Grecia, de polis a imperio

Post on 23-Jan-2018

778 views 1 download

Transcript of Grecia, de polis a imperio

GRECIA, DE POLIS A IMPERIO

SERGIO FOLGUEIRA ARIAS1º ESO

ONDE ESTÁ GRECIA?

Cidades e rexiónsaa Grecia antiga

QUE UNÍAAOS

GREGOS?

UNHAS ORIXESCOMÚNS

UNHA MESMALINGUA E CULTURA

UNS MESMOS DEUSES E RITOS

UNHAS MESMASFORMAS DE VIDA

Palacio de Cnosos (Creta). Época minoica.

2.000 a.C.

Reconstrución dopalacio de Cnosos.

Damas de azul doPalacio de Cnosos

(1.500 a.C.)

Taurocatapsia

Porta dos Leóns de Micenas.Época micénica. S. XIII a.C.

Máscara de Agamenón (1.500 a.C.)

O ALFABETO GREGO

Teatro de Epidauro (Grecia).S. IV a.C.

Os expertos crenque a Ilíada e a

Odisea foron escritasno s. VIII a.C.

Pero seguen a estarde actualidade....

Troia (EEUU/Reino Unido, 2004)

A RELIXIÓN GREGA

● Politeísta: rendían culto aos

deuses e aos heroes (seres

nacidos da unión de deus e mortal).

● Deuses antropomorfos dotados

de atributos (lóstregos, tridente...).

● Estaban dotados de paixóns

humanas.

● Deuses e humanos relacionábanse

entre si

● Eran inmortais e gozaban de

poderes sobrenaturais.

Partenón de Atenas(s. V a.C.)

OS XOGOS OLÍMPICOS

ETAPAS DA ANTIGA GRECIA

ÉPOCA ARCAICAS. IX – VI A.C.

ÉPOCA CLÁSICAS. V A.C.

ÉPOCA HELENÍSTICAS. IV – I A.C.

A ÉPOCA ARCAICA: AS POLIS● As polis eran cidades-estado,

con goberno, leis e un exército

propios.

● Nacen na época arcaica

(s. IX-VI a.C.).

● Ao principio eran gobernadas

polos máis ricos (aristoi).

● Co tempo, evolucionaron cara

dous modelos de goberno

distintos:

● Esparta: goberno aristocrático.

● Atenas: goberno democrático.

UNHA POLIS ARISTOCRÁTICA: ESPARTA

● Tiñan dous reis (diarquía).

● Existían uns maxistrados denominados éforos.

● Existían un consello de anciáns (Gerusía) e unha asemblea.

Unha polis democrática: Atenas

● Atenas adicábase ao

comercio de aceite, viño

e trigo.● O seu poder creceu pola

súa escuadra naval e

polas minas de prata.● Atenas foi a pioneira en

adoptar a democracia.

A LOITA POLO DOMIINIO DA HÉLADE

GuerrasMédicas

(490-478 a.C.)

Polis gregasvs

Imperio Persa

Polis conservanIndependencia

Hexemonía de Atenas

GUERRA DO PELOPONESO

VITORIA GREGA NAS GUERRAS MÉDICAS

LIGA DE DELOS LIGA DO PELOPONESO

HEXEMONÍA DE ATENAS

OPOSICIÓN DE ESPARTA

GUERRA DO PELOPONESO431-404 A.C.

-DERROTA DE ATENAS

-CRISE DA DEMOCRACIA

-DECADENCIA DAS POLIS

ASCENSO DE MACEDONIA

O IMPERIO DE ALEXANDRE MAGNO

- Alexandre (356-323 a.C.) era fillo de Filipo II (359-336 a.C.), rei de Macedonia, que até entón fora visto polo resto dos gregos como un reino a medio camiño entre eles e os bárbaros.

- Filipo II conseguiu impor a súa autoridade sobre toda Grecia.

- Alexandre foi educado polo filósofo Aristóteles, e desde rapaz soñara con emular a Aquiles.

- No ano 334 a.C., con 22 anos, Alexandre inicia a conquista do Imperio Persa invadindo Asia Menor.

O imperio de Alexandre Magno (323 a.C.)

- Á súa morte, con 32 anos, fora o maior conquistador da historia, estendendo o seu imperio desde Grecia até a India.

- As súas conquistas supuxeron a difusión da cultura grega por un amplo espazo, mentres que adoptaba elementos das culturas dos territorios conquistados.

- Á súa morte, con 32 anos, o imperio foi dividido entre os seus xenerais, que fundaron diversos reinos.

- O máis lonxevo foi o reino tolemáico de Exipto. A súa última raíña foi a famosa Cleopatra († 30 a.C.).

- Dáse inicio á época helenística, caracterizada pola difusión da cultura grega máis alá das fronteiras de Grecia.

A MULLER EN ATENAS

• A muller ateniense era unha eterna. Toda a súa vida debía permanecer baixo a autoridade dun titor.

• A súa existencia non tiña sentido máis alá do matrimonio, que era arranxado polas familias dos contraíntes e que se levaba a cabo cando as rapazas tiñan entre 15 e 18 anos.

• O divorcio estaba permitido, pero non a petición da muller.

• Estaban obrigadas a ser fieis ao seu home, pero non á inversa.

• A súa situación variaba segundo o seu estrato social:

• As mulleres de boa familia tiñan como principal adicación manter o oikos. Vivían confinadas nunha área da vivenda exclusiva para mulleres -o xineceo-, e rara vez saían á rúa.

• En cambio, as mulleres do común participaban na economía doméstica traballando no campo, o comercio ou a artesanía.

● A súa situación variaba con respecto á das mulleres do resto das polis, pois estaban, máis ou menos, en pé de igualdade cos homes.

● A educación en Esparta era obrigatorio para todo o mundo, tamén para as mulleres.

● A súa función era formar nais fortes e vigorosas.

● O matrimonio era máis tardío ca noutras partes de Grecia e as parellas non convivían baixo o mesmo teito.

A MULLER EN ESPARTA

O VESTIARIO GREGO

- A parte inferior, o quitón, era unha túnica, polo común sen mangas, que chegaba até até os xeonllos e se cinguía á cintura. - A parte superior, o himatión, consistía nunha especie de manto rectangular que se botaba sobre o ombreiro esquerdo e se recollía polo lado oposto.- Cando se ía de viaxe trocábase o himatión pola clámide, capa rectangular por tres dos seus lados que se abrochaba sobre o ombreiro dereito.

• Facían tres comidas ao día:• Almorzo: composto de pan de

cebada mollado en viño, ao que se lle podían engadir figos ou olivas.

• Xantar: era moi somero.• Cea: era a comida máis importante

do día• Comían sentados.• A comida acostumábase servir en recipientes de terracota ou de metal.• Non se coñece o garfo, e comen cos dedos, axudados por un coitelo para cortar a carne e dunha culler para tomar as sopas.• A base da súa alimentación era o pan, e era moi raro o consumo de carne.

Como era a alimentación?

A EDUCACIÓN EN ATENAS

● A escola só estaba pensada para os varóns.

● A escola non era obrigatoria, e corría pola conta dos pais.

● Até que o neno ía á escola (aos 7 anos) eran a nai e a nodriza quen se ocupaban de el e lle proporcionaban as primeiras ensinanzas.

● A formación realizábase a través de profesores particulares. E cursaban tres materias: gramática, música e ximnasia.

● Buscaba unha formación integral.

A EDUCACIÓN EN ESPARTA

● Obxectivo: preparación para a vida militar

● Características:● Obrigatoria● Colectiva● Organizada polo Estado

● Os bebés con algún problema físico ou mental eran arroxados polo barranco do Taixeto.

● Aos 7 anos abandonaban a súa casa e quedaban baixo a autoridade dun titor -até os 20 anos. Aprendían entón a ler e a escribir, pero o esencial da súa educación era endurecelos fisicamente por medio da loita e o atletismo, e en aprender o manexo de armas.

● Ponse un énfase especial no rigor e a disciplina, sen descartar os castigos físicos.

A PEDERASTIA

● A pederastia grega era unha relación idealizada entre un rapaz adolescente (eromenos ou amado) e un home adulto que non formaba parte da familia próxima (erastés ou amante).

● Xurdiu como unha tradición aristocrática educativa e de formación moral.

● A diferenza de idade entre eromenos e erastés era semellante á que se daba entre os contraíntes do matrimonio na antiga Grecia: un home duns 30 anos e unha muller de entre 15 e 18.

● O eromenos era un mozo entrado na pubertade e non un neno.

● Durante toda a antigüidade houbo discusión sobre a natureza e expresión deste amor, así como variantes rexionais marcada, e non tiña porqué ter un carácter sexual.

A HOMOSEXUALIDADE NA ANTIGA GRECIA

Safo de Lesbos

● Practicamente non hai estudos ao respecto até a década de 1990.

●A relación homosexual máis extendida era a que se daba entre homes adultos e rapaces adolescentes, coñecida como pederastia.

● A sociedade grega non distinguía o desexo ou comportamento sexual polo sexo biolóxico, senón por canto se adaptaran ás normas sociais, baseadas no xénero, a idade e o estatus social.

● O criterio básico era quen asumía o rol dominante na relación.

● As relacións entre homes adultos da mesma posición social non eran ben vistas.

● Non está moi claro como se vían as relacións entre mulleres, pero existen exemplos tan antigos como Safo de Lesbos.