Pn fragas do eume

Post on 29-Jul-2015

380 views 7 download

Transcript of Pn fragas do eume

Parque NaturalParque NaturalFragas do EumeFragas do Eume

DATA: 30-7-1997PROTECCIÓN; Parque Natura, LIC-ZEPVN. Sempre figurou no catálogo de lugares de interese natural de Galicia, no primeiro inventario feito polo ICONA e nas Normas de Planeamento Provincial. Está proposto para Reserva da Biosfera.CONCELLOS: Cabana, A Capela, As Pontes de García Rodríguez, Monfero, Pontedeume.VALORES NATURAIS: canóns, fragas, ríos, monte baixo, fentos, brións, anfibios, insectos...

Situado nos vales do Eume e algúns dos seus afluentes, lindando coa Serra do Queixeiro e parte da vertente coruñesa da Serra da Loba.

O Eume e os seus afluentes forman vales profundos nos que se conservan áreas de bosque atlántico de gran pureza, cunha gran diversidade de especies de animais, vexetais e fungos, algunhas moi raras ou únicas.

Á riqueza e diversidade biolóxica hai que engadirlle a beleza da paisaxe con boas vistas panorámicas sobre a fraga e o río, vales encaixados e fervenzas, e monumentos etnográficos (muíños, pontes) e artísticos (mosteiro de Caaveiro).

A orografía do terreo polo que discorre o curso do río Eume convérteo nun lugar idóneo para o aproveitamento da enerxía hidráulica. Os encoros modifican o caudal do río afectando ás especies que viven nel.

O Eume auga abaixo da presa.

Canón do Eume, nunha das zonas declaradas reserva integral.A vexetación de folla caediza da fraga do Eume múdase en todas as cores no outono.

Fraga do Eume no Verán.

Interior da Fraga

Fervenza de TeixidoFervenza no Canón do Eume

Fervenzas no Sesín, en Caaveiro.

Río Sesín. Os monxes de Caaveiro construíron para o servicio do mosteiro unha ponte e un muíño no río Sesín afluente do Eume.

Mosteiro de Caaveiro, fundado no século X, cunha igrexa románica do século XII.

As fragas do Eume son uns dos bosques atlánticos mellor conservados de Galicia e un dos máis importantes de Europa pola riqueza e variedade de especies. Hai catalogadas 25 especies de árbores, entre elas os teixos –que teñen aquí o límite occidental da súa distribución en Galicia- e as sobreiras –que teñen no parque o límite norte de distribución da especie-; 21 de fentos –algúns únicos-, 250 de liques –máis de 20 moi raros na flora española-, 100 de fungos e 220 de brións e hepáticas.

FLORA

Fentos nun rego afluente do Eume.As especiais condicións microclimáticas das Fragas do Eume favorecen a supervivencia de varias especies relictas do Terciario, fentos catalogados como vulnerables pola UICN e moi raros na Península: Culcita macrocarpa (especie de interese mundial en perigo de extinción), Hymenophyllum tunbrigense, Vandenboschia speciosa, Woodwardia radicans...

Culcita Macrocarpa, unha especie de fento de interese mundial en perigo de extinción que precisa dunha elevada humidade no solo e na atmosfera e umbría permanente. É un endemismo íbero-macaronésico que na Península so se atopa nas Fragas do Eume, na serra de Alxeciras e nalgunhas localidades asturianas.

Woodwardia radicans, outro fento pouco común presente nas Fragas do Eume. Os seus frondes poden acadar os 2,5 m de lonxitude.

Cubrindo o solo e as rochas e sobre os toros das árbores podemos atopar máis da metade das especies de musgos ou brións presentes en Galicia.

Brións e hepáticas.

Hipérico

Fento (Hymenofilium...)

A fauna das fragas do Eume combina as especies típicas do bosque atlántico caducifolio, do mato e especies acuáticas, entre as que destaca a presenza de varias especies únicas de invertebrados.

Libeliña (Calopterix splendens)

FAUNA

Hai catalogadas 103 especies de aves entre as que destacan o gabián, o falcón peregrino, o miñato común, o voutre, a avelaiona, a curuxa común, o moucho, o bufo real, o lagarteiro peneireiro, o pombo torcaz, as lavandeiras (branca e real), o merlo rieiro, o picapeixes, e numerosos paxaros de bosque.

Ferreiro abelleiro (Parus major)

Nas Fragas do Eume hai unha moi rica presenza de anfibios (e entre eles destaca a poboación máis importante de Galicia de saramaganta –Chioglossa lusitanica- endemismo do noroeste da Península Ibérica.).

Entre os invertebrados atópanse varias especies únicas, ou moi raras, como a lesma manchada (Geomalacus maculosus) a caracola plana Elona quimperiana, o escarabello Pyrochroa coccinea, o lepidóptero Endromis versicolora (moi raro na Península Ibérica) e a albariña galega, un carábido visto por primeira vez nestas fragas.

Albariña galega (Ctenocarabus galaicus)

Lesma manchada (Geomalacus maculosus)

Caracola plana (Elona quimperiana)

bolboreta (Limenitis camilla)

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta,

DEBUXOS: Mon Daporta