Post on 29-Jul-2020
Participa nos actos e manifestacións que convoquen na túa localidade
n Recoñece mutuamente regulacións en áreas como a manufactura,químicos e farmacéuticas, alimentación e estándares medioambientais.
n Abre o mercado a todo o sector dos servizos, incluíndo os servizos públicos,e franquéalles así a competencia ás empresas estadounidenses en mate-rias como saúde, educación, servizos sociais, telecomunicacións, enerxía,transporte, servizos postais, augas, etc. En resumo, unha liberalización totalde todos os servizos a que tes dereito.
n Todo o que non se mencione no acordo entenderase aberto á liberalización.
n Quere igualar á baixa os diferentes tipos de regulacións.
n Elimina as últimas barreiras arancelarias en bens e servizos entre a UniónEuropea e os Estados Unidos.
n É unha ameaza para os teus dereitos laborais. Os Estados Unidos seguensen ratificar oito convenios fundamentais da Organización Internacional doTraballo (OIT) en materia de liberdade sindical e protección ao dereito de sindi-calización, dereito á negociación colectiva, igualdade salarial, non discri-minación ou traballo forzoso.
n O TTIP ameaza a igualdade de mulleres e homes. Cómpre lembrar queos Estados Unidos nin ratificaron a Convención sobre a eliminación de to-das as formas de discriminación da muller (CEDAW, nas súas siglas eninglés), nin oito convenios da OIT sobre dereitos e prácticas sindicais tanrelevantes como a igualdade salarial entre homes e mulleres ou a protec-ción laboral da maternidade.
n Pretende introducir unha cláusula de protección ao investimento queinclúe mecanismos para que as grandes corporacións poidan desafiar aslexislacións estatais, limitando así a soberanía dos pobos cando as multi-nacionais o perciben como unha ameaza.
n Permitirá que as multinacionais teñan influencia directa sobre a futuralexislación europea no que chaman Consello de Cooperación Regulatoria,por riba das decisións do Parlamento Europeo.
n Pode supoñer a entrada de empresas estadounidenses na sanidade.A saúde da cidadanía medirase en termos económicos.
n Se as últimas subas de taxas universitarias deixaron fóra posibles alumnase alumnos, imaxinas como será a educación superior e o encarecemento doscustos? Seguramente un luxo ao alcance duns poucos.
n Permitirá aos Estados Unidos a exportación de alimentos transxénicoscuxos efectos para a saúde poden ser perniciosos.
n Os dereitos medioambientais e a conservación do medio natural que-darán ao arbitrio das grandes corporacións transnacionais.
n A auga, que é un dereito humano, concíbese como un negocio e serámáis cara.