Post on 23-Jul-2015
Feliz FerozAdaptación feita polo alumnado de sexto do Conto
“ Feliz Feroz “ de El Hematocrito, ilustrado por Alberto Vázquez.
Aló, afastado no bosque, vive un lobo moi fero que se adica a sementar o medo
por toda a fraga , sentíndose moi ufano por ser así.
Un bo día chama por teléfono a súa irmá,para contarlle que está moi preocupada polos
disgustos que lle dá o seu fillo , xa que é moi bo e exemplar
( algo que resulta moi extrano na súa familia)Lobo Feroz ofreceuse para educar ao seu sobriño e convidouno a pasar un verán de
vacacións con el. A súa intención era convertilo nun lobo fero como o era toda a
familia
Ao chegar o Lobiño á casa do tío, saúdao amablemente e pídelle un bico. A cambio, Lobo Feroz ofrécelle un coscorrón porque
pensa que esas manifestacións de afecto non son propias dun animal feroz.
Seguidamente, empezan a falar, abre a maletae ofrécelle un bonito debuxo como agasallo.
- Que porcallada ¡ - Como!, non che gusta, tío ? Somos ti e máis
eu; mira que guapos. O tío, nun xeito noxento, rompeu o debuxo.
Lobo Feroz disponse a dar a primeira lección aoseu sobriño e lévao á cima do monte. Alí ,
explícalle como debe facer para aular.
AaaaUuuuuuuuuuuuuuuuuu ¡ Lobiño aprendeu o aulido enseguida e
contentou momentaneamente ao seu tío, pero ...
Coidado , meu tío ! Tes que ter coidado ao andar , pois case aplastas esta xoaniña !
Desesperado , Feroz , ante a conduta exemplar do seu sobriño , agárrao por un brazo e
segue coas súas leccións,intentando explicarlle como cazar para alimentarse.
Agochados detrás dunha árbore , dícelle que debe lanzarse e atacar ás posibles
presas para poder encher a barriga. Lobiño , alleo aos consellos do seu tío , recolle
cenorias e outras plantas con boísima pinta , ante a mirada desesperada do seu
mestre que ve , como de novo, non quere aprender a lección .
A seguinte lección que Lobiño debía aprender é a de enganar.
- Ves aquela nena que leva unha cestiña? Vai levar a merenda á casa da súa
avoa. Xúntate con ela e cóntalle unha mentira . Convéncea para que vaia polo camiño
máis largo e así chegaremos nós antes e esperámola alí para comela.
Tampouco Lobiño aprendeu esta lección e , lonxe de enganar , comezou unha conversa
con Carapuchiña . A nena convidouno a merendar e a Lobo Feroz
non lle quedou máis remedio que quitar ao seu sobriño a empurróns
daquela escena tan doce.
Seguindo co seu intento de ensinar a enganar , volven á choza e buscan no baúl ,
entre moitos disfraces , un que o converte nunha velliña .
- Agora ,chama na porta desa avoa e , cando che abra, pápala. Despois ,métete na súa cama e faite pasar por ela ; espera a que chegue Carapuchiña e cómela tamén. Si?
- Claro , meu tío . Así o farei.
Lobiño , vestido de avoa e disposto a obedecer, chama á porta .
- Ola , que ben que veñas , amiga Felisa ! Pasa, pasa ! Invítote a merendar
Sentadas no salón , falaban e falaban , comían e bebían ,...; namentras o tío
daba coa cabeza contra a fiestra , vendo desde fóra o que acontecía.
Despois dun bo pedazo e , sen poder aguantar por máis tempo , abriu a porta
dunha patada e levou a Lobiño , case sen deixar que se despedisen.
Outro día , xuntando forzas , o tío emprendeu unha nova aventura , no intento
de ensinarlle ao sobriño como transformarse nun animal salvaxe. Aprendeulle a soplar .
E esta resultou ser unha lección moi aproveitada porque Lobiño si sabía soplar e con
moita forza ademais. Que contento se puxo o mister Feroz !
- Imos practicar . Ves a casa deses porquiños aí embaixo ? Pois sopla ata derribalas.
Intentaremos deixalos sen casa na que protexerse e despois comerémolos .
Lobiño soplou con todas as forzas ; pero , o que moveu …
foi uns bonitos papaventos cos que estaban a xogar os tres irmáns porquiños .O tío xa estaba esgotando a súa paciencia e dixo .- Imos , non quero que me caia a cara de vergoña.
Tramou un último plan para ver de educar ao sobriño e así poder cumprir coa promesa que fixera á irmá de poder axudala.
- Coñezo unha casa onde viven sete cabuxos . Cando a súa nai vaia no mercado, nós intentaremos entrar e comelos.
- Como imos facelo, meu tío ?- Bebendo ovos crus , afinaraseche a voz e cubrindo a pata con
fariña , parecerá branca. Así poderán pensar que eres mamá cabra e abriranche.
Lobiño emprendeu o seu traballo e pintou de branco a pata, rompeu a casca do ovo , pero …
- Que mala sorte! , caeu o ovo na fariña.Meteu a pata na cazola e remexeu , rematando por chupar as
pezuñas . -Um! Riquísimo !De súpeto , colleu un libro de receitas e púxose a facer unha tarta de
cenorias . Así aproveitou o ovo, a fariña e a cenoria que recollera no campo.
Entón , Lobiño descubriu que se lle daba ben facer boísimos pasteis.
Lobo Feroz agotou completamente a paciencia e púxose a berrar coma un toliño. - Xa se acabou ! Sinto vergoña de que leves o meu mesmo apelido! Fixen todo canto puiden , pero é imposible. !- Meu tío , non te enfades , suplicaba Lobiño, é que hai un programa na tele que me gusta moito e quería probar a facer algunha receita.- Pero que tarta nin que torto ! Eres un... , un..., !
Días despois , a mamá de Lobiño chama por teléfono , interesándose pola educación do seu fillo e Lobo Feroz convídaa a mirar ela mesma cal foi
a súa evolución
Loba Feroz chegou á casa de Lobo e preguntou impacente : - Irmán , aprendeu o meu fillo a ser fero coma nós ?- Ven comigo, irmá . Quero que vexas algo .
Asomaron fóra da casa e a mamá Loba abriu uns grandes ollos ao ver que o seu fillo montara unha pastelería e que unha colaza de clientes estaban esperando para mercar os boísimos pasteis que facía. Así foi como a mamá Loba se decatou de que tiña un magnífico fillo, moi ben educado, pero moi diferente dos resto dos seus parentes.
E colorín , colorou , este conto rematou .