Post on 30-Mar-2016
description
CADA DÍA É UN 14 DE FEBREIRO
Un ano máis sentada aquí, no cemiterio, chorando por ti.
Un ano máis no que ti xa non estás comigo, un ano máis
botándote de menos. Un ano máis…
Non penses que só me acordo de ti o 14 de febreiro,
acórdome de ti os 365 días do ano. Gustaríame terte aquí,
pero consólome pensando que estás ben, que me deches a
felicidade nos anos que estiveches comigo. Cada día,
recordo cada momento, cada segundo, como podíamos
pasar horas xuntos como se fosen segundos. Aquí
deixaches persoas que te querían, que che coidaban e ás
que ti coidas agora dende aí arriba.
Non dubides que nunca te esquecerei, que te quererei
sempre e que a túa felicidade tamén foi a miña. Xa sabes, o
único que che podo prometer é que o teu corazón non
deixará de bater mentres estea vivo no meu.
CARLA TUBÍO. PCPI-2
Ola pequeno:
Hoxe, como moitas outras veces, escríboche outra carta;
pero despois de todo o que pasou, quero facerche sentir
especial e intentar arranxar todo o mal que che causei.
Como non nos podemos ver, escríbocha para poder
sacarche ese sorriso teu que tanto me gusta mentres a les.
Quero dicirche que, pese a que moitas veces fallo, sempre
intento facer o mellor para ti, e enfádome cando intento
facelo todo ben e en vez diso acabo facéndoche dano. Es
único e non quero que cambies nada de ti. Só que me
comprendas cando che digo que necesito sentirme querida
e ver que todo o que me esforzo porque isto saia adiante
ten o seu resultado. Quérote e sabes que se non foses ti,
había tempo que houbese tirado a toalla. Gústanme cada
parte de ti, cada xesto e cada sorriso que me botas. Cada
vez que me persegues para facerme cóxegas, fasme sentir
especial. O único motivo que teño as mañás para
levantarme é pensar no momento do día no que nos
veremos para poder abrazarte e dicirche un millón de
cousas, para poder notar as túas mans mentres me
acaricias e me dis “quérote”.
ANGELA ALCALDE. PCPI-2
Ola, amor:
É mirarte mentres dormes e non saber quen dos dous
está soñando.
Dende que chocasches a túa vida contra a miña todo
cambiou.
Dásme vida e alegría, devolveches o sorriso á miña boca,
dásme amor e compresión.
Non existe nada comparable cada vez que me acaricias,
pero sí podería compararte con eses sitios aos que
sempre queres ir e dos que nunca queres volver. Ti es o
meu sitio.
Os teus beizos son os que realmente quero bicar cada día.
As horas xunto a ti parecen minutos. Gustaríame terte de
luns a domingo durante todos os días que nos quedan por
vivir.
Grazas por facer que a palabra amor conserve todo o seu
significado.
CARLA VIDAL. PCPI-2
Querida cama:
O noso amor é imposible xa que a decisión está tomada.
Esta vez non hai volta atrás. Depois de tantos anos e
tantas cousas que pasamos xuntos, chega o momento de
despedirse. Eu sigo estando moi contento contigo, pero
miña nai di que xa é hora de cambiar o cuarto e non
encaixas na nova decoración. Alá onde vaias, aínda que
non esteas, eu seguireiche recordando. Nunca me
esquecerei de ti. Lembrarei cando nas frías noites de
inverno me abrigaches, mentres fóra sentía o forte vento
zoar e a chuvia caer coma chuzos. Que dicir desas veces
que, xogando ás agochadas, na casa, servíasme para
gañar a partida meténdome debaixo de ti. Agora que xa
nunca máis volverá a ser como antes, só me queda
dicirche que o noso amor vivirá para sempre, xa que eu
nunca me olvidarei de ti.
Adeus, miña cama!
IVÁN TÚÑEZ. PCPI-2
Carta De Amor
Mándoche esta carta para dicirche o boa persoa que es e
o ben que me caes. Quero que así sigas para sempre, que
non cambies. Es a mellor irmá que puiden ter . A pesar de
que esteamos pelexando a metade do día, pasámolo ben
xuntos. Aínda que me espertes todos os sábados ás nove
da mañán para poñer os debuxos, non me molesta. Xa
van cinco anos e quero que sigan así moitos máis. Espero
que che guste esta carta porque a fixen de corazón.
JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ. PCPI-2
Querido felino meu:
Grazas por ese cariño incondicional que me dás.
Grazas por encher os meus xerseis de pelo e de rascarme
as posadeiras da moto con tanto cariño.
Gústame como te restregas cando che dou penso antes
de ir para o instituto.
Non me agrada que me rasques os sofás nin que te deites
nas miñas mantas, posto que son alerxico ó teu pelo, pero
todos os seres vivos, por moi perfectos que sexamos,
temos defectos.
Á hora de comer gustame terche enfronte da ventá e
darche una cunca de leite ó rematar.
Cando noto as túas unllas nas miñas mans, sinto dor ó
mesmo tempo que unha leve mostra de amor.
Sei que non che fago moito caso e que a maioría das
veces escapas de min, pero aínda que sempre demostrara
odio cara os da túa especie, gústame terche no meu
regazo as frías noites de inverno.
MARIO VICENTE. PCPI-2
Querida cama:
Só che quero dicir que che quero moitísimo. Ti estás aí
cando te necesito, dásme calor neses días fríos. Pero
agora témonos que despedir. Sinto dicirche isto, pero o
médico mandoume cambiar de cama e buscar outra máis
cómoda. Isto significa que é un adeus, pero eu a ti nunca
che olvidarei, non olvidarei esas sestas antes de ir á praia,
nin esas noites que viña de festa con frío e ti estabas aí
para darme calor, nin eses días nos que estaba enfermo e
só quería estar contigo, nin esas tardes de chuvia que non
tiña que facer e ti estabas comigo, viamos a tele e
riamos…
OSCAR GALBÁN. PCPI-2
Querida:
Xa non recordo canto tempo pasou dende que
desapareceches da miña vida ou , quizais non o quero
recordar … Esta é a primeira vez que teño a valía de
escribirche, de intentar que me perdoes, unha vez máis ,
de convencerche de que cambiei que xa non son o
mesmo, que non volverei facer esas parvadas das que te
cansaches, esas parvadas que fixeron que te cansaras de
min …
Despois de aguantares tanto supoño que será difícil
conseguir o teu perdón, conseguir unha nova
oportunidade e que esta sexa a última. Prométoche que
non farán falla máis, porque ao fin e ao cabo cada día sen
ti é un día perdido …
Realmente non sei nin se chegarás a ler esta carta, non
sei se cando a acabe serei capaz de mandarcha, ou se ti a
vas querer ler … Supoño que teño medo, medo a que non
me contestes ou peor aínda a unha mala resposta, xa que
a pesar de que en todo este tempo non deixei de
quererte e de pensar en ti non sei se ti sentiches o
mesmo ou se che foi máis fácil esquecerte de min. Espero
que non sexa así e que todo o que che escribo nesta carta
non sexa en van …
Quérote.
PABLO SUÁREZ. PCPI-2
Querido irmán, esta carta vai adicada a ti:
Xa sei que non é corrente escribir unha carta así, pero só
quero que saibas o moito que te quero.
Sempre fuches o meu exemplo a seguir, o meu irmán
maior, ao que idolatro, o neno dos meus ollos. Moitas
grazas por estar sempre aí, tanto no bo como no malo,
nas alegrías ou nas penas. Se necesito algo sempre teño
con quen contar, porque eu sei ben que como eu o daría
todo por ti, ti farías o mesmo por min. Tan só necesito
pedirche unha cousa, nunca me faltes, meu neno, porque
non sabería que facer sen ti. Se me faltases algún día,
romperíasme o corazón en mil anacos e non habería
forma algunha de remedialo. Porque, aínda que nunca
cho dixera, es a persoa a quen máis quero.
Xa acabo e quero volver a repetir: quérote por riba de
todo, irmán.
AINHOA PIÑEIRO. PCPI-2
Carta de amor
E agora que xa non estás, sinto un vacío no peito que me
percorre e me estremece todo o corpo.
Sinto que che preciso, pero tamén sinto que se estás,
afógasme.
Nin contigo, nin sen ti.
Os días contigo eran máxicos e un día sen ti era como mil
anos sen sol, como mil días de choiva que me amargaban
o corazón.
Agora que te fuches para sempre, non vexo a choiva, só
sinto o frío do inverno, pero sei que volverá a saír o sol
algún día.
Por iso creo que é mellor que este amor, intenso mentres
durou, quede no olvido, aínda que os dous sabemos que
nunca morrerá.
BEA REY. PCPI-2
Querida avoa:
Xa fai tempo que non falamos e quería que
souberas como van as cousas por aquí.
O avó xa non ten o sorriso de sempre. Ir á casa
xa non é o mesmo sen ti, sen os teus abrazos e
sen os teus bicos. Até me parece que non ten
aquel olor a frescura. As festas xa cambiaron,
non se beben os licores e tampouco se canta,
só se ve a tele. Sei que ti non quererías que as
nosas vidas cambiaran cando ti marcharas,
pero resulta imposible. Cada cousa que
facemos supón pensar en ti. Lémbrome de
como te rías cando estoupaba os globos co cu
ou mesmamente como comías as salsas da
carne.
Avoa, sería xenial volver atrás e aproveitar todo
aquel tempo perdido, pero sei que as cousas
pasan por algo e só se viven unha vez.
Xa me vou despedindo, pero só por hoxe. Até
que nos vexamos, ti espérame.
Quérote moito, avoa!
CARLA FERNÁNDEZ. PCPI-2
Con esta carta de amor quero expresarche todo o amor
que sinto por ti, porque que moitas veces non son capaz
de facelo cos meus actos.
Desde a primeira vez que che vin, non che podo sacar da
cabeza. Apareces ata nos meus soños. Sei que es a miña
media laranxa e que ti máis eu nacemos para
namorarnos, para vivir xuntos ata a fin dos nosos días. Sei
que nada nin ninguén nos poderá separar xamáis.
Quero expresarche todo o amor que sinto por ti. Quero
que saibas que es o máis importante da miña vida.
Pídoche que xamáis me deixes, xa que sen ti a miña vida
non ten sentido, estaría vacía.
Adeus, sempre estarei contigo.
RAÚL RIAL. PCPI-2
Carta de amor
¿Lembras o teu primeiro paso?. ¿A primeira vez que batiches contra
o chan?. Nacemos e choramos, crecemos e sorrimos e, co paso do
tempo, decatámonos de que non é un ou outro extremo. Existe un
termo medio que non sempre somos capaces de atopar, unha foto,
unha canción, un libro talvez. Xente que vai, xente que ven, e ti ves
como pasa ao teu redor, sentes e calas, calas e choras, choras e ves
como se escachan os esquemas. Os plans de futuro que con tanta
ilusión o teu maxín construía esfarélanse. Perdes a noción de quen es
e do que un día fuches. Senteste vacía, sen identidade, perdida nun
mundo ao que dis non pertencer, soa. E cando estás a piques de caer
aparece el. Co seu sorriso, coa súa forma de ser, disposto a dalo todo
por ti, a quererte como ninguén te quixo, a protexerte, a coidarte.
Faiche unha das proposicións máis fermosa da túa vida e, con medo,
aceptas. Pasa o tempo e de súpeto apágase a luz, a música deixa de
soar e, no seu lugar, unha morea de lembranzas invaden o teu maxín.
Sen saber por qué un leve sorriso debúxase na túa faciana. Unha vez
máis grazas a el, á persoa que lle dá sentido a todo, aínda que nada
teña.
El estivo onte, está hoxe e estará mañá. E dime algo. ¿Quen dixo que
namorarse era complicado? Namorarse é sentir , soñar esperta, ter
un motivo polo que seguir, unha ilusión. Deitarse cada noite
lembrando un sorriso, un ollar. Espertar desexando que pasen os
minutos, as horas para velo.
Rifas, reconciliacións, momentos de baixada que non tardan en
transformarse nos mellores da túa vida. Caer xuntos e manterse
arriba. Sentir que o es todo para alguén e que ese alguén o é todo
para ti…
XEILA ROMERO. PCPI-2
Querido balón:
Sei que non che queda moito tempo, despois
de tanto que xoguei contigo, despois de tanto
maltratarche contra o asfalto, contra as
paredes, mollándote.... Tampouco me podo
olvidar cando por primeira vez te coñecín,
novo do trinque, durmíndo contigo e pasando
noites inolvidables e facéndome moita
compañía. Tamén sei que por moitos balóns
que haxa, coma ti non volverá a haber ningún
máis. Será moi duro que me deixes, pero o
tempo pasa por todos. Nunca máis olvidarei
aquelas tardes contigo, xogando no asfalto en
frente da miña casa e no campo de futbol. E
espero verche alá no outro mundo.
BORXA GARRIDO. PCPI-2
Querido avó:
Fai xa sei anos que non estás con nós, pero eu sempre
penso en ti. Lémbrome das nosas partidas de xadrez e das
de parchís. Penso nos momentos que xogabamos ás
cartas. Acórdome de cand iamos pasear o can. Tamén dos
caramelos de anís que me regalabas e que non me
gustaban.
Sempre penso en ti, avó. Sempre che recordarei como se
fora onte a última vez que che vira. Sempre fuches un
exemplo para min por todo o que me ensinaches e por
todo o que me axudaches.
Quérote, avó!
ANXO DOMÍNGUEZ. PCPI-2