Conto martiño

Post on 23-Jan-2017

399 views 4 download

Transcript of Conto martiño

Adaptación do conto

«Cando Martiño tivo ganas

de mexar na noite de Reis»

De Chema Heras e Kiko Dasilva.

Kalandraka

Este neno chámase

MARTIÑO

No Nadal MARTIÑO

escribiulle unha carta

aos Reis Magos

Onde lle pedía un tren. Cunha locomotora e 3 vagóns. O primeiro de

cor vermella, o segundo de cor azul e o terceiro de cor amarela.

MARTIÑO inventou unha canción:

«O TREN DE MARTIÑO, CHU, CHU, CHU

VAI POLO CAMIÑO, CHU, CHU,CHU

Os seus pais

dixéronlle que os

Reis entraban nas

casas onde os nenos

estaban durmindo.

E non entraban nas

casas onde os nenos

estaban espertos.

Antes de durmir, MARTIÑO foi a cociña.

Puxo enriba da mesa 3 puñados de noces e 3 cuncas de leite para

os Reis. E 3 caldeiros con auga para os camelos.

MARTIÑO foi para a cama e quedouse durmindo pensando no seu

tren e na súa canción «O tren de MARTIÑO, chu, chu, chu... Vai

polo camiño, chu, chu, chu»

MARTIÑO espertou de noite porque tiña ganas de mexar. Pero non

quería ir ao baño porque se acordaba do que lle dixera o seu pai

«Os Reis non entran nas casas onde os nenos están espertos»

MARTIÑO tiña moitas ganas de mexar...

Levantouse e sen facer ruído foi ao baño.

Pero que ruído fixo o pis cando caía no váter!

De súpeto, detrás súa, oíu a voz dun Rei Mago que lle dicía:

E ti que fas aquí?

MARTIÑO chorando escondeuse debaixo das sabas.

Quedouse durmindo pensando que os Reis lle ían traer CARBÓN!

Pola mañá MARTIÑO levantouse moi contento pensando no seu tren.

Foi á cociña e alí non estaban as noces, o leite nin a auga.

Pero tampouco estaba o seu tren.

MARTIÑO buscou o tren por toda a casa: no armario, debaixo da

cadeira, na cheminea ... Pero o tren non estaba!

MARTIÑO mirou debaixo da cama e ....

Alí estaba o seu tren!

Un tren cunha locomotora e con 3 vagóns. O primeiro de cor

vermella, o segundo de cor azul e o terceiro ... Un penico?

MARTIÑO estaba moi contento. Buscou un fío, atouno a locomotora

e xogou por toda a casa co seu tren mentres cantaba:

«O TREN DE MARTIÑO,CHU, CHU, CHU... VAI POLO CAMIÑO CHU, CHU, CHU...»

ALUMNADO DA

AULA 5

CEE A BARCIA