Post on 27-Jul-2015
MALALA YOUSAFZAYA historia dunha nena moi
valente
Ceip Frian-Teis Día da Paz 2015
Había unha vez unha nena que vivía nun país moi afastado, chamado
Pakistán.
Era unha nena normal, que vivía coa súa familia, igual que todos e todas vós.
Gustáballe moito ir ó colexio, xogar coas súas amigas, ler, aprender…
Pero o seu colexio non era coma o noso. En Pakistán os nenos e a nenas van a coles distintos.
No país de Malala os nenos e nenas teñen medo ós talibáns, uns homes que empregan
a violencia para conseguir os seus obxectivos.
Os talibáns non querían que as nenas fóran ó colexio, por iso empezaron a pechar as
escolas de nenas.
Malala axudada polo seu pai decidiu contar nun blog o que pasaba nas súas escolas
para que todo o mundo o soubera. A ela non lle parecía xusta esta situación.
Os talibáns enfadados pola valentía de
Malala decidiron matala.
Un día, cando volvía do colexio no autobús, entraron e ferírona de moita gravidade.
Ante o temor de que fora atacada de novo, foi trasladada a un hospital de Londres para
recuperarse das súas feridas.
Unha vez recuperada, e coa axuda do seu pai, segue loitando pola igualdade de dereitos de homes e mulleres, nenos e
nenas.
Actualmente vive en Londres coa súa familia. Alí
pode ir á escola, con total
liberdade, sen medo a ser
atacada.
A súa loita chegou a todo o mundo.
Con tan só 17 anos, Malala converteuse
no símbolo da liberdade, igualdade e educación; por iso,
recibiu o Premio Nobel da Paz no
2014.
“Un neno, un mestre, un libro e un lapis poden cambiar o
mundo” Malala
Yousafzai
Imaxes de “google imaxes” etiquetadas polos seus autores para reutilizar.