Post on 24-May-2015
description
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
LETRAS GALEGAS 2014
O Día das Letras Galegas
é unha celebración
para a exaltación e
promoción da nosa literatura
e da nosa lingua.
No ano 1936 a Real Academia Galega propuxo
celebrar este día o 17 de
maio por ser o centenario da publicación de
“Cantares Gallegos”, de
Rosalía de Castro.
A primeira homenaxeada foi Rosalía de Castro.
Algúns ilustres escritores rianxeiros tamén tiveron este recoñecemento.
Castelao
Manuel Antonio
Rafael Dieste
Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle a Xosé María Díaz Castro
no centenario do seu nacemento..
Díaz Castro naceu en Os Vilares, unha parroquia de
Guitiriz, no ano 1914.
Aos 15 anos ingresou no
Seminario de Mondoñedo.
No ano 1940 empezou a traballar coma profesor en Vilagarcía de
Arousa.Oito anos despois marchou para
Madrid, onde traballou como tradutor ata a súa xubilación.
Díaz Castro falaba 14 linguas: galego, castelán, latín, grego,
hebreo, alemán, inglés, francés, portugués, neerlandés, italiano,
sueco, danés e ruso.
Xosé María Díaz Castro escribiu poemas desde moi novo.
Publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en diferentes revistas e
xornais.
No ano 1955 apareceu na Escolma de Poesía Contemporánea, vol. IV.
O seu único libro, Nimbos, publicouse
no ano 1961. Trátase dun libro breve, de 32
poemas.Esta obra tivo moita imfluencia en poetas
posteriores.
Os temas principais que Díaz Castro tratou na súa
obra eran: a reflexión autopoética, a relación
do ser humano con Deus, o paso do Tempo e da
Historia e a consideración de Galicia,
tanto simbolicamente, como unha terra
asoballada que necesita redimirse.
Xa retirado, volveu á súa vila natal.
Faleceu o 2 de outubro de 1990.
FIN