Post on 11-Jan-2017
HOMENAXE DO
ALUMNADO
DE 1º, 2º E 3º DA ESO
A MANUEL MARÍA
(LETRAS GALEGAS 2016)
IES Nº1 ORDES
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
COA COLABORACIÓN DAS PROFESORAS
LAURA PÉREZ VÁZQUEZ (LINGUA E LITERATURA GALEGA) E CRISTINA TOBÍO OTERO (EDUCACIÓN PLÁSTICA)
GALIZA
Sonia Rial 3º ESO B
Galiza
O día que a coñecera, viaxara ao estranxeiro - en concreto, a
una praia da Coruña - e, nada máis vela, caín profundamente
namorado da súa beleza.
Viaxara ata aquela lonxana comunidade –chea a rebordar de
vales, montañas e terras para labrar-, só por temas de traballo;
pero ver tanta cor verde da natureza por aquí e acolá, comezaba
a facerme esquecer as miñas obrigas tan urxentes que ata alí me
levaran.
Esa fermosa muller que docemente miraba cara ao mar…
Fíxome tolear por completo e desexar non marchar xamais de
alí. Máis para o meu pesar, só estaba de paso…
Nese par de días de traballo –que non fixen- tiven a
oportunidade de coñecela, e namorei aínda máis dela, a súa
mente soñadora, o seu doce riso…
Pero o día de marchar chegou, e moi dorido despedinme dela:
-“Levareite sempre comigo, no máis profundo dos meus
sentimentos”- Prometínlle a Galiza, mentres me alonxaba co
coche desa fermosa cidade mariñeira.
Aroa Regojo Fernández, 3º ESO A
Fatna Zerguit Boussadra 3º ESO B
GALIZA
Galiza, a terra que somos, na que vivimos, coa que soñamos. A
terra que somos e na que pensamos. Á que lle debemos tantas
cousas.
Aquí podemos atopar dende portos mariñeiros ata aldeas
labregas onde a sua xente traballa día a día duramente para
poder vivir.
Na nosa Galiza querida, tamén temos un son, que transmitimos
orgullosos e presumindo de falalo, dándolle ás veces un toque
de ritmo se nos axudamos da nosa fermosa gaitiña, o
instrumento galego capaz de transmitir sentimentos e que anima
a botar unhas pezas.
Laura García Grela, 2º ESO A
Lucía Becerra Puente 2º ESO A
Matinando sobre a nosa terra
Manuel María compuxo
unhas verbas de realidade
nun tempo moi escuro.
Cóntanos o que ten,
o bo e o que nos queda.
''Galiza'' ten por nome
este poema.
Mais non só queda niso,
esta composición,
xa que tamén nos fai buscar
dentro do noso corazón,
Nin a terra, o vento ou o mar,
atopemos a Galiza
que debemos amar.
Dentro da nosa alma
ese sentimento está,
galegos somos
e por sempre será
Pois como el nos di:
''Galiza somos nós''.
Fagamos nosa a Galiza,
fagámola coa fala, o noso son.
Serxio García Vázquez, 3º ESO A
Marta Landeira Villaverde 3º ESO B
Nerea López Lago 1º ESO A
GalizaEste ano dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María Fernández
Teixeiro (1929-2004), o poeta da Terra Chá, que tamén escribiu obras de
literatura infantil.
O poema “Galiza” pertence á obra Os soños na Gaiola de 1968. É o poema
inaugural da obra, dedicado especialmente aos labregos, igual que fora el na
súa infancia. Este poema fai unha descrición da patria galega, da ría, da
paisaxe, dos traballos típicos galegos (mariñeiros e labregos) e fala do
instrumento musical galego por excelencia, a gaita.
Remata cuns versos no que anima ao lector a loitar pola patria e pola lingua
galega.
Canto á métrica, podemos dicir que é un poema de cinco estrofas en coplas e
cada unha ten catro versos con rima consonante nos versos pares. Usa o
paralelismo, que facilita a memorización para os lectores infantís, e a
antítese, ademais da personificación, en:
Galicia é unha nai
Velliña e soñadora:
Na voz da gaita rise,
Na voz da gaita chora!
.
Sonia Rial Rodríguez 3ESO B
Sara Míguez Pais 3º ESO B
Sara Areoso 2º ESO B
Laura Candal Vilanova 2º ESO B
Braixon Barreiro Rivera 2º ESO A
Raúl Marzoa Gilda 2º ESO B
Carlos Graña Bolivar 3º ESO B
Brais Botana Boquete 2º ESO A
Antón Soto Ríos 1º ESO A
A FALA
Adrián Calvo Mato 2º ESO A
-A fala-
de Manuel María
Comentando o poema:
Manuel María sempre falou a súa lingua, o galego.
El adoraba o galego, respectábao e amábao,e aínda que o galego estivo a piques de morrer, Manuel sempre a falou e decidiu escribir un poema sobre o verdadeiro significado do que é o idioma natal e de que debemos protexelo(o galego).
Ese poema é A fala.
Nos primeiros 4 versos a fala e o idioma son identificados coa chave do mundo, o salouco máis feble e o pensar máis profundo, facendo referencia á que a lingua nos abre. Esta é a chave que abre a vida e, grazas a ela, podémonos entender e que a súa profundidade é case infinita e cómpre que a usemos.
Nos seguintes 4 versos a lingua é considerada o todo, a lingua é vida, sen ela non habería amizade e inimizade, non habería amor e poder de expresión; tamén é o coitelo da dor, se non se usa como é debido, e tamén é o murmurio do vento, os segredos; só o vento pode escoitalos.
Tamén a lingua é o reloxo de tempo, que fai referencia aos nosos antepasados, que crearon, falaron, desenvolveron e transmitiron o galego durante xeracións e que grazas a eles e aos falantes, esta lingua segue viva.
O idioma é o herdo, o patrimonio do pobo. Fai referencia a que o idioma é o regalo ou tesouro que recibimos dos avós e do pobo, que é maxicamente vello, é dicir que se creou hai moito tempo, pero é eternamente novo, porque o idioma non vai morrer e sempre vai estar novo.
O idioma(nos seguintes versos) é asemellado co país, o cal é composto por toda a xente que a fala, pois todos os galegofalantes estamos unidos pola fala: esta é a nosa esencia, a fala son os nosos ósos.
Tamén é a nosa forza, porque sen ela, non seriamos capaces de sobrevivir, de manternos de pé, pois a lingua é a nosa base, a columna que nos sostén, pois sen a fala non seremos ninguén.
O idioma é o amor
o latexo,a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
O idioma é a forza, o amor, a paixón, a verdade e a irmandade que nos une a todos.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer
Sen lingua seriamos un obxecto calquera, que morrería sen importancia, e quere dicir que sen lingua non hai vida e, sen vida, non hai vitoria.
Redactado por:
Adrian Ovidiu Cocean
2o ESO B
Lorena Darriba 2º ESO B
A FALA
Este poema intenta explicar que se non houbese fala non seriamos
ninguén.Que non debemos renunciar ao noso idioma porque é de todos e
se o deixamos de falar vai acabar desaparecendo. Tamén di que sen o
idioma non fariamos nada, xa que grazas a el nos comunicamos con
todas as persoas do mundo enteiro.
Escollín este poema porque de todos os poemas que lemos de Manuel
María foi o que máis me gustou, porque fala da situación actual da nosa
lingua.
Brais Álvarez Prado 3º ESOA
Hugo Ríos Coto 1º ESO A
Iván Blanco Calviño 3º ESO A
A FALA É COMUÑÓN E SENTIMENTO
“A fala é comuñón e sentimento”
Xa non sei que me pasa, non sei como me sinto, sinceramente xa non sabería
como responder, estou confusa, sen forzas e sen ganas, cansa deberíase dicir. De
que? Das rutinas, das mesmas caras todos os días, dos prexuízos lingüísticos
cara a ti, de esforzarme, de levantarme todas as mañás sen nada novo que facer
para defenderte, dos recordos e dos pensamentos, da mesma historia, da mesma
sensación, da mesma esperanza e a mesma decepción. Da única maneira que
deixan expresarse é soñando, imaxinando, desexando, perdoando, amando e
esperando; pero realmente de expresarse, polo que vexo, non hai maneira.
Algo me falta e ese algo é a miña lingua, e aínda que non a tiña ben de todo,
perdina. E xa estou cansa de que se avergoñen de ti en público, coma se foses
algo prohibido ou mal feito, tal vez sexa iso o que me pasa e nada máis; pero non
o sei, o único que sei é que todo ten un fin e hai que aceptalo, pero non
rendéndose tan facilmente.
Aínda que vivamos nunha etapa na cal parece que as linguas son menos
importantes. E aínda que pareza difícil, un cansa de loitar sempre polo mesmo sen
que ninguén che dea a importancia que mereces. Agora entendo os avós cando
me dicían que a vida sen ti non era doada, e tanto. Por accidente, por sorte, por
casualidade ou, no meu caso, por necia, tocoume namorarme de ti. E o amor
dentro de un non doe, o peor é o desamor: iso doe como nada, non hai quen o
supere. E todas as historias teñen un fin, pero fannos crer que é todo de cor rosa
cando en realidade é negro.
Paula Rey Viqueira, 2º ESO A
O NOSO IDIOMA É A LUZ
O noso idioma é a luz
O noso idioma é a luz
que ilumina o noso ser.
Renunciar á nosa lingua
é semellante a morrer !
A nosa lingua é o pobo
a nosa orixe.
Deixar a nosa lingua
Aos que tras nós viven.
A lingua é a luz
que ilumina a escuridade,
nas noites frías do inverno
enchéndoas de claridade .
Quere a túa lingua
Que outra cousa mellor non existe.
Fala o teu idioma
Que sempre nos corazóns persiste.
Yasmine Ouchane, 3º ESO B
SEN RUMBO” “O noso idioma é a luz”
Non sei como foi, que pasou? Despois dun esvaecemento,
non estaba!, desaparecera!, o meu idioma!, a miña lingua!
Onde ían os poemas de Rosalía de Castro, os contos de
Castelao, o himno galego, os contos dos vellos, as lerias nas
rúas, as verbas dos meus devanceiros, o famoso “si ohh…”
“vamos ohh…”, as miñas raíces, o sentir galego,…?
En definitiva, o meu mundo desaparecera e agora
atopábame inmerso nesa escuridade, si, esa é a palabra:
escuridade. Vagaba sen rumbo, como un astronauta perdido na
inmensidade do espazo ou unha abella sen flores.
Ring, ring! Soaba o espertador. Fora un pesadelo! Uff! Volveu a
ledicia ao meu corazón! O baleiro volveuse cheo! O meu
tesouro, a miña identidade, xa estaba aquí de novo!
Adrián Marzoa 2º ESO A
CANCIÓN DO BILINGÜISMO
Alfonso Piñeiro Fernández 3º ESO B
CANCIÓN DO BILINGüISMO
Transcorría o ano 2025 e os galegofalantes na nosa terra xa eran unha
excepción, de feito unha alta porcentaxe das novas xeracións non sabían da
súa existencia. Foi nesta situación en que Uxía e Anxo estaban esperando un
fillo. Como eran defensores ata a medula do galego, decidiron poñerlle de
nome Galego. Non podía ser maior a coincidencia, xa que nese mesmo ano e
case ao mesmo tempo unha parella madrileña, Eugenia e Ángel,
extremadamente defensores do castelán ían ter unha nena á que decidiron
poñerlle de nome Castellana.
Ambos os dous raparigos naceron cunha saúde de ferro e a súa infancia e
mocidade transcorreron en ambientes totalmente diferentes. Pero xa
sabemos o que pasa cos polos opostos, que dun xeito ou outro sempre
acaban atraéndose. A coincidencia non podía ser maior, xa que, no instituto
no que estudaba Galego, como no instituto no que estudaba Castellana,
organizaron unha excursión de idiomas, que consistía nunha viaxe na que os
mellores de cada colexio vivirían uns días nunha aldea catalá con outros
rapaces da súa idade.
Non é preciso mencionar que tanto Galego como Castellana eran os mellores
das súas clases e coincidiron na excursión. A atracción entre ambos non
tardou en chegar e, despois daquela viaxe quedaron moitas máis veces,
fixéronse noivos e casaron. A boa sorte sorriulles pronto, xa que trascorridos
dous meses da voda, ela quedou embarazada. O doutor axiña lles confirmou
que se trataba dun varón. O destino parecía estar escrito para esta curiosa
parella, posto que tiñan claro que o nome do seu herdeiro debería ser
Castrapo.
O rapaz creceu con toda a normalidade e con saúde tan boa que incluso
sorprendeu o doutor. A súa infancia transcorreu nun ambiente enriquecedor
nos dous idiomas, pero xa sabemos o que nos di a Lei de Murphi “cando algo
ten que saír mal, sairá mal”: aínda que o rapaz puido impregnarse de dous
idiomas tan nobres como o galego e o castelán, el decidiu non falar ningún e
falar os dous ao mesmo tempo. Din as malas linguas que en honra ao seu
nome.
DIANA IGLESIAS MIRÁS ESO 2ºA
CANCIÓN PARA CANDO SE ESCOITA FALAR CASTRAPO
Canción para cando se escoita falar castrapo
RELATO MANUEL MARÍA
Hai moitos anos, unha nena chamada Pilar decidiu defender a súa lingua,
que era o galego.
Pilar falou coa súa profesora de galego, para contarlle o que tiña pensado.
Pilar díxolle que pensaba que non deberían usar tantos castelanismos, que
non lle parecía normal que falasen o castrapo por aí, mesturando Galiza
“con Madrí”.
A súa profesora contestoulle que estaba de acordo, que a eles lles debería
de dar vergoña non defender o seu idioma e decidiron inventar unha
canción para cando se escoita falar castrapo e colgala por todo o instituto.
E así fixeron: non había ningún recanto no que non estivese a canción
pegada e, como non, aos alumnos non lles quedou máis remedio que lela.
Pilar mais a súa profesora fixeron campaña e había un montón de xente
que se quería unir a ela, pero tamén había outros que estaban en contra. O
instituto estaba dividido en dous bandos: uns pensaban que había que
defender o galego, que era un idioma único no mundo, e outros opinaban
que eles ían falar o idioma que lles dese a gana.
Ao final os alumnos defenderon as súas ideas e ninguén conseguiu que
houbese quen cambiase de opinión e quedou o instituto dividido.
Ainoa Duro Fuentes, 2º ESO A
Canción para cando se escoita falar castrapo
Á xente da época en que viviu Manuel María parecíalle que falando o
castelán era máis culta e podía relacionarse perfectamente coa “clase
alta”. Dáballe vergoña falar o galego. Pero a culpa era de quen dicía:
“Sede educados, que falar galego está moi mal…” Mas non falaban
castelán, falaban castrapo, unha mestura entre galego e castelán,
“imitando os castizos de Madrí”. E isto, ás veces, aínda segue
ocorrendo hoxe en día.
Alba Viqueira Nouche E.S.O 2ºA
“Canción para cando se escoita falar castrapo”
Non saben o que perden,
eles non aprenden.
Teñen unha teima mala
que ten que ver coa fala.
Eles cren que está ben,
pero eu creo que non usan o sen
porque están matando o noso idioma,
a nosa fala.
E por se fose pouco, mentres nós debatiamos
regras ortográficas,
o castelán estábanos gañando terreo nas
gráficas.
Non teñen perdón.
Porque pouco a pouco a esencia do galego
estase perdendo, aínda que pareza que non.
Miguel González Pazos 3º ESO A
CANCIÓN AO IDIOMA GALEGO
CANTO AO IDIOMA GALEGO
Héctor é un rapaz que, dende que naceu, foi criado en
castelán. El é fillo dunha familia acomodada, xa que o seu
pai é mestre e a súa nai traballa no Concello de Ordes.
Un bo día, Héctor, decidiu dar un paseo na súa bici.
Sempre facía a mesma ruta pero ese día quixo ir polo
monte. Deu un bo paseo ata que pensou en volver pero,
cando se deu de conta, perdérase. Seguiu dando voltas
ata que viu un neno que estaba cultivando nunha leira.
Héctor parou e preguntoulle, en castelán, por onde se ía a
Ordes. O neno contestoulle en galego que era polo
camiño da dereita. Héctor ao chegar á casa preguntoulles
aos pais por que eles non falaban en galego e os pais
contestáronlle que era porque o galego era un idioma de
pobres que vivían no monte. Pero, a Héctor non o
convenceu a resposta, así que comezou a falar galego,
aprendeulles aos seus fillos e netos a falalo para que o
visen como unha lingua máis e non como o vían os seus
pais, cheo de prexuízos.
LUCAS CORREA RODRÍGUEZ, 2º ESO B
Carmen Calvo 2º ESO A
CANCIÓN PARA CANTAR TODOS OS DÍAS
Manuel Fuentes Fraga 3º ESO A
Canción para cantar todos os días
de Manuel María
“Canción para cantar todos os días” é un poema que nos incita a loitar pola nosa lingua e defendela con violencia, feito que provocou que non superara a censura do réxime franquista e que tivera que ser publicada posteriormente.
Empeza de xeito moi duro, ordenándonos a defender o galego <<a metrallazos, con tanques, avións e puñetazos>>. Logo, na segunda estrofa mándanos ser duro cos señoritos (así chama el os castelanfalantes) e coa xente en xeral que <<traizoou>> o galego. Despois segue insistindo na mesma idea continuamente ata que cambia de tema e empeza a falar sobre o que pasaría se nos quedásemos sen lingua. Di que seriamos uns ninguén, <<coma unhas galiñas desprumadas>>, idea coa que concordo: sen lingua non hai cultura e o noso pobo quedaría sen identidade propia.
Identifícome en parte coa idea do poema porque hai que defender a nosa lingua, pero non hai que levalo tan ao extremo, non paga a pena. Precisamente, a maior parte do terrorismo é por iso, en defensa de ideoloxías ou costumes (relixión, formas de vida, costumes da vida cotiá...) que están desaparecendo por culpa de influencias externas.
Pablo Stutt Castro – 3º ESO B
A MIÑA HISTORIA
Esta é a miña historia, a historia dun labrego pobre nunha aldea de pobres, a historia
dun galego falando castelán, a historia dunhas palabras que acabaron cos conflitos
dunha empresa.
Eu nacera mudo, os médicos aseguraban que non falaría nunca na miña vida. Pero eu
era feliz. Estudaba nunha escola onde só traballabamos en castelán, xa que os mestres
nos dicían que para ser finos e cultos e atopar un traballo, o galego non servía para
nada. Eu facía caso. Ao acabar a escola, tentei buscar traballo, igual que os meus
amigos. Foi entón cando construíron o campo de golf. Era a nosa oportunidade.
Nós, aínda que estudaramos en castelán, falabamos (e eu escribía informalmente) en
galego. Por iso, ao ver unha das normas de traballo –oficiosas- que dicía que só se
podía usar o español, aos meus amigos xa non lles gustaba tanto este oficio, pero
todos a aceptamos, era o que tiñamos!
O noso soldo non chegaba para ter luxos, pero abondaba para subsistir e coidar da
familia, que algo xa era. A min o de non falar galego moito non me afectaba, pero aos
meus amigos si, e moito.
Os problemas comezaron cando sorprenderon o meu amigo Carlos falando galego cun
señor moi rico. Entón, despois de recriminarlle a súa acción, despedírono. Despois,
todos os que traballaban no campo de golf fixeron unha folga. Eu non fun, mais que
nada porque non me gustaba a violencia. O meu irmán morrera ao xogar coa escopeta
de meu pai. A cousa é que a folga acabou mal. Mellor dito, acabou nas mans.
Eu estaba nervioso, non sabía que facer. Tampouco podía facer moito, pensei. Había
xente sangrando, os meus amigos tamén. Entón ocorreu o milagre. Falei. Mellor que
falar, recitei un discurso. En galego.
Toda a xente quedou abraiada, todos deixaron a liorta. En realidade, era
impresionante, como eu, que nunca falara e nunca aprendera galego, puidese
conmover daquela maneira, cun galego tan ben falado e entoado? A resposta é ben
simple. O galego non se aprende. Nácese aprendido, o galego vívese e séntese.
E como acabou o do golf? O campo destruíuse e construíuse unha escola. Onde se
ensinaba galego e en galego. Como debía de ser.
Miguel Ángel Boado Fernández 2º ESO B
Canción para cantar todos os días
PROVERBIO DA DESOLACIÓN
Nerea Calvo Quintáns 2º ESO A
PROVERBIO DA DESOLACIÓN
A néboa volvérase cada vez máis fría, non se podía ver, e estaba por
todos os lados. Unha pobre familia, cuxas casas foran queimadas pola
''Garda Castelá'', intentaban sobrevivir á néboa. Esta néboa metíase nos
pulmóns ata provocar a morte, necesitaban atopar refuxio.
-Papá, non podo máis...
-Ven, cóllote eu, non deberiamos atoparnos moi lonxe da * coff coff *,
saída do pantano.
-Henry, cariño, non quero desanimarte, pero non o lograremos, aínda
saíndo con vida de aquí, os casteláns acabarían con nós.
-É iso verdade, papá...?
-Ti nin caso, sairemos de aquí.
Seguiron andando, caeron en pozas, chocaron con árbores; o cativo
durmira e eles dous seguiron falando.
O home trataba de animar a súa muller, e de súpeto, oíron un berro.
-¿Quién anda ahí?-Berrou un garda.
-Nós, axuda!
-Ti es parva, muller.- Dixo Henry tapándolle a boca, logo, deixoulle o
neno á muller.- Déixame a min. ¡Hola!, nos hemos perdido, * coff coff *,
y no creo que salgamos vivos de aquí sin ayuda.
-Tranquilos, si seguís mi voz e indicaciones, llegaremos pronto a la
plaza.- Respondeu o garda.
O home susurroulle á muller.- Ahora no volveremos a hablar gallego,
nunca.
Anxo Gómez Sánchez 2º ESO B
PREGO DE DESCARGOS
Prego de descargos
“Manuel María é o noso poeta nacional, e o galego foi a súa lingua
do día a día, tanto na expresión oral como na escrita. El sempre
dicía que “era un galego normalizado nun país sen normalizar”. Era
fillo de labregos de Outeiro de Rei. Ao vir de familia do mundo rural a
lingua na que foi criado era o galego, aínda que ao chegar á escola a
lingua dominante era a española. Isto non foi impedimento para que
el puidese entrar en contacto coa literatura galega a través dos libros
e comentarios de Aldao e de Álvaro de las Casas”. (Xosé Ramón
Freixeiro Mato)
No poema “Prego de descargos” Manuel María ponlle voz a un home
de clase media que sente amor pola súa terra pero non considera
que o galego puidese ser utilizado en asuntos formais, pensa que
tan só é lingua de campesiños e labregos sen formación. O autor
pon exemplos tales como o telexornal, as leis ou incluso a Igrexa, as
cales deberían ser exemplo da cultura galega, pero renegan e
senten vergoña da súa lingua.
Alberto Bodelo García 3º ESO B
DEIXAMOS MORRER A FALA
Adriana García Ríos 2º ESO B
O POBO QUE DEIXA PERDER A SÚA FALA
“O pobo que deixa perder a súa palabra”
Era unha vez unha nena chamada Aurora que vivía na vila de Viana. Os
seus pais eran falantes de castelán, como toda a vila. Pero Aurora
aprendera a falar o galego e cada vez que o falaba ríanse dela.
Seus pais, un día, encontráranlle o seu diario secreto e, como estaba en
galego, ensináronllo á súa filla e preguntáronlle por que o escribira .Ela
dixo que tiña que conservar a lingua e quería mellorala. Seus pais
recomendáronlle que non falase fóra da casa, que, senón, tería moitos
problemas. A nena díxolles que non, que quería falar o galego custase o
que custase.
Un día a nena saíu cos seus amigos e ela faláballes galego. Os nenos
foron avisar os seus pais .Estes dixéronlle á nena que non volvese falar o
galego, que alí só se falaba o castelán. A nena,acabou por falar o castelán,
como toda a vila, e así foi como se acabou a fala galega en Viana.
Lorena Martino Martínez 2º ESO A
“O pobo que deixa perder a súa palabra” de Manuel María
O poema é unha chamada ao pobo, á sociedade galega para que non
desaparezan. E isto ocorrerá se abandona a súa lingua.
El pretende defender o galego dos prexuízos lingüísticos que levan a que
non se use a lingua.
Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor precipitados e ditos sen una
base razoada. Estes prexuízos poden ser positivos ou negativos. No caso
do galego abundan maiormente os negativos. Como , por exemplo, a
vinculación do galego a lugares máis rurais; deste xeito no mundo do
comercio con frecuencia está apartado e, realmente, non por presentar o
produto en galego se vai vender menos.
Canto ao uso da nosa lingua en documentos importantes, en xeral o
galego está ausente. Tamén, o feito de que os galegos non falen nun
galego correcto … Este tipo de prexuízos atacan moito a nosa lingua,
pero loitar contra eles non resulta fácil porque a xente trata de agachalos .
Juan Carlos Couselo, 3º ESO A
O pobo que deixa perder a súa palabra
Hai uns cincocentos anos había unha pequena vila galega
que adoraba a lingua galega, ou case todos os seus
habitantes . Ana era una rapaza de catorce anos que
pensaba que o galego non servía para nada . Un día ela
foi dar un paseo ao anoitecer como adoitaba facer
todos os días , pero esta vez, sen darse conta,
desviouse do camiño habitual .
De pronto viu unha fermosa muller vestida de prata .
Aquela dama dixéralle que era a Bruxa das Linguas e
propúxolle facer una aposta : se ela aguantaba unha
semana sometida a un conxuro que non lle permitirse
entender , escribir nin falar galego, a bruxa daríalle
todos os seus tesouros; en cambio, se ela se rendía , a
bruxa quedaría co idioma dese pobo .
Ao día seguinte non entendía a ninguén , parecíalle
chinés aquel idioma que falaban os seus compañeiros .
Pasou outro día, xa non podía máis e rendeuse. A bruxa
quedou co idioma dese pobo e volvéronse todos mudos.
Mª Elena Rodríguez Pena, 2º ESO B
DÁ NOXO OLLAR OS GALEGOS
Dá noxo ollar os galegos que renegan da súa fala. Somente por ser a nosa temos deber de falala!
(Escolma de poetasde Outeiro de Rei,1982)
Lucía é unha rapaza de cabelo louro, ollos afundidos e marróns,o nariz
chato,cara ovada e miudiña. É moi faladora.
Vive na Terra Chá e fala o galego ou, mellor dito, falaba galego.
Isto ocorreu o 6 de xaneiro de 1994.Serían as 8 da mañá cando Lucía
acordou. Era o seu primeiro día de colexio e a súa nai ía levala. Lucía
levantouse,vestiuse,almorzou,colleu a mochila e subiu ao coche. Chegaron á
porta e baixaron do coche.
-Xa chegamos; entras soa ou vou contigo?-pregúntalle a nai a Lucía.
-Entro eu soa-respondeu Lucía-. Ata despois mamá!
-Ata despois, filliña- dixo a nai coa bágoa no ollo.
Lucía entra na aula e,como a súa nai lle ensinara,saúda os seus
compañeiros.
-Bo día!Son Lucía,a vosa nosa compañeira.
-¡Pero tú!Desde cuándo se habla aquí el gallego?-Díxolle unha rapaza un
tanto anoxada.
-Eu…eu…sempre falo galego-contestou algo asustada Lucía.
-Pues aquí,niñata,se habla castellano,entiendes?-Respondeu rapidamente un
rapaz,que polo que parecía,era moi maleducado.
Lucía comenzou a chorar e desde aquela non volveu falar galego no seu
colexio
A miña reflexión:
Eu creo que todos temos o dereito de falar a nosa lingua onde e cando sexa.
E non se debe facer caso ao que che digan. Ti es así e só ti tes o deber de
dicir que lingua queres falar,a capacidade e,sobre todo, se se trata da túa
lingua.
Melissa Sánchez Pereira 2º ESO A
POEMA DO ALLEADO
O ALLEADO
Xoán era un rapaz que viviu na época de máis pobreza de Galicia. El tiña trece anos,
era de boa familia. Pero seu pai era un gran e coñecido xogador de póker e nunha gran
partida apostouno todo e con esas tamén o perdeu.
Despois de reunir o diñeiro marcharon a Bos Aires. El alí ao principio pasouno un
pouco mal porque estaba afastado dos seus compañeiros e para mandar unha carta tiña
que pasar dúas semanas limpando botas pola rúa.Os seus pais só tiñan un pequeno
traballo de limpadores nun pequeno e cutre hotel no que lles pagaban con aloxamento
e unha soa comida ao día.
El estudaba nun barrio moi pobre e aprendeu a falar dúas linguas máis da que xa
falaba; el falaba galego e aprendeu castelán e inglés.
Anos despois, cando seus pais morreron por mor dunha enfermidade, el e mais seus
irmáns volveron a España. El coñeceu a súa parella, coa que tivo tres fillos: Daniel,
Xoana e Roberto.El, co traballo duro, pouco a pouco conseguiu outra vez a riqueza de
cando el era neno. Os seus fillos, co tempo, tiveron os seus propios fillos e el nas
ocasións que podía contáballes isto aos seus netos e, cando acababa, sempre dicía:
-Eu teño a sorte de ter tres linguas:
Lingua nai , lingua pai e lingua filla
Xoán morreu no 2004 aos 75 anos de idade.
Fin
Alejandro Paz, 2º ESO A. Sobre o “Poema do alleado”
NON ESTOU NUN MUNDO DE REVELACIÓNS
Rubén Carrillo Méndez 2º ESO A
“ Non estou nun mundo de revelacións”
O autor pensa que o único xeito de estar co pobo é estar cos
labregos, mariñeiros e emigrantes, comer o pan, beber o seu
viño e falar o seu idioma secular, o galego.
M. María, ademais, identifícase plenamente coa súa terra e
co pobo galego: “sufro entre o pobo”
Este poema transmite que a lingua é un elemento
fundamental para compartir as inquedanzas e inxustizas
que sofre o pobo. O autor considera que falar esta lingua é o
mellor xeito de estar coa xente.
Non se comprende como podes convivir cun pobo co que o
compartes todo, pero desprezas a súa fala.
“Non comprendo como se pode estar co pobo desprezando a
súa fala”
Noelia Fernández Ramos 3º ESO A
Non estou nun mundo de revelaciós
O que nos quere transmitir este poema é que as persoas teñen
que defender o seu pobo, sufrir polo pobo,que lles manque a
inxustiza e a incompresión. E aínda que sexa un pobo de
mariñeiros, labregos, emigrantes..., temos que seguir respectando
os nosos costumes e falar a nosa lingua, porque tan só a fala é
"fogar de todos".
Este poema é para que á xente do pobo lle cheguen ao corazón
estes versos e defendan a súa terra e a súa lingua.
Finalmente, o texto é unha declaración rotunda de Manuel María e
a súa incondicional solidariedade e identificación coa xente do
pobo e co idioma que compartimos:
"Non comprendo como
se pode estar co pobo
desprezando a súa fala"
Paula Sánchez Basante, 3º ESO A
GALIZA E ROSALÍA
Nerea Viqueira Nouche 2º ESO A
ORACIÓN A ROSALÍA
Oración galega a Rosalía
Neste poema Manuel María quere darlle as grazas á poetisa galega Rosalía de Castro
por todo o que fixo polo idioma galego.
Na primeira estrofa Manuel dálle as grazas a Rosalía por proporcionarnos un idioma
novo e brillante, o galego. Tamén lle agradece os Cantares qu escribiu en galego, por
eles viuse que non so é un pobo obreiro e esquecido, senón que tamén sabe de cultura.
Na segunda estrofa vólvelle dar as grazas a Rosalía polas cancións que cantou e
compuxo en galego que son una fermosura e supuxeron a salvación para a lingua.
Na terceira estrofa agradécelle a súa poesía; con Rosalía de Castro o galego volveu
brillar como en épocas pasadas (na Idade Media, coas cantigas e a prosa medieval).
Na última estrofa María dálle as graza a Rosalía por todo o que fixo polo idioma dos
galeg@s, expandíndoo polo mundo. Pero, sobre todo, porque o galego rexurdiu
definitivamente. Por iso, desde 1863, ano da publicación de Cantares Gallegos, este
período recibe o nome de Rexurdimento.
Samuel Ríos Iglesias, 3º ESO B
GALIZA E ROSALÍA
O poema fala de como Galiza estaba olvidada ata que Rosalía reviviu a súa
palabra, por iso di que Compostela “semellaba morta”. Outro exemplo sería cando di
que “era un fantasma” ao que lle faltaban as palabras verdadeiras ou cando di que
lle faltaba a ansia.
O autor utiliza una rima consonante. Tamén personificación como por
exemplo cando di que Compostela semellaba morta, unha cidade non pode morrer.
Outro recurso que tamén utiliza Manuel María neste poema é a metáfora, un
exemplo sería “escuridade pecha”, aplicada a Galiza, referíndose á falta de
expectativas, á ignorancia…Ao que podemos engadir que a Galiza lle faltaba alguén
que a cantase desde o pobo e o mundo rural (“a canción do arado e do trasmallo”) e
que este fose desenvolto na súa beleza: “Galiza era a sardiña, o pan centeio, a
pobreza cuberta polo orballo”.
Na miña opinión, Manuel María está acertado no seu poema, xa que Rosalía
foi unha das escritoras máis importantes de Galiza, que axudou a que a lingua
galega fose máis coñecida e valorada. Xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez
foi unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento Galego, que significou que a
lingua revivise para o ámbito literario.
A imaxe representa a choiva que e unha das metáforas que o autor utiliza
para dicirnos que Galiza e o galego estaba olvidado ata que Rosalía comezou a
escribir.
Lorena Sánchez Iglesias, 3º ESO A
Oración galega a Rosalía
Neste poema dánselle as grazas a Rosalía por mellorar o galego e
evitar a súa perda. Tamén se lle dan as grazas por facer unha
“fonda canción”, referíndose a súa poesía, na que fala do incrible
que é Galicia e o galego, describíndoos e enxalzándoos. E por
último vólvenselle dar as grazas, por “marcar o noso destino”, que
é seguir falando galego, para así conservar a nosa lingua, a nosa
cultura.
Óscar Luaces Gómez 3ªESO B
Oración galega a Rosalía”, de Manuel María
Neste poema, Manuel María agradécelle a Rosalía de Castro
(Século XIX) escribir en galego naquela época en que a nosa
lingua estaba moi desprestixiada, por razóns que tiñan que ver
co pensamento e a estruturación da sociedade.
O castelán pasou a ser a lingua de prestixio mentres que o
galego era máis da clase baixa, e Rosalía deulle valor cos seus
poemas.
Manuel María é tamén un gran defensor do galego e de que os
cidadáns o falemos e que non deixemos de falalo por ter unha
mellor posición social ou por calquera outro tipo de prexuízos
cara á nosa lingua.
Esta ''Oración galega a Rosalía'' (A Rosalía, 1971) é un
conxunto de agradecementos a Rosalía por defender o idioma
coa súa lingua e a súa poesía. Emprega expresións como
''Grazas pola fala e por cantares o noso pobo, humilde e
esquecido''.
O poema gústame porque defende a nosa lingua.
Noelia Rodríguez Bonome 3ºESO B
De Remol
Ánxela Calvo Mato 1º ESO A
Diana Nicole Gestal Pérez 1º ESO A
Ariadna Fieira Boquete 1º ESO A
Pablo Pena Ferreiro 1º ESO A
Cristina Liste Martínez 1º ESO A
Pablo Suárez Noya 1º ESO B
Samuel Villaverde Rey 1º ESO A
Marcos Vieites del Río 1º ESO A
Os soños na gaiola(1972)
Marcos García Vilariño 1º ESO B
Carmen Míguez Pais 1º ESO B
Os soños na gaiola(1972)
Rubén Raña Boquete 1º ESO B
María Victoria Presedo Sánchez 1º ESO A
Os soños na gaiola(1972)
Miguel Ángel Mosquera Gómez 1º ESO B
María Pena Ferreiro 1º ESO A
Sofía Fernández Fernández 1º ESO B
Os soños na gaiola(1972)
Jesús Lata Calviño 1º ESO B
Antía Noya González 1º ESO B
Ángela Uzal del Río 1º ESO A
Yeray Fernández Randazzo 1º ESO B
Meryem Fathallah Harchi 1º ESO A
Alejandro Fraga Montero 1º ESO A
Nieves Castro Torres 1º ESO B
Andrea Ferreiro García 1º ESO B
Deniss De Castro Blanco 1º ESO A
Isabel Castro Torres 1º ESO B
Aira Portos Rey 1º ESO B
O CARRO GALEGOO carro é un vehículo tradicional de Galiza (aínda que tamén de
todo o mundo) que agora está case en desuso, sobre todo, pola
chegada dos tractores. En Galiza, xeralmente era tirado por bois,
vacas, machos ou mulas.
Tiña moitos usos, todos relacionados co transporte de leña, de
herba,de millo, patacas, cereais, toxo e tamén se utilizaba para ir
a lugares afastados, por exemplo, á feira.
Ten como característica especial o seu ``cantar’’, que é o rinchar
que emitía; máis forte canto máis cargado ía o carro. Eran todos
diferentes, polo que cando os máis madrugadores ían no carro
ao monte ou á cidade, os veciños, aínda na cama, sabían, polo
son do seu cantar, de quen era o vehículo.
Na actualidade onde se poden ver os carros é en casas,
restaurados e usados como elementos de decoración.
Manuel Antonio Villaverde, 3º ESO A
Lucía Santiso Cardama 1º ESO A
Manuel Antonio Villaverde Rey 3º ESO A
Daniel Corral Mosquera 1º ESO B
Brais Torres López 1º ESO A
Miguel Rial Regueiro 1º ESO A
Roi Rama Bello 1º ESO A
Os soños na gaiola(1972)
Hugo Castro Landeira 1º ESO B
Os soños na gaiola(1972)
Ángel Souto Marín 1º ESO B
Os soños na gaiola(1972)
Cristian Sixto Tovar 1º ESO B
Adrián Manuel Remuiñán Méndez 1º ESO B
Os soños na gaiola(1972)
Clara Raña Carballeiro 1º ESO B
Bianca Couso Sánchez 1º ESO A
Os soños na gaiola(1972)
Lucía Rey Gende 1º ESO B
Juan Manuel Fernández Botana 1º ESO A
Enrique Viqueira Tacón 1º ESO A
Lucía García Gómez 1º ESO B
Hugo Palmeiro Veiras 1º ESO B