escola de menciñeiros

Post on 28-Mar-2016

286 views 11 download

description

ilustraciones de textos de Alvaro Cunqueiro

Transcript of escola de menciñeiros

Álvaro Cunqueiro

ESCOLA

DE

MENCIÑEIROS

OTEXTOS ILUSTRADOS POR ALUMNOS DE 1ºESO C DO IES BLANCO AMOR DE OURENSE

O GATIPEDROO GATIPEDRO

EMMA MÁRQUEZ

JUAN GUTIERREZ

O gatipedro é un gato branco que ten

na cachola un corno mouro; o gatipedro ven pólas noites ás casas, e párase nas habitaciós nas que hai nenos durmindo. Entón o gatipedro ponse a verquer auga pólo seu corniño, i o neno, en sonos, escoitando o pingar da fontiña aquela, soña que mexa, e de verdade mexa na cama.

EMMA GÓMEZ

Pra espantar o gatipedro abonda con botar unhas areas de sal á porta do cuarto i ó pé da fiestra. O gatipedro anda apoiándose, ademáis de nas catro patas, na língua, e probando coista o sabor do sal, o gatipardo dá a volta e prosegue a súa nouturnia viaxe, deixando ós nenos da casa en paz.

O MURIGANTEAARÓN GONZÁLEZ

JAVIER ALEJANDRO ROBLES

Fálase moito do murigante na Terra de Miranda,

nista miña provincia de Mondoñedo. É especie de esperteiro, un rato con azas, pro non voa. As azas vainas usando como abano pra avivalo lume na cociña. É mui curioso de contos, i está atento, escondido nun recuncho ou na alacena, ó que conta a xente nos escanos da cociña. Si o conto que se dixo gustoulle, entón golpea coas tapas das tarteiras e abroura o lume. Aquí chámanlle abrourar o lume a escarabellar nil co atizador ou cunha estela.

FEDERICO NASO

O murigante sempre ten frío, pro no verán, nos días quentes, sae ó campo, a espiollarse. Ten a color negra lucida, é grande bebedor de leite callada, e fai teas, como as arañas. Aseguran que ten ollos mui humás, e que anda a brincos. Unha vez un peisano atopóu un murigante na cociña, na que se apagara o lume. Vai o home i acendeuno de novas. Entón o murigante saíu do seu recuncho i abaneando coas súas azas, falou:

-¡Non hai ouro no mundo que pague o saber facer lume!

O BOLIMARTE

ÁNGEL DOMÍNGUEZ

IAGO NÓVOA

O bolimarte é algo así como unha salamanquesa;

outros dín que o que somella é un alacrán. Ten crista roxa, coma do galo, na cabeza. Medirá unha media cuarta, i o máis do seu corpo é rabo. Pon un ovo cada sete anos, e percisamente no niño do moucho; os ovos do moucho son brancos i o do bolimarte mouro, pro o moucho non se decata. Cando o bolimarte nacéu, o

JOSÉ MOURE

O bolimarte vese poucas veces, pro cando se vé é que vai a haber eclipse de sol. O bolimarte tenlle medo á fin do mundo, e na ocasión bótase a percurar a compaña do home. Pra que un home o reciba na súa casa en vísperas de eclipse total de sol, o bolimarte dá calisquera cousa; é decir, dá ouro ou dice onde o hai. Recibido na casa, hai que alimentalo ben: dous pitos por día. Abonda con esplumalos, que cómeos crudos. Un amigo que me conta do bolimarte, díceme que sabe de máis dunha familia que se fixo rica dando de xantar ó bolimarte e cama cando tén medo.

DAVID MARTÍNEZ

O bolimarte, por derriba do corpo, trae unha camiseta, i entre a camiseta i o corpo, ouro en fío; éste dallo a quén o sirve. Pro non hai que tocalo fío de ouro deica non pase unha hora medrada, que queima.

-¿E cómo dice onde hai ouro, o bolimarte?

-Mui ben: brinca unha fiestra e dende alí cuspe; cuspe forte, coma un tirabalas de estopa. Onde cai o cuspe, fai un pouquichiño de lume. Córrese acolá, sáchase, i á media vara aparez ouro. Cando chegas co ouro, o bolimarte imponse nas patas traseiras, i asubía.

O TORDAVISCO

LIDIA LÓPEZ

DAVID LÓPEZ

“A pedra de afiar as agullas” coa que os

xastres bulrentos chiflan nos aprendices que saen algo parvos, non é tal pedra, senón o ovo dun paxaro que chaman o tordavisco. O tordavisco é un coma galo, e non hai quen o mire, que de día é verde, de noite mouro e cando neva, branco é.

ANTÓN RODRÍGUEZ

É o máis listo de tódolos paxaros: tan así que cando o cuco se ergue, pólas mañanciñas de cedo, vai o tordavisco e métese na súa cama, i aproveita que a deixóu quente o cuco.

O ovo do tordavisco é verde, e fala. Asusta ós nenos que andan velando niñadas nas súas silveiras, decindo a grandes berros:

O VELAGULLAS

JOEL PARDEIRO

JOSÉ MANUEL MARTÍNEZ

UXÍA PÉREZ

O velagullas é un trasno pequeno, dos máis

pequenos, i está sin traballo desque foi inventado o aceirico pra uso de xastres e costureiras. O velagullas estaba ó servicio da xente de agulla, e buscaba, para restituílas á man do dono, as agullas perdidas nos panos ou no chán. Pólos seus servicios non cobraba nada, pro os xastres facíanlle monteiras, i as costureiras camisas. Íbase pólo San Xohán e non volvía deica o outono.

NEREA VÁZQUEZ

O velagullas era mui buliceiro. Cando un xastre de Lugo que se chamaba o señor Mongos, trouxo o pirmeira máquina de coser que houbo por aquí, e foron de Ribadeo a Lugo unhas señoras por vela, o velagullas fixo augas maiores por ela. Andaba tolo. O velagullas faguía perdidos os aceiricos, pra que apreciasen o seu traballo. ¿Por onde andará agora?