Post on 09-Mar-2016
description
O mércores de Cinsa OS FARANDULOS de ARANGA queimaban o “moneco” e os compoñentes da mascarada cantaban coplas coma esta:
Adiós, martiños de Antroido
Adiós,meu queridiño
que hasta domingo de Pascua
non unto máis o fuciño.
Martes de Antroido,
come nun coiro
que en sete senanas
non comerás noutro.
Adiós,martes de Antroido
que para min fuches un gandulo
por catro días de chea
sete semanas de axuno.
Adiós,meu Antroido
Adiós,meu antroidiño
hasta o domingo de Pascua
non che como máis touciño.
O mércores de Cinsa, en BERGONDO construían un féretro e nel metían un home disfrazado de choqueiro. No Campo da Senra queimábase o antroido cantando coplas coma esta:
Os “ ZARRALLEIROS” de CESURAS percorrían as aldeas montados a cabalo. Construían un antroido de palla e vestíano con roupas vellas. Os acompañantes tocaban pandeiretas e cunchas. Cantaban coplas coma esta:
Este pandeiro que toca
elle de coiro de ovella
inda onte pacía herbas
e hoxe toca que rabea.
Os FARANDULOS de IRIXOA nos seus apropósitos, trataban
temas locais que sucederan no ano, coma este:
O Carballido de Bris
ordenou de ir a Habana
e no medio do camiño
borróuselle a gana.
Máis valente foi o seu sogro
que emprendeu o seu camiño
Dios queira que d´hoxe nun ano
no no traian de bagaxe.
En OZA DOS RIOS, no enterro do Antroido pronunciábanse as “VEXIGUADAS” que trataban os problemas entre veciños,os abusos das autoridades, acontecementos do ano ou queixas de amoríos , coma esta:
Vaite, neniña,
Vente,neniña
¿ que queres?
As catro vacas,
unha burriña
e mil pesetiñas.
¡Ai!
Ese é un bon dote
dunha neniña.
A miña Madalena
cando vai á vila
coas súas prejuntas
e as súas reprejuntas
ela e maila noite
sempre veñen xuntas.
Por que non lle compras
a Barral unha vaca?
Eu a Barral non lle compro
porque ten nove fillas
e menos vacas.
En PADERNE ao chegar as carrozas ao Consistorio trataban o sucedido
no ano ou as desavenencias entre veciños, coma estas:
Ata SADA chegaban comparsas de Betanzos, Bergondo,
Oleiros e Iñás e cantaban:
Betanceiros,que pedindes
maldigo,pedimos nada
que hai un refrán que di
suba o pan e baixe a caña,
Para comer e beber
non fan falla lambós
o quen queira larpeiros
en Betanzos os hai bos.
Pobres betanceiros,que vai ser de nós
hai que revirarse contra eses lambós
son catro señores que ten Betanzos aquí
despois que están cheos escapan pa Madrí.
COPLAS DUN ENTERRO DO ANTROIDO EN BETANZOS NO ANO 1984
Na bisbarra das Mariñas
causa espanto á poboación,
tanto edificio en ruinas,
que ten a Administración.
Entre filtracións e derrumbes,
os tellados están caendo,
nos sobrados non te tumbes,
que todo está podrecendo.
Vexan cantos desperdicios,
no patrimonio nacional,
cada un dos edificios,
supón un gran capital.
Xa nos dixo un paxariño,
que esto é culpa dos de antes,
que deixaron no camiño
moitos pufos e mangantes.
COMIDAS TÍPICAS DO ANTROIDO DAS MARIÑAS
LACÓN CACHOLA
Mmmmmm,que
rrrricas…