Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA6.8 - Elaboráronse informes de...

Post on 05-Oct-2020

2 views 0 download

Transcript of Formación profesional Adaptación na programación para a ......CA6.8 - Elaboráronse informes de...

Páxina 1 de 12

Formación profesional

Adaptación na programación para a finalización do curso 2019-2020

Centro educativo

Código Centro Curso académico

36019402 IES Pazo da Mercé 2019-2020

Ciclo formativo

Código Nome

CMIFC01 Sistemas microinformáticos e redes

Módulo profesional

Código Nome

MP0221 Montaxe e mantemento de equipamentos

Alumnado

Réxime Modalidade Grupo

Réxime xeral-ordinario Presencial A

Docente (se procede, indicar o nome e os apelidos)

Nome e apelidos

Héctor José Gómez Vallejo

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación

Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019-2020, nos centros da Comunidade

Autónoma de Galicia.

Páxina 2 de 12

1. Criterios de avaliación do terceiro trimestre afectados (por cada unidade didáctica)

1.1 Identificación da unidade didáctica

Nº Unidade didáctica

11 Localización e reparación de averías. Ferramentas.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolverase neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA6 - Mantén equipamentos informáticos, para o que interpreta as recomendacións de fábrica e relaciona as disfuncións coas súas causas.

CA6.1 - Recoñecéronse os sinais acústicos e visuais que avisan de problemas no hardware dun equipamento.

Si Si LC.1 - Identificación de problemas no hardware mediante sinais de aviso.

CA6.2 - Identificáronse e arranxáronse as avarías producidas por sobrequecemento do microprocesador.

Si Non LC.2 - Detección das avarias producidas polo sobrequecemento do procesador

CA6.3 - Identificáronse e arranxáronse avarías típicas dun equipamento microinformático (mala conexión de compoñentes, incompatibilidades, problemas en discos fixos, sucidade, etc.).

Si Non LC.3 - Detección das avarias típicas (mala conexión, incompatibilidades, etc.)

CA6.4 - Identificáronse e arranxáronse problemas mecánicos en equipamentos microinformáticos (fallos en soldaduras, en engrenaxes de compoñentes, etc.) .

Si Non LC.4 - Identificación de problemas mecánicos (soldaduras, engrenaxes, etc.)

CA6.5 - Substituíronse compoñentes deteriorados. Si Non LC.5 - Substitución compoñentes deteriorados

CA6.6 - Verificouse a compatibilidade dos compoñentes substituídos.

Non Non LC.6 - Verificación de compatibilidade dos compoñentes

CA6.7 - Realizáronse actualizacións e ampliacións de compoñentes. Non Non LC.7 - Ampliación de compoñentes

CA6.8 - Elaboráronse informes de avaría (reparación ou ampliación). Non Non LC.8 - Elaboración do informe

Páxina 3 de 12

Nº Unidade didáctica

12 Periféricos

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolverase neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA10. Mantén periféricos, para o que interpreta as recomendacións de fábrica dos equipamentos e relaciona as disfuncións coas súas causas.

CA10.1. Identificáronse e solucionáronse problemas mecánicos en periféricos de impresión estándar.

Si Non LC.1 - Identificación dos problemas mecánicos en impresoras

CA10.2. Substituíronse consumibles en periféricos de impresión estándar.

Si Non LC.2 - Substitución de consumibles en impresoras

CA10.3. Identificáronse e arranxáronse problemas mecánicos en periféricos (fallos en soldaduras, en engrenaxes, etc.).

Non Non LC.3 - Detección de problemas mecánicos en outros periféricos

CA10.4. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación dos periféricos de captura de imaxes dixitais fixas e en movemento.

Non Si LC.4 - Identificación dos usos das cámaras dixitais.

CA10.5. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación doutros periféricos multimedia.

Non Si LC.5 - Revisión dos usos doutros periféricos multimedia

CA10.6. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación de equipamentos de fotocopia, impresión dixital profesional e filmaxe.

Non Non LC.6 - Identificación dos usos de fotocopiadoras e impresión dixital

CA10.7. Aplicáronselles aos periféricos técnicas de mantemento preventivo.

Si Non LC.7 - Aplicación de mantemento preventivo nos periféricos.

Nº Unidade didáctica

13 Tendencias en equipamentos informáticos

Páxina 4 de 12

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Imprescindible

(si, non)

Desenvolverase neste curso

(si, non)

Instrumento de avaliación

RA9. Aplica novas tendencias na ensamblaxe de equipamentos microinformáticos, e identifica as súas vantaxes tendo en conta as características de uso dos equipamentos.

CA9.1. Recoñecéronse as novas posibilidades para lle dar forma ao conxunto do chasis e a placa base.

Si Non LC.1 - Observación das novas tendencias nas placas base e o chasis.

CA9.2. Describíronse as prestacións e as características dalgunhas das plataformas semiensambladas (“barebones”) máis representativas do momento.

Si Non LC.2 - Descrición das características dos barebones

CA9.3. Describíronse as características dos computadores de entretemento multimedia (HTPC), os chasis e os compoñentes específicos empregados na súa ensamblaxe.

Non Non LC.3 - Descrición das características dos HTPC

CA9.4. Describíronse as características diferenciais que demandan os equipamentos informáticos empregados noutros campos específicos de aplicación.

Si Non LC.4 - Descrición das características básicas doutros equipos informáticos para uso específicos.

CA9.5. Avaliouse a presenza da informática móbil como mercado emerxente, cunha alta demanda en equipamentos e dispositivos con características específicas: móbiles, PDA, navegadores, etc.

Si Non LC.5 - Revisión das características especificas dos equipamentos portátiles.

CA9.6. Avaliouse a presenza do “modding” como corrente alternativa á ensamblaxe de equipamentos microinformáticos.

Non Non LC.6 - Revisión do Mooding

CA9.7. Instaláronse sistemas operativos adaptados para o seu uso en dispositivos con características específicas.

Non Non LC.7 - Instalación de sistemas operativos adaptados aos equipos para uso especifico.

Páxina 5 de 12

5. Mínimos exixibles para alcanzar a avaliación positiva e os criterios de cualificación

En cada unidade didáctica, o alumnado debe obter unha avaliación positiva en todos aqueles criterios de avaliación que conforman os mínimos esixibles da mesma, e que son os que se indican no seguinte punto dentro da columna “Criterio de avaliación”

Os criterios de cualificación definen como se formará a nota do alumnado, tanto nas avaliacións trimestrais como na final:

- A cualificación de cada unha das avaliacións expresarase en valores enteiros de 1 a 10.

- Unha avaliación considerarase superada se a cualificación acadada e igual ou superior a 5 (sobre 10).

- Para superar cada avaliación, é requisito imprescindible, que a cualificación mínima obtida en cada unha das unidades didácticas avaliadas no trimestre, sexa dun 5.

- Debido a declaración do estado de alarma no RD 463/2020, A terceira avaliación non ten carácter avaliable.

Para superar a avaliación final, será necesario ter unha cualificación mínima de 5 en cada unha das unidades didácticas, e a nota da avaliación formarase coas cualificacións das unidades ponderadas polo seu peso dentro do módulo. Para facer este cálculo teranse en conta:

Para as unidades que xa estaban aprobadas, a nota que xa acadaron durante o primeiro ou segundo trimestre.

Para as unidades que estaban suspensas, a nota que acaden neste terceiro trimestre, mediante as actividades de recuperación.

A realización de practicas e temas de ampliación na terceira avaliación expostos polo profesor poderán supoñer un incremento de ata 1 punto na nota final da avaliación final

A nota final do curso para alumnado con tódalas unidades superadas, será a súa media ponderada polo seu peso dentro do modulo.

A nota final do curso para alumnado con algunha UD suspensa, será a máis baixa de entre a media ponderada e un 4.

Páxina 6 de 12

6. Procedemento para a recuperación das partes non superadas

Criterios de avaliación imprescindibles (por cada unidade didáctica)

Nº Unidade didáctica

1 Introdución aos equipamentos informáticos

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA1. Recoñece a arquitectura e os elementos funcionais dun equipamento microinformático, e identifica a súa función.

CA1.2 - Describíronse os bloques que compoñen un equipamento microinformático e as súas funcións.

LC.1 - Descrición dos bloques funcionais do equipamento informático

X CA1.4 - Identificáronse os elementos que compoñen cada bloque. LC.2 - Identificación dos elementos que compoñen cada bloque

X CA1.6 - Describiuse o proceso de arranque dun equipamento microinformático.

LC.3 - Descrición do proceso de arranque dun equipamento microinformático

Nº Unidade didáctica

2 Prevención de riscos e protección ambiental no taller

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA11. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, identificando os riscos asociados, así como as medidas e os equipamentos para previr estes riscos.

CA11.1 - Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, útiles, máquinas e medios de transporte.

LC.1 - Identificación dos riscos na manipulación dos materiais e ferramentas

X CA11.2 - Respectáronse, en todo momento, as normas de seguridade. LC.2 - Normas e medidas de seguridade

X CA11.3 - Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas, etc.

LC.3 - Identificación da causas de accidentes na manipulación dos materiais e ferramentas

Páxina 7 de 12

X CA11.4 - Describíronse os elementos de seguridade das máquinas (proteccións, alarmas, pasos de emerxencia, etc.) e os equipamentos de protección individual (calzado, protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento

LC.4 - Descrición dos elementos de seguridade e os EPI empregados nas operacións de montaxe e mantemento.

X CA11.6 - Identificáronse as fontes de contaminación do contorno ambiental. LC.5 - Identificación das fontes de contaminación do contorno ambiental

Nº Unidade didáctica

3 Electricidade

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA5. Mide parámetros eléctricos, identificando o tipo de sinal e a súa relación coas súas unidades características.

CA5.1 - Identificouse o tipo de sinal para medir co aparello correspondente. LC.1 - Identificación dos tipos de sinais para medir co aparello correspondente.

X CA5.2 - Seleccionouse a magnitude e o rango de medida, e conectouse o aparello segundo a magnitude para medir.

LC.2 - Selección da magnitude e o rango da medida no aparello

X CA5.3 - Relacionouse a medida obtida cos valores típicos. LC.3 - Relación da medida obtida cos valores típicos

X CA5.6 - Medíronse as tensións en fontes de alimentación típicas de computadores persoais.

LC.4 – Medición das tensións en fontes de alimentación típicas de PC

Nº Unidade didáctica

4 Compoñentes dun equipo informático

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA2. Recoñece a arquitectura de placas base e identifica a súa evolución asociada á evolución dos microprocesadores.

CA2.2 - Localizáronse e describíronse os tipos de conectadores para periféricos.

LC.1 - Identificación e descrición dos tipos de conectores externos

Páxina 8 de 12

X CA2.4 - Localizáronse os zócolos para os módulos de memoria. LC.2 - Identificación dos slots para os módulos de memoria

X CA2.6 - Describíronse as características e as utilidades máis importantes da configuración da placa base.

LC.3 - Descrición das características e utilidades da placa base

X CA2.7 - Describíronse as características dos microprocesadores (frecuencia, tensións, potencia, zócolos, etc.).

LC.4 - Descrición das características dos microprocesadores AMD e INTEL

X CA2.8 - Describiuse a función dos disipadores e dos ventiladores. LC.5 - Descrición das funcións dos disipadores e ventiladores dos equipamentos informáticos

X RA3. Analiza a función dos compoñentes que integran un equipamento microinformático estándar, e compara prestacións de diversos fabricantes.

CA3.2 - Identificáronse e manipuláronse os compoñentes básicos (módulos de memoria, discos fixos e as súas controladoras, soportes de memorias auxiliares, etc.).

LC.6 - Identificación dos compoñentes básicos (módulos de memoria, discos fixos e as súas controladoras, soportes de memorias auxiliares, etc.).

X CA3.3 - Identificáronse e manipuláronse adaptadores e tarxetas de expansión (gráficos, LAN, modems, etc.).

LC.7 - Identificación das tarxetas de expansión.

X CA3.4 - Identificáronse os elementos que acompañan un compoñente de integración (documentación, controladores, cables, utilidades, etc.).

LC.8 - Identificación dos elementos dun compoñente de integración (controladores, cables, documentación, etc.)

X CA3.5 - Identificáronse os periféricos típicos dun equipamento. LC.9 - Identificación dos periféricos típicos dun equipamento informático

Nº Unidade didáctica

5 Particionamento de discos

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA3. Analiza a función dos compoñentes que integran un equipamento microinformático estándar, e compara prestacións de diversos fabricantes.

CA3.2 Identificáronse e manipuláronse os compoñentes básicos (módulos de memoria, discos fixos e as súas controladoras, soportes de memorias auxiliares, etc.).

LC.1 - Identificacións e manipulacións das particións dos discos fixos

Páxina 9 de 12

Nº Unidade didáctica

8 Montaxe e desmontaxe de equipos informáticos

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA4. Ensambla un equipamento microinformático, para o que interpreta a documentación técnica, e verifica o resultado final.

CA4.1 - Seleccionáronse as ferramentas e os útiles necesarios para a ensamblaxe de equipamentos microinformáticos.

LC.1 - Selección de ferramentas útiles para o ensamblaxe de equipamentos

X CA4.2 - Interpretouse a documentación técnica dos compoñentes para ensamblar nos idiomas máis empregados pola industria.

LC.2 - Interpretación da documentación técnica para o ensamblaxe

X CA4.4 - Ensambláronse conxuntos de placa base, microprocesador e elementos de refrixeración en varios modelos de chasis, segundo as especificacións dadas.

LC.3 - Ensamblaxe da placa base co microprocesador e os elementos de refrixeración no chasis

X CA4.5 - Ensambláronse os módulos de memoria RAM, os discos fixos, as unidades de lectura e gravación en soportes de memoria auxiliar, e o resto dos compoñentes da unidade central.

LC.4 - Montaxe dos módulos de memoria RAM, dispositivos de almacenamento e tarxetas de expansión na placa base

X CA4.7 - Executáronse utilidades de revisión e diagnóstico para verificar as prestacións do conxunto ensamblado.

LC.5 - Execución de utilidades de diagnostico para verificar o bo funcionamento do PC montado

Nº Unidade didáctica

9 Instalación, clonación e recuperación do S.O.

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA7. Instala sistemas operativos, para o que consulta e interpreta a documentación técnica.

CA7.1 - Verificouse a idoneidade do hardware.

LC.1 - Verificación dos requirimentos mínimos de hardware para a instalación do SO

X CA7.3 - Elaborouse un plan de instalación. LC.2 – Elaboración dun plan de instalación en diferentes equipos

Páxina 10 de 12

X CA7.9 - Describíronse as utilidades para a creación de imaxes de disco e das súas particións.

LC.3 - Descrición das utilidades para a creación de imaxes de discos.

X CA7.11 - Creáronse imaxes dos sistemas operativos instalados para a súa posterior recuperación ou clonación noutros equipamentos.

LC.4 - Creación de imaxes dos sistemas operativos para clonación noutros equipamentos

X RA8 - Instala software nun equipamento informático utilizando unha imaxe almacenada nun soporte de memoria, e xustifica o procedemento seguido.

CA8.1 - Recoñeceuse a diferenza entre unha instalación estándar e unha preinstalación de software.

LC.5 - Distinción entre unha instalación estándar e una preinstalación de software.

X CA8.2 - Identificáronse e probáronse as secuencias de arranque configurables na placa base.

LC.6 - Identificación e testeo das secuencias de arranque na placa base

X CA8.3 - Iniciáronse equipamentos desde diversos soportes de memoria auxiliar.

LC.7 - Inicio do S.O. desde outro dispositivo de memoria auxiliar (pendrive)

Nº Unidade didáctica

10 Xestores de arranque

1ª aval.

2ª aval.

Resultado de aprendizaxe Criterio de avaliación Instrumento de avaliación

X RA7. Instala sistemas operativos, para o que consulta e interpreta a documentación técnica.

CA7.5. Configurouse o xestor de arranque. LC.1 – Configuración de distintos xestores de arranque (software libre e software propietario)

Páxina 11 de 12

6.a) Procedemento para definir as actividades de recuperación

O procedemento para a recuperación das unidades didácticas suspensas consiste en unha series de actividades que realizáronse nas unidades didácticas que se desenrolaron nas dúas primeiras avaliacións.

- O material teórico e o material practico de cada unidade didáctica encontrase posta na aula virtual.

- Mandarase por correo electrónico o material teórico practico das unidades didácticas suspensas para o alumnado que ten problemas de conexión lenta.

- Mandarase por correo electrónico as actividades a realizar das unidades didácticas suspensas para o alumnado que ten problemas de conexión lenta.

O alumnado que teña unha o varias Unidades Didácticas (UD) suspensas nas dúas primeiras avaliacións, deberá realizar as tarefas propostas para esa UD. A nota da UD será a media aritmética dos resultados das actividades sendo necesario obter un mínimo de 5 sobre 10.

O alumnado con todas as UD superadas, pode realizar as actividades propostas na aula virtual o por correo electrónico para subir nota.

6.b) Procedemento para definir a proba de avaliación extraordinaria para o alumnado con perda de dereito á avaliación continua

Aqueles alumnos que perderon o dereito á avaliación continua e por ser esta unha situación excepcional, serán avaliados da mesma maneira que o resto de alumnos que non superaron o módulo, coa condición de que os alumnos con perda de avaliación continua terán que facer as tarefas de recuperación propostas para todas as unidades didácticas.

Páxina 12 de 12

8. Medidas de atención á diversidade

8.b) Medidas de reforzo educativo para o alumnado que non responda globalmente aos obxectivos programados

Debido á suspensión de clases presenciais por motivos do estado de alarma polo covid19, adoptáronse as seguintes medidas de atención á diversidade:

Para o alumnado que teñan boa conexión por internet e un computador en condicións mantivéronse as clases mediante o uso da aula virtual tal como se viña traballando en clase e o correo electrónico, para aclarar calquera tipo de dúbida.

Para o alumnado que carecía de boa conexión, se lles envío por correo as actividades de repaso e recuperación correspondentes.

Para o alumnado que non dispoñía de equipamento informático ofrecéuselle un equipo en préstamo.

Incluirase tarefas e actividades co nivel gradual adaptable aos recursos que teña o alumando en casa cumprindo cos mínimos exixibles do modulo.