Post on 24-Mar-2016
description
1
2
Carlos tíñalle medo o monte,
e non sabía ben o por que,
sería cousa da televisión
que dicía todo o revés.
Lobos que comían nenos,
pozas que tragaban a un,
bichos que molestan e pican,
silvas que saben kung fu.
De noite daban medo
esas sombras entre as xestas.
As orellas dos raposos
semellaban as dunhas bestas.
3
4
-¡Co fermosa que é a natureza!
Dicíalle sempre súa nai.
-¡Canta vida levan os ríos,
cánta historia en cada árbore,
cánta cor en cada flor,
cánta ledicia en cada amencer!
O certo é que o Carlos
ben que lle prestaban as sestas na herba
e sorría sen decatarse
cada vez que pasaba unha bolboreta.
Igual non era para tanto
e tiña as súas cousas boas.
¡Co ben que saben os ovos da Xulia
e as cereixas da tía Rosmona!
5
6
Saltar nas follas no outono,
escoitar os paxaros na primavera,
acariñar o centeo, observar as espiñas,
apañar castañas, ¡senta de marabilla!
Ollar para a pequena fervenza
o pasear o carón do río;
árbores que medran no medio da auga
¡sen xeito e ningún tino!
7
8
Pero haiche unha cousa
que o Carlos non lle gusta nadiña
chámase lume
e estraga toda a vida.
¡Ese si que da medo!
Cos seus fociños vermellos,
o corpo médralle moi rápido
e ten o rabo negro.
¡Pobre xentiña que o ve de preto!
¡Ten que estar tremendo!
¡Co perigoso que parece
el mexaríase cos nervios!
9
10
Hai que ser moi valente,
coma a súa nai,
que traballa apagando lumes
case todo o verán.
As veces ten pesadelos,
nos que ela non volta a casa.
O monstro lume cómea
ou faille feridas cas brasas.
Case sempre chega cansa,
e cun sorriso nos beizos,
o outro día que orgulloso estaba
¡seica salvou tres coellos!
11
12
Un día foi ca súa nai
meterse no monte de maña cedo.
E como foi bo iso quere dicir:
¡un agasallo o momento!
Imaxinaba un balón novo,
un conto ou roupa.
E se se ía polas ramas
¡unha bicicleta nova!
A última vez foi un camión de bombeiros.
Pero non fora por ires o monte,
estivo enfermo no hospital
e pasou alí varias noites.
13
(O Carlos)
14
-¡Olla como está o prado!,
e as ovellas a rillar nel.
Que herba máis verdiña
e a de bichiños que contén.
¡Quen dera ter o xardín así de bonito!
Pero como el non ten xardín,
nin tampouco ten balcón,
ten as flores no salón.
Construíron unha caseta nun carballo,
e un bambán cun pneumático,
fixeron unha cadea con follas
e unha hamaca cunhas cordas.
15
16
Atoparon unha cova
nunha ladeira do monte,
el agardaba que saíse Drácula,
e varios morcegos pasáronlle
onda o cocote.
Os nenos das cidades
non sabían o que se perdían,
porque por moitos parques que teñan,
¡non vían o que os animais facían!
E seica fai moitos anos,
(antes de que a súa avoa medre),
que a serra de San Mamede
tiña sempre neve.
17
18
Sorte que era primavera,
e no monte podían tolear,
non; vou dicir xogar,
non sexa que nos vaiamos mancar.
¡Que aburrido foi o inverno!
Veña na casa todo o día.
Unha cadeira preto da cheminea
e a ollar pola xanela como chovía.
-¡Hora do paseo!
Oíu que dicía súa nai,
e así converteuse nun costume,
como limpar os dentes antes de se deitar.
19
20
-“Isto mola moito,
que enganado vivía,
xa sei que quero ser de maior,
¡explorador na Galiza!”
A nai mirábao de ríollo,
e botaba a rir polo baixo,
el anoxábase todo e berraba:
-“¡pois non chas dou se atopo
pepiñas de ouro!”
-“Se tivese as ás das aguias
percorrería os montes eu só,
e non perdería o tempo
escoitando as explicacións dun maior”.
E púxose de morros e saíu á rúa,
que no pobo non tiña moito perigo,
e deu unha volta cavilando nas súas cousas,
“isto non o podería facer en Vigo”.
21
22
Pasou pola horta da Xosefa,
a carón da casa da Lucía,
detívose a beber na fonte da Arela,
e foi bater o campo da Cristina.
¡Que ben se estaba alí!
¡Que lugar máis fermoso!
Cos seus aforros mercaría o terreo,
¡tiña que falar co seu dono!
Os grupos de paxaros
¡que danzas fan no ceo!
E teñen un canto tan xeitoso
que nin o profesor de música co violoncello.
Comezou a sentir dentro del
algo que se remexía,
coma unha calor suave que che da na cara
¡e soubo o que era a ledicia!
23
24
Correu por alí dando chimpos
e tamén berrando,
logo deitouse no solo,
e quedou durmido do cansazo.
Soñou cun lobo
que lle comía unha ovella
o saltar por riba dun muro
mentres el botaba a sesta.
Soñou tamén cunha vaca
que lle paría no monte,
e colléronlle o becerro,
e leváronllo ata a corte.
25
26
Espertou o sentires
unhas cóxegas nas mans,
tiña nelas unhas formigas
vermellas coma o coche da súa nai.
¡Que susto mi madriña!
Case eran máis grandes ca el.
Púxose a patexar para espantalas
mentres non deixaba de se remexer.
Volveu cara a casa,
e no camiño chamouno a Maiola,
dende a porta dicíalle:
“ven que che dou cenorias”.
Aquela muller falaba moito,
e o Carlos facíaselle tarde,
pero tiña que ser educado,
tamén lle deu algo de balde.
27
28
Seguiu seu percorrido
e xa preto do fogar,
plantóuselle diante o Pepe,
que o convidaba a cear.
¡Como son as persoas grandes!
Sempre pensando en comer,
non se enchen nunca,
que estómago teñen que ter.
E alí o aturou o pobre,
deixando pasar o tempo,
“fixo que se abro a boca,
digo algo que non debo”.
E de súpeto aquel home,
captou a súa atención,
pois púxose a falar do monte,
de lendas e de antigas cancións.
29
30
Meigas, trasnos e lobishomes,
bruxos e pantasmas.
E no medio destes seres
non podía faltar a Santa Compaña.
A muller do Penedo da Moura,
os poderes do Arangaño,
o galo do fondo da Lagoa,
os soldados que perderon a memoria.
El escoitaba abraiado,
pero non tiña medo,
se no pobo vivían ca maxia,
¡el tamén podería facelo!
Deulle as grazas o señor Pepe,
e foise tan contento,
que calquera que o vira
¡diría que chegou o ceo!
31
32
-“¡Son horas!”
Saudouno súa nai,
pero cando se fixou no seu sorriso,
abriu os ollos de par en par.
Decatouse deseguida
do que seu fillo sabía.
-“Agora quen lle quita
esas parvadas de fantasía”
Carlos sentou á mesa,
a pesares de que xa comera,
“a mamá e tanto monte,
algo tiña que agochar,
tal vez sexa unha meiga,
¡xa sabía eu que era especial!”
FIN
Nota: os debuxos fíxenos vai moito tempo. Moitísimo.
33