura, a
súa organización, normativa, obxectivos, resultados, orzamento, uso de fondos
públicos, contratación con terceiros, etc. Resulta imprescindible, para o correcto
funcionamento das institucións investigadoras e das universidades, avanzar no
camiño da transparencia e acceso da información, sobre a acción de goberno, a
xestión económica e administrativa e os resultados alcanzados pola súa
actividade.
32860
Co fin de acabar coa falta de transparencia, especialmente nos procesos de
selección e acceso nas institucións investigadoras ou universitarias, propoñemos
a creación dun Observatorio autonómico para a defensa da transparencia no
acceso e xestión das institucións investigadoras e universitarias. Este
Observatorio actuaría contra outros problemas sistémicos destas institucións que
provocan arbitrariedades e inxustizas no acceso á carreira docente e á
investigadora, como, por exemplo, a situación de precariedade do seu persoal.
Ademais, servirá de sistema de alerta sobre os problemas de transparencia nos
órganos e procesos das institucións públicas de investigación e universidades.
Pretendemos que sexa un organismo aberto á cidadanía e receptivo a queixas
sobre a falta de transparencia e equidade no sistema español de investigación.
A base de toda administración pública debería ser a transparencia, o acceso á
información pública e as normas de bo goberno, cando a sociedade é coñecedora
da toma de decisións no seo das institucións, do manexo do diñeiro público e dos
criterios que se manexan para levar a cabo as actuacións que nos afectan,
podemos empezar a crer que as institucións responden ás demandas da cidadanía.
Polo exposto, formulamos a seguinte Proposición non de lei para ao seu debate
en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a implantar un Observatorio
Autonómico galego para a defensa da transparencia no acceso e xestión das
institucións investigadoras e universitarias.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017.
Asdo.: Carmen Santos Queiruga
32861
Voceira s. do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Carmen Santos Queiruga na data 26/05/2017 10:14:42
32862
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Luis Bará Torres, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla
Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Noa Presas
Bergantiños, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á reparación da ponte
da Carixa en Vila de Cruces.
O arco da Ponte da Carixa no río Deza, na parroquia de Merza, presenta un
estado de deterioro que supón un grave risco para a súa conservación e tamén constitúe
un perigo para as persoas. Nas pasadas semanas produciuse un furado na estrutura pola
caida de pedras e a situación viuse agravada co paso dos días sen que nin o Concello de
Vila de Cruces nin a Xunta de Galiza adoptasen medidas ao respecto.
Actualmente o furado ten uns 90 centímetros de diámetro e a situación poderia
agravarse debido ao efecto dos axentes meteorolóxicos, polo que é urxente a adopción
de medidas de estabilización, para posteriormente executar un proxecto de reparación e
conservación.
O citado arco foi construído nos anos 20 para substituír unha ponte anterior que
fora destruída polas riadas. Malia que non se trata da ponte orixinal de orixe medieval, o
arco ten un grande valor histórico e simbólico, e forma parte dunha paraxe de grande
valor cultural e paisaxístico situada na contorna do parque, praia fluvial e área de lecer
da Carixa.
32863
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a actuar con urxencia, en
colaboración co concello de Vila de Cruces, para:
1. Realizar labores de estabilización da ponte do arco da Carixa no río Deza.
2. Elaborar e executar un proxecto de reparación e conservación da citada
ponte.”
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 26/05/2017 10:44:55
32864
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Montserrat Prado Cores na data 26/05/2017 10:45:00
Olalla Rodil Fernández na data 26/05/2017 10:45:01
Xose Luis Rivas Cruz na data 26/05/2017 10:45:04
Noa Presas Bergantiños na data 26/05/2017 10:45:07
Ana Pontón Mondelo na data 26/05/2017 10:45:10
32865
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentario de En Marea, a iniciativa da súa deputada Paula
Vázquez Verao e a través do seu voceiro Luís Villares Naveira, ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5.ª, relativa ás condicións
laborais do persoal do Servizo de Prevención e Loita contra Incendios Forestais.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Como xa temos denunciado o G.P. de En Marea en múltiples ocasións, o Servizo
de Prevención e Loita contra Incendios Forestais está multifragmentado e
provoca graves discriminacións entre persoal, segundo sexa fixo, “fixo
descontinuo” ou temporal, ou en función da empresa ou administración da que
dependa.
Así, temos o SPDCIF, dependente da Consellería de Medio Rural, onde traballa
persoal fixo e “fixo descontinuo” – por 9 ou 3 meses - das listas de contratación
da Xunta. Ademais, está o persoal de SEAGA, con “fixos descontinuos” das
listas de SEAGA, pero con menores dereitos laborais e salariais, xa que non se
rexen polo Vº Convenio de Persoal Laboral da Xunta. Contamos tamén co
Persoal de Natutecnia, contratada pola Xunta. Ademais, a Consellería de Medio
Rural asina Convenios cos Concellos, obrigando a estes a asumir a contratación
do persoal.
No caso dos Concellos, cada administración local redacta as súas Bases de
Contratación, establecéndose un salario distinto en cada entidade local, con
32866
diferenzas que superan os 500 euros ao mes por realizar o mesmo traballo, e que
en relación ao persoal dependente da Xunta chega a superar os 700 euros ao mes.
A pesar da precariedade laboral que padece o persoal dos servizos de prevención
e loita contra incendios forestais dependentes das empresas subcontratadas e da
maioría dos concellos, algunha destas administracións precarizan aínda máis
incumprindo a lexislación laboral e o seu propio Convenio Colectivo – cando
existe -, como sucedeu co Concello de Poio, que se negaba a aboar ao persoal
eventual das brigadas municipais do servizo de prevención e loita contra
incendios forestais os conceptos de nocturnidade e distorsión horaria, a pesar do
recollido nese sentido no Convenio Colectivo para o persoal laboral e no II
Acordo Regulador para o Persoal Funcionario do Concello de Poio, polo cal foi
obrigado por unha sentenza do Xulgado Social nº 3 de Pontevedra a aboar a un
traballador o adebedado en concepto de nocturnidade. Tampouco se pagaba a
nocturnidade do persoal da brigada de incendios no Concello de Muros, que, tras
coñecer a sentenza relativa ao Concello de Poio, acordou por unanimidade no
pleno da corporación do 25 de maio de 2017 aboar este concepto.
Ademais da precariedade laboral, a existencia de persoal fixo descontinuo, só
ocupado en épocas consideradas de maior risco, deixa gran parte do ano ao
SPDCIF baixo mínimos, o que supón un grave risco – humano e ambiental – no
actual contexto de desestacionalización dos incendios forestais, froito do cambio
climático.
Este ano 2017, ao tempo que se declarou a situación de alto risco en abril, sigue
sen activarse ao persoal “de reforzo” propio da Administración destinado para o
período de Alto Risco; a situación estrutural de desestacionalización dos lumes
fai preciso ampliar os meses de contratación do persoal temporal e aumentar as
tarefas preventivas.
32867
Polo exposto, o Grupo Parlamentario de En Marea formula a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5.ª:
O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Converter, nesta lexislatura, o SPDCIF nun servizo único e público de
prevención e extinción de incendios forestais profesionalizado.
2. Convocar con carácter de urxencia á representación sindical das
traballadoras e traballadores públicos co obxectivo de incluír ao persoal de
Seaga no Vº Convenio Colectivo para o persoal laboral da Xunta.
3. Ampliar de inmediato os contratos do persoal denominado “de reforzo” de
tres a nove meses e permitirlles optar a cubrir vacantes e non vacantes,
suprimindo as frases “Reforzo da campaña de verán” e “Como máximo
tres meses” do Decreto 37/2006.
4. Convocar con carácter de urxencia á FEGAMP e aos sindicatos máis
representativos na administración local co obxectivo de equiparar de
inmediato salario e condicións laborais das brigadas municipais de
prevención e extinción de incendios forestais, namentres non se acade o
servizo único e público de prevención e extinción de incendios.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017
Asdo.: Paula Vázquez Verao
Deputada do G.P. de En Marea.
32868
Luís Villares Naveira
Voceiro do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Paula Vázquez Verao na data 26/05/2017 10:54:38
Luis Villares Naveira na data 26/05/2017 10:54:48
32869
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa do seu deputado Manuel
Lago Peñas e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
En España existe un proceso de concentración bancaria preocupante e que fai
derivar ao sector cara una situación de oligopolización. Así os cinco principais
bancos de España concentran o 60% do mercado, cota que soamente é superada
en Holanda, Lituania e Grecia, onde os cinco principais bancos acadan o 80%.
Pola contra en Alemaña, dita cota é do 31%, en Reino Unido do 35% e en
Francia e Italia é lixeiramente superior o 40%.
Mais en Galicia a situación pode chegar a ser peor incluso que a que existe en
España. O feito é que a posible venda do Banco Popular (que aglutina en Galicia
o antigo Banco Pastor), podería incrementar a concentración Bancaria en Galicia
e levar a que os cinco principais bancos controlen ata o 90% do mercado, algo
totalmente inaudito e inadmisible.
Na actualidade o Banco Popular Pastor é o segundo maior banco en Galicia. Así
conta con ata mil empregados no territorio, cunha rede de sucursais bancarias que
acadan as 200, e cun volume de negocio que acada o 20% da cota comercial, o
que se traduce en 21.000 millóns de euros entre créditos e depósitos. Por outra
banda, tamén resulta importante destacar o número de pequenos accionistas, que
acadan os 60.000, a maioría deles orixinarios do Banco Pastor.
32870
Coa posible venda do Banco Popular non so se vai producir un negativo proceso
de concentración bancaria, senón que se vai a derivar tamén en diferentes
externalidades negativas que teñen que ver, por exemplo, coas duplicidades.
Deste xeito, no caso de que o Banco Popular fose vendido o Santander, existirían
duplicidades en 110 concellos galegos. O Santander mantén 850 empregados na
Comunidade, coa súa respectiva sede na Coruña. Unha venda do banco Popular
ao Santander, supón asumir un forte axuste de sucursais coas súas respectivas
consecuencias no emprego.
Por outra banda si se decidise vender o Banco Popular ao BBVA, habería que
facer fronte a duplicidades en 88 concellos galegos. O BBVA conta con na
actualidade con 166 oficinas bancarias na Comunidade e cun número de
traballadores que acadan os 935.
Todo o exposto ata o momento, vese intensificado cando se ten en consideración
a exclusión financeira que se ven dando en Galicia dende o proceso de
reestruturación bancaria. .Por exemplo, a poboación que non conta con acceso a
ningunha sucursal bancaria supera as 61.000 persoas, o que equivale
aproximadamente o 2,2% do total. Destaca o caso de Ourense con 30.313 persoas
que non teñen acceso a ningunha oficina bancaria no seu Concello.
Cando nos centramos no número de Concellos que viron desaparecer as oficinas
bancarias, estes acadaron os 41. Así, a provincia da Coruña mantiña 11 concellos
sen oficinas bancarias, Lugo 4, Ourense 25 e Pontevedra 1. Deste xeito a comezo
do 2017, Galicia contaba con 1.599 oficinas, una redución do 36% en 8 anos,
feito que se vería agravado coa venda do Banco Popular.
O exposto anteriormente pon de manifesto que Galicia está inmersa nun forte
proceso de concentración bancaria, que xera graves problemas económicos e
socias. Así dito fenómeno trae asociado problemas de emprego, do
desenvolvemento o tecido produtivo, a marxinalización de colectivos sociais, o
32871
empeoramento das condicións de vida de moitos cidadáns ou o abandono do
territorio.
Por todo o sinalado, o Grupo Parlamentario de En Marea presenta a seguinte
Proposición non de lei:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a levar a cabo unha serie de
medidas co obxectivo de poñer fin e reverter o proceso de concentración e
oligopolización bancaria que se está dando na Comunidade Autónoma, e que está
a xerar unha situación de exclusión financeira coas súas respectivas
externalidades negativas para o conxunto da sociedade galega.
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017.
Asdo.: Manuel Lago Peñas, Asdo.: Luís Villares Naveira
Deputado do G.P. de En Marea. Voceiro do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
José Manuel Lago Peñas na data 26/05/2017 12:16:15
Luis Villares Naveira na data 26/05/2017 12:16:19
32872
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a
iniciativa das deputadas e deputados Luis Bará Torres, Noa Presas
Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis
Rivas Cruz e Montserrat Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento
da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu debate en
Comisión, relativa ás obras de ampliación da ponte de Rande.
1. A ampliación da ponte de Rande é unha obra de grande impacto
económico e social, con consecuencias no tráfico e na afectación da contorna,
especialmente nas parroquias de Trasmañó e Chapela (Redondela). A actuación
afecta a un tramo de 5,9 kilómetros e inclúe o desdobramento da ponte, pola
que pasan unha media de 50.000 vehículos/día.
Adxudicada á UTE formada polas empresas Dragados e Puentes
Infraestruturas, trátase dunha obra de iniciativa pública xa que se desenvolve en
virtude dun convenio asinado no ano 2011 (ratificado e ampliado em 2012) entre
o Ministerio de Fomento e AUDASA.
A obra conta cun orzamento de 143 millóns de euros e un prazo de
execución de 23 meses. As obras comezaron en febreiro o anos 2015 e acumulan
varios meses de retraso xa que a súa finalización estaba revista para xaneiro de
2017.
32873
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2. Co obxecto de velar polo cumprimento das normas laborais e de
seguridade constituiuse unha comisión de seguimento das obras, integrada polas
organizacións sindicais, a inspección de traballo e as empresas contratistas.
Despois de varias reunións infrutuosas, as organizacións sindicais decidiron
abandonar esta comisión de seguimento o pasado mes de febreiro.
A razón deste abandono ten que ver coas condicións de traballo a que
están sometidos os traballadores das empresas contratadas e das subcontratas,
con xornadas que chegan ás 10 e 12 horas e salarios de 8 euros h.
Unha situación de explotación laboral que é posíbel pola desprotección
que promoveron as sucesivas reformas laborais, e pola imposición da
precariedade a os baixos salarios coa excusa da crise.
3. As condicións laborais e salariais a que se vén sometidos os
traballadores supón unha fraude para as arcas públicas (facenda e seguridade
social) e a perda de numerosos ostos de traballo xa que por cada 2 traballadores
con xornada de 12 h podería crearse un posto de traballo.
Para evitar estas interminábeis xornadas podería establecerse quendas de
traballo, como xa se fixo na construción do hospital Álvaro Cunqueiro, o que
permitiría aumentar o número de persoas contratadas, mellorar as condicións
laborais e evitar riscos derivados da intensidade e das condicións extremas das
obras.
32874
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Polo anteriomente exposto o Grupo Parlamentar do BNG presenta a
seguinte proposición non de lei para o debate en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a promover, no marco
da comisión de seguimento sobre a AP 9, o respecto das condicións laborais e
salariais do persoal que traballa nas obras de ampliación da Ponte de Rande.”
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 29/05/2017 10:36:07
32875
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Noa Presas Bergantiños na data 29/05/2017 10:36:16
Olalla Rodil Fernández na data 29/05/2017 10:36:22
Xose Luis Rivas Cruz na data 29/05/2017 10:36:27
María Montserrat Prado Cores na data 29/05/2017 10:36:31
Ana Pontón Mondelo na data 29/05/2017 10:36:33
32876
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Luis Bará Torres, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén
Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Montserrat
Prado Cores, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa ao
desenvolvemento polo goberno galego dunha estratexia global a favor do transporte
ferroviario de mercadorías.
A UE incluiu na Rede TransEuropea de Transportes (RTE-T) o Corredor
Ferroviario Atlántico que conecta Aveiro e Porto con Estrasburgo. Esta
infraestrutura de vital importancia para o transporte de mercadorías -que pasa por
Medina del Campo, Miranda de Ebro e Bilbao- deixa fóra a Galiza. Isto supón que a
nosa comunidade quedará excluida dos plans de investimento europeos para a
modernización do transporte de mecadorías.
Actualmente, o tren só apta o 1% do transporte de mercadorías cara ao
exterior. Esta situación ten moito que ver co mal estado da infraestrutura, a falta de
electrificación das liñas e a carencia de conexión cos portos. A situación de Galiza
contrasta coa doutros territorios que veñen de conseguir importantes investimentos
para a mellora da conexión ferroviaria: é o caso do porto de Bilbao, co acordo para
investir 381 millóns de euros para conectalo co Corredor Atlántico.
A saída de mercadorías por ferrocarril pasa pola integración de Galiza no
Corredor Atlántico mediante a creación do Corredor Noroeste e a súa inclusión na
32877
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Rede TransEuropea de Transportes. Tendo en conta que a EU ten previsto revisar
em 2018 a citada Rede, cómpre unha acción cooordinada e conxunta de axentes
institucionais, políticos empresariais e sociais para que Galiza non fique de novo
excluída.
Por outra parte, a integración de Galiza no corredor ferroviario atlántico debe
complementarse coa mellora da conexión con Porto e Lisboa mediante a
potenciación do transporte de mercadorías polo eixo atlántico que una Ferrol a
Lisboa e Sines. Para facer realidade este proxecto cómpre mellorar a conexión e a
rede ferroviaria entre Vigo e a fronteira portuguesa.
Polo anteriormente exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a
seguinte proposición non de lei para o debate en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao goberno galego a desenvolver unha
estratexia global a favor do transporte ferroviario de mercadorías demandando do
goberno español o impulso das seguintes medidas
1. Solicitar á UE a integración do corredor ferroviario noroeste no Corredor
Atlántico previsto na Rede Transeuropea de Transportes, para favorecer a saída das
mercadorías por ferrocarril desde Galiza para Europa.
2. A mellora e modernización da rede ferroviaria interna mediante a conexión
cos portos e a electrificación das vías que carecen desta innovación , co obxecto de
facer máis competitivo o transporte de mercadorías por ferrocarril.
32878
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3. A potenciación do uso do ferrocarril para o transporte de mercadorías ao
longo do eixo atlántico entre Ferrol e Lisboa. Para avanzar neste obxectivo, no
horizonte do ano 2020, promoverase a mellora da liña entre Ferrol e Coruña e a
construción da saída sur de Vigo cara ao Miño e a fronteira portuguesa.”
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017
Asdo.: Luis Bará Torres
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xosé Luis Bará Torres na data 29/05/2017 11:01:23
Noa Presas Bergantiños na data 29/05/2017 11:01:28
Olalla Rodil Fernández na data 29/05/2017 11:01:32
32879
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
María Montserrat Prado Cores na data 29/05/2017 11:01:36
Xose Luis Rivas Cruz na data 29/05/2017 11:01:40
Ana Pontón Mondelo na data 29/05/2017 11:01:44
32880
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de EN MAREA, por iniciativa da súa deputada Carmen
Santos Queiruga e do seu deputado Juan José Merlo Lorenzo, ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei, para o seu debate na Comisión 8.ª, relativa á situación
da ameixa fina nas rías galegas.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Moi poucas persoas poden negar que o sector marisqueiro galego é moi
importante na nosa terra. Milleiros de familias galegas dependen do mar, e o
futuro do mesmo pasa precisamente por vender produtos de gran calidade, que
compitan nos mercado nacional e internacional polo seu valor engadido e non
polo prezo. É necesario polo tanto, que as administración públicas desenvolvan
políticas encamiñadas a protexer e impulsar os produtos máis exclusivos das
nosas rías, como por exemplo a ameixa fina.
A ameixa fina é un produto 100% galego, recoñecido pola súa calidade entre os
consumidores. So debemos ver, por exemplo, o prezo que existe actualmente nas
lonxas galegas entre a ameixa fina e a ameixa xapónica. Se a segunda págase
aproximadamente entre 6/10€ kg, a fina multiplica ese prezo por tres, ata chegar
aos 20/50€ kg. Falamos polo tanto de un produto de máxima calidade, pero un
produto tamén que ven reducindo a súa produción nos últimos sete anos. Se no
ano 2009 recolléronse nas rías galegas 826 mil Kg de ameixa fina, no ano pasado
esa cifra reduciuse ata os 379 mil Kg, é dicir unha diminución do 54,11%, sendo
esta ademais unha tendencia negativa na práctica totalidade das rías galegas.
As causas deste descenso aínda non están moi claras, nos inicios chegouse a
afirmar que este tipo de ameixa, moito máis delicada por exemplo que a
32881
xapónica, morría polo calor. Despois segundo varios biólogos achacábano ao
estrés, porque despois de desovar a ameixa estrésase e morre.
A Xunta de Galicia, en cooperación con outras administracións, debe potenciar
bivalvos como a ameixa fina, para conseguir así que os produtos galegos do mar
sexan recoñecidos nos mercados pola súa calidade.
Polo exposto, o Grupo Parlamentar de En Marea presenta a seguinte Proposición
non de lei:
O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que desenvolva un programa
específico de rexeneración da ameixa fina para todas as rías galega, de forma que
se poida reverter a tendencia negativa dos últimos anos.
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017.
Asdo.: Carmen Santos Queiruga, Asdo.: José Merlo Lorenzo
Voceira s. do G.P. de En Marea. Deputado do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Carmen Santos Queiruga na data 29/05/2017 12:46:39
32882
Juan José Merlo Lorenzo na data 29/05/2017 12:47:03
32883
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños, Ana
Belén Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, sobre o cumprimento da Lei
de Normalización Lingüística no referido á toponimia galega por parte das institucións
españolas e empresas como Google.
A Lei de Normalización Lingüística aprobada por unanimidade no Parlamento
de Galiza en 1983 recolle no artigo 10 que a toponimia do país terá como única forma
oficial a galega sendo esta a única legal a todos os efectos.
Porén, repítese de maneira continuada o uso de topónimos deturpados como La
Coruña, Vivero, Lage, Orense ou Sanjenjo. De facto, mesmo institucións como o
Ministerio de Xustiza español usa nos seus documentos oficiais termos inexistentes e
ilegais de acordo co ordenamento xurídico vixente.
E non só. Tamén empresas como Google disponibilizan aplicacións como
Google Maps con topónimos ilegais.
Por todo o exposto, formulamos a seguinte proposición non de lei para o seu
debate en comisión:
“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a:
32884
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1. Dirixirse ao Goberno español para amosar formalmente o rexeitamento ao uso
por parte de organismos e institucións oficiais de toponimia ilegal lembrando que a
única forma oficial é a galega.
2. Dirixirse á empresa Google formalmente para instar a que sexan corrixidos os
topónimos da súa aplicación Google Maps restituíndoos á súa forma legal.”
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
Asdo.: Olalla Rodil Fernández
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Olalla Rodil Fernández na data 29/05/2017 18:06:24
Noa Presas Bergantiños na data 29/05/2017 18:06:29
32885
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Xose Luis Rivas Cruz na data 29/05/2017 18:06:33
María Montserrat Prado Cores na data 29/05/2017 18:06:37
Xosé Luis Bará Torres na data 29/05/2017 18:06:39
Ana Pontón Mondelo na data 29/05/2017 18:06:42
32886
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños, Ana
Belén Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
O 8 de xuño de 1901, hai 116 anos, tivo lugar na cidade da Coruña, na capela de
San Xurxo, o primeiro casal lésbico de Galiza e do Estado español. As protagonistas,
Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga, dúas mulleres que se coñeceran tempo
atrás, a mediados da década de 1880, na Escola Normal de Mulleres.
A súa historia foi investigada polo profesor da UDC, Narciso de Gabriel, quen
publicaría os resultados das súas pesquisas no libro, Elisa e Marcela. Alén dos homes
(NigraTrea, 2003).
O casamento eclesiástico, que correu a conta do cura Victor Cortiella,
produciuse após Elisa se facer pasar por un mozo inglés, protestante, chamado Mario.
Porén, axiña a poboación local de Calo, no Concello de Vimianzo, ao que iría residir o
casal, recoñecen o parecido de Mario con Elisa e exixen examinar os seus xenitais para
verificar se se tratar dunha muller.
A historia de Marcela e Elisa saltaría pouco despois á prensa sendo recollida na
capa do xornal La Voz de Galicia o 22 de xuño de 1901 co titular: “Asunto ruidoso: un
matrimonio sin hombre”. Acusadas de “enfermas cuya neuropatía no castigan los
códigos” o xuíz da Coruña, Pedro Calvo, emitiu contra elas o 1 de xullo unha orde de
32887
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
búsqueda e captura, acurraladas polas autoridades Marcela e Elisa fuxen para Porto. A
Garda Civil de Vigo e a policía portuguesa comezan a buscalas.
Ambas as dúas foron detidas o 16 de agosto de 1901 e por orde do comisario
Adriano Acácio de Moraes foron interrogadas e trasladadas á prisión de Aljube
acusadas dun delito de indocumentación, falsidade documental e travestismo no caso de
Elisa. Posteriormente son encarceradas na Cadeia da Relação onde ficarían até o 29 de
agosto cando foron postas en liberdade. Durante a súa estadía no presidio a prensa
portuguesa recolle a campaña de solidariedade popular que as apoiou no país veciño e a
través da cal procuraron fornecer estas dúas galegas do indispensábel mentres estaban
privadas de liberdade como roupa, cartos e mesmo unha petición de indulto destinada ao
Goberno español.
De Portugal volven a Dumbría porén, o cuestionamento social fíxoas marchar
para Vigo e finalmente coller un barco con destino a Bos Aires acompañadas da crianza
que tivo Marcela, unha meniña nada no Porto o 6 de xaneiro de 1902, segundo
confirmou Narciso de Gabriel.
A historia de Marcela e Elisa tornouse nun símbolo internacional por se tratar do
primeiro matrimonio lésbico do que se ten rexistro. Tanto é así que espertou o interese
do escritor uruguaio Eduardo Galeano quen lles dedicou o seu relato, Sacrílegas
publicado na obra Los hijos de los días. Tamén a directora Isabel Coixet escribiu un
guión cinematográfico que levará á pantalla grande a vida destas dúas mulleres.
Desde hai anos o movemento LGTBi galego vén desenvolvendo homenaxes a
Marcela e Elisa coincidindo coa data do seu casamento a través dos que dar visibilidade
á diversidade sexual e de identidade de xénero mais tamén continuar a defender os
dereitos do colectivo LGTBi, especialmente das mulleres.
32888
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en comisión:
“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a:
1. Declarar oficialmente o 8 de xuño como Día galego da visibilidade lésbica.
2. Impulsar a través dos Centros Quérote+ unha campaña de visibilización e non
discriminación arredor da diversidade sexual e de identidade de xénero facendo especial
fincapé na educación afectivo-sexual.”
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
Asdo.: Olalla Rodil Fernández
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Olalla Rodil Fernández na data 29/05/2017 18:12:04
32889
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Noa Presas Bergantiños na data 29/05/2017 18:12:10
Xose Luis Rivas Cruz na data 29/05/2017 18:12:13
María Montserrat Prado Cores na data 29/05/2017 18:12:16
Xosé Luis Bará Torres na data 29/05/2017 18:12:18
Ana Pontón Mondelo na data 29/05/2017 18:12:21
32890
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa deputados e deputadas, Carlos López Crespo, Mª Ángeles García Míguez, Teresa Egerique Mosquera, Soraya Salorio Porral, Alberto Pazo Couñago, Marta Rodríguez Arias e Daniel Vega Pérez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de Lei en Comisión 8ª Pesca e Marisqueo. Exposición de motivos: O pasado 23 de xuño de 2017, o Reino Unido tomaba a decisión de abandonar a Unión Europea, logo dun referendo no que gañaron os partidarios do Brexit por un 51,9%. A partir de entón, iniciouse o proceso político de desconexión que se estima durará entre 18 e 24 meses.
Ante esta situación, a Consellería do Mar traballa dende o minuto un na obtención de todos os argumentos posibles para defender os intereses pesqueiros galegos, minimizar o impacto do Brexit e incluso ver a posibilidade de converter esta situación inédita en Europa nunha oportunidade para Galicia, unha vez se negocien os resultados da saída do Reino Unido.
Proba deste traballo é o informe encargado ao Instituto Salvador de Madariaga da Universidade da Coruña no cal se avalían as consecuencias desta decisión do Reino Unido para a pesca galega, resaltando que neste momento non é posible establecer as consecuencias, xa que todo dependerá das negociacións e dos termos específicos que se fixen, pero que tamén se abren diferentes escenarios que poden supoñer unha oportunidade para a pesca galega.
A Consellería do Mar continua a traballar en accións de colaboración co instituto MarInnLeg, creado en Vigo ao abeiro da estratexia de Crecemento Azul, e tamén coa profesora de Economía Aplicada e experta en Economía Pesqueira da Universidade de Santiago, María do Carme García Negro para analizar posibles escenarios no eido económico.
O obxectivo é seguir afondando en argumentos para que Galicia e España estean preparadas e consigan os mellores beneficios posibles e nesto senso estase a analizar aspectos clave como a posible acollida en Galicia do Laboratorio Comunitario de
32891
Referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos, que actualmente se encontra no CEFAS, situado na cidade británica de Dorset.
As funcións que realiza este laboratorio son de alto impacto na comercialización destes produtos no mercado interior e na clasificación das zonas de produción de moluscos bivalvos, que é competencia da Xunta de Galicia, a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), un centro de referencia mundial que conta cun sistema de control punteiro e exhaustivo.
Neste asunto, de máxima prioridade para o goberno galego, é clave o apoio do Parlamento galego para facer valer os nosos argumentos, por iso o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte Proposición Non de Lei para o seu
debate en Comisión:
“O Parlamento de Galicia manifesta o seu apoio á petición formulada publicamente desde a Xunta de Galicia para lograr que o Laboratorio Comunitario de Referencia para o seguimento dos contaminantes virais e bacteriolóxicos dos moluscos bivalvos se sitúe en Galicia e insta ao Goberno galego a encargar os estudios xurídicos que sexan necesarios para sustentar esta petición”.
Santiago Compostela, 30 de maio de 2.017 Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 30/05/2017 10:31:43
Carlos Enrique López Crespo na data 30/05/2017 10:32:03
María Ángeles Garcia Míguez na data 30/05/2017 10:32:15
Teresa Egerique Mosquera na data 30/05/2017 10:32:25
María Soraya Salorio Porral na data 30/05/2017 10:33:03
32892
Alberto Pazos Couñago na data 30/05/2017 10:33:13
Marta Rodriguez Arias na data 30/05/2017 10:33:30
Daniel Vega Pérez na data 30/05/2017 10:33:52
32893
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa deputados e deputadas, Carlos López Crespo, Mª Ángeles García Míguez, Teresa Egerique Mosquera, Soraya Salorio Porral, Alberto Pazo Couñago, Marta Rodríguez Arias e Daniel Vega Pérez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de Lei en Comisión 8ª Pesca e Marisqueo. Exposición de motivos: Blue Growth é unha estratexia a longo prazo establecida pola Directorate General for Maritime Affairs and Fisheries da Unión Europea (DG MARE) para apoiar o crecemento sustentable dos sectores mariño e marítimo, e recoñecer a importancia dos mares e dos océanos como motores da economía europea, polo seu gran potencial para a innovación e o crecemento.
Esta estratexia consta de tres compoñentes que son os seguintes: as medidas específicas da Política Marítima Integrada, as estratexias para o crecemento sustentable tendo en conta os factores de carácter local e, por último, actuacións específicas nos ámbitos da acuicultura, o turismo costeiro, a biotecnoloxía mariña, a enerxía oceánica e a explotación mineira dos fondos mariños.
No referente a Galicia, esta iniciativa comunitaria Blue Growth foi proposta pola Consellería do Mar á Autoridade Portuaria de Vigo no ano 2016 para que liderase unha experiencia piloto. O Porto de Vigo asumiu esa proposta coa idea de se converter nun centro innovador, conectado, verde e inclusivo.
Grazas ao “Crecemento Azul”, Vigo pretende ser un porto verde que promova a
conservación e protección do medio marítimo costeiro no cal se impulsen prácticas responsables dos recursos naturais e a eficiencia enerxética; un porto innovador integrado nun ecosistema do coñecemento, transferencia e emprendemento, apostando polo I+D+I; un porto conectado, co reforzo de infraestruturas de transporte marítimas e intermodais, de procesos industriais e loxísticos dixitalizados, promovendo a eficiencia na administración, e por último, un porto inclusivo, enfocado nas persoas, de modo que se xeren novos empregos.
En definitiva, o “Crecemento azul” constitúe un conglomerado de medidas que
contribuirán á mellora e ao futuro deste porto, que ademais conta dende o pasado mes
32894
de abril co apoio do goberno central logo da sinatura da adhesión a esta iniciativa por medio do secretario general de Pesca, Alberto López-Asenjo, xusto cando se cumpre un ano da súa posta en marcha.
Por todas estas razóns dende o Grupo Parlamentario Popular cremos na necesidade de poñer en valor estas iniciativas e por iso sometemos a debate a seguinte Proposición Non de Lei en Comisión:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir apoiando a estratexia
“Crecimento Azul” desenvolvida pola Autoridade Portuaria de Vigo para acadar os obxectivos deste ambicioso proxecto pioneiro baseado no crecemento sustentable dos sectores marítimo-pesqueiros e portuario”.
Santiago Compostela, 30 de maio de 2.017 Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 30/05/2017 10:47:04
Carlos Enrique López Crespo na data 30/05/2017 10:47:23
María Ángeles Garcia Míguez na data 30/05/2017 10:47:37
Teresa Egerique Mosquera na data 30/05/2017 10:47:46
María Soraya Salorio Porral na data 30/05/2017 10:48:03
Alberto Pazos Couñago na data 30/05/2017 10:48:12
Marta Rodriguez Arias na data 30/05/2017 10:48:24
Daniel Vega Pérez na data 30/05/2017 10:48:43
32895
Á Mesa do Parlamento O Grupo Parlamentario Popular de Galicia, a través do seu Portavoz, e por iniciativa deputados e deputadas, Carlos López Crespo, Mª Ángeles García Míguez, Teresa Egerique Mosquera, Soraya Salorio Porral, Alberto Pazo Couñago, Marta Rodríguez Arias e Daniel Vega Pérez, ao abeiro do disposto no artigo 160 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte Proposición non de Lei en Comisión 8ª Pesca e Marisqueo. Exposición de motivos: A industria de elaborados de produtos do mar constitúe un dos piares do comercio exterior para Galicia, logo de que as exportacións dos produtos pesqueiros galegos crecesen sete veces máis que o PIB.
Hai que sinalar que case 300 empresas da cadea mar- industria foron quen de exportar o seus produtos pesqueiros a 83 países distintos, sendo o mercado comunitario o principal destinatario. O principal mercado segue a ser o italiano, seguido de Portugal, Francia, Reino Unido e Grecia.
Este sector ten acadado os 131,79 millóns de euros de valor comercial por produtos exportados no pasado mes de xaneiro, o que lle outorga un peso do 8,5 % do volume total de Galicia, incrementándose en 7 décimas máis con respecto ao mesmo mes de 2016.
Ademais, en comparación coas vendas experimentadas neste período, ten medrado nun 23% interanual, practicamente sete veces por encima do alza da economía galega (nun 3,4 %) o ano pasado.
Segundo fontes do sector, isto puido ser debido ao incremento da demanda de países tradicionalmente consumidores xunto coa entrada en novos mercados clave para que esta industria aspire neste ano a superar a barreira dos 2.000 millóns de euros de valor comercial dos produtos exportados, tendo en conta que no ano 2016 este valor foi de preto de 1.870 M€.
Por todo o anteriormente exposto, o grupo parlamentario Popular presenta a seguinte Proposición para o seu debate en Comisión :
32896
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que continúe na liña de apoio a
expansión dos produtos pesqueiros galegos nos mercados exteriores, e que se manteñan e fortalezan as medidas de estruturación e competitividade do sector transformador de produtos do mar”.
Santiago Compostela, 30 de maio de 2.017 Asinado dixitalmente por:
Pedro Puy Fraga na data 30/05/2017 10:58:14
Carlos Enrique López Crespo na data 30/05/2017 10:58:29
María Ángeles Garcia Míguez na data 30/05/2017 10:59:31
Teresa Egerique Mosquera na data 30/05/2017 10:59:41
María Soraya Salorio Porral na data 30/05/2017 11:00:04
Alberto Pazos Couñago na data 30/05/2017 11:00:16
Marta Rodriguez Arias na data 30/05/2017 11:00:27
Daniel Vega Pérez na data 30/05/2017 11:00:41
32897
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados, José Antonio Quiroga Díaz e José Manuel Pérez Seco, a través do
portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na
Comisión 7ª.
Das 2.100.000 ha de superficie forestal total, aproximadamente 1,5 millóns de
ha. están ocupadas polos bosques e distintos cultivos silvícolas, sendo Galicia a
comunidade que ten máis recursos silvícolas, de feito máis do 50 % da madeira
con destino á transformación en España, procede da nosa comunidade.
O Plan forestal que rexe os destinos dos bosques e cultivos silvícolas data de
1992 e tiña previsto estar operativo ata 2032, pero todos os axentes
socioeconómicos relacionados ou con interese no bosque, árbores e madeira
están de acordo en que o devandito plan forestal non da resposta adecuada aos
retos e problemas que se suscitan entorno á superficie forestada e as súas
finalidades.
No ano 2012 aprobouse a Lei de montes que supuxo un avance en canto á
definición de propiedade, obrigas dos propietarios, sancións . . . e un longo etc.
En 2015 aprobouse a proposta de directrices para a revisión do Plan forestal de
Galicia que segundo a Consellería pretende sentar as bases para o novo Plan
forestal galego que de resposta aos novos retos do sector en galego.
Ao longo destes anos foron saíndo decretos para regular diversos aspectos
relacionados coa ordenación forestal e mesmo outros decretos e normativas que
non pasaron do estadio de borrador.
Segundo se afirmou en sede parlamentaria o novo Plan forestal galego está neste
momento en proceso de elaboración co compromiso por parte da Conselleira de
telo “listo” no verán do presente ano.
32898
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
A ninguén se lle escapa a importancia e a necesidade que ten a posta en marcha
do Plan forestal galego e a relevancia da participación dos sectores e colectivos
implicados e ou interesados na súa elaboración. Segundo as noticias que se
transmiten sobre a elaboración do Plan é unha empresa pública a que esta
redactando o documento clave para o futuro do país, contravindo as
recomendacións das asociacións, entidades, profesionais e en xeral de todos
aqueles que teñen interese no futuro forestal e saúde medioambiental do
territorio.
Ante esta situación o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que na redacción definitiva
do Plan forestal galego se teñan en conta aos representantes do sector,
propiciando a retroalimentación co redactor ou redactores do Plan forestal
galego, para o que se propón o mantemento periódico de reunións conxuntas,
nas que se avalíe a evolución da elaboración do futuro plan e se teñan en conta as
achegas do sector ou sectores afectados.
Pazo do Parlamento, 18 de maio de 2017
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Quiroga Díaz na data 30/05/2017 11:41:11
Jóse Manuel Pérez Seco na data 30/05/2017 11:41:22
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 30/05/2017 11:41:34
32899
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu
deputado e das súas deputadas Julio Torrado Quintela, Noela Blanco
Rodríguez, Patricia Vilán Lorenzo e María Luisa Pierres López, a
través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición non de lei para o
seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego.
Exposición de motivos
A proba de glicosa para as mulleres embarazadas é un paso do proceso do
embarazo que, sendo rutinario, supón unha pouco desexable experiencia
pola que deben pasar as mulleres, dado que a proba provoca, en moitos
casos, unha serie de efectos secundarios desagradables. É por isto que as
condicións nas que as embarazadas pasan por esta proba deben ser coidadas
con especial esmero e atención.
As condicións das salas nas que as embarazadas fan as esperas tras facer a
proba, nas que teñen que agardar con malestar leve ou grave, con posibles
rexeitamentos do tratamento, non está nalgúns casos á altura do necesario
polas usuarias. De maneira concreta, a sala destinada a esta función no
Hospital Provincial de Pontevedra incumpre as condicións mínimas
razoables de espazo, temperatura, comodidade e medios a disposición
(padiolas para deitarse, recipientes, aseo) que deberían conterse nun espazo
tal.
As condicións nas que as embarazadas, moitas delas con dificultades de
mobilidade, e coas súas parellas que, cando hai moitas mulleres pasando a
proba, deben esperar de pé durante horas ao seu carón cando as acompañan,
son indebidas e merecen unha modificación para atender a un mínimo de
calidade do tratamento.
A infradotación de persoal, ademais dos espazos, prexudica á realización
dunha proba que debe seguir un rigoroso control na súa aplicación, e que se
ve afectada polas dificultades de saturación e impedimentos debido aos
problemas sinalados.
32900
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Que se garantan as condicións necesarias en termos de espazos, medios e
persoal para a realización correcta da proba da glicosa en embarazadas.
2. Que traslade á Xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra a
necesidade de utilizar outros espazos e medios máis axeitados para a proba
da glicosa que deben pasar as embarazadas que acoden ao centro.
Pazo do Parlamento, 30 de maio de 2017
Asdo.: Julio Torrado Quintela
Noela Blanco Rodríguez
Patricia Vilán Lorenzo
María Luisa Pierres López
Deputado e deputadas do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Julio Torrado Quintela na data 30/05/2017 16:41:39
Noela Blanco Rodríguez na data 30/05/2017 16:41:44
Patricia Vilán Lorenzo na data 30/05/2017 16:41:49
María Luisa Pierres López na data 30/05/2017 16:41:53
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 30/05/2017 16:41:57
32901
Á MESA DO PARLAMENTO
O Grupo Parlamentar de En Marea, por iniciativa das súas deputadas Luca
Chao Pèrez e Ánxeles Cuña Bóveda e o seu deputado Antón Sánchez García,
ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a
seguinte Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 4.ª, relativa á
inscrición no Rexistro da Propiedade do Pazo de Meirás como Ben de Interese
Cultural.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Primeiro.- Foi en 2008 cando o Goberno galego aprobou o Decreto 299/2008, do
30 de decembro, polo que se declaran ben de interese cultural, coa categoría de
sitio histórico, as Torres de Meirás, situadas no termo municipal de Sada, na
provincia da Coruña.
Desde ese momento o Pazo de Meirás pasou a formar parte da listaxe de bens de
interese cultural (BIC) de Galicia. Listaxe na que se integran aquelas obras e
monumentos de especial valor aos que a lei concede o grado máximo de
protección. Declaración que implicou, entre outras cousas, a necesidade de
garantir unha serie de días para visitas do público, e que a familia do ditador vén
contravindo sistematicamente.
No momento temporal no que se declarou o mencionado Decreto 299/2008,
estaba vixente a Lei 8/1995, de Patrimonio Cultural de Galicia, que, en
concordancia coa Lei de Patrimonio española, só obrigaba á inscrición no
Rexistro da propiedade da declaración BIC no caso de "monumentos e xardíns
históricos" (art. 15), mentres que Pazo está declarado "sitio histórico”.
32902
Sen embargo, a vixente Lei de Patrimonio Actual de Galicia (Lei 5/2016)
determina, no seu artigo 21.2 que:
“Despois da declaración de interese cultural de monumentos, xardíns históricos
ou sitios históricos, a consellaría competente en materia de patrimonio cultural
instará de oficio a inscrición gratuíta da declaración no Rexistro da Propiedade”
Do mesmo xeito, a Disposición adicional primeira de dita Lei 5/2016 precisa,
respecto dos BIC, que “Todos aqueles bens integrantes do patrimonio cultural de
Galicia que tivesen a condición de bens de interese cultural con anterioridade á
entrada en vigor desta lei manterán a consideración de bens de interese cultural e
quedarán sometidos ao mesmo réxime xurídico de protección aplicable a estes
segundo esta lei”.
Faise constar que a Resolución do 6 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de
Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do
acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-
Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do
patrimonio cultural de Galicia, non cuestiona en ningún momento nin a
procedencia de rexistro dos BIC coa consideración de sitio histórico nin
tampouco a aplicación da propia Disposición Adicional Primeira aos BIC xa
declarados, dado que a única discrepancia formulada polo Estado referíase á
gratuidade de tal inscrición, “sen prexuízo de que a Xunta de Galicia asuma o
custo da inscrición no suposto dos sitios históricos e de que así se reflicta no
futuro desenvolvemento regulamentario da Lei de patrimonio cultural de Galicia.
Asunción do custo de inscrición que, obviamente, non pode fundamentar, en
ningún caso, a inobservancia do mandato lexislativo á inscrición dos BIC, tamén
os dos sitios históricos.
Segundo.- Neste momento, de acordo coa certificación rexistral do ben (finca
rexistral 7.623 de Sada)., solicitada e emitida o pasado 4 de abril polo Rexistro da
32903
Propiedade de Betanzos, a solicitude do Concello de Sada, non consta a súa
inscrición como BIC, polo que se estaría incumprindo a lexislación vixente.
Ante esta situación, e de acordo coa demanda do mesmo Concello de Sada, que a
tal efecto xa se ten dirixido á Consellería, o grupo Parlamentario de En Marea
presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a, aplicando a Lei 5/2016, do
Patrimonio Cultural de Galicia, proceda, de xeito inmediato, á inscrición da
Declaración de Ben de Interese Cultural das Torres de Meirás no Rexistro da
Propiedade.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017.
Asdo.: Luca Chao Pérez, Asdo.: Antón Sánchez García
Ánxeles Cuña Bóveda Voceiro S. do G.P. de En Marea
Deputadas do G.P. de En Marea.
Asinado dixitalmente por:
Luca Chao Pérez na data 30/05/2017 17:34:32
María de los Ángeles Cuña Bóveda na data 30/05/2017 17:34:40
Antón Sánchez García na data 30/05/2017 17:34:47
32904
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión.
En Galicia existe unha abondosa documentación referente ós montes veciñais en
man común, sobre de todo, dende as sinaturas dos consorcios entre o ICONA e os
concellos e deputacións. Mais esta documentación anda ciscada en diversas
dependencias da Administración Pública Galega, co conseguinte perigo de se estragar
ou mesmo de se perder.
Reunir esta documentación, restaurala nos casos necesarios e concentrala nalgún
lugar, sería moi interesante para as comunidades de montes, para os estudosos/as do
monte veciñal, e para a sociedade galega no seu conxunto xa que do que estamos a falar
no fondo é de conservar documentos históricos pertencentes a tódolos galegos e
galegas.
Por estes motivos expostos o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en comisión:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galiza a:
-Que a Consellería de Medio Rural proceda a localizar e inventariar toda esta
documentación.
32905
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Que nos casos en que se considere necesario se proceda á súa restauración.
-Que esta documentación quede baixo a tutela da Consellería de Medio Rural e
se deposite nas dependencias das xefaturas territoriais.
-Que estea aberta a consulta das comunidades de montes, dos estudosos/as do
monte veciñal e de toda a sociedade.”
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017
Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xose Luis Rivas Cruz na data 31/05/2017 10:02:11
Noa Presas Bergantiños na data 31/05/2017 10:02:19
32906
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Olalla Rodil Fernández na data 31/05/2017 10:02:23
María Montserrat Prado Cores na data 31/05/2017 10:04:02
Xosé Luis Bará Torres na data 31/05/2017 10:04:06
Ana Pontón Mondelo na data 31/05/2017 10:04:12
32907
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa do seu deputado, Juan
Manuel Díaz Villoslada, e das súas deputadas, Patricia Vilán Lorenzo e Begoña
Rodríguez Rumbo, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para
o seu debate na Comisión 1ª.
Segundo o Informe económico-financeiro das entidades instrumentais autonómicas
correspondente ao exercicio 2014 presentado polo Consello de Contas na Memoria de
actividades de 2015, Galicia é a quinta Administración autonómica con maior número
de entes instrumentais, tras Cataluña, Andalucía, Madrid e Valencia. Conforme ao
inventario elaborado polo Ministerio de Facenda, do total de 1.866 entes, Galicia conta
con 114.
A Lofaxga (Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da
Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia) regulamentou de
forma máis completa o noso sector público, creando un rexistro de entidades
dependentes e establecendo uns criterios xerais para a súa creación; máis este rexistro
nin se regulou nin foi posto en funcionamento, eiva que dificulta a delimitación exacta
das entidades que conforme á lei deben ter a consideración de integrantes do sector
público autonómico. Ademais, sinala tamén o Consello de Contas, non se fixo a
conversión dalgúns entes públicos nas formas xurídicas previstas na Lei (principalmente
en axencias).
A partir destas consideracións, o Consello de Contas delimita o sector público
autonómico de Galicia nas seguintes categorías:
Organismos autónomos e entidades públicas de consulta 12
Axencias públicas autonómicas 15
Entidades públicas empresariais 03
Consorcios do sector público autonómico 19
Sociedades mercantís públicas autonómicas 26
Fundacións do sector público autonómico 35
TOTAL 110*
*Respecto do Inventario do Ministerio de Facenda, exclúense a Administración xeral e as tres
Universidades galegas, que non teñen a consideración de dependentes.
32908
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
A Xunta de Galicia desenvolveu en 2010, 2011 e 2014 tres plans de avaliación e
racionalización do sector público autonómico, plans que non foron publicados e non
contan con información dispoñible de seguimento segundo observa o propio Consello
de Contas, polo que se debe acudir á única información oficial que publica o Ministerio
de Facenda.
Non obstante, o Consello de Contas indica que moitas das entidades eliminadas teñen
unha importancia económica residual, coma por exemplo as fundacións de
desenvolvemento comarcal que representan máis da metade das entidades suprimidas. O
aforro total representa menos do 1 % dos fondos xestionados polo sector. De feito, o
tamaño do sector instrumental, tendo en conta o volume de recursos xestionados en
termos relativos, non decreceu nos últimos anos, sobre todo debido á creación de
axencias que pasaron a xestionar de forma descentralizada sectores de actividade que
ata agora se desenvolvían por parte das propias consellerías (infraestruturas, xestión
tributaria, modernización e innovación tecnolóxica, etc.).
No seu informe, o Consello de Contas detecta ademais unha serie de defectos na
información rendida que deben corrixirse para mellorar, por unha banda, o nivel de
transparencia na xestión económica do sector instrumental e, por outra, os sistemas de
control, tanto financeiros como operativos, polo que formula as necesarias
recomendacións á Xunta de Galicia.
Por outra parte, e como xa temos instado en diferentes iniciativas desde o Grupo
Parlamentario Socialista, urxe avanzar de forma decidida nas medidas de prevención e
loita contra a corrupción, tamén no ámbito dos entes instrumentais do noso sector
público.
O artigo 2 da lei 14/2013, do 26 de decembro, encomenda á consellería competente en
materia de avaliación e reforma administrativa a elaboración, polo menos, con carácter
trianual, de plans de racionalización e reestruturación que analicen a estrutura
organizativa e a dimensión orgánica da Administración xeral e das entidades que
integran o sector público autonómico, tomando como referencia o principio de
racionalización do gasto e a mellora da xestión do sector público.
Polo exposto o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte
proposición non de lei:
32909
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a poñer en marcha para o período
2017-2020 un novo plan de avaliación e control das entidades instrumentais do sector
público autonómico, que contemple a mellora da transparencia, novos mecanismos de
control financeiro e operativo e a avaliación dos riscos de fraude como eixos básicos de
actuación.
Pazo do Parlamento, 30 de maio de 2017
Asinado dixitalmente por:
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 31/05/2017 10:14:26
Patricia Vilán Lorenzo na data 31/05/2017 10:14:42
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 31/05/2017 10:14:52
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 10:14:59
32910
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa
deputada e do seu deputado Concepción Burgo López e Luis Manuel
Alvarez Martínez, a través do seu portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Comisión 4.ª, Educación e Cultura.
Exposición de motivos
O Goberno local de Viveiro xunto ca asociación Mariña Patrimonio veñen
de solicitar á Dirección Xeral de Patrimonio a inclusión no Catálogo do
Patrimonio Cultural de Galicia das covas de San Xoán de Vello e da
Doncela en San Xoan de Covas (Viveiro) dados os importantes valores
arqueolóxicos que se atopan nelas.
Hai claros indicios de que na cova de San Xoán Vello existiu unha igrexa
rupestre, que sería a antiga igrexa parroquial de Covas, e que estaba
construída nunha antiga galería mineira, posiblemente relacionada coa
explotación do Forno de Mouros que se atopa a un quilómetro. Do antigo
templo aprécianse a planta e o ábside, ambas de forma rectangular. Na
propia rocha, que forma os laterais da antiga igrexa, hai labradas dúas
hornacinas, así como varias concavidades que poderían ser relicarios. No
exterior da cova existen varios muros que pertencen a construcións anexas
e que son coñecidas como O Campanario.
Deste templo existen noticias no libro da Fábrica de Covas de 1633, así
como na obra de Nicolás Taboada Leal de 1877, que describe restos do
templo así como de pinturas e dunha pila de auga bendita.
A Asociación Mariña Patrimonio, que deu a coñecer estes datos sobre San
Xoán Vello, solicitou en febreiro de 2016 a súa inclusión no Inventario de
Xacementos Arqueolóxicos e denunciou a actividade de posibles
espoliadores que estaban a escavar na antiga igrexa rupestre, un espolio que
continuou nos meses seguintes, pero polo de agora a Dirección Xeral de
Patrimonio non fixo nada ao respecto.
32911
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
O mesmo está a pasar ca cova da Doncela ou Forno dos Mouros. A citada
asociación solicitou a súa inclusión no Inventario de Xacementos
Arqueolóxicos pero o Servizo de Patrimonio considerou en 2016 que non o
era baseándose que na zona había explotacións mineiras de ferro da época
contemporánea. Mais Mariña Patrimonio ten informes xeolóxicos que
indican que na zona non hai ferro e a cova ten claros indicios, pola forma
en que están picadas en rocha as dúas trincheiras e as galerías e a
inexistencia de barrenas de perforación, de que alí houbo unha explotación
mineira antiga.
Segundo a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia di
no artigo 93 que “para os efectos desta lei, integran o patrimonio
arqueolóxico de Galicia os bens de patrimonio cultural de Galicia de
interese histórico, mobles e inmobles, susceptibles de ser estudados con
método arqueolóxico, fosen extraídos ou non e tanto si se encontran na
superficie como no subsolo, nas augas interiores ou no mar territorial. Así
mesmo, forman parte deste patrimonio os elementos xeolóxicos e
paleontolóxicos relacionados ca historia humana, as súas orixes, os seus
antecedentes e o seu desenvolvemento sobre o medio”.
Dende estes presupostos tanto a cova da Doncela como San Xoán Vello
teñen os elementos para ser xacementos arqueolóxicos e polo tanto ser
protexidos, analizados e investigados pola Dirección Xeral de Patrimonio
para evitar un maior deterioro e poñelos en valor.
32912
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a adoptar, no menor tempo
posible, todas as medidas necesarias para protexer e incluír no Catálogo do
Patrimonio Cultural de Galicia as covas de San Xoán Vello e da Doncela
sitas en San Xoán das Covas de Viveiro.
Pazo do Parlamento, 30 de maio de 2017
Asdo.: Concepción Burgo López
Luis Manuel Alvarez Martínez
Deputada e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Maria de la Concepción Burgo López na data 31/05/2017 11:13:19
Luis Manuel Álvarez Matínez na data 31/05/2017 11:13:25
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 11:13:32
32913
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado María Luisa Pierres López, Julio
Torrado Quintela, Noela Blanco Rodríguez e Patricia Vilán Lorenzo, a
través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do
Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e
Emprego.
Exposición de motivos
A Illa de Ons forma parte xunto coas Illas Cíes, Cortegada e Sálvora do
Parque Nacional das Illas Atlánticas, archipélago que é un dos destiños
turísticos máis atractivos e coñecidos das Rías Baixas.
O número de visitas de todas as illas ronda os 400.000 anuais, e no tocante
á illa de Ons son 2.200 as visitas diarias, especialmente nos meses do
verán, o que levou a que unhas 84.000 persoas decidiran visitar esa illa no
ano 2016.
O Concello de Bueu, Asociación de veciños de Ons e a Asociación de
Médicos Interinos de Galicia reclamaron xa repetidas veces e durante anos
un servizo médico estable na illa de Ons, única das illas que ten poboación
estable tamén no inverno.
A necesidade e urxencia de cubrir esta necesidade durante o verán tórnase
imprescindible para poder atender aos milleiros de persoas que a visitan. O
novo camping da illa conta cunha capacidade de 276 persoas, e o
campamento de nenos e nenas con 60 prazas. Isto fai que durante os meses
de xuño, xullo, agosto e setembro sexan preto dunhas 500 persoas as que
pernoctan na illa durante o verán e unhas 2.500 as que residen durante o
día.
Xa se deron situacións de emerxencias médicas de grave risco vital, que
obrigaron a mobilizar helicópteros de rescate desde o continente.
A realidade é que a atención asistencial nas Illas do Parque Nacional está
cuberta unicamente por persoal de enfermería e unicamente durante as
32914
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
horas de sol, o que deixa a esas 500 persoas sen asistencia sanitaria durante
as noites, e a 2.500 cunha atención deficitaria e dependendo dun servizo de
conexión marítima que conleva unha comunicación lenta incapaz de
realizar un servizo que requira de urxencia.
En Galicia existen concellos de menos de 500 habitantes que contan con
servizos de saúde estables, polo que non se pode entender que unha illa,
que forma parte dun Parque Nacional e que opta a converterse en
Patrimonio da Humanidade, non reciba todos os apoios da Administración
para asegurar os servizos básicos e en especial dos sanitarios, e cando
menos durante a época estival.
Por todo o exposto, e movidos pola urxencia das medidas a tomar, o Grupo
Parlamentario dos Socialistas de Galicia presenta a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a levar a cabo os trámites
precisos para asegurar un servizo de asistencia médica na época estival, de
xuño a setembro, asegurando a presenza dun médico permanente, con
atención 24 horas, na illa de Ons.
Pazo do Parlamento, 24 de maio de 2017
Asdo.: María Luisa Pierres López
Julio Torrado Quintela
Noela Blanco Rodríguez
Patricia Vilán Lorenzo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
32915
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Asinado dixitalmente por:
María Luisa Pierres López na data 31/05/2017 11:35:03
Julio Torrado Quintela na data 31/05/2017 11:35:10
Noela Blanco Rodríguez na data 31/05/2017 11:35:16
Patricia Vilán Lorenzo na data 31/05/2017 11:35:20
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 11:35:24
32916
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e dos seus deputados, Matilde Begoña Rodriguez Rumbo, Abel
Fermín Losada Álvarez, Juan Manuel Díaz Villoslada e Patricia Vilán Lorenzo, a
través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu
debate na Comisión 1ª.
No proxecto de orzamentos xerais do Estado, a “disposición adicional vixésimo
sétima. Limitacións á incorporación de persoal laboral ao sector público” nega
a posibilidade de incorporar como empregados públicos ás persoas traballadoras
en empresas contratistas de obras ou servizos públicos, no caso de que os
contratos “se extingan polo seu cumprimento, por resolución, incluído o rescate,
ou se se adopta o secuestro ou intervención do servizo”; e tamén ao persoal
laboral que preste servizos en sociedades mercantís públicas, fundacións do
sector público, consorcios, en persoas xurídicas societarias ou fundacionais que
vaian integrarse nunha administración pública.
O que se pretende, de facto, é impedir os procesos de remunicipalización da
xestión de servizos públicos que na actualidade están desenvolvendo algunhas
administracións públicas.
A disposición relativa o persoal das empresas concesionarias que se inclúe no
Proxecto de lei de orzamentos do Estado, xunto coas limitacións da taxa de
reposición de persoal ao servizo das administracións públicas, impide de facto a
súa subrogación por parte dos concellos ou entidades de dereito público que
deles dependan.
No caso de que, excepcionalmente, unha sentenza obrigue a incorporar a este
persoal, contabilizará como novo ingreso no cómputo da taxa de reposición de
efectivos, o cal impedirá que as administracións locais suplan baixas por
xubilación ou postos vacantes, minguando así a súa actividade ordinaria e
impedindo a remunicipalización da xestión daquelas contratas intensivas en
persoal, que son, na práctica, case todas.
32917
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Esta medida implica que as persoas traballadoras das concesionarias perderían o
dereito á subrogación que teñen recoñecido por normativa laboral, se o servizo se
xestiona desde o sector público. O contido da disposición ten unha vixencia
temporal indefinida, e non está motivada nin razoada.
Polo tanto, esta disposición adicional vixésimo sétima atenta contra a autonomía
local e entra en contradición co artigo 2 da Lei 7/1985, reguladora de bases de
réxime local, que garante a autonomía das entidades locais e obriga a que a
lexislación estatal asegure o dereito das corporacións locais a intervir en cantos
asuntos afecten directamente ao seu circulo de intereses, conforme aos principios
de descentralización e máxima prioridade da xestión administrativa.
Polo anteriormente exposto o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego para que se dirixa o Goberno
central e lle solicite:
1º) Que se rexeite a disposición adicional vixésimo sétima do Proxecto de lei de
orzamentos xerais do Estado para 2017.
2º) Que non se intente novamente interferir na autonomía municipal contida na
Lei 7/1985, reguladora de bases de réxime local.
Pazo do Parlamento, 30 de maio de 2017
Asinado dixitalmente por:
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 31/05/2017 11:54:07
Abel Fermín Losada Álvarez na data 31/05/2017 11:54:15
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 31/05/2017 11:54:24
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 11:57:27
32918
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas e do seu deputado, María Dolores Toja Suárez, Julio Torrado Quintela
e Noela Blanco Rodríguez, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.
O Punto de Atención Continuada de Ponteceso, atende a galegos e galegas que
viven nos concellos de Ponteceso, Laxe e Cabana, 24 horas ao día, durante os 7
días da semana (agás o horario dos seus respectivos centros de saúde).
O 1 de outubro de 2015 o Alcalde de Ponteceso e a concelleira de Sanidade
mantiveron unha reunión coas entón conselleira de Sanidade e delegada
territorial na Coruña onde lle expuxeron as necesidades de mellora na atención
sanitaria en Ponteceso e a reforma do PAC. Estas demandas seguen hoxe sen
atender.
Existen unha serie de importantes deficiencias que nos últimos días están a ser
máis evidentes, entre outras as seguintes:
1. Só hai un médico, cando este ten que acompañar a un doente ao hospital de
referencia na Coruña, durante polo menos dúas horas, non hai facultativo
dispoñible para a atención ao público. Co que no caso que se producise unha
emerxencia, tería que desprazarse directamente ao PAC de Carballo, á Coruña ou
a Cee. Polo tanto, sería preciso dispoñer dun médico de reforzo localizable as 24
horas, nomeadamente nos meses de verán onde aumenta a poboación na zona.
2. É unha realidade que como consecuencia do envellecemento da poboación
cada vez son máis frecuentes as doenzas cardiorespiratorias. O PAC necesita a
dotación dun desfibrilador monitor con marca pasos e carro de paradas, así coma
un novo ecógrafo.
3. Existen necesidades estruturais importantes como son:
32919
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
a) A construción dun aseo para persoas con discapacidade, xa que actualmente só
existe un, pequeno, antigo e deteriorado.
b) A renovación da sala de agarda, á vista da cal pasan todos os pacientes que
entran no PAC sen respectar a privacidade.
c) O acceso á zona de urxencias, precisa dunha reforma importante, aproveitando
o soportal que non se usa para ampliar o PAC e facer ese baño accesible.
d) Outras labores propias de mantemento como son: arranxo do chan de vinilo,
xa que o seu estado de deterioro ten provocado algún incidente; a pintura está
deteriorada, pois non se pintou desde hai máis de 15 anos, a renovación do
mobiliario, etc.
e) Negociar co concello a cesión de terreos para a ampliación do PAC na parcela
existente.
É importante subliñar que a Consellería de Sanidade leva anos facendo
medicións e valoracións técnicas pero realmente non se levaron a cabo os
investimentos necesarios, froito delas.
Por iso o Grupo Parlamentario Socialista presenta a seguinte proposición non de
lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1º) Axilizar a transferencia o Sergas do PAC e o Centro de Saúde Ponteceso.
2º) Poñer un médico de reforzo localizable nas horas de atención do PAC, para
realmente poder ofrecer unha atención continuada.
32920
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
3º) Dotar este centro sanitario dos medios materiais concretos, tales como un
desfibrilador monitor con marca pasos e carro de paradas, e un ecógrafo, para
poder prestar unha atención inmediata e de calidade.
4º) Construír un aseo no PAC de Ponteceso, así como a renovación da sala de
agarda, e o acondicionamento da zona de urxencias, separando os dous espazos.
5º) Levar a cabo todas as obras necesarias para a mellora de infraestrutura co fin
de que o persoal sanitario e os doentes non corran riscos e poidan prestar servizos
e ser atendidos nas mellores condicións posibles.
Pazo do Parlamento, 29 de maio de 2017
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 31/05/2017 12:26:05
Julio Torrado Quintela na data 31/05/2017 12:26:22
Noela Blanco Rodríguez na data 31/05/2017 12:26:29
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 12:26:37
32921
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a
iniciativa das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén
Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz,
Montserrat Prado Cores e Luis Bará Torres, ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei para o seu
debate na Comisión 3ª, relativa á escasa planificación orzamentaria, execución e
ás modificacións de crédito á baixa do Plan Galego de Innovación.
A preocupante evolución do fomento da I+D+i en Galiza ten a súa orixe
no total desleixo por parte da Xunta de Galiza en impulsar políticas que impulsen
o coñecemento e a innovación. Este desleixo pode observarse claramente na
ausencia de esforzo inversor por parte do goberno galego nesta materia. O “Plan
Galego de investigación, innovación e crecemento” está dotado para o presente
ano con 81 millóns de euros, ben lonxe dos 93,9 millóns cos que estaba dotado
no ano 2009. Con respecto ao 2009, os recortes que sufriu este plan acumulan un
total de 178,2 millóns de euros.
Se nos referimos á execución orzamentaria, o último dato dispoñíbel,
referido ao 2016, indícanos unha baixa execución do “Plan Galego de
investigación, innovación e crecemento”, cun escaso 81,3% do orzamento
executado. Ademais desta escasa execución, o plan sufriu unha modificación de
crédito á baixa con respecto ao seu orzamento inicial, que era de 77,5 millóns de
32922
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
euros, quedando o crédito final reducido a 57,3 millóns de euros. Isto supón unha
redución do seu crédito nun 26%. Outros programas, como a “investigación
universitaria” e o “fomento da sociedade da información e do coñecemento”,
reducen tamén fortemente o seu crédito, nun 24% e 14% respectivamente.
A combinación de baixa execución e modificacións orzamentarias á baixa
fan do Plan Galego de I+D+i unha política especialmente maltratada pola Xunta
de Galiza. Se a execución do Plan a expresamos a respecto do crédito inicial,
observamos como esta descende ao 60,1%, quedando 30,9 millóns de euros sen
executar.
Polo tanto, o escaso esforzo do goberno galego de cara a avanzar no
fortalecemento dos sectores produtivos a través do impulso á innovación resulta
máis patente que nunca ante estes datos. Esta política de afogamento ás políticas
de I+D+i por parte da Xunta de Galiza contrasta cos obxectivos que se
contemplan en diferentes Plans e accións da Xunta de Galiza, como o Plan
Estratéxico de Galiza 2015-2020, que contempla que establece entre os seus
obxectivos “que a Comunidade galega duplique o seu gasto en I+D+i ata
conseguir o 1,7% do PIB en 2020, para impulsar un crecemento económico
baseado na innovación e no capital humano”.
Por todo isto, o Grupo Parlamentar do BNG formula a seguinte
proposición non de lei para o seu debate na Comisión 3ª:
32923
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
“O Parlamento insta á Xunta de Galiza a que no proxecto de orzamentos
da Xunta de Galiza para 2018 duplique a actual partida destinada ao Plan Galego
de I+D+i así como a que a execute integramente e non realice modificacións á
baixa deste programa.”
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 31/05/2017 13:45:52
María Montserrat Prado Cores na data 31/05/2017 13:45:57
Xose Luis Rivas Cruz na data 31/05/2017 13:46:01
32924
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Olalla Rodil Fernández na data 31/05/2017 13:46:02
Xosé Luis Bará Torres na data 31/05/2017 13:46:03
Ana Pontón Mondelo na data 31/05/2017 13:46:09
32925
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado María Luisa Pierres López, Raúl
Fernández Fernández, Patricia Vilán Lorenzo e Matilde Begoña
Rodríguez Rumbo, a través do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate en Comisión 2.ª, Ordenación
Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.
Exposición de motivos
España é un país rico en diversidade cultural e patrimonial, e Galicia é, sen
dúbida, un dos territorios con máis identidade e patrimonio cultural, moi
diferenciado do resto do panorama nacional.
A arquitectura é unha das manifestacións culturais máis populares pola súa
visibilidade e entidade. E parellas ás arquitecturas, están todas as pequenas
manifestacións etnográficas que xorden moitas veces ao seu carón, con
tipoloxías construtivas características e singulares, como expresión da
cultura e modos de vida tradicionais e propios do pobo galego. Son moitos
os que, chegados á nosa terra, se sorprenden nun primeiro ollar, coas
palleiras, hórreos, cruceiros e petos de ánimas distribuídos por todo o
territorio.
A política actual da Consellería de Vivenda e Infraestruturas en moitas das
súas actuacións en materia de vivenda e solo, conta coa colaboración das
Áreas de Rehabilitación (integrais, rurais e de cascos históricos) que son a
base principal das actuacións de rehabilitación en contornos urbanos por
parte do IGVS, e en colaboración dos concellos.
Os plans e programas de rehabilitación atenden principalmente a vivendas
de promoción pública ou privada, edificios ou infravivendas.
As oficinas dos ARIS acollen ás competencias que o IGVS lles dote en
cada momento. A día de hoxe o seu labor pasa pola tramitación das axudas
derivadas do Plan estatal de vivenda aínda en vigor, do período 2013-2016
e en concreto do programa de rexeneración e renovación urbana. O resto de
32926
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
subvencións da Xunta de Galicia en materia de vivenda son xestionadas
directamente polo IGVS, o que supón unha dificultade de xestión evidente
para a cidadanía, polo que supón a tramitación a través de diferentes
organismos de axudas que son moitas veces complementarias e referentes a
unha mesma obra.
Existe unha grande esquecida na política de rehabilitación de Galicia, e son
todos eses elementos etnográficos, especialmente aqueles que naceron
como anexos e parte necesaria das vivendas, os hórreos. Elementos que por
falta de axudas, e sendo considerados BIC no caso dos anteriores ao 1901,
son máis entendidos como cargas para os propietarios, o que os fai perigar
seriamente.
Os hórreos sufriron durante anos, e coa perda do seu uso orixinario,
verdadeiras agresións, desmantelamentos e traslados, cun novo valor
decorativo e perdendo a súa vinculación coa vivenda tradicional galega que
nunca debera perder.
Son moitas as proteccións de elementos singulares en vivendas e
edificacións de Galicia, baseadas no interese das fachadas, do ritmo dos
ocos, de existencia de patíns e escaleiras singulares, carpinterías
orixinarias, escudos nas fachadas, etc.. Ningún destas condicións e
elementos poden entenderse de forma allea á edificación. Cuestión que
debera entenderse do mesmo modo cos hórreos.
A realidade é que na tramitación das axudas que outorga o Plan estatal de
vivenda ás oficinas dos ARIS, teñen serios problemas para introducir nas
axudas a incorporación destas construcións adxectivas dentro do programa
de necesidades da vivenda, tendo en conta a súa superficie como parte
indivisible da vivenda. Algo que non se pon en dúbida cos trasteiros ou
almacéns que forman parte de vivendas plurifamiliares ou unifamiliares no
resto do territorio nacional. Caso de interese especial é o núcleo de
Combarro en Poio, tamén declarado ARI, e onde a presenza dos hórreos
claramente vinculada ás vivendas, compón unha das contornas patrimoniais
máis singulares de Galicia.
Entendemos que dado que as axudas específicas para a rehabilitación e
conservación destes elementos etnográficos son inexistentes por parte da
32927
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Xunta de Galicia, é preciso facer as dilixencias precisas para que no Plan
estatal de vivenda 2018-2021, agora en trámite de borrador, se introduza
expresamente a inclusión dos hórreos ou elementos etnográficos ligados a
vivendas, como construcións auxiliares e integrantes das mesmas, entrando
dentro dos feitos subvencionables. A realidade é que o borrador actual do
novo plan contempla un incremento das axudas para aqueles “edificios”
catalogados ou BIC , pero sen clarificar se un hórreo ou palleira entra nesa
consideración de “edificio”. Algo que deixa a moitas vivendas con hórreos,
que son BIC, ao obxecto de interpretacións. De aí a necesidade de
clarificalo debidamente.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a levar a cabo os trámites
precisos ante o Goberno de España para a inclusión no Plan estatal de
vivenda 2018-2021 da consideración de hórreos e outros elementos
etnográficos ás vivendas como parte integrante das mesmas, e polo tanto
como feitos subvencionables, nos casos que corresponda.
Pazo do Parlamento, 29 de maio de 2017
Asdo.: María Luisa Pierres López
Raúl Fernández Fernández
Patricia Vilán Lorenzo
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
32928
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
María Luisa Pierres López na data 31/05/2017 14:03:59
Raúl Fernández Fernández na data 31/05/2017 14:04:04
Patricia Vilán Lorenzo na data 31/05/2017 14:04:10
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 31/05/2017 14:04:14
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 14:04:16
32929
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
dos deputados e deputadas Xosé Luis Rivas Cruz, Noa Presas Bergantiños, Ana
Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Montserrat Prado Cores e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formula a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 7ª.
Queremos mostra-la nosa preocupación porque cada día se están a autorizar
máis hectáreas de deforestación de bosque autóctono galego, cos cambios de uso que
a Consellería de Medio Rural autoriza e a Consellería de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio informa favorablemente, para transformar fragas, bidueirais,
carballeiras, etc. en pasteiros e praderías.
Cada día hai máis monocultivos forestais principalmente de eucalipto que de
xeito desorganizado, masivo e sen control coloniza Galicia, véndose sensiblemente
agravado pola proliferación nestes últimos anos do eucalipto nitens.
A proliferación de lumes que de xeito descontrolado e con escasa ou nula
prevención asolan este País xa en pleno inverno.
A isto temos que lle engadi-la escaseza de chuvias e a seca dos ríos e
mananciais e o panorama pinta mal.
32930
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Posto que pese ó aquí exposto nada muda e ano tras ano todo segue igual,
queremos coñecer e dispor de información e datos concretos sobre os incendios en
Galicia.
Porque a cidadanía quere saber a canto ascende o negocio do lume e que
empresas son as beneficiarias do diñeiro público. Queremos saber en que se gasta e
quen son as persoas ou empresas beneficiarias de cada céntimo de euro do carto
público destinado á extinción dos lumes.
Queremos coñecer tamén a relación detallada de lugares e hectáreas
queimadas e os medios aéreos, terrestres, humanos, subministros etc..., empregados
en cada un deles.
Queremos datos de cada hectárea que arde en Galicia e esta información ten
que ser pública en réxime de disponibilidade permanente. Puidera ser nun enlace
específico da web da Consellería que permita a cidadanía de Galicia coñecer en tempo
real a superficie queimada, os medios que interveñen, os custos perfectamente
definidos e desglosados e que empresa ou empresas realizan a extinción.
Porque só así se xera conciencia cidadá con respecto ós incendios e os seus
custos e a información convértese nun instrumento de sensibilización da cidadanía
fronte á problemática dos lumes en Galicia.
Precisamos coñecer tamén a relación que existe entre a deforestación
progresiva do bosque autóctono galego autorizada pola propia Xunta (Consellería de
Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Consellería de Medio Rural) e os
incendios.
32931
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Por todo o anteriormente exposto, o grupo parlamentario do BNG recolle e fai
súa por medio desta proposición non de lei para o seu debate na Comisión 7ª a
iniciativa de participación popular no control ó goberno presentada neste Parlamento
de Galicia pola Asociación Autonómica Cultural e Ambiental PETÓN DO LOBO con
nº de rexistro xeral de entrada 8489 o 2-5-2017, pola que:
“O Parlamento galego insta ao goberno da Xunta a:
-Que a Consellería de Medio Rural cree unha páxina web específica onde
figuren tódolos contratos detallados, realizados no 2.016, no presente e máis en anos
sucesivos, destinados ás contratacións dos servizos contraincendios e que contemple a
relación de tódolos contratos formalizados relativos a medios aéreos, terrestres,
subministros, contratación de persoal, tipo de contratos, relación de empresas
adxudicatarias e importes dos mesmos, relación de empresas que concorren ás
licitacións, incluídas as campañas de publicidade, contías e custos, prezos detallados
de cada subministro...
-Substituílos cambios de uso dos solos ocupados por fragas autóctonas por
compensacións ambientais, de se-lo caso, para que os propietarios coiden, preserven e
melloren as masas autóctonas galegas.
-Limita-los eucaliptais e os monocultivos forestais enerxéticos por razóns
imperiosas de interese público baseadas na necesidade de frea-lo cambio climático, a
seca en Galicia e o aquecemento global do planeta.
32932
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
-Que a Consellería de Medio Rural en colaboración coas de Medio Ambiente e
Ordenación do Territorio e máis a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
promovan campañas de concienciación orientadas á preservación e implementación
das masas arbóreas autóctonas que sensibilicen a toda a cidadanía da necesidade do
seu coidado, conservación e mellora.”
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017
Asdo.: Xosé Luis Rivas Cruz
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Xose Luis Rivas Cruz na data 31/05/2017 16:27:19
Noa Presas Bergantiños na data 31/05/2017 16:27:25
32933
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Olalla Rodil Fernández na data 31/05/2017 16:27:29
María Montserrat Prado Cores na data 31/05/2017 16:27:35
Xosé Luis Bará Torres na data 31/05/2017 16:27:40
Ana Pontón Mondelo na data 31/05/2017 16:27:43
32934
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e dos seus deputados Patricia Vilán Lorenzo, Raúl
Fernández Fernández, María Luisa Pierres López, José Antonio
Quiroga Díaz e José Manuel Pérez Seco a través do seu portavoz, e ao
abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante
esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión
2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e
Servizos.
Exposición de motivos
En setembro do ano pasado, 375 científicos da “Academia Nacional de
Ciencias de USA” remitían unha carta aberta a aqueles que negan o cambio
climático. Nesa carta definían este fenómeno como unha realidade física
que ten incrementado os gases de efecto invernadoiro e, así, mudado o
clima do planeta: quecemento dos mares, a superficie terrestre e a
atmosfera interior; acidificación dos océanos; aumento do nivel do mar;
patróns de choiva alterados e moitos outros aspectos.
E é que o cambio climático inducido polo ser humano debido ás emisións
de gases de efecto invernadoiro está detrás dos episodios de calor extremo
en máis do 80 % do planeta, da escaseza de choiva nun 57 % e de períodos
de 5 días con precipitacións abundantes nun 41 % da superficie da Terra.
Esta é a principal conclusión dun estudo realizado por 11 investigadores da
Facultade de Ciencias da Terra, Enerxía e Medio Ambiente da
Universidade Stanford, que intenta botar luz sobre a vinculación dos
episodios de ondas de calor, choivas torrenciais ou seca co cambio
climático de orixe humana.
O mundo científico coincide en que o problema orixinado polo cambio
climático é un perigo para a cidadanía presentes e futuros do planeta, ata o
punto de que gobernos de case todo o mundo acordaran en París a loita
contra este fenómeno, incluíndo compromisos nacionais, posto que, dado o
grave impacto económico que ten provocado e que vai provocar, só
dispoñemos de 10 anos para nos dar a oportunidade de mudar a tendencia
32935
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
de maneira efectiva. E París foi o lugar escollido por algo, porque Europa
lidera este asunto.
Non obstante, en Galicia a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación
do Territorio limítase a deseñar unha futura “estratexia” e a publicar
resolucións aprobando as bases de convocatorias de concursos de fotografía
para “entender as nubes”. E iso cando se está a demostrar cientificamente
que a adaptación ao cambio climático é imprescindible e o exemplo son os
fenómenos meteorolóxicos máis recentes na nosa comunidade: seca
extrema, choivas torrenciais, picos de calor en pleno mes de abril, xeadas
(normais para esta época do ano, pero que teñen esquilmado as froitas que
xa saíran porque vai demasiado calor) e moitas colleitas perdidas. E vai ir a
máis, os resultados da análise de MeteoGalicia respecto das proxeccións de
temperatura máxima, para o período 2061-2090, indican con claridade unha
tendencia de aumento dos valores (entre os 3°C e os 4°C, sendo algo
menor, entre 2°C e 3°C no terzo norte).
Hai que asumir (sen resignación) que isto vai ser así a partires de agora,
que cómpren as axudas para o agro, pero tamén, e non menos importante,
que cómpre innovar, investigar e financiar accións destinadas á instalación
de sistemas que palíen as futuras secas que de seguro han de vir; cómpre
que o Goberno esixa dunha vez por todas un uso máis ecolóxico da auga no
agro e a gandaría e, por último, cómpre promover e subvencionar sistemas
que prevexan solucións fronte as xeadas e o pedrisco. Son precisas novas
liñas de actuación destinadas, fundamentalmente, á adaptación aos cambios
que se están a producir e que se producirán.
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a que elabore un plan de
adaptación de Galicia ao cambio climático que conteña, como mínimo, o
seguinte contido:
1- A condena de todas aquelas accións e manifestacións que neguen o
cambio climático.
2- A adopción inmediata de medidas destinadas á redución de emisións
de CO2.
32936
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
3- A promoción dun plan completo de I+D+I para o fomento de
tecnoloxías e infraestruturas para a adaptación ao cambio climático no
agro e na viticultura.
4- A promoción eficaz do aforro de auga nas industrias e nos fogares e
da creación de provisións de auga a nivel local, para poder satisfacer a
demanda de auga no caso dunha seca prolongada.
5- O impulso dun estudo para o posible aseguramento dos efectos
orixinados polo cambio climático nas perdas que se poidan ocasionar
como consecuencia dos fenómenos meteorolóxicos extremos e polo
cambio de patróns climáticos, efectos diferentes dos que xa son
asegurables na actualidade.
6- A posta ao servizo dos agricultores e viticultores de axudas que
permitan que poidan adquirir tecnoloxía que lles permita ser eficaces
na adaptación ao cambio climático.
Pazo do Parlamento, 26 de maio de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Raúl Fernández Fernández
María Luisa Pierres López
José Antonio Quiroga Díaz
José Manuel Pérez Seco
Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 31/05/2017 18:06:26
Raúl Fernández Fernández na data 31/05/2017 18:06:31
María Luisa Pierres López na data 31/05/2017 18:06:37
32937
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
José Antonio Quiroga Díaz na data 31/05/2017 18:06:42
Jóse Manuel Pérez Seco na data 31/05/2017 18:06:48
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 18:06:52
32938
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada
e do seu deputado, María Dolores Toja Suárez e Julio Torrado Quintela, a través
do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara,
presenta ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate na
Comisión 8ª.
No ano 2005, o Sr. Enrique López Veiga, naquel momento conselleiro do Mar
mercou por uns 27 millóns de euros dous Sikorsky S-76 C+, os coñecidos como
Pesca 1 e Pesca 2, naquel momento segundo a Consellería, eran os helicópteros
que mellor se adaptaban ás costas galegas.
Como a Xunta non tiña persoal propio, tal como rescatadores, mecánicos,
pilotos… subcontratou con INAER, actualmente BABCOCK ESPAÑA, ese
persoal. Con un custe aproximado duns 2 millóns de euros. De modo que os dous
Douphin 365, que había naquel momento, foron substituídos.
No ano 2012, a Xunta, xusto antes de levar a cabo a overhaul necesaria, decidiu
malvender os dous Douphin 365 por case 12 millóns de euros. Esta xestión foi
duramente criticada polo Consello de Contas. O comprador foi INAER, empresa
coa que posteriormente se estableceu un contrato de 5 anos para operar os
Sikorsky S-76 C+, con un custe anual de case 9 millóns de euros. Naquel
momento a Xunta defendeu que o custe se reducía nos 13 millóns que se recibían
pola entrega das aeronaves. Aínda así supoñía case os 7 millóns de euros.
Agora, no ano 2017, a piques de vencer o contrato con INAER, todo apunta a
que os dous Sikorsky S-76 C+ serán substituídos por dous Douphin 365,
precisamente aqueles que xa pertencían á Xunta no ano 2005. De feito, un dos
Douphin 365 xa está en Viveiro. E todo apunta a que ocorrerá o mesmo co que
está en Vigo.
Deste xeito atoparémonos coa seguinte cuestión: a Xunta está disposta a
desembolsar, se o concurso vai adiante, uns 7 millóns de euros anuais polos
Dauphin 365, que xubilou naquel momento, xa que non eran, segundo a
Consellería, os que máis se adaptaban ás costas galegas.
32939
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Por todo isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que realice as xestións
necesarias para que os Sikorsky S-76 C+ non sexan substituídos polo Dauphin
365.
Pazo do Parlamento, 29 de maio de 2017
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 31/05/2017 19:12:30
Julio Torrado Quintela na data 31/05/2017 19:12:43
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 19:12:50
32940
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das
súas deputadas e do seu deputado Patricia Vilán Lorenzo, Juan Manuel
Díaz Villoslada e Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, a través do seu
portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da
Cámara, presenta ante esa Mesa a seguinte proposición non de lei para o
seu debate en Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral,
Xustiza e Interior.
Exposición de motivos
O Real decreto 195/2017 do Ministerio de Xustiza regula a agrupación de
Rexistros da Propiedade e afectará a 10 rexistros repartidos por Galicia,
sendo Ourense a provincia máis afectada: Bande e Celanova dependerán
agora do Rexistro de Allariz; Ribadavia, Verín e Viana do Bolo de O
Carballiño; Muros de Corcubión; Quiroga de Monforte; A Fonsagrada de
Ribadeo; Becerreá de Sarria e, en Pontevedra, Ponte Caldelas de
Redondela. Todos pasan a ser só oficinas de recepción de documentos.
E todo sen o consenso dos máis importantes neste asunto, os concellos. A
propia Comisión Executiva da Fegamp aprobou por unanimidade demandar
urxentemente ao Ministerio de Xustiza que manteña abertos todos os
Rexistros da Propiedade que existen a día de hoxe en Galicia. Mais non só
os concellos e a Fegamp: este grupo parlamentario ten feito iniciativas, xa
houbo recollidas de firmas e ata unha manifestación en Muros o sábado 13
de maio pola mañá e, agora, os propios rexistradores están en loita, en
concreto, 2 en Galicia, con prazas en Pontevedra e Vigo. Teñen presentado
un recurso contencioso-administrativo fronte ao real decreto perante o
Tribunal Supremo. Aínda non vai ser certo que se abrira un proceso de
diálogo coa Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado!
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
presenta a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Comisión:
O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Esixir ao Goberno do Estado a paralización do Real decreto 195/2017
32941
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
do Ministerio de Xustiza, de supresión de Rexistros da Propiedade,
debido á interposición dun recurso contencioso-administrativo
perante ao Tribunal Supremo por parte de 2 rexistradores.
2. Manter os 10 Rexistros da Propiedade de Galicia suprimidos polo
Real Decreto 195/2017 do Ministerio de Xustiza, garantindo o
mantemento do servizo en todos eles.
Pazo do Parlamento, 29 de maio de 2017
Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo
Juan Manuel Díaz Villoslada
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo
Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asdo.: Xoaquín Fernández Leiceaga
Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia
Asinado dixitalmente por:
Patricia Vilán Lorenzo na data 31/05/2017 17:57:28
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 31/05/2017 17:57:34
Matilde Begoña Rodríguez Rumbo na data 31/05/2017 17:57:40
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 17:57:41
32942
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das
deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén
Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará Torres, ao
abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Proposición non de lei
para o seu debate en Comisión, relativa á necesidade de adaptación das prazas de formación
MIR e EIR as necesidades reais de profesionais no Sergas.
Con data 18 de maio de 2012 publicouse do DOG a orde pola que se aproba o Plan de
Ordenación de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, dado que a vixencia do
mesmo era ata o 31 de decembro de 2013, publicouse o 5 de decembro a orde pola que se
aproba o Plan de ordenación de recursos humanos relativo á xubilación, prolongación da
permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Este Plan, concibido como un instrumento de planificación, conclúe que hai un
importante envellecemento do persoal: “no dito instrumento de planificación, logo de
analizarse as necesidades da organización sobre a base do estudo e valoración previos da
estrutura poboacional e a actual configuración do cadro de persoal do Servizo Galego de
Saúde, conclúese un significativo envellecemento en termos globais do persoal do organismo,
de xeito paralelo ao da propia poboación galega, que resulta máis acusado no colectivo de
persoal licenciado sanitario. A dita circunstancia ten unha singular incidencia en diversos
aspectos organizativos da actividade asistencial, entre os que cabe destacar a dispoñibilidade
decrecente do citado colectivo para a cobertura da atención continuada.”
”Derivado da normativa e do diagnóstico de situación efectuado no propio
instrumento de planificación, o precedente Plan de ordenación de recursos humanos do
Servizo Galego de Saúde dispuxo, como medida xeral de ordenación, a perda da condición de
32943
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
persoal estatutario fixo dos seus profesionais por cumprimento da idade de xubilación
forzosa.”
É unha evidencia, que se a Consellaría de Sanidade non adapta as prazas de formación
ás necesidades asistenciais, a consecuencia será que en pouco tempo o Sergas non disporá de
persoal para cubrir as vacantes que se van producindo por xubilación, nin ausencias, baixas...
Por todo o exposto, o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego presenta a
seguinte proposición non de lei para o seu debate en comisión:
“O Parlamento de Galiza, insta ao Goberno galego a adaptar as prazas de formación
polo sistema de Residencia MIR e EIR, que se ofertan en Galiza, ás necesidades reais que ten o
Sergas de cobertura de profesionais.”
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
32944
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 01/06/2017 13:01:54
Noa Presas Bergantiños na data 01/06/2017 13:02:02
Olalla Rodil Fernández na data 01/06/2017 13:02:06
Xose Luis Rivas Cruz na data 01/06/2017 13:02:10
Xosé Luis Bará Torres na data 01/06/2017 13:02:14
Ana Pontón Mondelo na data 01/06/2017 13:02:17
32945
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños, Ana
Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará
Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa á necesidade de
desenvolver unha estratexia de estudo e recuperación das poboacións de berberechos
nas rías galegas e adoptando medidas económicas contra a perda de ingresos dos
colectivos de mariscador@s producida pola mortaldade deste molusco.
A problemática da mortaldade do berberecho arrando no ano 2012, cando as
capturas de berberecho alcanzaron unha caída histórica na ría de Arousa, 350.067 Kg, a
máis baixa dende o ano 1997, en que se rexistran os datos de extracción. Dende entón
@s mariscador@s de Arousa teñen pasado por un auténtico calvario. Unha situación de
auténtica angustia pola perda de recurso que contrasta coa parsimonia da Consellaría do
Mar na investigación das causas e na adopción de medidas para minorar as
consecuencias ao sector extractivo. De feito parecía que o berberecho se ía recuperando
de forma natural, sen que Consellaría teña aportado ningunha medida de control, nin de
prevención. A día de hoxe non sabemos de ningunha medida para impedir que a
Marteilia chegue a outras rías e incluso se ten dado o caso de que os furtivos teñen
levado os escasos ensaios.
Estes días volve ser noticia a mortaldade do berberecho e por parte da
Consellaría transcende que segue facendo analíticas, sen que se teña avaliado dita
situación se ten que ver co proceso de evolución da Marteilia ou si pola contra se
32946
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
produce por acontecementos extraordinarios de temperatura, salinidade ou
contaminación.
Pero o significativo é que unha vez máis son as propias confrarías as que
definen as súas estratexias. Unhas apostando por extraer a maior cantidade antes de que
morra, outros prefiren “secalo” canto ante e outros prefiren seguir a estela da consellaría
de que semella que vai ser un ano bo e acaba converténdose nun “ano horribilis”.
Neste contexto faise necesario, saber do seguimento da evolución do proceso da
marteilia, da situación das diferentes rías e das consecuencias que vai ter para o sector e
sobre todo das medidas que está adaptando a Consellaría para combater a mortaldade e
sobre todo para que esta nova crise non teña repercusión nos ingresos d@s
mariscador@s.
Estas son as razóns que levan ao Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista
Galego a formular a seguinte proposición non de lei para o seu tratamento en comisión:
“O Parlamento galego insta a Xunta de Galiza a desenvolver de inmediato unha
estratexia de estudo e recuperación das poboacións de berberechos nas rías galegas,
adoptando medidas económicas contra a perda de ingresos dos colectivos de
mariscador@s producida pola mortaldade deste molusco.”
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
Asdo.: Montserrat Prado Cores
32947
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 01/06/2017 16:36:22
Noa Presas Bergantiños na data 01/06/2017 16:36:27
Olalla Rodil Fernández na data 01/06/2017 16:36:31
Xose Luis Rivas Cruz na data 01/06/2017 16:36:34
Xosé Luis Bará Torres na data 01/06/2017 16:36:38
Ana Pontón Mondelo na data 01/06/2017 16:36:40
32948
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas
deputadas, María Dolores Toja Suárez e Noela Blanco Rodríguez, e do seu
deputado, Julio Torrado Quintela, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no
artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a seguinte
proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª.
En relación coa pregunta con resposta escrita número: 6588. Formulada polas
deputadas, María Dolores Toja Suárez e Noela Blanco Rodríguez e polo
deputado, Julio Torrado Quintela, sobre “o coñecemento polo Goberno galego
das demandas do persoal sanitario e das persoas usuarias do Hospital Virxe da
Xunqueira de Cee relativas ás deficiencias e ás carencias de medios humanos e
materiais existentes no centro, as súas previsións en relación coa implementación
de medidas de mellora ao respecto e a súa valoración referida á actual dotación
de servizos”, concretamente en canto o servizo de nefroloxía, indica o seguinte:
“A dotación de recursos de nefroloxía está axustada á poboación atendida. Todos
os pacientes que precisan tratamento de diálise reciben esta prestación polo
Servizo Galego de Saúde”.
De todas as opinións que nos trasladan as persoas enfermas que precisan diálise,
hai un aspecto a destacar:
A importancia e a mellora de calidade de vida polo feito de recibir o tratamento
no Hospital de Cee, en lugar de recibir o mesmo no Hospital da Coruña ou de
Santiago. Por un motivo fundamental, o tratamento dura un mínimo de 4 horas, 3
días á semana, se se realiza en Cee. Pero se é preciso desprazamento, pode
incluso alcanzar ata 12 horas.
Outra realidade, que nos transmitiron as persoas afectadas é que na maioría dos
casos, despois de recibir o tratamento, teñen que pasar varias horas de descanso
por causas diversas: cansazo, malestar estomacal, desánimo. Esta enfermidade
ten unha importante carga emocional.
32949
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Por outro lado, hai que recordar que en Cee, só se leva a cabo o tratamento tres
días por semana, estando o resto dos días as máquinas paradas. Simplemente, con
que se utilizaran outros tres días máis á semana, se poderían atender o dobre de
doentes, e evitar o duro sacrificio que para eles supón desprazarse á Coruña ou a
Santiago.
Por todo isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
Realizar as contratacións de persoal necesarias para que o recursos existentes
actualmente alcancen a máximo rendemento en prestación de servizos, e deste
xeito reducir as listas de espera no Hospital de Cee e dar unha mellor cobertura
asistencial ás persoas usuarias deste centro.
Pazo do Parlamento, 29 de maio de 2019
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 01/06/2017 16:34:21
Noela Blanco Rodríguez na data 01/06/2017 16:34:36
Julio Torrado Quintela na data 01/06/2017 16:34:45
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 01/06/2017 16:34:55
32950
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa dos seus
deputados, José Antonio Quiroga Díaz e José Manuel Pérez Seco, ao abeiro do
disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presenta ante esa mesa a
seguinte proposición non de lei para o seu debate na Comisión 7ª.
As xeadas acaecidas nos derradeiros días do pasado mes de abril provocaron
graves danos nomeadamente no viñedo, pero esta circunstancia non pode tapar os
duros efectos noutros cultivos dos cales viven total ou parcialmente moitos
veciños deste país.
Boa parte dos cultivos e plantas da Galicia interior, nomeadamente nas
provincias de Ourense e Lugo, resultaron afectadas; de entre todas elas hai que
destacar o cereal como o tremesino (nomeadamente na Limia), e outras
variedades de trigo e centeo. Este cultivo do cereal supón un aporte fundamental
para moitas familias.
Outra das vítimas das xeadas de abril foron os castiñeiros e soutos que en amplas
zonas da Galicia interior supoñen un gran aporte económico para centos de
familias.
Logo dun mes da inclemencia climatolóxica que provocou unha situación
catastrófica nomeadamente no viñedo, pero que tamén tivo unha importante
incidencia noutros cultivos como o cereal e os castiñeiros seguimos sen ter datos
oficiais sobre o alcance real desta nova desgraza para o mundo rural.
Temos que valernos das estimacións das organizacións sectoriais, visitas a pé
feito, entrevistas con afectado para facer unha valoración do impacto que en todo
caso é moi importante; no caso do cereal podemos referirnos en certas zonas
como perda total e/ou parcial da colleita có conseguinte prexuízo para os
produtores.
No caso dos castiñeiros o impacto nas zonas produtoras do interior galego é dun
gran calado, comprometendo a produción de amplas zonas para a colleita de
2017.
32951
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Por iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a seguinte
proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:
1º) Realizar un estudo que permita a localización e avaliación urxente do impacto
das inclemencias meteorolóxicas acaecidas nos últimos días de abril, así como
das perdas económicas ocasionadas no cultivo de cereal e dos castiñeiros.
2º) Abrir unha orde de axudas, dotada do orzamento suficiente, dirixida a
produtores de cereal e castaña afectados polas xeadas.
Pazo do Parlamento, 30 de abril de 2017
Asinado dixitalmente por:
José Antonio Quiroga Díaz na data 01/06/2017 17:38:42
Jóse Manuel Pérez Seco na data 01/06/2017 17:38:48
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 01/06/2017 17:39:04
32952
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Montserrat Prado Cores, Noa Presas Bergantiños, Ana
Belén Pontón Mondelo, Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz e Luis Bará
Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa ás medidas a tomar
para a apertura da pesquería da cigala.
Representantes da flota de arrastre de litoral reuníronso co Grupo Parlamentar
do Bloque Nacionalista Galego para trasladarnos unha serie de demandas en relación co
camiño a seguir nas negociacións para tratar de reabrir a pesquería da cigala na zona
VIIIc.
A decisión, dentro dos TAC e cotas establecidos para 2017, dun TAC cero para
a cigala na zona VIIIc ten sido considerado como un contratempo e un elemento
pernicioso por parte da frota galega de arrastre. Amais, este TAC cero acompáñase da
proposta de reeditar o peche para 2018 e 2019.
Visto o impacto que ten para a nosa flota por ser capturas accesorias de gran
valor e as dificultades para realizar unha pesquería parcial en termos prácticos sen
afectar á súa captura, e tendo en conta que esta especie podería ser descartada
adecuadamente grazas a que aguanta fóra do seu ecosistema en tempo prolongado, o
sector, coa colaboración de técnicos do IEO e da Consellería do Mar emitiron un
informe no que, unha vez recadados os datos socioeconómicos e biolóxicos, constataron
que existen cigala no caladoiro e que se aprecian sinais de recuperación deste recurso
32953
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
O dato definitivo de que a cigala non estaría tan mal como o sinalan os
científicos do ICES é que, na unidade funcional 25, unha das dúas onde a capturan os
barcos galegos, elevaron do 1,45 % do ano 2015 ao 3,78 % do 2016 a porcentaxe sobre
os desembarcos totais. Tamén se incrementou a captura por unidade de esforzo e se no
2015 era de 6,46 quilos por hora, no 2016 subiu a 10,81. Resulta que incluso pescaron
máis aqueles que non se dirixen á especie (0,27 kilos fronte aos 0,18 do2015).
Con todos estes datos, os armadores aseguran que é posible pescar cigala en
Galicia e no resto da zona VIIIc como se facía antes do 2012 —no que o TAC aprobado
era de 91 toneladas— sen que a pesquería se resentise.
Todas estas conclusións foron trasladadas por medio deste informe ao propio
ICES nun encontro que tivo lugar o 5 de maio para que se proceda á apertura da zona
VIIIc, e no que se suxeriu realizar unha análise en profundidade sobre a cigala da
unidade funcional 25 que teña en conta as tendencias históricas, os aspectos biolóxicos
e os socioeconómicos.
Por último cómpre sinalar que o devandito acordo foi sinalado como
conclusións extraídas no tratamento do asunto por parte do sector galego de arrastre de
litoral, representado na Comisión correspondente do Consello Galego de Pesca.
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego asume as reivindicacións
que nos foron trasladadas e por esa razón presenta a seguinte proposición non de lei
para o seu debate en comisión:
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a dirixise ao Ministerio de
Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente co obxecto de que, ante a situación
32954
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
de peche da pesquería de cigala na zona VIIIc que afecta a mais de 60 buques de
arrastre de Galicia, adopte as seguintes medidas:
1. Solicitar unha reavaliación do stock da cigala tanto na zona VIIIc
e na zona IXa, esta última en augas de Galicia.
2. Solicitar a realización dun estudio específico por parte do IEO tal
e como se está levando a cabo en augas do Golfo de Cádiz.
3. Solicitar a apertura da pesqueira da cigala na zona VIIIc, e,
subsidiariamente, na unidade funcional 25, xa que non é factible esperar ao ano
2019, ano en que o ICES ten previsto avaliar de novo a situación da cigala.”
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
Asdo.: Montserrat Prado Cores
Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
32955
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Asinado dixitalmente por:
María Montserrat Prado Cores na data 01/06/2017 17:03:25
Noa Presas Bergantiños na data 01/06/2017 17:03:37
Olalla Rodil Fernández na data 01/06/2017 17:03:41
Xose Luis Rivas Cruz na data 01/06/2017 17:03:45
Xosé Luis Bará Torres na data 01/06/2017 17:03:48
Ana Pontón Mondelo na data 01/06/2017 17:03:53
32956
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
1
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa
das deputadas e deputados Noa Presas Bergantiños, Ana Belén Pontón Mondelo,
Olalla Rodil Fernández, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis
Bará Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate en Comisión, relativa ao proxecto de
central hidroeléctrica reversíbel de Gas Natural SDG. SA e á afectación en diversos
municipios ourensás.
O pasado venres 19 de maio de 2017 saíu publicada no Boletín Oficial do
Estado a resolución do 5 de maio de 2017 da secretaría de Estado de Medio
Ambiente pola que se formula declaración de impacto ambiental do proxecto Central
Hidroeléctrica reversíbel de Gas Natural SDG. SA que afecta aos encoros das
Conchas e de Salas e a varios municipios ourensás. Este proxecto, do que leva anos
a falarse e a terse noticias por diversas fontes, modificaría as características de
aproveitamentos hidroeléctricos do río Salas (Salto de Salas) e do río Limia (Salto
das Conchas) e afectaría aos concellos de Muíños, Lobios, Lobeira e Entrimo,
ubicados nunha contorna caracterizada polo seu alto valor ambiental e natural así
como por unhas circunstancias socioeconómicas atravesadas polo avellentamento e a
perda de poboación.
Este acontecemento ten levantado as alertas de veciñanza e diversos
colectivos ecoloxistas. Cómpre recordar que o encoro das Conchas presentou xa no
ano 2011 un alto índice de contaminación por cianobacterias, tal e como desvelou un
32957
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2
estudo do Laboratorio de Xenética da Facultade de Veterinaria da Universidade
Complutense de Madrid malia que nesa altura os datos fornecidos polo goberno
galego eran positivos.
Desde entón diferentes movementos veciñais e sociais teñen traballado por
unha solución para o embalse das Conchas e por evitar a afectación a zonas
colindantes e de alto valor tanto social como ambiental, como por exemplo o encoro
de Lindoso, de Salas ou o Parque Natural do Xurés na súa extensión galega e
portuguesa.
Como se o impacto ambiental e a repercusión no territorio e na poboación
non foran abondo coa situación actual das instalacións, a empresa quere aumentar os
beneficios que obtén da explotación dos nosos recursos impulsando unha central de
bombeo entre os encoros Salas e As Conchas para multiplicar o bombeo. As obras
proxectadas desenvolveranse na denominada zona de transición da Reserva da
Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, a terreos incluídos na proposta de ampliación
da Rede Natura e en zonas de protección de diferente índole. Alén do previsíbel e
alertado impacto en numerosos indicadores ambientais, do risco de contaminar o
encoro de Salas, da afectación á calidade das augas, etc. desde o Bloque
Nacionalista Galego consideramos que de ir adiante esta modificación da concesión
estariamos diante dun novo caso de especulación enerxética no noso país
favorecendo un modelo que non favorece o aforro e a eficiencia nin é preciso para a
produción do país.
32958
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
3
Por todo isto, o Grupo Parlamentar do BNG presenta a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en comisión:
“O Parlamento Galego acorda insta á Xunta a demandar do Goberno Central
a paralización inmediata do proxecto de central hidroeléctrica reversíbel promovido
por Gas Natural SDG. SA que modifica as características de aproveitamentos
hidroeléctricos do río Salas (Salto de Salas) e do río Limia (Salto das Conchas).”
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
Asdo.: Noa Presas Bergantiños
Olalla Rodil Fernández
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Noa Presas Bergantiños na data 01/06/2017 17:59:29
32959
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
4
Olalla Rodil Fernández na data 01/06/2017 17:59:34
Xose Luis Rivas Cruz na data 01/06/2017 17:59:37
María Montserrat Prado Cores na data 01/06/2017 17:59:41
Xosé Luis Bará Torres na data 01/06/2017 17:59:43
Ana Pontón Mondelo na data 01/06/2017 17:59:46
32960
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada e
os seus deputados, María Dolores Toja Suárez, Julio Torrado Quintela e Juan
Manuel Díaz Villoslada, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo
160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte proposición
non de lei para o seu debate en Pleno.
O Exército español ten unidades dedicadas especialmente a Servizo Aéreo de
Rescate (SAR). Na actualidade conta con tres escuadróns deste tipo: o 801 en
Mallorca, o 802 nas Palmas e o 803 en Madrid. Así como os correspondentes
RCC (Rescue Coordination Center).
O SAR é un servizo para organizar e dirixir operacións de procura e salvamento
derivados de accidentes aéreos ou catástrofes naturais, fundamentalmente dentro
de espazo aéreo español.
Dende 1956 realízao o Exército español, cooperando con outros organismos de
seguridade e emerxencias en función de acordos internacionais sobre navegación
aérea de carácter civil.
Galicia non se encontra cuberta por ningún servizo deste tipo, e ademais o
aeródromo de Santiago, na actualidade practicamente está en desuso. Por iso,
dotar Galicia dun servizo de procura e salvamento, que ademais de dar apoio ao
Servizo de Gardacostas, podería suplir as súas carencias. Para o Estado español
implicaría, ademais, reducir o custe polas cantidades que factura á empresa
adxudicataria.
Por todo isto, o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, presenta a
seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a levar a cabo as xestións
precisas diante do Goberno central para esixirlle a creación en Santiago dun
servizo de procura e salvamento de catástrofes derivadas de accidentes aéreos ou
de catástrofes naturais, que complemente e apoie o Servizo de Gardacostas de
Galicia.
32961
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Pazo do Parlamento, 29 de maio de 2017
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 31/05/2017 13:11:48
Julio Torrado Quintela na data 31/05/2017 13:12:01
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 31/05/2017 13:12:13
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 31/05/2017 13:12:31
32962
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA gp-socialista@parlamentodegalicia.es
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa da súa deputada
e dos seus deputados, María Dolores Toja Suárez, Julio Torrado Quintela e Juan
Manuel Díaz Villoslada, a través do portavoz solicitan a esa mesa se proceda a
realizar unha corrección de erros advertida no documento con número de
rexistro 9740.
No primeiro parágrafo onde di: “… proposición non de lei para o seu debate en
Pleno.”, debe dicir: “… proposición non de lei para o seu debate na Comisión
8ª.”
Pazo do Parlamento, 5 de xuño de 2017
Asinado dixitalmente por:
María Dolores Toja Suárez na data 05/06/2017 18:52:51
Julio Torrado Quintela na data 05/06/2017 18:53:07
Juan Manuel Díaz Villoslada na data 05/06/2017 18:53:21
Xoaquín María Fernández Leiceaga na data 05/06/2017 18:53:34
32963
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a iniciativa das
deputadas e deputados Olalla Rodil Fernández, Noa Presas Bergantiños, Ana Belén
Pontón Mondelo, Xosé Luis Rivas Cruz, Montserrat Prado Cores e Luis Bará
Torres, ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, presenta a seguinte
Proposición non de lei para o seu debate na Comisión 4ª.
Espallados polas comarcas de Lugo atopamos distintos exemplos patrimoniais que
se atopan en completo estado de abandono e en risco mesmo de se derrubar.
No concreto, falamos da:
Torre de Torés (As Nogais): Aínda que hai quen conxectura que o
castelo medieval foi erixido sobre un primitivo asentamento castrexo ou unha
torre de orixe romana ou altomedieval, a verdade é que non existen referencias
escritas nin arqueolóxicas. Sen embargo, varios autores fan alusión a uns señores
de Torés, entre outros Fr. Xerónimo Pardo na súa “Historia del Apóstol Santiago”.
Desta antiga linaxe fala tamén, no ano 755, Servando, bispo de Ourense. O
licenciado Molina, ao referirse ao castelo, fala de que os Ribadeneira proveñen
dun infante galego que foi irmán da lendaria raíña Lupa que, segundo a lenda,
mandou construír o castelo, logo de se converter ao cristianismo e para
conmemorar o prodixio, como “totem” aos touros que nun carro transportaron o
corpo do Apóstolo Santiago. O suposto primeiro señor do castelo sería un tal
Lobo Leberio, fillo dun romano, Loberio Ribano, e da raíña Lupa. Outro señor de
Torés, a principios do século VIII, sería Diego Bolaño que defendeu a cidade de
Lugo. Vázquez Seijas, en “Fortalezas de Lugo y su provincia” (1955), achega
unha longa listaxe dos propietarios do castelo que ocuparon diversos cargos
32964
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
durante o reinado de varios reis. O primeiro nobre documentado a mediados do
século XV é Álvaro González de Ribadeneira a quen lle foron confiscados os seus
bens, a fortaleza entre eles, despois da execución do mariscal Pardo de Cela en
Mondoñedo. No ano 1507, a familia dos Ribadeneira mercáronno de novo. O
Interrogatorio do “Catastro de Ensenada” (1752-1753) fala da marquesa de Torés.
Na actualidade pertence á casa de Medinaceli que recentemente asinou un
convenio co Concello para cedérllelo durante vinte e cinco anos. Na actualidade
só se conserva unha torre ameada de planta cadrada, duns dez metros de lado e
dezaoito de alto, distribuída en tres andares e soto. O arruinado castelo, comido
pola vexetación, tivo outras dúas torres unidas ás murallas. No mes de xaneiro de
2013 comezaron os traballos de limpeza da torre e do acondicionamento da
contorna para facela visitable. Actualmente volve estar abandonada e en risco de
derrubamento. Propiedade privada en cesión ao Concello das Nogais. Sen Uso.
Torre de Doncos (As Nogais) Erixida sobre un outeiro rochoso na
segunda metade do século XIV, á beira do río Navia e xunto unha calzada
romana. Defendía a entrada a Galiza. Pertenceu aos Valcalce, pasando logo aos
condes de Monterrei. No ano 1603, sendo o seu propietario Fernando de Toledo,
xa ficaba medio arruinada. Do antigo castelo segue en pé a Torre da Homenaxe
construída en cachotaría de lousa e perpiaños graníticos que enmarcan portas e
ventás. Consta de tres plantas e soto. Salientan as ameas, unha porta alintelada
con arco semicircular e as seteiras. Da primitiva construción tamén se conserva un
muro de peche e un torreón de vixiancia cilíndrico. Coñecida tamén como Castelo
da Anca pola lenda que narra como, durante a Reconquista, un dos trece
cabaleiros que estaban para defender aos peregrinos que ían a Santiago de
Compostela viu como unha parella de cristiáns era atacada por un grupo de
sarracenos e como un deles tomaba prisioneira á muller, e con ela montada na
anca do seu cabalo tentou fuxir. Pero cando o sarraceno xa ía ser atrapado polos
cabaleiros, desenvaiñou o seu alfanxe e dun tallo degolou á moza para que
32965
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
ninguén gozase da súa beleza, quedando o seu cabalo branco tinguido de sangue.
Propiedade descoñecida. Sen uso.
Torre de Caldaloba (Cospeito): A torre de Caldaloba é o último
resto en pe do que noutrora foi unha fortaleza, destruída tras as revoltas
irmandiñas. Pertenceu o Mariscal Pardo de Cela, tras a sua decapitazón, herdaron
a Dona Constança de Castro e Fernan Ares de Saavedra filla e xenro do Mariscal.
Foi o derradeiro reduto da nobreza galega a política colonial e centralista de
Castela na época dos Reis Católicos. Posúe unha planta cuadrangular de 10,2
metros de lado, mais de 30 metros de altura e uns muros de 2,65 metros de
espesor. Os catro andares dos que dispoñía foron erguidos en manpostería de xisto
e granito, rematada por unha bóveda de canón percorrida por arcos fachóns como
salienta Angel del Castillo. Propiedade privada. Sen uso.
Torre do Batallón (Sarria): O Castelo do Batallón, como é
coñecido popularmente, é a torre da homenaxe do desaparecido castelo de Sarria
(Lugo). Aínda que non se coñece a data da súa construción, estímase que esta tivo
lugar no século XII, a raíz do matrimonio de Guitierre Ruiz de Castro con Elvira
Osorio. Cando a Gran Guerra Irmandiña (1467) o castelo foi arrasado polo
levantamento popular. Tras a derrota dos irmandiños, estes foron obrigados a
reconstruilo de novo. Ata o século XVII foi utilizado coma prisión e estivo
habitado polo correxidor do marquesado de Sarria ata 1730. Co tempo, o castelo
foi caendo no abandono, pero en 1860 o senador lucense Casiano Pérez Batallón
mercouno e cubriu os foxos defensivos do castelo. Despois de pasar por mans dos
marqueses de Sarria, na actualidade pertence aos herdeiros de Pérez Batallón.
Dados os elevados custos de mantemento e á ausencia de axudas públicas, nestes
momentos está á venda. O Castelo do Batallón é un emblema do pobo de Sarria,
ata o punto de que aparece na bandeira e no escudo da vila. Propiedade privada.
Sen uso.
32966
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Castelo de Doiras (Cervantes): O castelo de Doiras é tamén
coñecido como Torre de Ferreiras ou da Ferreiría, quizais pola súa proximidade á
ferreiría de Fonquente. Sitúase a uns 745 metros de altura, dominando o río
Cancelada na desembocadura do Doiras. De difícil acceso agás pola parte Sur,
onde chega o camiño, sitúase sobre un rochedo converténdoa nunha fortaleza
impresionante pertencente ó dominio do señor de Cervantes, o conde de Graxal de
Campos, título que ata 1909 ostentou o duque de Sesto. De planta rectangular de
25 por 21 metros e muros dun grosor de metro e medio, están feitos de cachotería
pizarrosa duns oito metros de altura non sendo igual en tódolos sitios debido ós
desniveis do terreo. Posúe dúas torres, unha circular e a outra, a Torre do
Homenaxe que se sitúa ó Leste acadando os quince metros de altura. Esta torre é
rectangular de 10 por 8 metros e con muros de dous metros de grosor. A porta de
entrada da á fronte do patio da honra e amosa un arco de medio punto, abríndose a
unha altura de catro metros. Ademais presenta un paseo de rolda, ameas na cerca
e na torre, un alxibe e diferentes dependencias. Propiedade privada. Sen Uso.
Castelo de Navia de Suarna: Deformado castelo situado na capital
do concello de Navia de Suarna. As súas orixes remóntanse ó século XI, cando
Rodrigo Gutiérrez entrega a fortaleza como dote á súa muller Senior, a doncela de
Suarna, no 1037. O castelo pertenceu ás liñaxes dos Osorio e os Altamira. Logo,
foi destruído polos irmandiños na revolta do 1467. Trala súa reconstrución foi
pasando de man en man ata dar coas poutas do cura Manuel López Ernesto quen,
sen ningunha contemplación polos seus anos de historia, fixo das súas
dependencias un edificio serpeante de vivendas particulares. E isto con métodos
pouco tradicionais e con moi mal gusto. Unha chapuza das de catálogo. Este
bloque de vivendas con historia levántase sobre unha pena de xisto á beira do río
Navia e dunha ponte altomedieval de arco oxival. Propiedade privada. Uso
residencial.
32967
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Torre de Taboi (Outeiro de Rei): Segundo escribe Ramón Boga na
súa magnífica guía, a torre de Taboi sería o primitivo predio dos Saavedra, aos
que pertenceu toda a terra de Parga. Da torre-fortaleza só queda en pé a torre
incompleta da Homenaxe: Amosa unha planta case cadrada de grosos muros. A
un terzo de altura hai ou había unha única porta de acceso que corresponde á
ponte levadiza desaparecida. A esta porta fáltanlle os seus sillares mostrando unha
preocupante e alarmante derrube non moi lonxana. Nun dos paramentos, no máis
alto, ábrese unha pequena xanela con lintel triangular de granito. Fáltalle o
coroamento ameado, así como a bóveda que suxeitaba a terraza. Interiormente é
seguro que se distribuiría a través de tres andares e soto, como parecen indicar as
pegadas que quedan nos muros e que terán uns 15 metros de altura
aproximadamente. O resto da construción é de cachotería pizarrosa. En resumo, a
torre áchase en estado ruinoso, con grandes gretas no lateral sur. O escudo
principal áchase no Museo Provincial de Lugo e un segundo escudo áchase no
pazo ou “casa da Torre” do lugar. Propiedade privada. Sen Uso.
Torre de Arcos (Chantada): único vestixio que resta do castelo de
Témelos, declarada Ben de Interese Cultural o 17 de outubro de 1994.
Exemplos variados de arquitectura civil e propiedade privada cun trazo común, un
grande e notorio deterioro resultado nalgúns casos do desleixo das familias propietarias
ou mesmo do descoñecemento das persoas ás que pertencen, razón pola que se ve
vulnerada a obriga de conservación dos bens e que motiva de maneira urxente a
intervención por parte da administración en aras do interese social recollido na vixente
Lei 5/2011 de Patrimonio Cultural de Galiza así como a súa posta en valor.
Por todo o exposto, formulamos a seguinte proposición non de lei para o seu
debate na Comisión 4ª:
32968
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a:
1. Iniciar os procedementos administrativos precisos para garantir a conservación
destes bens patrimoniais mesmo se for necesario facendo valer a expropiación forzosa
daqueles que así o requerisen dacordo co disposto no artigo 51 da Lei 5/2011 de
Patrimonio Cultural de Galiza.
2. Deseñar un plan plurianual para a recuperación e posta en valor dos mesmos de
maneira conxunta coa Deputación de Lugo e os concellos nos que se asentan.”
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017
Asdo.: Olalla Rodil Fernández
Noa Presas Bergantiños
Xosé Luis Rivas Cruz
Montserrat Prado Cores
Luis Bará Torres
Deputadas e deputados do G.P. do BNG
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Olalla Rodil Fernández na data 01/03/2017 11:26:18
32969
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Noa Presas Bergantiños na data 01/03/2017 11:26:22
Xose Luis Rivas Cruz na data 01/03/2017 11:26:26
María Montserrat Prado Cores na data 01/03/2017 11:26:43
Xosé Luis Bará Torres na data 01/03/2017 11:26:45
Ana Pontón Mondelo na data 01/03/2017 11:26:50
32970
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
gp-bng@parlamentodegalicia.gal
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), solicita que se
teña en conta a seguinte corrección de erros na proposición non de lei con número de
rexistro 5847:
Na parte resolutiva onde dí.
“...artigo 51 da Lei 5/2011 de Patrimonio Cultural de Galiza.”
Debe dicir:
“...artigo 51 da Lei 5/2016 de Patrimonio Cultural de Galiza.”
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
Asdo.: Ana Pontón Mondelo
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Ana Pontón Mondelo na data 30/05/2017 11:11:23
32971
BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA
Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia. Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25 Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727