Post on 08-Dec-2014
description
Érase unha vezuns nenos, unhas nenas, unha mestra e unhas nais, que tiveron un soño.
Soñaron con converter á Dúas, que era o local anexo á súa escola, nun lugar maravilloso, cheo de libros, de música, de xogos, ordenadores, videos…. nun lugar máxico, onde ler, contar, inventar, descubrir, aprender e soñar.
Soñaron que podían converter a Dúas nunha Biblioteca.
Escribiron o seu soño nunha carta. O vento levouna ata ó PLAMBE, que é o lugar onde as Bibliotecas se xuntan para falar entre elas.
No PLAMBE leron a carta, falaron e decidiron que ían axudarlles.
1
Cando se enteraron, as nenas, os nenos, a mestra e as nais, cantaron, riron e bailaron de alegria, ¡¡Ían converter á Dúas nunha Biblioteca!
E puxéronse a traballar.
Viñeron uns pintores do Concello e pintaron á Dúas. Tamén trouxeron estanterías.
E as nais-carpinteiras montaron as estanterías
2
Moitas estaterías
As nenas e os nenos tamén axudaron.
3
Escolleron os libros que contaban as mellores historias e compráronos.
As nais-libreiras puxéronlle as etiquetas
E as nais-informáticas catalogáronos
4
Os nenos e as nenas axudaban: azul para nós, vermello para un pouco máis grandes…
As nais-limpadoras recolleron cartaces e limparon á Dúas para colocar os libros
5
Era moito traballo, e cando remataron se abrazaron moi contentas.
Despois tomaron café, bizcoitos e falaron do traballo que quedaba por facer
6
Como as mesas e as sillas estaban un poco vellas, as nais-restauradoras enchéronas de cores
7
As nais-decoradoras colocaron nas paredes os cartaces que os nenos e as nenas pintaran.
Tamén adornaron as paredes con cintas e estrelas.
E as nais-pintoras pintaron de cores os encerados
8
As nais- albañiles prepararon as paredes.
9
Mentras, os nenos e as nenas poñían cintas de cores nos libros novos.
As nais- alpinistas colocaron cartaces moi arriba nas paredes
10
E logo todas falaron do traballo feito, e do contentas que estaban.
Xa podían descansar
11
A Dúas era UNHA BIBLIOTECA
E COLORÍN COLORADO ESTE CONTO ESTÁ ACABADO
PERO SE ENTRAS NA DÚAS
12
OUTRO CONTO ESTÁ ESPERANDO
______________________________________________________EDITORIAL Unitariadevide. As Neves, Pontevedra.30 de marzo de 2007
13