poemas de primaveira 2011

Post on 30-Mar-2016

224 views 2 download

description

recopilación de poemas

Transcript of poemas de primaveira 2011

Biblioteca do Ceip A PAZ– Tintureira

Astronauta semanal

Quero ser astronauta, voar en nave espacial, saír do planeta Terra en viaxe semanal. O luns visitar a Lúa. O martes ir ata Marte. O mércores a Mercurio. O xoves coñecer Xúpiter. O venres estar en Venus. O sábado ir a Saturno. Domingo chegar ao Sol, e despois de merendar, a Urano, Neptuno e Plutón.

Carlos Fontes:

Poemas con piruleta Ed. Galaxia.

Doce meses para gozar

En xaneiro limpo os zapatos para os Reis Magos. En febreiro estou no Entroido vestido de Peliqueiro. En marzo é Semana Santa e sempre descanso. En abril regalo libros aos meus amigos. En maio busco unha flor con moito color. En xuño salto a fogueira por brincadeira. En xullo collo a toalla e nado na praia. En agosto estou na festa e bailo coa orquestra. En setembro volvo á escola a darlle á cachola. En outubro chega, por fín, o Samaín. En novembro vou ao magosto con moito gosto. En decembro armo o belén e como moi ben, tanto turrón como polvorón.

Carlos Fontes: Poemas con piruleta

Ed. Galaxia

El silbo del dale

Dale al aspa, molino, hasta nevar el trigo.

Dale a la piedra, agua, hasta ponerla mansa.

Dale al molino, aire, hasta lo inacabable.

Dale al aire, cabrero, hasta que silbe tierno.

Dale al cabrero, monte, hasta dejarle inmóvil.

Dale al monte, lucero,

hasta que se haga cielo.

Dale, Dios, a mi alma, hasta perfeccionarla.

Dale que dale, dale, molino, piedra y aire,

cabrero, monte, astro, dale que dale largo.

Dale que dale, Dios,

¡ay! hasta la perfección.

Miguel Hernández

A bolboreta

A bolboreta amarela despregaba as súas azas; aquela primaverita revoando pola praza. A bolboreta amarela posábase encol das flores; aquela primaverita, enfeitizada de amores. A bolboreta amarela danzaba con moito xeito; aquela primaverita tiña un segredo o peito. A bolboreta amarela cansa de tanto voar; a quela primaverita cun paxaro foi casar.

Antonio García Teijeiro: As catro estacións. Ed. Galaxia.

A andoriña

Esta andoriña

iña, iña pequerrechiña. Ten o seu niño

iño, iño moi xeitosiño. No campanil

il, il no mes de abril. Da miña vila

ila, ila tintirintila. Antonio García Teijeiro: Antonio García Teijeiro: Antonio García Teijeiro: Antonio García Teijeiro: As catro estacións As catro estacións As catro estacións As catro estacións.... Ed. Galaxia Ed. Galaxia Ed. Galaxia Ed. Galaxia

Pinto o mundo de cores Pinto de azúl os ollos, o mar e o ceo. Pinto de verde o repolo, a oliva e o loureiro. Pinto de vermello o sangue, o caravel e o saramplelo. Pinto de branco a noiva, a beve e o talco. Pinto de amarelo o sol, o xirasol e o marmelo, Pinto de negro a noite, o carbón e o cabelo. Carlos Fontes: Carlos Fontes: Carlos Fontes: Carlos Fontes: Poemas con piruletaPoemas con piruletaPoemas con piruletaPoemas con piruleta Ed. GalaxiaEd. GalaxiaEd. GalaxiaEd. Galaxia