Editar un poste-learning.climantica.org/assets/tutoriales/old/gl/4.pdf · Editar un post Imos ver...

Post on 03-Jul-2020

5 views 0 download

Transcript of Editar un poste-learning.climantica.org/assets/tutoriales/old/gl/4.pdf · Editar un post Imos ver...

Editar un post

Imos ver como facer cambios nun post que xa temos publicado.

1. Na barra de botóns do blogue, prememos sobre "Entrar"...

2. Escribimos o nome de usuario e contrasinal que nos foron asignados e logo prememos en Identificación...

3. Unha vez entramos no blogue como usuario rexistrado, seleccionamos o post que queremos editar e facemos clic en Editar...

4. Aparecerá a mesma ventana que xa vimos á hora de escribir o post...

5. Facemos as modificacións oportunas engadindo texto, dando formato, etc (de xeito similar a como o fariamos utilizando un procesador de textos, e incluso podemos cambiar o post de categoría se así o queremos...

6. Unha vez aberta a pestana categorías escollemos a que nos interese...

7. Agora podemos escoller entre:- Gardar e Continuar Editando...- Gardar..

8. Premendo en Gardar e Continuar Editando, gardamos o traballo feito e podemos seguir traballando ou previsualizar como quedaría... para o que prememos en Ver...

9. Aparece unha nova ventana no navegador amosándonos como quedaría o noso traballo...

10. Logo voltamos á ventana de Administración. Para rematar definitivamente a edición pulsamos en Gardar...

11. Vexamos agora o post publicado... para iso prememos en Ver Sitio, situado ao lado do nome do noso blogue...

12. Aquí está o froito do noso duro traballo...