Buscando información nos documentos impresos

Post on 17-Mar-2016

231 views 12 download

description

Titorial para aprender o uso das ferramentas informativas existentes nos documentos impresos. CEIP Frian - Teis. Biblioteca escolar. Curso 2012 - 2013.

Transcript of Buscando información nos documentos impresos

INVESTIGANDO NOS DOCUMENTOS IMPRESOS

C.E

.I.P.

Fria

n - T

eis

Bibl

iote

ca E

scol

arCu

rso

2012

- 20

13

Nas vindeiras semanas, os teus compañeiros e máis ti teredes que elaborar un traballo sobre o noso Proxecto Documental Integrado deste curso: A lingua sabe a pan.

Un traballo é algo moi serio, e debe estar ben documentado.

Non vale empregar calqueira páxina da Internet.

Temos que buscar información de persoas realmente expertas.

Por iso cómpre utilizar algúns documentos informativos en formato impreso que existen na nosa Biblioteca.

Se estás moi atento, aprenderás a utilizar algunhas ferramentas que te axudarán a descubrir se un libro informativo pode ser útil ou non para o teu traballo.

A CUBERTA dun libro danos unha primeira información útil: o título, o autor e a editorial.

Autores

Título

Editorial

Na CONTRACUBERTA adóitase expór un breve resumo sobre o contido da obra ou sobre o seu autor.

No Interior, a PORTADA pode engadir algunha información distinta á atopada na CUBERTA.

Portada

O ÍNDICE, SUMARIO ou TABLA DE MATERIAS é unha lista dos títulos dos capítulos nos que se divide un libro. Danos unha visión xeral dos temas que aborda este.

A INTRODUCIÓN ou PRÓLOGO adoita ser un comentario breve sobre o contido e os obxectivos do libro. Pode complementar ó ÍNDICE.

A CONCLUSIÓN ofrece unha síntese ou resumo das ideas principais expostas no libro.

O GLOSARIO ou VOCABULARIO é un listado especializado de vocabulario que vai acompañado da súa explicación.

A BIBLIOGRAFÍA é unha relación da documentación que o autor ten empregado para redactar o seu libro.

E AGORA...

PRIMEIRO PASO

Coñece o tema do teu traballo

• O teu titor coñece o tema asignado para a túa aula.

• É importante saber de que tema se trata para localizar correctamente a información.

SEGUNDO PASO

Selecciona os documentos que che interesan

• Na caixa amarela, atoparás todos os documentos relacionados co proxecto.

• Elixe aqueles títulos que, dalgún xeito, poidan ter que ver co teu tema.

TERCEIRO PASO

Emprega as ferramentas do libro que aportan información

• Consulta o ÍNDICE dos libros que tes seleccionado.

• Follea os capítulos que che parezan relevantes.

• Anota os aspectos que sexan de interese para o tema que tes que traballar.

CUARTO PASO

Elabora un guión

• Este aspecto é fundamental para que o teu traballo sexa coherente.

• Deberás elixir unha orde lóxica no tratamento dos temas.

QUINTO PASO

Redacta o teu traballo

• Non copies.

• Utiliza as túas palabras.

• Non escribas o que non entendas.

ALONSO, Néstor. Cómo hacer un trabajo de investigación. Consejos útiles para no naufragar en el intento. C.E.I.P. San Félix (Candás - Asturias). <http://dpto.educacion.navarra.es/publicaciones/pdf/estudiar.pdf> [Consulta 10 de febreiro de 2013]

CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño). Cómo facer un traballo monográfico. <http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/pasosparauntraballo_ceipdeleirado.pdf> [Consulta 10 de febreiro de 2013]

ILLESCAS, Mª Jesús. Estudiar e investigar en la biblioteca escolar. Formación de usuarios. Gobierno de Navarra. <http://dpto.educacion.navarra.es/publicaciones/pdf/estudiar.pdf> [Consulta 10 de febreiro de 2013]

DOCUMENTACIÓN