Post on 21-Oct-2020
Esquema ciencias naturais
TEMA 4 OS SERES VIVOS AS PLANTAS
No noso planeta existe unha gran cantidade de seres vivos. Os científicos
compáranos e clasifícanos.
Clasificación dos seres vivos
Os científicos clasifican os seres vivos en función duns CRITERIOS DE
CLASIFICACION que permiten ordenalos en cinco grandes grupos chamados
REINOS:
Reino animal:
poden desprazarse
- Aliméntanse doutros seres vivos
- Os seres humanos pertencemos a ese grupo
Reino vexetal
- Non se desprazan
- Fabrican o seu propio alimento
- Forman parte de este grupo arbustos, árbores e herbas.
Reino Fungos
- Non se desprazan
- Non fabrican os seu aliemento
- Exemplo cogomelos e mofo
Reino protista
- Este reino está formado por algas en un seres microscópicos chamados
protozoos.
Reino móneras
- Este reino fórmano as bacterias que son tan pequenas que só podemos
velas có microscopio.
O REINO VEXETAL. Características das plantas
Como o resto dos seres vivos as plantas nacen, crecen, relaciónanse se reproducen e morren.
As plantas non se poden desplazar e fabrican o seu propio alimento.
Realizan a fotosíntese.
Exiten varias maneiras de clasificar as plantas:
- Se teñen ou non flor: plantas con flor (son vexetais que florecen e
producen sementes como o tomiño) ou plantas sen flor( non florecen nin
producen sementes como o mofo).
- Segundo o seu talo: árbores, arbustos e herbas.
árbores : teñen un talo duro e groso (tronco) Exemplo: Piñeiro ou
aciñeira
Arbustos: teñen talos duros e delgados que se ramifican dende o chan.
Exemplo: romeu ou xesta
Herbas: as herbas teñen un talo delgado e flexible. Exemplo trigo e
margaridas.
As plantas relaciónanse coa súa contorna e con outros seres vivos. Por
exemplo os xirasois virando cara o sol, buscando a luz solar( como a planta da
nosa clase) ou relacionándose cos insectos para reproducirse.
COMO SE ALIMENTAN AS PLANTAS? As plantas fabrican o seu propio alimento, este proceso chámase
FOTOSÍNTESE, para esto precisan:
- Dióxido de carbono do aire
- Auga
- Lúz solar
Cómo fan a fotosíntese?
A planta absorbe do solo a través da raíz auga e sales minerais que
esto forma o zume bruto que sube polo talo ata as follas onde xunto co
dióxido de carbono do aire e a luz solar se transforma en zume
elaborado, que é o alimento que se reparte dende as follas por toda a
planta.
resumo
1ºAbsorve auga e sales minerais
2º Transforma a auga e sales minerais en zume bruto
3º O zume bruto ascende polo talo ata as follas
4º Nas follas a planta absorbe luz solar e dióxido de carbono
5º O zume bruto se transforma en zume elaborado
6º O zume elaborado é o alimento da planta, que se reparte por ela
dende as follas.
COMO SE REPRODUCEN AS PLANTAS?
Os órganos reprodutores das plantas atópanse nas FLORES. A flor
ten as seguintes partes:
O cáliz: formado por folliñas de cor verde chamadas sépalos
Corola:conxunto de pétalos (xeralmente de cores vistosas para atraer
aos insectos)
Estames: Filamentos ue no seu extremo teñen graos de pole
Pistilo: onde se forma a semente
EXERCICIOS TEMA 4 CIENCIAS NATURAIS : AS PLANTAS
Realiza os seguintes exercicios sobre as plantas. Primeiro tes que ler e estudar o esquema, e se tes alguna dúbida podes consúltalo. De ser posible copia os exercicios no caderno lembra, o enunciado a bolígrafo e a resposta a lápiz, senon podes imprimilos.
1 .Completa a seguinte información
Os científicos clasifican os seres vivos en función duns …………………
……………………………………que permiten ordenalos en cinco
grandes grupos chamados ……………………..
2. Cales son os os cinco grandes reinos pon un exemplo de cada un deles.
3. Completa a información sobre os cinco reinos e debuxa un exemplo
REINO ANIMAL
CARACTERÍSTICAS DEBUXO ANIMAL
REINO VEXETAL
CARACTERÍSTICAS DEBUXO VEXETAL
REINO FUNGOS
CARACTERÍSTICAS DEBUXO FUNGO
REINO PROTISTA
CARACTERÍSTICAS DEBUXO PROTISTA
REINO MÓNERA
CARACTERÍSTICAS DEBUXO MÓNERA
4. Razona. Crees que os seres humanos poderíamos vivir se non existise algún dos reinos. Explica a túa resposta
5. Cales son as tres función vitais das plantas e en que consiste cada unha delas.
6. Que nome recibe o proceso mediante o cal a planta fabrica o seu propio alimento?
7 . Clasifica as seguintes plantas en con o sen flor
Tomiño mofo alga rosa fieito herba clavel
Planta con flor Planta sen flor
8. Como xa sabes as plantas tamén se poden clasificar segundo o seu talo, fai un debuxo de cada unha de elas e explica as súas características.
Nome características debuxo
árbore
Nome características debuxo
arbusto
Nome características debuxo
herba
9. Pon un exemplo de cómo unha planta se relaciona co seu medio, pensa nas planta da nosa clase, que era o que buscaba?
10. Explica a fotosíntese paso a paso. Podes guiarte polo esquema
1º………………………………………………………………………………
2º ………………………………………………………………………………
3º ………………………………………………………………………………
4º ………………………………………………………………………………
5º ………………………………………………………………………………
6º ……………………………………………………………………………….
11. Completa o debuxo cos elementos que a planta absorbe y expulsa na fotosíntese. Despois podes colorealo
12. Onde se atopan os órganos reprodutores das plantas?
13. Completa cos seus nomes o debuxo da flor. Despois podes colorear o debuxo
PARA FINALIZAR CO ESTUDO DO TEMA
Moi ben feito. Agora se queres podes completar o estudo do tema vendo os seguintes vídeos que tratan sobre as plantas e seguro que che interesan.
Preme nos enlaces e poderás acceder a eles. Ao carón de cada vídeo explicoche de que vai a tratar.
https://www.youtube.com/watch?v=ThbSPNlRz0o (vídeo que trata sobre as plantas en
xeneral)
https://www.youtube.com/watch?v=ru6rZNQg3eM (este vídeo explica la fotosíntesis)
https://www.youtube.com/watch?v=Qol3OMRwkac (este video fala sobre a importancia
do reino vexetal para a humanidade, en concreto os árbores)
https://www.youtube.com/watch?v=5-CLWbeBkrs (este video fala sobre a
reproducción das plantas)
https://www.youtube.com/watch?v=kgoDDLxfVOw (clasificación das plantas)
https://www.youtube.com/watch?v=zIDVm8_aLDI (explica as partes da planta)
https://www.youtube.com/watch?v=3PP50FAMIzU (explica as partes da planta e as
súas funcións)
https://www.youtube.com/watch?v=npNCzchvXTQ (este video nos fala sobre a
nutrición das plantas, fotosíntese)