Campana De Nadal 2009 Lectura

Post on 23-Dec-2014

404 views 6 download

description

 

Transcript of Campana De Nadal 2009 Lectura

Se che interesa, colle un folleto nas mesas dos recibidores.

Campaña “Por Nadal regala un libro” 2009

IES Eduardo Blanco Amor

El juego de la luna. Enrique Bonet.

Premio Expocómic 2009 á obra nacional e mellor guionista. Relato intemporal, de corte fantástico e fantasmagórico

La isla sin sonrisa. Enrique Fernández. Ed. Glenat.

Anque pareza un album ilustrado infantil, en realidade pode servir para un lector de calquera idade, como os grandes clásicos de sempre.

O home do traxe Branco. Ed. Xerais.

Nun caloroso día de verán prodúcese un grande incendio nun bosque de Galicia. Pola noite, uns rapaces descobren unha gran nave. Dela xorden varios buzos escoltando unha estraña criatura anfibia que dá a luz a súa cría. Cando parece que todo finalizou, da nave descende un misterioso home con traxe branco, acompañado dun estraño animal. Quen é ese home? Só este grupo de rapaces descubrirá de onde vén.

" O contador de estrelas". Jaureguizar. Obradoiro.

O contador de estrelas é unha novela que narra o peculiar verán vivido por unha adolescente chamada Antía, afeccionada aos avións e aos libros de vampiros.A trama comeza cando descobre que terá que pasar o verán coa súa nai, Rosa, no seu novo posto de traballo. Rosa será a nova emisorista do Servizo Antilumes no Aeródromo de Rozas, na comarca de Lugo, un lugar que se vai ver afectado polos incendios..

Se che interesa, colle un folleto nas mesas dos recibidores.

Campaña “Por Nadal regala un libro” 2009

IES Eduardo Blanco Amor

A praia dos afogados. Domingo Villar.

Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará ao inspector a...

A la mierda en bicicleta. Gonzalo Moure. Ed. SM.

Javier, un rapaz de catorce anos que vive no campo e convértese no novo amigo dos animais nun programa da televisión. Pero ninguén conta con que poida ter ideas propias que poñan en perigo os plans dos adultos.

La maldición del arquero. Joan Manuel Gisbert. Ed.Oxford.

Unha temible maldición de sangue cae sobre Arno un novo arqueiro que se dirixe ao castelo real de Turania. É unha arriscada viaxe cheas de situacións perigosas e encontros estraños.

¿Quién me robó mi queso? Spencer Jonson. Ed. Irano.

É un conto sobre o cambio que ten lugar nun labirinto onde catro divertidos personaxes buscan "queixo". Cada un de nós ten a súa propia idea do que é o queixo, e vai tras el porque cre que o fai feliz. Se o consegue, case sempre se encariña con el. E se o perde ou o quitan, a experiencia adoita resultar traumática.

Se che interesa, colle un folleto nas mesas dos recibidores.

Campaña “Por Nadal regala un libro” 2009

IES Eduardo Blanco Amor

¡ Ojalá no hubiese números! E. Montañés (Nivola).

Trata dun neno, Arturo, que odiaba as matemáticas e un día dixo: " Ogallá non houbese números!". O rei das matemáticas Pitágoras V, decidiu tomar unha decisión precipitada, facendo que ninguén do planeta soubese os números, agás Arturo. A súa misión consistía en aprender os números a alguén para acabar co maleficio. Conseguiuno e, a través diso, decatouse da importancia dos números: xa non tiña problemas coas matemáticas

Ernesto, el aprendiz de matemago. J. Muñoz. Nívola

De pronto apagaron as luces, un potente foco de luz iluminou a entrada de artistas e unha silueta fixo a súa aparición entre a néboa. Cubríase cunha longa capa azul...

Charlie y la fábrica de chocolate. Roald Dahl

Esta historia mostra como ás veces unha decisión pode transformar radicalmente toda unha vida... E isto é xusto o que sucede a Charlie.Os traballos infantís de Dahl están contados usualmente dende o punto de vista dun neno, frecuentemente involucrando a malvados adultos que odian e tratan mal os nenos, e presentando polo menos un bo adulto que contrarresta aos malvados

"De Profundis". Miguelanxo Prado. Ed. Norma

Libro baseado na longametraxe do mesmo título. É unha proposta sorprendente.

Se che interesa, colle un folleto nas mesas dos recibidores.

Campaña “Por Nadal regala un libro” 2009

IES Eduardo Blanco Amor

"Insomnios". Guillermo Ortiz. Ed. Diábolo.

Humor gráfico intelixente. Máis de cen personaxes e cada un ten o seu propio xeito de contar ovellas cando non pode durmir.

Circe ou o pracer azul, de Begoña Caamaño.

Nesta novela editada por Galaxia dentro da Colección Literaria, Begoña Caamaño relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea.

"Branco", de Manuel Darriba. Galaxia .

Nun estado policial, dous militares das forzas de represión deteñen e reclúen a unha muller, á que someten a un violento e cruel interrogatorio. Anos despois, o azar fai que os destinos deses dous homes se volvan a cruzar tamén traxicamente

Sete palabras. Suso del Toro.

Esta nova novela de Suso de Toro tómanos dá man desde o comezo e fai que, empurrados pola intriga e pola emoción da súa lectura engaiolante, acompañemos ao protagonista nunha estraña viaxe cara á orixe para desvelar as claves da identidade persoal. Este relato é unha investigación radical e íntima, unha historia de familia, un retrato particular e colectivo dous humildes onde se acrisolan vos diferentes...

Se che interesa, colle un folleto nas mesas dos recibidores.

Campaña “Por Nadal regala un libro” 2009

IES Eduardo Blanco Amor

Sol de Inverno, de Rosa Aneiros.

É a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dun personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia…

Love story, de Erich Segal.

“Dulzona”, quizais obra que posúe relambidas frases e tráxico final, pero historia de amor entre universitarios. A rapaza, ademais, bibliotecaria.

Todas las almas, de Javier Marías.

Outro que escribe en español sobre as clásicas universidades inglesas, con bastante coñecemento de causa. Tamén hai mortos

Se che interesa, colle un folleto nas mesas dos recibidores.

Campaña “Por Nadal regala un libro” 2009

IES Eduardo Blanco Amor

Un mundo sin fin (Los pilares de la Tierra II) de Ken Follet.

É a secuela de Los Pilares de la Tierra, pero non importa en qué orde as leas. Está ambientado na mesma cidade, Kingsbridge, pero ten lugar douscentos anos despois e céntrase nos amores, peste negra odios, paixóns, orgullos e vinganzas do mundo, visto polo medieval autor.

La isla bajo el mar de I. Allende

Esta é a historia de Zarité, unha rapaza mulata que aos nove anos é vendida como escrava. Ao longo da novela viviremos corenta anos da vida de Zarité e o que representou a explotación de escravos na illa no século XVIII, as súas condicións de vida e como loitaron para conseguir a liberdade.

La perla de John Steinbeck.

Unha das narracións máis intensas e conmovedoras da literatura contemporánea, unha auténtica obra mestra. A historia de Kino o pescador, do seu fillo Coyotito e da perla máis fermosa xamais pescada. É un símbolo tráxico que condensa toda unha filosofía da existencia

Se che interesa, colle un folleto nas mesas dos recibidores.

Campaña “Por Nadal regala un libro” 2009

IES Eduardo Blanco Amor

Campos de fresas, de Jordi Sierra i Fabra

Unha novela realista sobre as drogas de deseño e as discotecas. A vida é como un taboleiro de xogos e todo depende das fichas que escollemos. Luciana elixiu mal unha ficha e a súa partida está a punto de rematar... Poderán os seus amigos conseguir que xogue a prórroga?

Cuartos oscuros de Juan Madrid.

Tomás soña moitas veces co seu pai, o seu heroe. Cando este o informa de que vai escapar de prisión, o mozo pretende axudarlle e emprende un longo camiño cheo de aventuras dende Vallecas ata Málaga. As cousas non sairán como o tiñan previsto pero, ao final da viaxe, Tomás daría pasos importantes cara a súa madurez. Trepidante novela de aventuras sobre a fidelidade cara aos pais.

Las aventuras del capitán Alatriste

A historia dun veterano dos terzos de Flandes que malvive como espadachín a soldo no Madrid do século XVII. As súas aventuras apaixonantes somérxennos nas intrigas da Corte dunha España corrupta e en decadencia, as emboscadas en quellas escuras entre o brillo de dous aceiros, as tabernas onde Francisco de Quevedo compón sonetos entre pendencias e botellas de viño, ou os currais de comedias onde as representacións de Lope de Vega rematan a coiteladas. Acción, historia e aventura danse cita nestas páxinas inesquecibles.