Decálogo do advento a

Post on 15-Apr-2017

314 views 0 download

Transcript of Decálogo do advento a

Óleos de Sor Isabel Guerra Música gregoriana de Silos

Recoñece a túa pobreza, o teu baleiro.

Recoñece a túa debilidade: ti só/soa non podes alcanzar o que tanto desexas.

Non te acomodes á túa pequeñez: loita por crecer, sempre máis, estírate, transcéndete.

Non te distraias, non te entreteñas, vive coa alma nas puntas dos pés.

Sé persoa de grandes desexos: non te conformes coas migallas da mesa da esperanza.

Grita, suplica, chora, ora. Apaixónate. Crece no desexo, crece no amor. O amor xera desexo e o desexo acende o amor.

Paciencia e perseveranza. Todo ten o seu tempo para madurar e todo se debe preparar.

Non sexas caprichoso/a, nin ansioso/o.A espera aquilata e capacita.

Non durmas. Vixia. Non deixes que a túa lámpada se apague.

Tamén a fe ha de estar esperta.

Atento a calquera signo, voz ou pegada. Os ollos e os oídos ben abertos,

non vaia pasar de longo.