CAMPAMENTO MEDIOAMBIENTAL DE VILAGARCÍA … CampMA.pdfCAMPAMENTO MEDIOAMBIENTAL DE VILAGARCÍA DE...

Post on 09-Jul-2020

6 views 0 download

Transcript of CAMPAMENTO MEDIOAMBIENTAL DE VILAGARCÍA … CampMA.pdfCAMPAMENTO MEDIOAMBIENTAL DE VILAGARCÍA DE...

CAMPAMENTO MEDIOAMBIENTAL DE VILAGARCÍA DE AROUSA VERÁN 2.017

CORTICATA TURISMO MEDIOAMBIENTAL

Empresa autorizada polo PNIA.

T. 639 870 488 - 625 807 923

RELACIÓN DE ACTIVIDADES.

Algunhas das actividades propostas son as seguintes:

Actividades medio ambientais e de sensibilización: xogos na natureza, itinerarios de identificación de elementos naturais, cadernos de

natureza, talleres, interpretación de materiais educativos. Con estas actividades pretendese:

Potenciar o traballo grupal e individual, desenvolvendo un ambiente cooperativo.

Desenvolver nos nenos/as as capacidades cognitivas, motrices, de relación e inserción social coa contorna.

Fomentar o descubrimento das posibilidades artísticas e creativas de cada neno/a. Achegar a natureza, concienciar e sensibilizar

sobre o medio ambiente no seu conxunto

Actividades de animación, participación, convivencia e voluntariado: Reunións, obradoiros, teatralización en espazos naturais, etc., para

acadar:

Favorecer e potenciar o desenvolvemento cognitivo do neno/a.

Romper inhibicións.

Favorecer o desenvolvemento psicomotriz.

Estimular a creatividade do neno/a.

Aprender a asumir as normas e regras propias dos xogos.

Potenciar o traballo grupal e individual.

Aprender a compaxinar o xogo con valores fundamentais como o respecto, a amizade e a solidariedade.

Utilización do xogo en espazos naturais como ferramenta fundamental de divertimento para os nenos/as.

Tomar contacto cos diferentes programas de voluntariado e valorar a súa importancia.

Actividades culturais: Actividades coas que dar a coñecer a importancia histórica e cultural da zona por medio de rutas e itinerarios

interpretativos, coñecendo a tradición e os recursos culturais da zona. Tamén se pretende:

Fomentar a expresión artística dos nenos/as.

Desenvolver o aspecto artístico e creativo dos participantes, así como a súa aplicación práctica e física.

Fomentar a solidariedade, o compañeirismo e os valores sociais.

Actividades deportivas: kaiack, bicicleta, etc. que permitan os nenos/as:

Desenvolver as habilidades, destrezas e capacidades de cada neno/a.

Aprender a cumprir as regras dos diferentes deportes.

Desenvolver as posibilidades motrices, expresivas e creativas a partir do corpo.

Introducir aos nenos/as no ambiente deportivo.

Favorecer o sentido do compañerismo.

Dar a coñecer e familiarizarse con diferentes deportes

6.3 PROGRAMACIÓN (ACTIVIDADES DÍA A DÍA).

ACTIVIDADES DÍA 1. (Actividade na Illa de Cortegada).

**As actividades poderían sufrir modificacións en función da metereoloxía, programación, colaboradores, etc.

10:00-10:30: Chegada dos nenos/as o auditorio.

10:30-14:00: Actividade na Illa de Cortegada pertencente o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

14:00 -16:00: Comida e tempo libre na Illa de Cortegada.

16:00-18:30: Actividade na Illa de Cortegada pertencente o Parque Nacional das Illas Atlánticas.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 2.

10:00-10:30: Chegada dos nenos/as o auditorio.

10:30-14:00: Visita a protectora de animais. Inicio da ruta monte Xiabre.

14:00 -16:00: Comida e tempo libre en Fontefría.

16:00-18:30: Ruta senderismo monte xiabre.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 3.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Actividade anelamento de aves na contorna do parque da Coca.

14:00: Fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 4.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Actividade ruta senderismo Monte Lobeira.

14:00 -16:00: Comida e tempo libre en Lobeira.

16:00-18:30: Actividade ruta senderismo MonteLobeira.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 5.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Actividade voluntariado nos Parques urbanos do Concello (praia de Compostela).

14:00 -16:00: Comida e tempo libre.

16:00-18:30: Actividade kaiak na praia da Concha e Compostela.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 6.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Obradoiro de teatralización nos espazos naturais e creatividade.

14:00 -16:00: Comida e tempo libre no parque de Compostela.

16:00-18:30: Actividade visita museo do ferrocarril.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 7.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Actividade divulgativa na praza de abastos.

14:00 -16:00: Comida e tempo libre.

16:00-18:30: Actividade kaiak na praia da Concha e Compostela.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 8.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Actividade ruta interpretativa Castro Alobre e parque do Castriño.

14:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 9.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Ruta interpretativa casco urbano e histórico de vilagarcía.

14:00 -16:00: Comida e tempo libre.

16:00-18:30: Actividade xincana polos comercios de Vilagarcía. Zona aberta.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.

ACTIVIDADES DÍA 10.

10:00-10:30: Chegada dos participantes o auditorio.

10:30-14:00: Obradoiros recursos naturais do concello. Ruta interpretativa bancos marisqueiros.

14:00 -16:00: Comida e tempo libre.

16:00-18:30: Actividade divulgativa coñece a nosa ría. Paseo en embarcación pola Ría de Arousa.

18:30-19:00: Regreso dos participantes e fin da xornada.