O DILUVIO

Post on 05-Jul-2015

672 views 7 download

Transcript of O DILUVIO

XÚPITER

Pai de deuses e homes (pater deorum et

hominum).

Orixe sabina, foi introducido en Roma por Numa

Pompilio.

Deus supremo.

Os seus atributos son: a aguia, o raio e o cetro.

Na lenda quere destruír a humanidade debido a

que os homes son, na súa opinión, a vergoña

do universo e a súa brutalidade non ten límites.

PROMETEO

Titán, amigo dos mortais, honrado

principalmente por roubar o lume dos deuses

e dárllelo aos homes para o seu uso, e

posteriormente ser castigado por Xúpiter por

este motivo.

O castigo sería que unha aguia se lanzase

sobre el e lle picase o costado ata devorarlle o

fígado. Ao día seguinte sairíalle un novo e

repetiríase a mesma historia.

Na lenda dille ao seu fillo Deucalión o que

quere facer Xúpiter de destruír a humanidade

e recoméndalle facer unha arca e refuxiarse

nela coa súa familia.

DEUCALIÓN

A súa esposa foi Pirra, filla de Pandora.

É fillo do titán Prometeo.

Cando Xúpiter decide exterminar a

humanidade provocando un diluvio, o seu

pai Prometeo fala con el dicíndolle o que

vai ocorrer e mándalle construír unha arca

na que se embarca coa súa esposa e

sobrevivirán.

Xúpiter convocara aos deuses no seu palacio do Olimpo.Tomara unha decisión importantísima e quería comunicárllela ao resto canto antes.-VOU DESTRUIR A HUMANIDADE –anunciou con firmeza.Formouse un barullo despois de oír esa afirmación, mais el pediu silencio. Explicouse e dixo que os homes non merecían vivir, xa que eran atroces e brutais.A pesar das súas palabras, foi tal o balbordo, que acabou por facer unha mínima concesión: despois de exterminalos, o mundo sería poboado por unha nova xeración de homes.

Nas ásperas ladeiras do Cáucaso, aferrado con cadeas de ferro, vivía o titán Prometeo, que fora castigado por Xúpiter. O seu único consolo era que Deucalión, o seu fillo, lle facía unha visita de vez en cando.Entón Prometeo, que tiña o don da adivinación, dille ao seu fillo o que Xúpiter ten pensado facer.- Xúpiter ten decidido destruír a humanidade, constrúe unha barca, colle á túa muller e embárcate nela.

Deucalión xa era un home vello que camiñaba con lentitude e andaba escaso de forzas. Non tiña fillos e o seu único tesouro era o amor pola súa esposa. Durante días traballou sen descanso na construción da arca . E terminouna xusto a tempo. Cando o primeiro día comezou a diluviar, Deucalión mais a súa esposa Pirra soben á arca collidos da man.

Conseguiran subir xusto a tempo, porque nese momento o ceo escureceu e un vento arrollador enloqueceu as copas das árbores e levantou tormentas de area nos desertos. Os barcos de alta mar foron engulidos, e os pobos da costa devastados .

Todos os animais do mundo pereceran. Os paxaros conseguiran sobrevivir mentres voaban, pero finalmente acabaran caendo. O mar estaba cheo de cadáveres de animais. Só perduraban os animais acuáticos. Xa todo era pasado.Pirra choraba sen pausa. Ao final, a chuvia cedeu un día. Tritón, deus do mar, fixo soar a caracola para indicarlle ao mar que debía volver aos seus antigos límites.Ao cabo de tres días, Deucalión conseguira ver o cume dunha montaña, onde conseguiu amarrar a arca.A paisaxe era desoladora, bosques sen ramas, o barro era tan denso que era imposible avanzar. Pirra comprendera nese momento que a morte se apoderara de todo, e volveu a chorar.Que sentido tiña que se salvaran se xa eran demasiado vellos para ter fillos? Como ían repoboar a Terra?Deucalión, aínda así, fiábase dos novos plans de Xúpiter e só contestou:-Entremos a rezar.

O interior do templo tiña unha aparencia sinistra. O chan estaba cuberto de fungo, e os cadáveres aos pés das columnas estábanse a pudrir. Ao fondo había unha estatua de Temis, deusa da xustiza, á que lle preguntou se os humanos volverían a poboar o mundo.Pirra insistía en marchar, xa que Temis non ía contestar.En canto marchaban, Deucalión cabizbaixo e apenado e Pirra chorando por ver así ao seu marido, Temis falou.-Xúpiter mandouvos a misión de repoboar o mundo. Lanzade ás vosas costas os ósos da vosa nai e a humanidade renacerá. Pero non voltedes a cabeza , pois os ollos dos mortais non deber ver este acontecemento tan admirable.

Ao principio ámbolos dous quedaron totalmente desconcertados, non sabían como interpretar as palabras da deusa. Ata que Deucalión deu co significado.Pediulle a Pirra que collese unha pedra e a lanzara cara atrás.Acertou de pleno. De cada pedra que lanzaba Deucalión saía un home da terra e de cada pedra que lanzaba Pirra saía unha muller. Temis dixéralles que as tiñan que lanzar dados a volta e estes cumprírono. Non se xiraron a ver a repoboación, pero gozárona como tal.

Traballo realizado por Alejandro Loureiro