Post on 24-Jan-2018
COUTO MIXTO
QUE É?
É un territorio que se asentaba sobre os
actuais concellos de Calvos de Randín e
Baltar na fronteira entre Ourense e Portugal.
Ata o tratado de Lisboa de 1864 cada veciño
elixía libremente a nacionalidade española ou
portuguesa.
O Couto Mixto estaba constituído polos
lugares actuais de Santiago e Rubiás (ambos
os dous no concello de Calvos de Randín) e
Meaus.
A SÚA HISTORIA
A historia deste territorio ten a
súa orixe durante a independencia
da Coroa de Portugal e, a súa vez,
no reparto dos pobos e vilas
fronteirizas co Reino de Castela,
que quedaron nunha situación
política bastante ambigua.
O Couto nace ligado ó castelo
de Picoña, vencellado co
tempo á Casa de Bragança e
mais tarde coa Casa de Lemos
e o Conde de Monterrei.
Ambas casas tiveron que
intervir entre as liortas dos
habitantes das aldeas mixtas
cos seus veciños galegos e
portugueses, por considerar
que o lugar servía para dar
asilo a criminais e realizar
contrabando. Foi entón cando
se recoñeceron os privilexios
desta zona.
En 1864 presentouse e
asinouse o Tratado de Lindes
que remataba coa institución
do Couto Mixto: España
entregaba a Portugal os tres
Pobos promiscuos (Soutelinho
da Raia, Lamadarcos e
Cambedo) a cambio dos que
constituían o Couto Mixto.
Estes tres lugares portugueses
están situados sobre a mesma
raia fronteiriza e vivían nunha
situación parecida, pero sen os
privilexios que caracterizaban
ao Couto Mixto.
PRIVILEXIOS
Os habitantes do Couto Mixto non se atopaban obrigados a unha ou outra
nacionalidade, podendo inclinarse por outra ou por ningunha. Rematada a
independencia do territorio, concedéuselles un ano de prazo para optar por unha ou
outra nacionalidade.
Os que optaban por Portugal poñían a letra "p", de Portugal, na porta do domicilio
conxugal; aqueles que optaban por España, poñían a letra "g", de Galiza, no seu
domicilio. Con esas marcas na porta da casa, sometíana á lexislación de España ou á
de Portugal.
Os habitantes do Couto non contribuían nin ao Exército portugués nin ao español,
nin sequera en tempo de guerra.
Os habitantes do Couto non estaban
obrigados a participar nos procesos
electorais e nos asuntos políticos nin
en Portugal nin en España.
O réxime politico era de
autogoberno, mediante a escolla dun
Xuíz ou Alcalde polas cabezas de
familia das tres aldeas, elección
celebrada cada tres anos. Este Xuíz
exercía as funcións gobernativas,
administrativas e xudiciais fronte a
delictos cometidos dentro dos límites
do Couto.
Non estaban obrigados a pagar
tributos a Portugal ou a España. Isto
estimulou o contrabando xa que non
podían ser detidos.
No caso dos impresos oficiais tampouco estaban obrigados ao uso de papel
selado. Do mesmo modo tampouco tiñan que pagar dereitos polo rexistro de
propiedade.
Os habitantes do Couto traballaban en actividades de agricultura e gandería
como medio de subsistencia; tamén se dedicaban o comercio, sobre todo de
sal e tabaco.
Os habitantes do Couto dispuñan dun camiño privilexiado, utilizado para o
tránsito de persoas e de mercadorías.
O COUTO MIXTO NA
ACTUALIDADE
En 1998 creouse a Asociación de
Amigos do Couto Mixto coa finalidade
de recuperar a súa memoria histórica.
Desde o ano 2000, esta Asociación
nomea anualmente tres Xuíces.
Aos nomeados entréganlles
simbolicamente unha chave que
lembra a que portaban os homes de
acordo. Outras finalidades da
Asociación de Amigos do Couto Mixto
son o desenvolvemento de actividades,
o proxecto dun Museo Aberto do
Couto Mixto e a publicación de
diferentes estudos de investigación.
O Couto Mixto recibiu no 2002 o Premio da Fundación Premios da
Crítica, na súa sección de Iniciativas Culturais.
No 2008 inaugurouse no adro da igrexa de Santiago unha estatua en
bronce que representa o último Xuíz que tivo o Couto e que asistiu á
extinción do seu status especial: don Modesto Delfín Brandón. A falta
dunha imaxe deste home, a estatua representa, sentado no banco corrido
do muro de pedra do adro, un home coa roupa da época e provisto do
bastón de mando que distinguía aos Xuíces.
Este lugar tan pintoresco aparece
tamén en obras literarias, coma no
libro de Riveiro Coello, A quinta de
saler, que está ambientada en
distintos lugares do Couto Mixto,
por exemplo en Meaus. A través dos
personaxes e da narración podemos
coñecer un pouco máis a historia
deste lugar.
Marta Santos Teijeiro
Sara Corral García
Curso 2015-16
1ºBac-C