Post on 13-Jan-2016
description
ACOLLIDA
O sacerdote, representando aos fieis,Inclínase e bica o altar, que representa a Cristo.
Xesús convidounos á súa festa.Vimos á comida preparada polo Señor
e recíbenos así:
CELEBRANTE: A gracia do noso Señor
Xesucristo, o amor do Pai e a comunión do Espírito Santo sexan con
todos vós.
Contestamos: E contigo tamén.
Irmáns,para celebrarmos dignamente os santos misterios, recoñezamos que somos pecadores.
Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente
e tamén diante de vós, meus irmáns,
pois teño pecado moito de pensamento, de palabra,
de obra e de omisión.Pola miña culpa, pola miña culpa,
pola miña grandísima culpa.Por iso lle pido
á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo
e a vós tamén, meus irmáns,que roguedes por min a Deus,
o noso Pai.
Gloria a Deus no ceo, e paz ó seu pobo na terra.
Noso Señor Deus, rei do ceo, Deus Pai todopoderoso;
Louvámoste, bendecímoste, adorémoste, glorificámoste
e dámosche gracias, pola túa inmensa gloria.
Señor, Fillo único, Xesucristo, Señor Deus, Año de Deus, fillo do Pai.
Ti, que quíta-lo pecado do mundo, ten piedade de nós,
Ti, que quíta-lo pecado do mundo, escoita a nosa oración.
Ti, que estás á dereita do pai, ten piedade de nós;
porque Ti é-lo único Santo, Ti, o único Señor,
Ti, o único Altísimo, Xesucristo, co Espírito Santo na gloria de Deus Pai.
Amén.
LECTURAS
Sentámonos para
escoita- la Palabra de Deus.
DESPOIS DAS LECTURAS
LECTOR
Palabra do Señor
POBO (Nós)
Gracias a Deus.
EVANXELIO
CELEBRANTE : O Señor sexa convosco.NÓS, O POBO : E contigo tamén.
CELEBRANTE : Lectura do santo
Evanxelio según san… Facemo-lo sinal da cruz (persignamonos), escoitamos a lectura e contestamos ó final:
CELEBRANTE : Palabra do Señor.NÓS, O POBO : Louvámoste, Cristo
Creo en Deus, Pai Todopoderoso.Creo en Xesucristo, o seu único Fillo,
o noso Señorque foi concebido por obrae gracia do Espíritu Santo,
naceu de Santa María a Virxe.Padeceu baixo o poder de Poncio Pilato.
Foi crucificado, morto e sepultado.Descendeu ós infernos,
ó terceiro día resucitou de entre os mortos.Ascendeu ós ceos e está sentado
á dereita de Deus, Pai Todopoderoso.Dende alí virá a xulgar a vivos e mortos.
Creo no Espíritu Santo, a Santa Igrexa Católica,a comunión dos Santos, o perdón dos pecados,
e a vida eterna. Amén.
OFERTORIO
O sacerdote lembra ós que necesitanda nosa oración, unímonos a el
para rezar por eles :
POBO : Pedímoscho, Señor.
Despois presenta o pan e o viñoE chega o momento máis importante
da misa a CONSAGRACIÓN. E remata dicindo:
CELEBRANTE: Velaquí o misterio da nosa fe.POBO: Anunciámo-la túa morte,proclamámo-la túa resurrección,
¡ven , Señor Xesús!C. Por El. con El e en El …por
sempre eternamente.POBO. Amén
PREGARIA EUCARÍSTICA
CELEBRANTE:
O Señor sexa convosco.
POBO:
E contigo tamén.
C: Erguede os corazóns.
POBO:
Témolos postos no Señor
C: Deámoslle gracias
ó Señor, noso Deus.
POBO:
É digno e de xusticia.
Santo, Santo, Santo es ti, Señor,Deus do universo.
Enche-lo ceo e maila terra coa tua gloria
¡Hosanna no ceo!Bendito o que vén no nome do Señor¡Hosanna no ceo!
DESPOIS DA CONSAGRACIÓN
CELEBRANTE:Velaquí o misterio da nosa fe.
POBO:Anunciámo-la túa morte, Proclamámo-la túa
resurrección, ¡ven , Señor Xesús!C. Por El. con El e en El …por sempre eternamente.P. Amén
E agora é cando rezamos aoración que nos aprendeu Xesús:
Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome.
Veña o teu Reino e fágase a túa vontadeaquí na terra coma no ceo.
Danos hoxe o noso pan de cada día;perdoa as nosas ofensas,
como tamén perdoamos nósa quen nos ten ofendido;
e non nos deixes caer na tentación,mais líbranos do mal.
A PAZ
C. Señor Xesucristo, Ti dixéche-los teus Apóstolos: “Déixovo-la miña paz, dóuvo- la miña paz”. Non míre-los nosos pecados senon a fe da túa Igrexa; dígnate darlle a paz e maila unión de acordo coa túa vontade.
Pedímoscho a ti, que vives e reinas por sempre eternamente.
P. Amén.
C. A paz do Señor sexa sempre convosco.
P. E contigo tamén.
C. Dádevos a paz coma irmáns.
AÑO DE DEUS
Año de Deus que quíta-lo
pecado do mundo
Ten piedade de nós.
Año de Deus que quíta-lo
pecado do mundo
Ten piedade de nós
Año de Deus que quíta-lo
pecado do mundo
Dáno-la paz.
COMUNIÓN
C. Este é o Año de Deus que quita o pecado do mundo.Felices os convidados
á cea do Señor..
POBO: Señor, eu non son merecentede que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda
para me salvar.
É o momento da comunión, escoita a Xesús no teu corazón
--------------------------------
C. O corpo e o sangue de Cristo.P. Amén.