Post on 07-Apr-2016
description
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO
O PARTIDO DE NADAL
Na vixilia de Nadal o pequeno Meles non podía durmir. Achegábase o seu día
preferido de todo o ano, e morría coas gañas de poñerse a camisola branca, os
pantalóns a xogo e de soster na súa man a candea acendida mentres
avanzaba en procesión ao redor da igrexa.
Pero o que máis ansiaba era ver o partido de Ganna. Era un deporte que se
practicaba cada Nadal, no que os nenos máis grandes, como os seus irmáns
disputábanse a posesión do pequeno balón empurrándoo cun caxato curvado.
Morría das gañas de poder participar no partido, pero era aínda moi novo e
non tiña caxato co que xogar.
-Podo xogar? -pedira permiso o Nadal anterior.
-Non -respondéronlle, es demasiado pechecho, e non tes caxato. Só xoga a
xente que ten a idade suficiente e o caxato para xogar.
Amenceu, e a mamá de Meles espertouno a el e aos seus irmáns. Éstes
vestíronse coas súas camisas e pantalóns brancos, agarraron as candeas e os
seus caxatos para xogar ao Ganna e correron cara a igrexa. O pequeno Meles
mirounos con envexa, e enfundouse na súa camisola branca, os pantalóns de
xogo, e dirixiuse á igrexa. Alí, collido da man da súa nai, acompañado doutros
nenos e outras nais, uniuse á procesión. Realizou tres voltas completas ao
redor da igrexa, coas candeas acendidas na man, e esperou para escoitar o
sermón do párroco.
Os seus irmáns, de pé xunto ao altar, movían as pernas nerviosos por sair a
xogar ao Ganna, e Meles mirábaos, tamén impaciente. Cando o sermón
rematou, todos os nenos saíron correndo e se puxeron a xogar o partido.
-Podo xogar? -preguntou, cunha lixeira esperanza no corazón,
porque aquel ano xa era un pouco máis vello.
-Non -respondéronlle- ainda que xa non es tan novo, non tes
caxato para xogar. Só a xente que ten caxato pode xogar.
Meles quedouselles mirando, tristeiro. E de súpeto, a súa nai
achegouse.
-Meles, meu pequeniño, esta mañá non abriches o teu regalo.
Talvez agora sexa o mellor momento para facelo.
Meles viu o regalo que a súa nai sostiña na man, era un caxato
para xogar ao Ganna. Empuñouno con forza, deu un enorme bico á súa nai e
foi correndo a reunirse cos seus irmáns e outros nenos. Chegara o momento
de incorporarse ao partido!
PDI LENDO LENDO LENDO O MUNDO PERCORRENDO.CEIP ADR CASTELAO RIANXO
TRADICIÓNS DE ETIOPÍA
Homadate guatasantade!
Celébrase con grandes festas tanto o día de Nadal coma o de Reis:
a diferenza principal é que o día de Nadal visten roupas brancas e
en Reis de cores vivas.
Como en Etiopía se rixen por un calendario diferente ao noso, o día
de Nadal coincide para eles co que é para nós o 7 de xaneiro. Que
tarde!
A comida principal do día de Nadal
basease na injara, un pan moi
fino, como unha filloa, sobre o que
se serve o doro wat, un polo
asado con salsa que está
riquísimo.