O courel

Post on 20-Jul-2015

1.054 views 9 download

Transcript of O courel

O COURELO COUREL

Espazo natural que forma parte do LIC “Ancares-Courel, que engloba a serra do Courel, e outros macizos montañosos periféricos: serras do Piornal e Rañadoiro, ao norte; Oribio, Lóuzara e A Trapa, ao oeste; e Biduedo, Os Cabalos e Cereixido, ao sur.

Val de Visuña-Formigueiros

CONCELLOS: As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Samos, Triacastela, O Incio, A Pobra do Brollón, Quiroga e Ribas de Sil.PROTECCIÓN:Forma parte do LIC-ZEPVN “Ancares Courel”Puntos de Interese Xeolóxico (Instituto Xeolóxico e Mineiro de España): Pregamento de Campodola, Estrutura na cuarcita armoricana do val do Soldón.

O COUREL

OS ANCARES

O relevo é abrupto con montañas pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas, gorxas profundas e pendentes fortes. Destaca polas súas formacións xeolóxicas, -morrenas glaciares terminais e bloques erráticos, e numerosas covas calcárias- e a riqueza da súa flora e fauna, unha das máis completas e diversas de Galicia, porque a súa situación na fronteira entre a rexión eurosiberiana e a mediterránea, unido ás diferentes altitudes e á diversidade dos substratos rochosos fai que se multipliquen as posibilidades de establecemento para as especies máis diversas.

AS SERRASE OS RÍOS

SERRA DO COURELOrientada en dirección NE-SO. Está limitada ao sur polo val do Sil, ao oeste polo río Lor, e polo leste polos vales do Quiroga e O Selmo. É unha cadea de montañas pregadas, moi fracturadas e con numerosas fallas (destacan as de dirección nordeste polas que circula o Lor). As rochas máis comúns son as lousas e xistos, e, en menor cantidade cuarcitas, areíscas e calcarias.

ALTURAS PRINCIPAIS:Formigueiros (1.643 m)Pía Paxaro (1.619 m)Pico do Boi (1.178 m)

Vista dos cumes do Courel desde o Pía Paxaro

Monte Formigueiros, a altura máxima da Serra do Courel, con 1.647 m. Nas súas abas atópase a Devesa de Rogueira.

Val de Visuña

A serra do Courel conserva exemplos de morfoloxía glaciar: o circo da lagoa da Lucenza, cordóns morrénicos e outros vestixios nos vales da Seara, Vieiros e Visuña (Folgoso do Courel).

Val de Visuña

Val da Seara

Lagoa de Lucenza. Instalada nun antigo circo glaciar e moi colmatada polos sedimentos.

Sinclinal do Courel, o maior pregamento tombado que pode observarse na península Ibérica, desenvolvido sobre cuarcita armoricana. Visible entre as aldeas de Campodola e Leixazós

SERRA DO RAÑADOIROSituada entre As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, con orientación NO-SE. Na vertente sur nace o río Lóuzara que vai cara ao Courel a xuntarse co Lor..

ALTURAS PRINCIPAIS:Muralla (1.480 m)

Vista xeral do Cebreiro. Está situado a nas estribacións da serra do Rañadoiro 1.300 m de altura, entre os montes Pozo de Area (1.394 m) e o Chan da Poza (1.402). É unha zona de transición entre as serras de Ancares e O Courel.

SERRA DO ORIBIOEsténdese en dirección E-SO en terreos de Samos e Triacastela, limitada ao norte polo val do río Sarria e ao sur polo Lóuzara. Na vertente oeste nacen varios afluentes do río Sarria ou Oribio e na leste afluentes do Lóuzara.

ALTURAS PRINCIPAIS: Oribio (1.447 m)

Vista desde o Oribio cara a Triacastela e Ancares.

Cova de Santalla.

MONTES DE LÓUZARAEsténdense con direción NE-SO, rodeados polo norte e oeste polo río do Lóuzara e polo leste e sur polo Lor. Forma o límite oeste da cunca do río Sil.

ALTURAS PRINCIPAIS: A Escrita (1.460 m)

Alto do Monteiro (1.142 m). Polo alto da aba sur discorre a estrada de Seceda a Folgoso e Seoane.

Rochas calcárias, aciñeiras e castiñeiros no Taro Branco.

SERRA DA TRAPASerra de perfís suaves cara ao norte e abruptos cara ao sur, no val do Lóuzara. Situada entre O Courel, O Incio, Samos e A Pobra de Brollón, con orientación NO-SE. Tivo gran actividade de minería de ferro

Vista xeral da cara sur da serra da Trapa (Pena Redonda)

ALTURAS PRINCIPAIS:Legua (1.301 m)

No cume da Pena dos Catro Cabaleiros coínciden os concellos do Courel, Pobra de Brollón, O Incio e Samos. Conta a tradición que nela se reunían unha vez no ano os alcaldes dos catro concellos.

SERRA DO BIRDUEDOEsténdese ao leste do río Lor con dirección NE-SO.

Canón do Lor, entre Vilar e Froxán

ALTURAS PRINCIPAIS: Os Conventos (1.136 m)

Os conventos. Pregues en cuarcitas

Pregamento na Pena Grande, á beira do Sil

SERRA DOS CABALOSSerra con dirección NE-SO, situada nos límites entre Galicia e León. Está formada por lousas, granitos, areíscas, cuacitas e calcárias. Polo norte, o leste e o sur está rodeada polo Selmo e os seus afluentes e polo oeste o curso alto do Soldón.

Vista norte da serra dos Cabalos, co Montouto no centro. No primeiro plano o val da Seara. No Montouto conflúen as provincias de Ourense, Lugo e León

ALTURAS PRINCIPAIS: Montouto (1.524 m)

Val do Soldón, sobre cuarcita armoricana, continuación cara ao leste do gran sinclinal de Campodola, onde se observan espectaculares pregamentos de arrastre.

SERRA DO CABREIROProlongación da serra dos Cabalos cara ao suroeste entre os ríos Soldón e Vilarmel. Dos seus cumes baixan varios regos afluentes do Soldón.

ALTURAS PRINCIPAIS: O Cabreiro (1.388 m)

SERRA DE CEREIXIDOMacizo situado entre Quiroga e A Rúa, limitada polo norte polo río de Barreiros, polo oeste, polo Soldón e polo sur o val do Sil e a depresión de Valdeorras ao sur. Está formada por lousas, granitos, cuacitas e calcárias.

ALTURAS PRINCIPAIS: Lagoa Grande (1.246 m)

OS RÍOSCoa excepción do río Sarria, que, procedente da serra do Oribio, desauga na conca do Miño, todos os cursos fluviais do Courel pertencen á conca do Sil, destacando o Lor, co seu afluente o Lóuzara, así como o Selmo, o Quiroga e o Soldón, que drenan a parte sur e leste da serra. Teñen percorridos con fortes desniveis onde abondan os cavorcos, os rápidos e as pincheiras.

O Sil en Augasmestas no encontro co Lor.

RÍO SILPercorre o espazo polo sur e recolle varios afluentes que baixan das serras.

RÍO LORNace no Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) e ten como cabeceiras os regatos Fontor, Fonte Grande e Brañuelas.Despois un percorrido de 50 km por terreos do Courel xúntase co Sil en Augasmestas (Castro) entre Quiroga e Pobra do Brollón.Afluentes pola dereita: Parada, Folgoso, VilamorAfluentes pola esquerda: Loureiro e Lóuzara.

O Lor ao pouco do seu nacemento

Pincheira nun rego afluente do Lor, en Lousada.

O Lor en Vilar

O Lor en Barxa de Lor

O Lor en Augasmestas, nunha pincheira que só se pode ver cando se baleira o encoro.

O Lor en Augasmestas no encontro co Sil.

O Lor en Augasmestas co encoro baleiro.

Río Lóuzara en Santalla

RÍO LÓUZARA: o afluente máis grande do Lor, con 28 km de percorrido.

Pincheira nun dos regos que caen no Lóuzara en Casela.

Pincheira na Cova da Fonte (Santalla).

Pincheira de Santalla de abaixo, nun afluente do Lóuzara.

Rego da Rogueira

Fonte do Cervo na Devesa de Rogueira

Ferrería de Seoane, no Lor.

Pincheira de Rixio, nun afluente do Lor en Vilamor.

Pincheira en Folgoso, nun afluente do Lor.

RÍO QUIROGANace na confluencia dos regatos Pacios e Vilardebacín en Bustelo de Fisteus (Quiroga). Percorre terras do concello de Quiroga e desemboca no Sil preto da capital municipal.

Pincheira da Pedriña na Cruz de Outeiro.

Pincheira en Bustelo, nun afluente do Quiroga.

Pincheira da Ola na Cruz de Outeiro.

RÍO SOLDÓNNace en A Seara (O Courel). Percorre terras dos concellos de O Courel e Quiroga e desemboca no Sil en Paradaseca. Afluentes: regos de Montouto, Ferreiro, Vilarmel, Barreiros e Fiais.

Pincheira de Rinán, nun rego que vai ao Montouto, afluente do Soldón.

Rincheín, un afluente do Soldón.

Pincheira do Caroceiro, nun afluente do Soldón. A máis alta do Courel, con 40 m.

O Soldón en Rugando, ondo houbo unha importante ferrería

Rego de Fiais ou Farredo. Ten numerosas pincheiras de moi dificil acceso.

RÍO SELMOFórmase pola confluencia de varios regos que baixan da aba sur da serra do Courel e xúntase ao Sil en León.

Río Visuña

Rego Murelos, na Seara

O Murelos no inverno.

Pincheira no Rego de Murelos

Pincheira de Fócaro, na Seara, nun afluente do Murelos.

Pincheira na Seara

Pincheira en Vieiros

Pincheira no Selmo, preto de Vieiros.

Pincheira en Ferramulín nun afluente do Selmo

Muíños en Ferramulín

Carvorco da Fervenza Grande. Hórreos.

RÍO SARRIANace no Oribio e fai de linde do espazo entre Triacastela e Samos.

Canón do Sarria no seu nacemento na serra do Oribio

FLORAO Courel acolle algunhas das formacións boscosas máis singulares de Galicia, como son a devesa da Rogueira ou a serie de bosques de Romeor a Zanfoga.Están representadas 750 especies vexetais, o 60% das que hai en Galicia, entre elas numerosas plantas únicas ou raras.

FORMACIÓNS VEXETAIS MÁIS CARACTERÍSTICAS DO COUREL:-Devesas, nas ladeiras moi húmidas, cubertas pola neve no inverno, cun estrato arbóreo de especies caducifolias: carballos, faias, acivros, abelairas, carbas -Aciñeirais, ligados aos terreos calcarios de ladeiras orientadas ao Sur.-Soutos-Bosques de ribeira: ameneiros, capudres, pradairos...-Mato, no que predominan as queirugas e as carqueixas.-Reboleiras, nas zonas umbrías, bosques de cerquiños mesturados con algún carballo e o híbrido de ambos

Pradeira de montaña con orquídeas

Devesa da RogueiraÉ a devesa máis extensa e famosa de Galicia. Por riba dos 1.000 m hai faias acompañadas de acivros e teixos.Foi declarada recentemente polo Fondo Mundial para a Natureza como unha das seis áreas de bosque autóctono máis importantes da Península Ibérica. Xunto co bosque de Albergária, no Geres portugués é o faial máis occidental de Europa.

Interior da Devesa da Rogueira

Faial de Liñares. Situado na empinada ladeira do alto do Penedo, sobre rochas calcarias. O bosque complétano acivros, bidueiros e capudres.

Devesa de Zanfoga. Situada na vertente norte de Pena Cerveira ao Sur de Zanfoga, nas proximidades de Rubiais. Está formada principalmente por cerquiños, bidueiros, abelairas e carballos.

Devesa do Faro

Devesa de Riocereixa. Na vertente norte do Pico Faro. Hai faias mesturadas con carballos, acivros e teixos.

Devesa de Fonteformosa. Contén o faial máis puro de Galicia formado por árbores de gran altura sen apenas mato. Está rodeado por piornos, bidueiros e cerquiños..

Aciñeiral de Mercurín

Aciñeiras (Quercus ilex subsp. Ballota): aparecen por baixo dos 800 metros, nos afloramentos calcarios

Souto de PaderneCastiñeiro (Castanea sativa).Nas proximidades das áreas habitadas os soutos substitúen ao bosque. A utilidade mixta do castiñeiro favoreceu a súa propagación.

Castiñeiros en Vilar

Castiñeiro e Seceda Castiñeiro Val da Fonte. Paderne.

Carballo (Quercus robur)

Carba (Quercus petraea)

Cerquiño (Quercus pirenaica)

Sobreiras (Quercus suber) en Froxán

Bidueiros (Betula celtiberica)

Chopo (Populus nigra) destaca nas beiras dos ríos e regatos pola súa verticalidade e a cor amarela que collen no outono.

Teixos (Taxus baccata) na Devesa de Rogueira

Acivros (Ilex aquifolium)

Abruñeiro (Prunus spinosa)

Capudre, cancereixo (Sorbus aucuparia)

Érbedo (Arbutus unedo)

Estripo (Crataegus monogyna)

Cerdeira de Santa Lucía(Prunus mahaleb)

Mostallo (Sorbus aria)

Esteva (Cistus salvifolius)

Xesta (Cytisus multiflorus)

Piorno (Cytisus scoparius)

Xesta (Genista florida)

Breixos (Erica umbellata)

Breixo (Daboecia cantabrica...)Uz branca (Erica arborea)

Armeria duriaei

FLORA ESPECIAL: endemismos ou pouco comúnsArenaria grandiflora subsp. incrassata Armeria duriaeiCrepis albida subsp. asturicaFestuca elegansFestuca summilusitanicaGenista sanabrensisGentiana lutea subsp. aurantiacaIberis contracta

Campanula arvatica supsp. adsurgens, especie endémica da Cordilleira cantábrica.

Lithodora diffusa

Rhamnus legionensis

Matthiola fruticulosaErinus alpinus

Saxifraga spathularis

Saxifraga paniculata

Saxifraga trifurcata

Omphalodes nitida (endemismo)

Soldaconsolda (Polygonatum verticillatum). Especie rizomatosa da que xorden talos aéreos que desaparecen no outono. So está presente nas Serras Orientais.

Herba do pobre (Clematis vitalba).

Herba do gando (Helleborus foetidus)

Amorodos (Fragaria vesca). Atópanse habitualmente nos límites do bosque, en zonas húmidas.

Pinguicola grandiflora Narcissus asturiensis

Erodium glandulosum

Hornungia petreae

Arzaia (Lavandula stoechas)

Antrrhinum meonantumArabis auriculata

Orquídeas. No Courel atópase unha gran variedade. Ophrys ustulata (única cita en Galicia).

Dactylorhiza sambucina Orchis maculaOrchis italica

Fento lingua de cervo (Phyllitis scolopendrium). Aparece en lugares sombrizos á beira das correntes de auga. No Courel atópase unha das variedades de fentos máis ricas de Galicia.

Brións (Atópanse multitude de variedades, especialmente nas zonas sombrizas)

Liques

FAUNAHai unha gran divesidade de especies pouco comúns noutras zonas, en especial grandes mamíferos, aves de rapina e de bosque, réptis e insectos, con presenza de varios endemismos.

Charrela (Perdix perdix)

Corzo (Capreolus capreolus)

MAMÍFEROS: hai unha gran diversidade, desde os grandes carnívoros, como o lobo, ata os máis pequenos como os furafollas.

Gato bravo (Felis sylvestris

Xabarín (Sus scrofa)

No Courel atópanse varias especies de morcegos pouco comúns (Rhinolophus ferrum-equinum, Rhinolophus hipposideros, Myotis myotis, Miniopterus schreibersi, Myotis emarginatus, Pipistrellus pipistrellus, Plecotus auritus e Plecotus austriacus)

AVES: destaca a presenza de numerosas especies de rapinas diurnas e nocturnas e paxaros do mato e do bosque.

Aguia real (Aquila chrysaetos)

Bufo real (Bubo bub)

Voutres (Gyps fulvus)

Chasco (Saxicola torquata) Tordo (Turdus philomelos)

Lagarta rabuda (Psammodromus algirus)

Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi)

Lagarta da serra(Iberolacerta monticola)

Rá patilonga (Rana iberica)

Sapo común (Bufo bufo)

Cicindela campestris. Este chamativo escarabello é un carnívoro que caza, á carreira, arañas e larvas de insectos.

Vacaloura (Lucanus cervus), macho e femia.

Bolboreta (Anthocharis cardamines), femia e macho

Bolboreta (Procris statices)

Caracol (Elona quimperiana)

Lesma (Geomalacus maculosus)

O Courel é unha zona habitada desde tempos prehistóricos como o atestiguan petroglifos, mámoas, castros e outros achádegos arqueolóxicos. Tivo intensa actividade mineira, minas de ouro nos tempos dos romanos, de ferro no século XIX e actualmente hai explotacións de lousa.

Castro da Torre

Castro de Vilar

Rabaño de cabras nas lousas

Outeiro

O Courel tivo intensa actividade mineira, minas de ouro nos tempos dos romanos, de ferro no século XIX, de antimonio (Vilarbacú, que pechou en 1947) e actualmente hai explotacións de lousa, que, na maioria dos casos, alteran gravemente o medio.

Vilarbacú

A Toca. Antiga explotación romana de ouro.

Louseiras

Montaxe: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, DEBUXOS: Mon Daporta