Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309

Post on 23-Jun-2015

813 views 0 download

description

Hábitat, costumes e tradicións dalgúns pobos que na actualidade aínda viven nun modo de vida pre-industrial.

Transcript of Elba Fernandez Tatiana Pobos PrehistóRicos 260309

Tatiana C

arrera Taín e

Elba Fernández L

age

FILOSOFÍA E C

IDADANÍA

. 1º B

AC.

Curso 08-09. Pro

f: Luís M

artínez C

ostas

1.1.CAZADORES – CAZADORES – RECOLECTORESRECOLECTORES

“ A caza-recolección foi o único modo de producción alimentaria dende a época dos primeiros humanos ata hai uns 12.000 anos. A maior parte das sociedades actuais de cazadores-recolectores estudadas por antropólogos ou a través de documentos históricos ocupan rexións non aptas para a agricultura: próximas ao círculo ártico, desertos … A maior parte destos cazadores-recolectores organízanse en pequenos grupos chamados bandas, que constan dunhas 20 ou 50 persoas. As bandas compóñense de familias individuais que acampan xuntas durante periodos que van de poucos días a varios anos denantes de trasladarse a outros campamentos. A vida da banda é esencialmente migratoria, os refuxios son temporais e escasas as pertenzas” (Marvin Harris).

1.1 BOSQUIMANOS G/WI DO KALAHARI (segundo G. Silberbauer).

Os G/wikwena son un dos numerosos pobos bosquimanos da república de Botswana. No período 1958-1966 eran unhas 3.000 persoas, máis da metade vivían na parte central do deserto do Kalahari e eran cazadores-recolectores; os outros vivían en facendas gandeiras de Ghanzi como peóns de labranza ou arrendatarios de pastizais.

O Kalahari é un inmenso deserto; unha inmesa planura de areas de gran fino, nalgúns lugares zonas rocosas. O Kalahari está privado de auga superficial permanente, toda a vida depende da chuvia.

• Bosquimanos no deserto

Os bosquimanos é unha comunidade que ocupa un territorio definido e controla os recursos do mesmo. Cada banda migra dunha zona a outra na procura de alimento.

O número destas bandas oscila entre os 25 e 85 membros.

Unha banda non recolecta nin caza no territorio doutra, pero os cazadores poden transpasar as fronteras na persecución dunha presa ferida.

O seu territorio

Para establecerse nunha zona, esta débelles proporcionar:

a) Plantas Comestibles.

b) Pastos abondo para atraer a herbívoros.

c) Árbores que dean sombra, leña e madeira.

d) Auga acumulada en puzas.

Necesidades Básicas

• ESTACIÓN CALUROSA

É a estación máis dura, pola calor e escaseza de alimentos… A banda disgrégase en grupos máis pequenos para sobrevivir posto que hai pouca comida e as necesidades de auga son maiores e como consecuencia disto non hai as suficientes plantas comestibles.

Esta época trae consigo algunhas mortes xa que nela non se atopa nin comida nin auga polo que as fatigas debidas ó calor é o máis frecuente.

Estacións e fases estacionarias na vida dos Bosquimanos

• ESTACIÓN DAS CHUVIAS

A banda logo da época do tempo frío reagrúpase.As choivas traen alimento: vexetación, animais. Esta época trae moitas

cousas positivas ás bandas, por mor da temperatura máis fresca, a comida tarda máis en desecarse ou podrecer. É posible xuntar nunha soa saída o alimento para dous días, deixando libre o día enteiro para xogos, danzas e conversas. Nesta época a xente está dun humor excelente.

• ESTACIÓN DO TEMPO FRÍO

O problema desta estación presentase cando as xeadas murchan as plantas e estas morren.

A banda ten que dispersarse para poder sobrevivir mellor poque non pode atopar comida con facilidade.

Cada fogar marcha a unha parte do territorio e permanece nela a agardar a unha mellor época

A recollida das plantas é a actividade de subsistenciamáis importante dos bosquimanos.

As plantas son a principal fonte de líquidos durante o ano.

Entre as prantas comestibles existe unha escalade preferencias (as súas prantas favoritas: os melóns tsama).

A obtención de alimento vexetal determina as migracións de territorio dos bosquimanos.

Recolección

• Técnicas de caza:

1) arco e frecha envelenada

2) trampas

3) perseguir a unha ata esgotala

4) lanza

5) roubar a carne a unha fera

Caza

A carne da caza é obxeto de reparto entre os membros da banda: pois ou ben faise nun banquete ou regálanse porcións.

AugaA auga emprégase para beber e para cociñar. Só cando a poza ten moita auga

úsase tamén para lavar o corpo.

Precísase leña para o lume e ramas para as chozas.

Leña

1. Non hai liderazgo industrializado nin autoridade superior. A autoridade só é entre fillos.

2. O fogar componse do matrimonio, as fillas solteiras e os fillos que non teñen chegado á pubertade. Os varóns solteiros chegados á pubertade abandonan o albergue familiar e transládanse ao de solteiros, situado no centro do campamento. Só se reúnen de vez en cando coa familia para comer.

3. Un fogar polígamo está composto por varias esposas cos seus fillos.

4. Algúns fogares amplíanse coa presenza dos pais anciáns de un ou dos dous cónxugues.

Unidades Sociais

* As desoladas costas do océano Ártico son a patria dos esquimós; nos bosques non se sinten seguros, senón como fóra do seu elemento. O mar é a base da auténtica cultura esquimó”; en inverno, xeado (a banquisa), ou tempetuoso e con xeo á deriva; no verao, tranquilo e soleado.

* O inverno é a estación decisiva. Eles adaptáronse ao xeo que recobre o mar en inverno (formando a banquisa) desenolvendo a “caza no burato” ou caza de focas nos respiradoiros. “os cazadores abandoan o campamento de chozas de neve, cada un co seu perro atado á corda, na procura dos respiradoiros gaña o dereito de caza nese burato. Poden pasar varias horas denantes de que ocorra nada, pois unha foca conta sempre cun certo número de orificios respiratorios etc.

Hábitat

1.2. ESQUIMÓS (A VIDA NO ÁRTICO).

As temperaturas oscilan entre os 40 e 50 graos baixo cero, ademáis o máis lixeiro cruxir da neve asusta á foca. Ás veces as focas dormen ao sol a carón do respiradoiro; entón os inuit poden tentar cazalas arrastrándose polo chan da banquisa envoltos nun abrigo de pel de foca.

Xunto coa costa, é a tundra o entorno natural do esquimó.

A dieta é exclusivamente carnívora.

A sopa de sangue e as entrañas son nutrición rica en diversas proteínas, e a carne dos mamíferos mariños contén abondosamente vitaminas.

Os grandes mamíferos, foca, morsa e balea son a alimentación básica, ademáis os utilizan para fabricar o aceite para as lámpadas, peles, recubrimento para as embarcacións, tendóns usados como fío de costura e ósos e marfil para os seus utensilios. Ademáis cazaban: nutria mariña, oso branco, boi almizclado, cabra branca, carneiro de Alaska, lebre; pero especialmente o reno ou caribú (na foto).

Recursos

Durante o verán e o outono son as épocas de caza desta especie porque nestas estacións o caribú preséntase en determinados lugares de vado dos fiordos e ríos; neles agárdano os esquimós.No momento en que o rabaño está metido na auga, lánzanse os kayaks entre os indefensos animais.En terra, construían cercados cara aos que dirixían ás manadas de renos.Tamén cazaban aves acuáticas no verán e pescaban peixes. O raposo polar cazábano para venderllo aos brancos.

• Flora comestible: Os vexetais teñen escasa importancia. Arándanos, raíces, algas… son os máis comúns. Unha das especies preferidas de “verduras” é a suministrada pola fauna: o contido do estómago do reno.

• Auga: fundindo neve ou xeo, para o cal,

precísase aceite.

• Madeira: do mar. Os ríos Yukon e

Mackenzie acarrean cantidades xigantescas

de madeira á deriva.

VIVENDA ESQUIMÓ E LÁMPADA DE ESTEATITA: Os esquimós constrúen cun coitelo de asta de reno ou óso de balea, no prazo dunha ou dúas horas unha vivenda, a choza de neve ou iglú. No interior bancos de xeo sobre os que se colocan “camas” de peles. Nun banco máis pequeño a lámpada de esteatita.

No verán trasládanse a tendas de peles, porque, coa suba das temperaturas, o iglú énchese de auga derretida.

Cultura Material

Nalgunhas rexións constrúen casas sólidas con madeira, terra e ata mandíbulas de balea.

TRINEO: elemento básico da existencia esquimó. Consta de dúas varas rectas e pesadas, unidas por paos transversais suxeitos con correas de pel de foca.

KAYAK: Un valor equivalente ao trineo para a caza sobre o xeo, está formado por unha armazón de madeira revestida de pel moi tensa, só se deixa unha abertura central -o orificio do home-, limitada, e cuberta, por un aro de madeira. Cando o cazador axusta o seu atuendo impermeable ao aro de cuberta pode permitirse volcar intencionadamente. Un home pode portalo na cabeza sen gran esforzo e apoiar na frente o anel de cuberta.

a) Arpón de ferro

b) Lanzas e xabalinas

c) Arco e frechas

d) Venablo con propulsor

e) Redes

f) Anzois

g) Trampas (despóis CEPOS occidentais)

Instrumentos de Caza

• Esquimós que van pescar

A. CULTURA ESQUIMÓ DE COSTA:

1.1) ALTOÁRTICA: Baséase case exclusivamente na caza sobre xeo, polo que se require presenza de xeo todo o ano. Só viven nestas condicións os esquimós polares do distrito de Thule, na parte extrema septentrional de Groenlandia.A caza de primaveira debe encher os depósitos de alimento. En maio e xuño trasladan as súas chozas ás zonas de caza. En outono medran as noites; póñense trampas para raposos e lebres. De dezembro a xaneiro ás penas pode practicarse a caza pola escuridade. Son meses de inactividade. Logo, longas expedicións de captura do oso polar; a esposa e os fillos participan nelas; ao anoitecer érguese a choza de neve no lugar onde os sorprende a escuridade.

Tipos de Culturas Esquimós

1.2) ÁRTICA: É a máis difundida. Supón a existencia en inverno dunha capa de xeo permanente que permita a utilización d o trineo, en verán a pesca da foca e a balea co kayak e o umiak. En outono caza de renos.

1.3) SUBÁRTICA: Organizouse sobre a base da caza dos mamíferos marinos en augas libres. Captúranse, ademais de presa raiña, a foca de Groelandia, aves, lenguados, bacallaus, lobos de mar e troitas. O verán adícase á troita e ó reno.

B) CULTURA ESQUIMÓ CONTINENTAL: Viven terra adentro e o seu recurso fundamental é o reno. En outono mediante as cacerías de caribús que son organizadas cando as manadas de renos vadean os ríos no curso das súas migracións cara ao Sur, créase a base económica para o ano seguinte. Durante as migracións outonais da troita practícase ademais a pesca.

MULLER: Pasan a maior parte do tempo na casa. O home almorza ás presas, carne conxelada ou algo polo estilo. As mulleres están en pé sempre antes que o home para acender a lámpada. Elas despedezan a caza, -agás no caso de grandes animais como baleas ou morsas-, preparan peles e confeccionan a roupa. Fan cestas e cerámica. Cando chega a hora na que o marido regresa da caza cólgase a pota sobre a lámpada; a cea é a única comida que fai o home no día ademais do almorzo.

MATRIMONIO: Os varóns casan tan pronto como sexan capaces, por medio da caza, para manter a unha muller. As mulleres fano ao chegar á puberade… A merca da noiva é práctica común; unha vez se convén o precio, a parella trasládase sen máis cerimonias á súa morada común. A única restricción ao matrimonio é a consanguineidade e levar o mesmo nome (cousa que é posible porque os esquimós non diferencian entre nomes masculinos e femininos).

A poligamia é a regra xeral. Tamén pode darse o caso de que unha muller teña máis dun marido; acontece sobre todo nos grupos nos que hai déficit de mulleres. Entre os netsilik, “a nena que non está prometida ao nacer, está condeada a morte.”

Non existe a fidelidade conxugal no sentido sexual. Ceder a muller a un hóspede ou o intercambio de parella por un tempo son prácticas comúns en certos grupos esquimós.

Costumes e moral

DIVORCIO: Cando dous cónxugues non se aveñen, vanse tranquilamente, sen máis, cada un polo seu lado.

NENOS: Todos os esquimós chíflanse polos nenos e atribúen un gran valor a ter descendencia, principalmente masculina. Un esquimó sen fillos merca un adoptivo, pagando por el unha tixola ou un mangado de cravos.

Os nenos medran en liberdade e sen trabas. As rapazas considéranse adultas a partir da primeira menstruación.

LIDERAZGO: Non hai xefes nin líderes propiamente ditos. Adoita haber personalidades destacadas; chaman a estes individuos “isumataq”, “o que pensa”. Normalmente os líderes naturais eran os mellores cazadores.

Todo o mundo é libre de cazar onde lle pete… O botín de caza non pertence exclusivamente ao cazador que o cobrou. En xeral, as focas e renos pequenos non se distribúen, pero o cazador ten a obriga de dar aos demais membros do poboado un pedazo de carne como obsequio ou de invitalos a unha comida.

Moral Esquimó

Os animais de maior volume, considéranse propiedade común, e cada un ten dereito a levarse o que precise (na foto, reparto dunha balea).

O roubo e o furto son prácticamente descoñecidos… O homicidio, a bruxería e as pelexas por cuestión de mulleres, constituén as transgresións que con maior frecuencia turban a paz…

Os habitantes dun poboado poden resolver dar morte a un home ou a unha muller sospeitosos de bruxería…

Do mesmo xeito poden desembarazarse dun home de temperamento brutal, e tamén de anciáns enfermos que representan unha carga para a comunidade.

2. PASTORES 2. PASTORES NÓMADESNÓMADES

2.1 Masai (segundo G.W.B. Huntingford).

“No principio, deus creou os masai e logo fixo o gando para que vivira con eles; todo o gando é dos masai por dereito divino” (lenda masai)

Os masai son temidos guerreiros que viven nas zonas de Kenia ata as chairas de Tanzania.

Son pastores de vacas nómades, polo que desprezan a agricultura.

O poboado masai está protexido por un valado espiñento, e o gando está situado no corazon do poboado (isto significa a grande importancia que ten o gando para eles).

O seu territorio

A casa masai é unha choza formada por postes verticais e paos, recuberta por unha masa feita de area e de esterco. O interior divídese en varias estancias. O teito é de ramas e follas.Cada seis ou oito anos deixan o seu poboado e instálanse noutro novo.

MULLERES E HOMES:

O número de esposas que pode ter un home, depende das cabezas de gando que este posúa (poden chegar a ter ata 20 mulleres).

O pai vive na cabana central do campamento. A súa primeira esposa vive na choza anexa á dereita, a segunda, a esquerda, e así sucesivamente.

NENOS:

Os nenos vixían o gando, e as nenas muxen as vacas, varren e limpan as chozas.

O resto do tempo fan colares, abalorios, cintas, etc…

A Familia

A vida dos homes transcorre a través de tres fases:

1) nenez

2) moranato (guerreiros moráns)

3) matrimonio

De nenos… a homes

• NENEZ:

Os nenos convértense en moráns (guerreiros) a través dunha cerimonia, está consiste nun rito que lles fai pasar da nenez á época adulta.

• MORANTAO:

O candidato a convérterse en morán, acudindo a un rito baixo unhas condicións:

día 1: vai coa cabeza afeitada e ben lavado (isto inclúe o sacrificio dun boi).

día 2: corta unha árbore que as mozas plantaron a carón da súa casa.

día 3: é circundado ao mencer.

Despois do rito e tras uns días convalecente na súa cabana, sae e divírtese tirando frechas sen punta as mozas e cazando paxaros.

• MORÁNS (GUERREIROS)

Os novos guerreiros parten a combater e roubar o gando ás tribus veciñas.

Viven fóra do poboado e unicamente se lles permite a visita de familiares, das nais, para que lle cociñen, e as visitas das amantes, para que os divirtan polas noites. Este proceso dura entre 14 e 20 anos.

• MATRIMONIO:

Cando acaban a fase do moranato, permíteselles casar e polo tanto deben instalarse nun novo poboado.

Deben estar sempre preparados para as loitas.

As nenas pasan por dúas fases na súa vida:

1) nenez

2) adultez

De nenas… a mulleres

• NENEZ:

As nenas non son consideradas adultas mentres non saiban facer distintas tarefas, moitas delas relacionadas co gando ou coa orde da casa.

De todos modos o proceso a adultez transcorre o cabo dos doce ou trece anos.

• ADULTEZ:

O proceso a esta etapa é sen dúbida moito máis doado e rápido co dos homes.

A través dunha cerimonia que ten como centro a ablación do clítoris.

O leite é o único alimento que poden comer acompañado ás veces por manteiga. So aos moráns se lles permite comer algo de carne.

En ocasións especiais, cando un morán está realmente mal dáselle a beber sangue de boi.

Para obtela, agarran o animal e átanlle unha corre ao pescozo e retórcena de tal xeito que a vea iugular resalte. Entón cravan na vea unha frecha que leva na punta un anaquiño de madeira para evitar que penetre de máis, e recollen o sangue nunha cabaza. Unha vez extraído máis ou menos un litro, poñen un pouco de esterco na ferida para que o sangue coagule e ceiban o animal.

Dietas

Tatiana Carrera Taín e

Elba Fernández Lage.