Post on 27-May-2015
Freixo común(Fraxinus excelsior)
fresnoash
frêne élevé freixo
CLASEAnxiospermasORDEXencianalesFAMILIAOleáceas
Árbore de copa alta e ovoide que pode acadar os 40 metros de altura.
É orixinaria de Europa e oeste de Asia que gosta de terreos húmidos e ricos. Atópase en ribeiras, sebes e bosques húmidos.
En Galicia aparece no norte. Nas montañas orientais forma freixedos, pequenas masas de bosque de ribeira.
TALOO toro é recto, coa tona lisa, de cor verde-gris nos exemplares novos e castaña-gris, con gretas nos exemplares adultos. Os gomos son de cor negra e veludos, apuntados e opostos.
FOLLASCaedizas, opostas, compostas, pinnadas de 20 a 25 cm de lonxitude. Formadas por 9-13 foliolos de forma oval-apuntada, coa beira dentada, de cor verde escura pola cara superior e máis crara pola inferior. No outono póñense de cor amarela viva.
FLORESSen pétalos, agrupadas en panículas de cor verde cos rabos longos que poden conter flores masculinas e femeninas, mesturadas ou separadas. Os elementos masculinos son simples estames (dous por flor). As flores femininas son pistilos solitarios en forma de frasco. Florece en primavera e polinízase polo vento.
FROITOSSecos (sámaras), con ás de forma lanceolada duns 3 cm de lonxitude, de cor castaña cando están maduros.
CICLO ANUAL-FREIXO COMÚNFolla
Flor
Froito
xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro
Freixo no Parque de Castrelos-Vigo. Ten máis de 100 anos e 38 m de altura.Freixo no balneario de
Guiririz.
Freixo na casa do Gado. Sobrado dos Monxes.
USOS:A madeira é resistente e utilízase para mangos de ferramentas e pezas de carros.As follas teñen propiedades laxantes e diuréticas, a tona para baixar a febre, aperitivo e expectorante.
CANTIGA POPULAR:
Se queres que o carro andeforte, a un tempo e velaíño,bótalle o eixo de freixo e as treitoiras de sanguiño.
MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro Mon Daporta Internet