Palabra de Vida

Post on 07-Nov-2014

586 views 7 download

Tags:

description

 

Transcript of Palabra de Vida

Marzo 2009

Palabra de VidaPalabra de Vida

«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar»

(Xn 16, 23) .

O espectáculo máis absurdo que podes observar neste mundo é, por unha banda a presenza de homes desorientados, sempre en busca de algo, que, nas inevitables probas da vida, senten con

angustia a necesidade de axuda e o sentimento de orfandade, e, doutra banda a realidade de Deus, Pai de todos, que mostra o

seu maior anhelo en usar a súa omnipotencia para satisfacer os desexos e as necesidades dos seus fillos.

É como un baleiro que reclama ser enchido. É como un cheo que pide un baleiro. Pero

non se atopan.

A liberdade da que o home está dotado pode causar tamén este dano.

Pero Deus non cesa de ser Amor para os que o recoñecen. Escoita o que di Xesús:

«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».

Aquí tes unha desas palabras ricas en promesas que, de cando en vez, Xesús repite no Evanxeo. A través delas ensínache, con matices e explicacións distintas, como

obter o que necesitas.

Só Deus pode falar así. As súas posibilidades son ilimitadas. Ten no seu poder todas as grazas: as desta terra, as

espirituais, as posibles e as imposibles.

Pero, escoita ben. El suxíreche “como” tes que presentarte ao Pai para pedirllas. Di:

“no meu nome”. Se tes un pouco de fe estas tres breves palabras terían que darche

ás.

Mira, Xesús, que viviu entre nós, coñece as infinitas

necesidades que tes ti e que temos todos, e sente pena por

nós. E por iso, na oración púxose El de intercesor e é

coma se che dixese:

“Vai ao pai da miña parte e pídelle isto e

isto e despois aquilo”. El sabe que o Pai non pode dicirlle que non. É o seu

fillo e é Deus.

Ti non vas ao Pai no teu nome, senón en nome de Cristo. O embaixador, como se adoita dicir, é só un mensaxeiro.

Cando vas ao Pai, en nome de Cristo, actúas como un simple mensaxeiro.

Os asuntos resólvense entre os dous interesados.

Así é como rezan moitos cristiáns que poderían dar testemuño das innumerables grazas que recibiron. Son

unha demostración de que a paternidade de Deus, atenta e amorosa, coida deles cada día.

«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».

Pero pode ser que agora ti me digas: “Pedín e pedín no nome de Cristo, e non acadei”.

Pode ser. Dicíache máis arriba que Xesús,

noutras pasaxes do Evanxeo nas que invita

a pedir, dá máis explicacións que quizais

se che escaparon.

Di, por exemplo, que obtén quen “permanece” nel, que quere dicir na súa vontade.

Pode ser que ti pidas algo que non forma parte do designio que Deus ten para ti, e xa que logo El non o vexa útil para

a túa existencia na terra ou na outra vida, ou mesmo o considere prexudicial.

Como te vai escoitar El, que é o teu pai, nestes casos? Enganaríate. E isto non o fará nunca.

Entón será útil que, antes de orar, acordes con El e lle digas: “Pai, eu

pídoche isto en nome de Xesús, se cres que é bo”.

E se a graza que pides forma parte do plan que Deus -co seu amor- pensou para ti,

cumprirase a palabra:

«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».

Tamén pode ser que ti pidas grazas, pero que non teñas a máis mínima intención de axeitar a túa vida ao que Deus che pide. Pareceríache xusto que Deus te escoitase tamén neste caso?

El non quere darche só un don, senón a felicidade plena. E esta acádase tratando de vivir os mandamentos de Deus, as súas palabras. Non abonda con pensar nelas, nin sequera con meditalas, hai que vivilas. Se fas así, obteralo todo.

En conclusión: queres acadar grazas? Pide calquera cousa no nome de Cristo, atendendo primeiro

de nada á súa vontade, coa decisión de obedecer a lei de Deus.

A Deus faino feliz conceder grazas;

pero somos nós os que,

desgraciadamente, pechámoslle as mans a maioría

das veces.

«O que lle pidades ao Pai no meu nome, El hávolo dar».