Igualdade de xénero entre xóvenes.ppt (1)

Post on 19-Jun-2015

52 views 6 download

description

igualdade, xénero, xóvenes

Transcript of Igualdade de xénero entre xóvenes.ppt (1)

Igualdade de xénero Xóvenes

Vanesa BúaNoelia Fiuza

Tania FilgueiraMaría Arboleda

Educación: Desigualdade nas aulas

Múltiples estudos deixan claro que, a pesar da

igualdade legal,as mulleres non disfrutan

das mesmas oportunidades cos homes no mundo

laboral, na administración...

Tampouco nas aulas.

Hai máis de tres décadas que os nenos e nenas estudan xuntos e estudan o mesmo, pero na escola non se lles trata por igual nin se

concede a mesma importancia ao saber deles que delas ; é sexista.

Coma sempre que se xeneraliza, esta

afirmación, tomada ao pe da letra, non é

certa.

Hai escolas que ensinan os nomes de tantos trobadores como de

trobadoras, que explican a xeometría a través da costura, que impiden que o fútbol acapare o espazo de xogo no patio o que inclúen as tarefas

domésticas e o coidado das persoas no seu currículo para ensinar a

superar estereotipos sobre o papel dos homes e mulleres.

Aínda así, a maioría das escolas teñen unha educación cun claro predominio masculino e pouca presenza das mulleres, tanto

nos contidos académicos como nas conversacións, o uso dos

espazos, a linguaxe...

Estereotipo de beleza feminino. Consecuencias?

No caso das mulleres novas, son os trastornos da alimentación os que máis preocupan. Os máis comúns son a anorexia e a

bulimia e detrás deles escóndense as consecuencias da tiranía exercida polos estereotipos de mulleres belas, esveltas e

delgadas.

O que fai que nos preguntemos sobre o peso da imaxe nas mozas de hoxe e o papel dos medios de comunicación ao

respecto.

En ambos casos, estase ante dous trastornos alimenticios de xénero, que

afectan maioritariamente a rapazas novas, nas que cala fondamente  a imaxe estereotipada da muller extremadamente

delgada.

A excesiva utilización do corpo feminino en televisión, internet ou a prensa, que mostra á muller sempre guapa,

asociada á delgadeza, así como a aparición de "top-

models" que manteñen o estereotipo,

contribuíu a disparar a incidencia deestes trastornos entre as mozas.

Un mundo deportivo masculino

No deporte son máis visibles as desigualdades de xénero, aínda que

están algo máis atenuadas polo aumento do número de mulleres

mozas que realiza actividades físicas, a súa maior participación nosdeportes tradicionais e a súa

presenza, como espectadoras, en encontros,

competicións e torneos.

A forza física é o principalargumento esgrimido polos mozos

para facer diferenzas entredeportes de rapaces e de rapazas.

Esta xustificación de carácter biolóxico perde peso cando se

recoñecea existencia de deportes que non precisan dunha maior resistencia,

motivo ante o que compre aludir ao compoñente cultural.

Establécese entón unha segmentación das actividades deportivas dende unha

perspectiva de xénero, ás que se alude en función das variables sociais ou culturais.

Isto significa que o mantemento das diferenzas non está asociado ao biolóxico

senón ao cultural.

Baixo esa aparencia agochanse algunhas situacións discriminatorias na práctica das

actividades deportivas:

■ As rapazas adoitan abandonar na adolescencia a práctica de actividades deportivas pola falta de apoio quereciben da familia, a escola e a sociedade.

■ Poucas mozas practican deportes de elite.■ Escasean as mozas deportistas con

impactona sociedade e nos medios de comunicación.

■ Os mozos dominan os espazos dedicados ao deporte, como os polideportivos, ximnasios e pistas de atletismo.

Para os rapaces e as rapazas, a forte  masculinización  do mundo deportivo ten unha causa biolóxica, porque consideran

que o corpo é o principal potencial a desenvolver con este tipo de actividades e as diferenzas entre ambos os dous son

obvias.

Isto pode axudar a comprender por que escollen deportes distintose considérase que o corpo das rapazas está en desvantaxe.

Pero, por exemplo, o condicionante da forza física desínchase cando se

trata deactividades como o automobilismo,

onde prima máis a destreza e osreflexos.

Entón, a abafadora presenza masculina xustifícase dendeunha perspectiva cultural e

educativa.

ANEXO

EN QUE NOS DIFERENCIAMOS DOUTROS XÓVENES EUROPEOS ?

COMO VIMOS OS XÓVENES FRANCESES?

Imaxe xeral dos xóvenes franceses

■ Maior aceptación da diversidade étnica: Variedade étnica e respecto cara ela: persoas de diferentes orixes en postos de importancia como policías, funcionarios...

■ Máis educados.■ Máis tolerantes.■ Máis recatados e introvertidos.

Menos efusivos.■ Máis humildes.

En Galicia hai moita desigualdade entre rapazas e rapaces. Pero isto no é irreversible, e, entre todos, podemos ir mellorando

esta situación.

GRAZAS