Post on 12-Jun-2015
description
www.ccooxustiza.com 1
Edición 1035 www.ccooxustiza.com 14 de outubro de 2014
Decreto de servizos
comúns procesuais, e
isto como se come?
Que é?
É o anticipo da Nova Oficina Xudicial, esa entelequia da que levamos falando dende
tempos inmemoriais. Segundo o preámbulo do propio decreto os Servizos Comúns
Procesuais son aquelas unidades da oficina xudicial que, sen estar integrada nun
órgano xudicial concreto asume labores centralizadas de xestión e apoio en
actuacións derivadas da aplicación das leis procesuais. Estes servizos comúns
procesuais prestarán o seu apoio a todos ou algún dos órganos xudiciais do seu ámbito
www.ccooxustiza.com 2
territorial, con independencia da orde xurisdicional á que pertenza e da extensión
da súa xurisdición.
En qué se traduce iso?
De levarse a cabo suporía o cambio nas nosas condicións laborais máis radical dende o
traslado das competencias de Xustiza á Xunta de Galicia.
A intención e crear un centro de destino xenérico onde estarían englobados a inmensa
maioría dos funcionarios do corpo de auxilio xudicial máis un número importante de
tramitadores e xestores.
Cómo se reorganizará ao persoal?
O motivo principal para que CCOO non avale este decreto e que non fai mención
algunha nin ofrece garantías ao mantemento das nosas condicións laborais, retributivas
nin establece baixo qué parámetros vanse articular as mobilidades entre centros de
destino.
Unicamente a diposición transitoria terceira fala do mantemento de retribucións, pero, e
así se di literalmente, unicamente das fixas, polo que funcionarios con gardas ou
complementos por estar nun servizo común non teñen garantido a continuación do seu
cobro.
www.ccooxustiza.com 3
Qué funcións terá este servizo?
Ademais deste maremagnum de funcións hai que engadir o caixón de sastre final a que
é dada a nosa administración: “outras funcións análogas”, onde cabe o totum revolutum
para meternos funcións paralegais non recollidas na Lei Orgánica do Poder Xudicial
Qué sabemos da RPT ou da dotación económica?
Absolutamente nada. Sen unha relación de postos de traballo, onde se diga cómo van
estar dotados, con cánto persoal e sen mención algunha a súa ubicación física.
Rexistro Xeral de Entrada
Actos de comunicación e execución Repartición
Funcións auxiliares
Información e asistencia ás vítimas
Depósito de
efectos
Arquivo Territorial
Apoio Local
Arquivo de
xestión
Apoio a labores
gobernativas
Auxilio xudicial
nacional e internacional
www.ccooxustiza.com 4
E por iso que CCOO non avala este decreto, do que non sabemos máis que comezará a
aplicarse cunha experiencia piloto en Pontevedra, que semella ser a cidade campo de
experimentación da Dirección Xeral de Xustiza, pero é un laboratorio sen prazos, carga
económica e orzamentaria e sen un proxecto definido de mobilidade funcional do persoal
Qué eivas vemos no Decreto?
Ao igual que sucedeu coa Nova oficina fiscal, o Decreto amosa postos específicos que
inclúen concursos da mesma natureza, que CCOO considera innecesario e que pode
supor discriminación entre compañeiros.
Fala de protocolos de actuación e manuais de postos, instrumentos que serven para
consagra funcións que non nos corresponden, propias doutros corpos (como as apud-
actas dos Secretarios) ou doutras administracións, como o traslado de pezas de
convicción aos arquivos (persoal laboral)
A maiores inclúe funcións absurdas como crear carteis ou documentos informativos
necesarios ou valorar a satisfacción polo servizo, facendo dos funcionarios de xustiza
comerciais da boa praxe da administración
Así mesmo, na coletilla final de cada unha das funcións dos diferentes servizos aparece
a expresión “calquera función análoga as anteriores”, que xa quedou dito que invalida
toda a descrición de funcións, xa que pode incluír todo o que o superior xerárquico
considere oportuno.
Cómo afecta aos interinos este Decreto?
Este decreto afecta de maneira moi especial aos interinos, supón un ataque frontal ao
desempeño da súa labor, xa que no artigo 2.9, apartado a) Apoio Local di literalmente:
www.ccooxustiza.com 5
Adscribir os funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de
Xustiza para prestaren servizos..... en situacións de sobrecarga de traballo ou de
suplir as ausencias temporais
Isto representa que os chamamentos de interinos serían limitados a cubrir vacantes
unicamente o que deixaría sen efecto as diferentes bolsas, unha eliminación de facto
dos dereitos dos funcionarios interinos
Senón me gusta, cámbiocho por outro....
No Decreto, a propia Consellería resérvase o dereito a desbotalo e poñelo a súa
conveniencia. No artigo 7, a Consellería atribúese a potestade de ampliar de forma
gradual e progresiva as funcións, segundo as necesidades de cada partido xudicial.
Outra cláusula de salvagarda que converte o decreto en papel mollado
ANEXO : ESTRUTURA TERRITORIAL PREVISTA
Previsión dos Servizos comúns procesuais xerais a crear nos distintos partidos xudiciais
e da súa estrutura, que se establece en tres niveis:
NIVEL I. Servizo común xeral procesual do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Existirá un servizo común xeral procesual común a todas as Salas, Sala de Goberno,
Secretaría de Goberno e Unidade de Apoio da Presidencia.
Asumirá as funcións de rexistro xeral de entrada, reparto, información e atención ao
cidadán, arquivo único de xestión, depósito de efectos, apoio territorial e soporte
administrativo da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial e Galicia.
www.ccooxustiza.com 6
NIVEL II. Servizo común xeral procesual nas cidades
Existirá un servizo común procesual xeral nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago de
Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.
Cada un deles asumirá as funcións de rexistro xeral de entrada , reparto, información e
atención ao cidadán e vítima, actos de comunicación e execución (excepto Vigo e
Coruña que manterán diferenciado o Servizo Común de Notificacións e Embargos),
funcións auxiliares, apoio local, arquivo e depósito de efectos.
En A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, sede dos arquivos territoriais, as funcións
correspondente a este tipo de arquivos.
NIVEL III. Servizo común xeral procesual nas vilas con tres ou máis xulgados
En cada unha das vilas de Betanzos, Carballo, Ribeira, Cambados, O Porriño,
Vilagarcía, Ponteareas, Cangas de Morrazo e Tui existirá un servizo común xeral
procesual que prestará servizo centralizado a todos os xulgados de primeira instancia e
instrución. Este servizo asumirá as seguintes funcións: rexistro xeral de entrada, reparto,
información xeral ao público, actos de comunicación e execución, funcións auxiliares,
arquivo de xestión e depósito de efectos.
Enlace ao borrador de Decreto
www.ccooxustiza.com 7
Eleccións a compromisarios da
Mutualidade xeral xudicial, 22 outubro
2014. Carta dos nosos candidatos
Considerado mutualista:
Dirixímonos a ti, novamente, tras cinco anos de singradura como compromisarios de
Galicia na Mutualidade Xeral Xudicial, á que pertencemos grazas ao voso apoio
maioritario nas eleccións de 2009. Longo foi o camiño e curto o tempo en que
intentamos dirixir os nosos esforzos para nun período especialmente duro -onde os
recortes orzamentarios aplicados á sanidade minguaron as nosas prestacións dunha
forma absolutamente inxustificada- tervos informados a través de todos os medios ao
noso alcance.
Nin debemos, nin pretendemos facer crer que se encontra nas nosas mans a
posibilidade de paralizar o ataque radical ao dereito inalienable de toda persoa a "unha
sanidade pública e universal para todos", pero si podemos asegurar que como fixemos
neste lustro, como compromisarios loitaremos sen cuartel contra todo e todos os que
pretendan contribuír a iso, empezando por insistir en que a MUGEJU non é un ente
abstracto. Todos formamos parte del. Da Mutualidade dependen axudas e prestacións
de carácter sanitario ou farmacéutico, e mesmo económico, para todos, dende a
asistencia médica primaria aos tratamentos máis complexos. Se existe algo que nos fai
a todos iguais é a "Saúde", con maiúscula, participar activamente e en primeira liña na
súa defensa entendemos que é un deber que por principio e convicción queremos seguir
asumindo.
www.ccooxustiza.com 8
Por iso solicitamos a vosa participación activa no proceso electoral, ben votando
directamente no colexio electoral que para o efecto se constituirá no Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia, o próximo día 22 de outubro ou ben a través do voso voto por
correo. Cantos máis mutualistas de Galicia participemos no proceso maior forza se lles
outorgará aos novos compromisarios para defender na Asemblea Xeral a razón ante
aqueles membros sempiternos da Presidencia e Xerencia da Mutualidade que,
obstinadamente, pretenden facer desaparecer este órgano de control e facerlles ver que
a Mutualidade é a casa común de todos, por enriba de tratamentos ou títulos, e que o
obxectivo único é non o mantemento da súa situación actual senón a recuperación e
mellora de todas as prestacións e beneficios aos que lexitimamente temos dereito.
Grazas de antemán pola vosa colaboración -e esperemos que polo voso voto-. Que non
vos caiba dúbida de que parafraseando un gran cantautor, seguiremos, teimudamente
erguidos, proclamando os dereitos, o tempo e o lugar que a todos nos pertence.
Nicolau Santos Álvarez -Nico-, Compromisario Grupo I
Juan Manuel Amado Rodríguez -Juanma- , Compromisario Grupo II
Saúde Juanma e Nico.
PROGRAMA DE CCOO E SOLICITUDE VOTO POR CORREO
www.ccooxustiza.com 9
CCOO advierte al nuevo ministro de Justicia que no aceptará de ningún modo el mantenimiento de la
decisión de Gallardón y de Rajoy de entregar la gestión de los Registros Civiles a los registradores
mercantiles.
Para impedirlo, no bastan las palabras. A la denuncia presentada en solitario por CCOO
ante la Fiscalía General del Estado contra el presidente del Gobierno y el dimitido
Gallardón por haber vulnerado presuntamente la legalidad en la decisión de otorgar la
gestión de los Registros Civiles a los registradores mercantiles.
CCOO anuncia que va a impulsar además, entre otras actuaciones, una
Iniciativa Legislativa Popular (ILP), que logre el mantenimiento de los
Registros Civiles como servicio público y gratuito y en el ámbito de la
Administración de Justicia.
Madrid a 13 de octubre de 2014
La ILP, recogida en el artículo 87.3 de nuestra Constitución y desarrollada en la LO 3/1984, consiste en
que, mediante la recogida de más de 500.000 firmas, la ciudadanía exija al Gobierno la aprobación de una
proposición de ley, en este caso, para impedir la privatización de los Registros Civiles.
El rechazo a la privatización del Registro Civil de prácticamente todas las organizaciones profesionales del
ámbito de la justicia, distintas organizaciones sociales y ciudadanas, cientos de ayuntamientos y varios
parlamentos autonómicos (mediante la aprobación en sus plenos de mociones propuestas por CCOO), así
como de todos los partidos políticos excepto el PP, y el muy significativo varapalo que el Consejo de
Estado da en su dictamen al proyecto de Real Decreto por el que se aprueban los Estatutos de la
Corporación Pública para el desarrollo del sistema registral electrónico, otorga optimismo para detener
esta monstruosidad. Tras la denuncia ante la Fiscalía General del Estado presentada por CCOO en
solitario, debemos dar un paso más, implicar a todas las organizaciones que rechazan la privatización del
Registro Civil para lograr que llegue al Parlamento español esta Iniciativa Legislativa Popular (ILP), y así
parar este desastre. Hay antecedentes como la ILP por la dación en pago, la paralización de los desahucios
y el alquiler social, que logró una movilización social sin precedentes.
CCOO ha trasladado al nuevo ministro de Justicia como cuestiones fundamentales, junto a la
oposición frontal a la privatización de los Registros Civiles, las siguientes reclamaciones:
www.ccooxustiza.com 10
Retirada del proyecto de reforma de la LOPJ. CCOO ha defendido y seguirá
defendiendo el mantenimiento todos los partidos judiciales y órganos judiciales actuales
y de todos los Juzgados de Paz y de las Agrupaciones, la garantía del mantenimiento de
todos los puestos de trabajo y de las retribuciones actuales, la prohibición expresa de
imponer la movilidad forzosa fuera del municipio, que los actos de comunicación y
ejecución seguirán siendo competencia exclusiva del personal funcionario de la
Administración de Justicia...
Devolución de todos los derechos robados desde 2010, con establecimiento de la
fecha efectiva para su restitución: el ministro de Justicia debe reclamar al ministro de
Hacienda y AAPP y al presidente del Gobierno la recuperación del salario recortado en
2010, la devolución del 100% de la paga extra de diciembre de 2012 (no aceptamos ese
ridículo 24 % de devolución que anuncia Montoro en la LPGE 2015), el abono del 100%
del salario en caso de baja por IT, la reposición de todos los días de asuntos particulares
y los días adicionales por antigüedad (tanto de asuntos particulares como de
vacaciones), y todos los demás derechos hurtados.
Convocatoria en la OEP 2015 de todas las plazas vacantes de la Administración de
Justicia de todos los cuerpos, cifradas en más de 10.000.
Derogación de la Ley de Tasas
CCOO también le ha reclamado al nuevo ministro:
Convocatoria urgente de la mesa sectorial de la Administración de Justicia para abordar la
negociación de todas estas reclamaciones.
Recuperación del poder adquisitivo perdido en estos años.
Modificación sustancial del proyecto de ley de Jurisdicción Voluntaria (aprobado en consejo de
ministros el 1 de agosto de 2014), suprimiendo la entrega a los notarios y registradores de
procedimientos y tareas que deben seguir siendo competencia exclusiva de la Administración de
Justicia.
Rectificación del proyecto de ley de asistencia jurídica gratuita (aprobado en consejo de
ministros del 21 de febrero de 2014), garantizando la gratuidad en el acceso a la Administración
de Justicia a toda la población sin recursos, y a todos los empleados/as públicos cuando acuden
en nombre propio a realizar una reclamación en defensa de sus derechos.
www.ccooxustiza.com 11
Debe suprimirse también las costas en todos los procedimientos, con objeto de garantizar el
acceso a la tutela judicial efectiva, también del personal de las Administraciones Públicas
El nuevo ministro de Justicia interviene el próximo miércoles, 15 de octubre, en el Congreso de los
Diputados para presentar sus propuestas para el año que resta de legislatura. CCOO ya le ha hecho llegar
directamente estas demandas y reclamaciones, que son fundamentales para que comience a restaurarse
la confianza entre los trabajadores y trabajadoras. Debe el Ministerio de Justicia ser capaz de dar un
impulso para sacar de esta bochornosa situación a la Administración de Justicia, a la que se ha llegado en
estos momentos por la tremenda incompetencia, egoísmo y falta de preocupación por los derechos de las
personas de sus anteriores responsables, como el ex-ministro Gallardón. Pero ese impulso debe contar
con las iniciativas necesarias como las que le hemos propuesto, cuya primera condición es que deben ser
acordadas con el personal funcionario y laboral, nunca impuestas.
www.ccooxustiza.com 12
Opinión: Combustión
espontánea Existe unha lenda urbana baseada nunha superstición medieval que fala de seres
humanos que arden sen unha fonte externa de ignición. Ir pola rúa e ver como un home
comeza a arder sen máis nin máis deixaríanos patidifusos, non si? As organizacións
sindicais, máis alá de que sexan de clase ou corporativas, que estean máis ou menos
desacreditadas, son unha ferramenta. Non son un fin en si mesmas, senón un medio, un
medio de que os traballadores sexan representados para reivindicar unhas condicións
de traballo dignas. Son polo tanto un conxunto de traballadores que nun momento
determinado e durante un ciclo temporal deciden cometer a ousadía de ofrecerse
voluntarios para darse cabezazos contra o monstro da administración. Non son heroes
lexendarios, por suposto, pero tampouco marcianos redentores.
Son tempos de derrota. O modelo neoliberal que está implantado no noso país non é
unha novidade, o Chile de Pinochet, a Inglaterra de Margaret Thatcher, a Indonesia de
Suharto ou os EEUU de Reagan viviron situacións idénticas as que estamos a vivir:
www.ccooxustiza.com 13
- Creación dunha crise ficticia pola presión dos mercados, que non son máis que
bancos, grandes empresas e núcleos de poder en mans duns poucos que queren
manter o seu status quo
- Como consecuencia incremento dunha débeda pública insostible por un sistema
baseado no endebedamento para financiar o gasto público. Os mercados
encarecen os xuros e en consecuencia os investimentos freanse
- Axuda financieira externa a cambio de medidas de axuste que pasan pola
esnaquización dos servizos públicos, a privatización das partes máis valiosas do
Estado e recortes de dereitos sociais que aumentan a desigualdade, os ricos son
máis ricos, os pobres máis pobres.
Aquí é onde nos xogamos un papel, en poñer coto e denuncia á privatización do
estado en si mesmo. Pero, como din por aí, a policía non é parva, e todas estas
medidas veñen acompasadas dun ataque mediático e dende o goberno ás
organizacións sindicais, que son convertidas en corresponsables da crise. Tamén é
certo que a corrupción de determinados elementos dentro dos sindicatos contribúen
a este desprestixio...
Temos ante nós un tempo de extrema dificultade. O goberno de España enviou a
Europa un memorando onde se compromete a recortar 47.000 millóns de gasto
www.ccooxustiza.com 14
público no período 2014-2017 para axustar o déficit público. Cando escoitamos iso
sabemos onde están por meter a tesoira: nos nosos xa furados e refurados petos.
Qué facer? Pechamos o chiringuito y que sea lo que dios quiera? Matámonos entre
as sete organizacións sindicais que actualmente aspiran a representar ao noso
colectivo? Ardemos espontaneamente en praza pública para ledicia dos compañeiros
máis acérrimos inimigos da loita colectiva e sindical? Ou arrimamos o ombreiro para
ser un único corpo en defensa dos nosos dereitos? Vós diredes...
www.ccooxustiza.com 15
Correo de contacto: sectorxustizaccoo@gmail.com
Tfno do Sector de Xustiza: 619282917
Delegados/as:
Coruña: Raquel ccooxustizacoruna@gmail.com
Ferrol Mati matildeav1@gmail.com
Santiago: Ana ccooxustiza.santiago@gmail.com
Vigo e Pontevedra: Tino Novoa cnovoa-fsc-vigo@galicia.ccoo.es
Ourense: Sonia soniaxustizaourense@gmail.com
Lugo. Rafa saxgccoo@gmail.com
Coordinación: Jorge jorgesuarez@galicia.ccoo.es