O relevo e a rocha (1)

Post on 23-Dec-2014

786 views 5 download

description

 

Transcript of O relevo e a rocha (1)

O RELEVO E A ROCHA: RELEVOS LITOLÓXICOS

Paisaxes graníticas

Paisaxes volcánicas

Paisaxes calcarias

Paisaxes de rochas metamórficas

CLASIFICACIÓN DAS ROCHAS

MAGMÁTICAS OU ÍGNEAS: formadas por consolidación do magma:

PLUTÓNICAS: consolidación do magma no interior da terra: GRANITO, SIENITA, DIORITA, GABRO.VOLCÁNICAS: o magma é expulsado polos volcáns en forma de lava que o consolidarse forma as rocas volcánicas: BASALTO, PUMITA, OBSIDIANA

SEDIMENTARIAS: formadas pola compactación de restos procedentes doutras rochas, pola precipitación dos materias disolvidos en auga o por restos de seres vivos: ARXILA, ARENISCA, CONGLOMERADOS BRECHA, CONGLOMERADOS PUDINGAS, CALCARIAS

METAMÓRFICAS: producidas a partir doutras rochas que sufren altas presións ou temperaturas no interior da terra: LOUSA, XISTO, GNEIS, CUARCITA, MÁRMORE.

PLUTÓNICAS: consolidación do magma no interior da terra: GRANITO, SIENITA, DIORITA, GABRO

MAGMÁTICAS PLUTÓNICAS

Granito

MAGMÁTICAS PLUTÓNICAS

Sienita

MAGMÁTICAS PLUTÓNICAS

Diorita

MAGMÁTICAS PLUTÓNICAS

Gabro

VOLCÁNICAS: o magma é expulsado polos volcáns en forma de lava que o consolidarse forma as rocas volcánicas: BASALTO, PUMITA, OBSIDIANA

MAGMÁTICAS VOLCÁNICAS

Basalto

MAGMÁTICAS VOLCÁNICAS

Pumita

MAGMÁTICAS VOLCÁNICAS

Obsidiana

SEDIMENTARIAS: formadas pola compactación de restos procedentes doutras rochas, pola precipitación dos materias disolvidos en auga o por restos de seres vivos: ARXILA, ARENISCA, CONGLOMERADOS BRECHA, CONGLOMERADOS PUDINGAS, CALCARIAS

SEDIMENTARIAS

Arxila

SEDIMENTARIAS

Pedra de area

SEDIMENTARIAS

Conglomerado brecha

SEDIMENTARIAS

Conglomerado pudinga

SEDIMENTARIAS

Calcaria

METAMÓRFICAS: producidas a partir doutras rochas que sofren altas presións ou temperaturas no interior da terra: LOUSA, XISTO, GNEIS, CUARCITA, MÁRMORE.

METAMÓRFICAS

Lousa

METAMÓRFICAS

Xisto

METAMÓRFICAS

Gneis

METAMÓRFICAS

Cuarcita

METAMÓRFICAS

Mármore

LITOLOXÍA GRANÍTICA

RELEVOS GRANÍTICOS

O granito é unha rocha magmática que se producen por arrefriamento lento do magma a grandes profundidades. Tras longos períodos de erosión poden quedar ao descuberto e observarse en superficie

Como consecuencia da diminución de presión que supón a eliminación de quilómetros de materias que cubrían aos granitos, estes presentan unha intensa fracturación con numerosas fendas que se entrecruzan e que chamamos diáclases.

Veremos como estas fendas ou diáclases serán agrandadas por procesos de meteorización química

DIÁCLASES E METEORIZACIÓN QUÍMICA NO GRANITO

En litoloxías graníticas, e en climas como o galego, fórmanse esas paisaxes de bolos tan características en Ourense. A estas paisaxes de penedos chámase noutras zona da península (Macizo Central, Estremadura) tamén barrocales

PAISAXES GRANÍTICAS EN CLIMAS TEMPERADOS

A XÉNESE DOS PENEDOS

O granito presentada o diaclasado ortogonal de orixe descompresiva a través do cal circula a auga

A auga meteoriza o granito nun proceso de hidrólise parcial, transformando o granito en sábrego

A escorrenta arrastra o sábrego deixando só o granito interno inalterado en forma de bolos

Linhares da Beira (Portugal)O Montealegre

Penas de Roda(A Terra Chá)

A torra da Moa (Traba)

En Gaioso, ollando a CháHai dúas penedas ergueitas.¡Semellan non ser verdáredondeces tan ben feitas! As Penas de Rodas sondous ollos alucinadosQue espían con atenciónÓs eidos máis alonxados. Si ambas penas se desfánarde, co mundo, un tesouro:¡unha pena é de alquitrán,a outra unha trabe de ouro! Non sodes, non, cantería,ouh penas de encantamento.¡Temo que calquera díavos poida levar o vento.

Manuel María, poeta

Bolas de granito (Penas de Rodas , Lugo) 

PENEDOS DE TRABA E PASARELA

Ás veces, a meteorización química das diáclases produce formas curiosas que suxiren animais, formas humanas, formas mitolóxicas, etc. Tal acontece cos penedos de Traba e Pasarela, no municipio de Laxe, na costa da morte, ameazados polas canteiras e declarados recentemente Paisaxes Protexidos.

A PENA CORNEIRA, VIXÍA DO RIBEIRO

Este penedo, quizais o de máis sona de Ourense, ten forma de corno, e coroa a serra máis elevada do Ribeiro a que lle da nome

PAISAXES GRANÍTICAS:

A natureza como escultora

TAFFONI (CACHOLAS)

CACHOLAS E DECORACIÓN

XÉNESE DAS CACHOLAS (TAFONE)

A auga penetra polas fendas que soportan a meirande presión e transforma por meteorización química o granito en sdábrego. Cómpre un lugar por ondea auga baleire o interior do penedo do sábrego formado

DOMOS GRANÍTICOS

Son grandes masas de granito de forma de cúpula. Son lugares axeitados para a práctica da escalada

TOR: así se denominan estas formacións de aspecto ruiniforme

PÍAS OU GNAMMAS

En Galicia chámanse pías a eses ocos que as augas da chuvia fan no granito

O GRANITO FORMA PARTE DA PAISAXE DO NOSO BARRIO

AS CRESTAS GRANÍTIAS DE QUINTELA

Se paseas polas ribeiras do Miño ao seu paso por Ourense podes ver as características cristas coroadas por penedos como a chamada do “Formigueiro” en Quintela

En Castadón, desde a beira da estrada podes ve o Tor granítico na beira do Loña

CASTADÓN

Os penedos graníticos ollan a nosa cidade desde o alto do Montealegre

MONTEALEGRE

RELEVOS GRANÍTICOS

En lugares de climas tropicais os domos graníticos adoitan formar uns relevos característicos chamados Pan de Azucre

LITOLOXÍA METAMÓRIFICA E RELEVO

RELEVOS METAMÓRIFICOS: XISTOS E LOUSAS

As superficies de esquistosidade típicas das rochas metamórficas como xistos e cuarcitas condicionan o relevo nos terreos con esta litoloxía.

A estrada a Castro Caldelas ( tamén a Trives ) corta unha banda de xistos na subida ao Rodicio

PAISAXES METAMÓRIFICAS

Os planos de esquistosidade son elementos fundamentais nas pasaxes de rochas metamórficas como os xistos ou as lousas

Paisaxes metamórficas e esquistosidade

A ALTERNANCIA DE XISTOS E CUARCITAS

Son frecuencia vese en Galicia alternancia de xistos (ou lousas) e cuarcitas tal como sucede nestas rochas da praia das Catedrais, na costa de Lugo.

PREGOS EN CUARCITAS

Perante as grandes presións, as cuarcitas compórtanse plásticamente e préganse, como no famoso prego tumbado do Courel

As cuarcitas sobresaen entre os xistos por erosión diferencial.

GRANITO DE 2 MICAS

GRANODIORITA

XISTOS E GNEIS

XISTOS, LOUSAS E CUARCITAS

GRANITOS

ROCHAS MET.XISTOS E CUARCITAS

ROCHAS DE GALICIA

A Galicia oriental (Lugo e parte de Ourense é de rocha metamórfica, mentres que a Galicia occidental (A Coruña, Pontevedra e parte de Ourense) é granítica

PAISAXEMETAMÓRIFICA:

Serra do Invernadeiro

PAISAXE GRANÍTICA:

Macizo do Pindo

MACIZO DO PINDO (granito)

SERRA DO COUREL ( Xistos e cuarcitas)

RELEVO E LITOLOXÍA Á VISTA DO GOOGLE EARTH

ROCHAS VOLCÁNICAS E RELEVO

RELEVOS VOLCÁNICOS

Cono volcánico ColadaCaldeira volcánica

APRATO VOLCÁNICOS

Son os relevos máis característicos das paisaxes volcánicasEstán formados por coladas de lava consolidada ou por produtos sólidos botados polos volcáns (piroclastos: cinzas, lapilli, bombas, etc.)Cando alternan coladas con piroclastos forman os estratovolcáns

CALDEIRAS VOLCÁNICAS

Grandes depresións volcánicas producidas polo afundimento de parte do cono volcánico como consecuencias de violentísimos explosións

Caldeira de Taburiente

Caldeira de Taburiente

Unha caldeira en Google

DOMOS VOLCÁNICOS

Os domos volcánicos son masas de lava consolidadas no interior das chemineas volcánicas e que a erosión deixa ao exterior

OS ROQUES

Estruturas moi semellantes son os roques, fragmentos de lava consolidadas no interior das chemineas volcánicas e que a erosión deixa ao exterior.

COLADAS DE LAVA

É como chamamos á lava que flúe ladeira abaixo do volcán ata consolidar en formas espectaculares

MALPAÍS VOLCÁNICO

É como chamamos a esas chairas formadas por unha mestura de piroclastos (produtos sólidos botados polos vocáns: cinzas, lapilli, puzzolanas, bombas)

LITOLOXÍA CALCARIA: O RELEVO KÁRSTICO

O RELEVO EN ZONAS CALCARIAS: MODELADO CÁRSTICO

Nas zonas calcarias ( de CO3Ca), os procesos xeolóxicos caracterízanse por unha acción erosiva e sedimentaria que acontece asemade na superficie e no subsolo dando lugar a paisaxes características denominadas paisaxes Cársticas (ad rexión croata e eslovena chamada Carst). En Galicia non abundan por ser escasa as rochas calcarias

CO3Ca + CO2 + H2O 2CO3H- + Ca++

DISOLUCIÓN (EROSIÓN: formas destrutivas))

SEDIMENTACION (PRECIPITACION: formas construtivas

FOMRAS EXOCÁRSTICAS

FOMRAS ENDOCÁRSTICAS

Dolinas

Uvalas

Sima

Caverna con estalactitas e estalgmitas

PoljéLenar

Dolinas

Canón calcario

Galerías

FORMAS EXOCÁRSTICAS Y ENDOCÁRSTICAS

FORMAS EXOCÁRSTICAS

Dolina (disolución)

Dolina: afundimento

Poljé

FORMAS EXOCÁRSTICAS

Canón

Lenar ou lapiaz

Lenar ou lapiaz

Producidas polo proceso de disolución do Co3Ca insoluble ao transformarse en bicarbonato soluble .

FORMAS ENDOCÁRSTICAS

Caverna

Sima

Galería

FORMAS ENDOCÁRSTICAS

Estalagmitas

Coadas

Estalagmitas e columnas

Coadas e bandeiras

FORMAS ENDOCÁRSTICAS CONSTRUTIVAS

Estalactitas e estalagmitas

PAISAXES CÁRSTICAS EN GALICIA

En Galicia a penas existen terreos con litoloxía Kárstica, tan só unha banda que percorre Galicia de Norte a Sur dende Mondoñedo ata a zona de Valdeorrras

En Mondoñedo da orixe ás Covas do Rei Cintolo, unha das manifestacións Kársticas máis interesantes de Galicia