Post on 13-Jul-2015
MARILAR ALEIXANDRENaceu en Madrid en 1947, de familia con raíces andaluzas.
Traballou e viviu en lugares como Ceuta, Doña Mencía (Córdoba) e o propio Madrid.
En 1973 instálase en Galiza, primeiro en Vigo e, desde 1991, no lugar de Os Batáns, en Amaía, preto de Compostela.
É licenciada en Bioloxía e catedrática e profesora de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago.
Incorpórase á literatura galega de forma serodia como autora de narrativa infantil, con obras como:
* A formiga coxa (1989).
* O rescate do peneireiro (1990)
* Nogard (1994)
* O trasno de Alqueidón (1996)
*Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999).
* Paxaros de papel (2001).
* O monstro da chuvia (2003).
* A vaca de Fisterra e a trabe de alcatrán (2005).
En 1994 publica a novela A expedición do Pacífico, que colleita varios premios, como o Merlín (convocado polas Edicións Xerais) e o Premio da Crítica (1995).
O seu libro A banda sen futuro, publicado en 1999,
mereceu o Premio Lazarillo de Literatura Infantil e
Xuvenil
Por A cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre recibe
os premios Fundación Caixa Galicia de Literatura
Xuvenil (2008) e White Ravens (2009)
En 1997 publica
A compañía
clandestina
de contrapublicidade,
novela distinguida
co premio Cunqueiro
(4ª edición).
Unha presa de terra, novela editada por Ir Indo en 2001, foi Premio Novela por Entregas do xornal coruñés La Voz de Galicia.
En 2010, da man de Edicións Xerais,
publica O coitelo en novembro, unha
colección enmarcada de relatos en que
predomina a reflexión sobre a memoria
histórica e sobre os propios procesos de escrita e transmisión
literarias.
Posteriormente aparecen novos poemarios seus, como:
- Abecedario de árbores (2006).
- Mudanza (2007), co que obtén o Premio Caixanova/Pen Clube de Galicia.
A súa obra está presente en diversas antoloxías e volumes colectivos
* Materia prima. Relatos contemporáneos ( 2002)
* Antoloxía da narrativa actual (1997)
* Antoloxía do Conto galego de medo (1996).
* Unha liña no ceo, 58 narradores galegos (1996)
* O relato galego: unha ollada desde os nosos días. (Antoloxía) (1995)
● Traduciu para galego A caza do carbairán, de Lewis Carroll; Muller ceiba, da escritora estadounidense Sandra Cisneros; e Harry Potter e a pedra filosofal, de J. K. Rowling.
● Ten colaboracións en publicacións periódicas e revistas como Cerna, Festa da Palabra, Luzes deGaliza, Dorna, Feros Corvos, etc.
● Fixo o guión da banda deseñada "Os escachapedras", con ilustracións de Fran Bueno, para a revista Golfiño, números 0 ao 14 editados por Xerais de 2000 a 2001.