Presentación homínidos

Post on 04-Aug-2015

87 views 3 download

Transcript of Presentación homínidos

Humanos modernosChimpancésGorilaOrangután

7 m.a. Pan prior Non se atopou ningún fósil

12 m.a.

ÁFRICABERCE DA HUMANIDADE

PROCESO DE HOMINIZACIÓN. BIPEDESTACIÓN. POSICIÓN DO FORAME MAGNUM

Forame magnum. Orificio do cranio por onde pasa a medula espiñal.

Nun primate bípedo, os fémures forman un ángulo cara ao interior, acercándose desde a pelve. Nos simios que camiñan apoiándose nos nudillos, os fémures ábrense lixeiramente.

Coyne páx 260

PROCESO DE HOMINIZACIÓN. BIPEDESTACIÓN. DISPOSICIÓN DO FÉMUR

Posibles explicacións ao BIPEDISMO:TEORÍA DA SABANA. Cambio climático que provocou a desaparición da densa selva pluvial en Africana central e oriental e a aparición da SABANA.Vantaxes do bipedismo neste novo ambiente de sabana:- Maior visión do entorno, polo que se ve antes aos depredadores e ás presas.- Menor superficie exposta ao Sol. Mellor refrixeración.

O bipedismo permitiu a liberar as mans para cargar alimentos, que agora poderían ser levados á colonia e intercambiados. Isto fixo que xurdisen os vínculos sociais. Ademais a liberación das mans permitiu a fabricación de utensilios, o que levaría á selección dun tamaño cerebral maior que nos permitiu fabricar útiles máis complexos.

TEORÍA DO MONO ACUÁTICO. A evolución ao ser humano tivo lugar nas inmediacións dos lagos de África oriental. A postura erguida evolucionou para manter a cabeza por enriba da superficie.Características anatómicas que apoian esta teoría:- Reflexo de mergullarse. Os nosos pulmóns poden encherse de aire, algo que outros primates non poden facer ben.- Orificios nasais orientados cara abaixo, algo excepcional entre os primates, o que dificulta a entrada da auga nas vías respiratorias.- Pel desprovista de pelo e capa de graxa subcutánea, igual que os mamíferos mariños.

AMBAS TEORÍAS NON SON EXCLUÍNTES

PROCESO DE HOMINIZACIÓN. BIPEDESTACIÓN. CAMBIOS NO PÉ E NA MAN

PROCESO DE HOMINIZACIÓN. AUMENTO DO VOLUME CEREBRAL

Volume cerebral humano moderno: 1450 cm3.Volume cerebral Australopithecus: 450 cm3. Volume cerebral chimpancé: 450 cm3.

PROCESO DE HOMINIZACIÓN. ADIANTO DO PARTO

A adaptación ao bipedismo implicou un estreitamento da pelve e o incremento do tamaño cerebral veu a dificultar a dificultade do parto.

Solucións: Adiantar o parto e ter unhas crías máis dependentes.

Ósos craniais brandos no feto.

PROCESO DE HOMINIZACIÓN. Diminución do tamaño dos caninos

Diminución do tamaño dos caninos

Este cranio é o único resto fósil atopado de Sahelanthropus tchadensis Pode tratarse do antepasado humano máis antigo, con 7 m.a.

Orrorin tugenensis, Millenium man. 6 m.a.

Antecesor de Ardiphitecus ramidus.Ardiphitecus ramidus. 5 m.aPosible ancestro dos Australopithecus

Posibles antepasados: Orrorin e Ardi

Australopithecus gráciles

Australopithecus anamensis (4,2 m.a.)Australopithecus afarensis (4 m.a. – 3 m.a.) LUCYAustralopithecus africanus (3 – 2,3 m.a.)

Australopithecus gráciles

Australopithecus afarensis. LUCY

Esqueleto de Lucy, 3,2 m.a.

• Atopado en 1974 en Hadar (Etiopía).• O nome Lucy provén da canción dos Beatles “Lucy in the sky with diamonds”, que escoitaban os científicos a noite do achado. • Por que é tan famoso?o Atopouse case a metade dun esqueleto, algo excepcional. Nunca antes se atoparan tantos restos fósiles pertencentes a un único homínido. • Muller pequena: Estatura: pouco máis de 1 metro. Peso: 27 kg.• Camiñaba sobre dous pernas.• Cabeza simiesca. Volume cranial como o dun chimpancé.• Trazos humanos: Arcada dentaria semiparabólica , caninos máis reducidos, bipedestación = bipedismo …• Demostra que a postura bípede evolucionou moito antes que o cerebro grande (en contra do que se cría)• Alimentación baseada en froitos e follas, tal vez comese algo de carne.• Viviu hai 3,2 m.a.

Australopithecus afarensis. LUCY

LUCY HOMO SAPIENS

PEGADAS DE LAETOLI (TANZANIA). Australopithecus afarensis

Datan de hai 3,7 m.a. Confirman que estes homínidos eran bípedos.

Achadas en 1978 en Laetoli (Tanzania)

Australopithecus (ou Paranthropus) robustos

• Varias especies: P. boisei, P. robustus e P. aethiopicus.• Algúns científicos considéranos australopitecos (os últimos que existiron).• Apareceron como especie hai 2,6 m.a. Extinguíronse hai 1,1 m.a. sen deixar ningunha especie descendente.• Conviviron nas mesmas zonas que o Homo habilis durante uns 800 000 anos. A coexistencia foi posible porque os habilis se alimentaban sobre todo de carne e os parántropos de vexetais.• Crista saxital: permite ancorar os grandes músculos mastigadores.• Tiñan dentaduras fortes, con esmalte groso e colmillos pequenos.• Homíninos robustos.• Grandes cranios.• Enormes mandíbulas e pesados dentes mastigadores.• Cerebro relativamente pequeno.

XÉNERO Homo

¿Cando e por que se considera que un homínido pertence ao xénero Homo? As primeiras ferramentas de pedra marcan a orixe da cultura, a partir de entón o coñecemento podía transmitirse de xeración en xeración por vía non xenética. La herencia de Darwin, Chris Buskes (páx 117 e 134)

Ferramentas empregadas polo Homo habilis. Industria lítica olduvayense. Ferramentas do MODO I

Homo habilis (“home hábil”)

• 2,3 m.a – 1,8 m.a. • Homo habilis, literalmente “Home hábil”, xa que foi o primeiro homínido en fabricar ferramentas de pedra (En crear, non en usar). • Deixou a primeira cultura humana, entendida como a transmisión entre xeracións da tecnoloxía de fabricación de pedras afiadas. • Capacidade craneal duns 600 cc.• Carroñeiro ocasional, gran consumidor do tuétano do interior dos ósos. Completaba a súa dieta con produtos como raíces, tubérculos, froitas e follas.• Conviviu en África con outros homínidos. Os mais famosos son os homíninos robustos: Australopithecus (ou Paranthropus) boisei, P. robustus e P. aethiopicus. Estas 3 especies extinguíronse hai 1,1 m.a sen deixar ningunha especie descendente. Tamén conviviu con 3 especies máis de Homo: H. ergaster, H. rudolfensis e H. erectus.

Homo habilis

Imaxe extraída do documental “La odisea de la especie” . É moi recomendable a visualización deste documental.

Homo ergaster

• 1,9 a 1,3 m.a.• Quizais o primeiro “mono espido”.• Abandonou África hai ± 2 m.a. • Ao chegar a Extremo Oriente, Homo ergaster converteuse en Homo erectus

Homo erectus (“home ergueito”) (1,8 m.a. – 300 000 anos)

• Foi a primeira especie humana que abandonou África.• Evolucionou en África hai algo máis de 1,8 m.a.• Hai 1,8 m.a. dispersouse a través de Oriente Próximo por Asia e Europa.• Foi o homínido máis lonxevo, persistiu durante 1,5 m.a. • Nome inadecuado, xa que a postura bípeda conseguírase, polo menos, 4 m.a. antes.• Aprendeu a controlar o fogo. Importancia: Proporciona calor (colonización de áreas frías), permite ocupar o fondo das covas (protección), afasta aos depredadores, permite cociñar os alimentos (mellora a dixestión dos alimentos, elimina patóxenos e tarda máis en descompoñerse), manter o fogo implica socialización.• Foi o primeiro cazador organizado (primeiro homínido carnívoro). A súa socialización estimulou o nacemento de estratexias de caza grupais.• Capacidade cranial 800 cc (exemplares máis antigos) a 1 100 cc (máis recentes).• Industria lítica achalense (bifaces, pedras talladas por ambas caras)

Pithecantropus erectus (Literalmente, “home –mono”, nome pouco apropiado). Home de Java. Descuberto en 1889. Foi o primeiro fósil de homínido atopado no mundo, de aí xurdiu a idea de que a orixe do H. sapiens era Asiática.

Homo floresiensis. Descuberto en 2004. Variedade anana do Homo erectus. 1 metro de estatura. Chámaselles “hobbits”.Capacidade cranial similar á dos simios.O máis espectacular é a pouca antigüidade dos fósiles. O fósil máis xove, tan só ten 13 000 anos de antigüidade!!!!

Homo erectus (“home ergueito”) (1,8 m.a. – 300 000 anos)

Bifaz achalense. Capacidade de corte moi mellorada con respecto ás pedras talladas por habilis

Homo erectus (“home ergueito”) (1,8 m.a. – 300 000 anos)

Homo antecessor

Primeiro europeo (1,5 m.a - 900.000 anos).Practicou o canibalismo.

Unha mandíbula de 1,2 m.a. do Homo antecessor constitúe o fósil máis antigo de Europa. Atopada no xacemento da Sima do Elefante, na burgalesa Serra de Atapuerca .

O xacemento de Atapuerca foi declarado Patrimonio Cultural da Humanidade no ano 2 000. Probablemente non exista xacemento paleoantropolóxico do mesmo nivel en todo o mundo. Reúne fósiles, ferramentas e indicios de actividade humana de forma continuada dende hai case un millón de anos.

Arsuaga co cranio nº 5 “Miguelón”. Homo heilderbergensis datado en600 000 anos. Descuberto en 1992 na Sima dos Ósos. Cranio fósil máis completo do mundo.

O maior inconveniente desta hipótese é a ausencia de fósiles do Homo antecessor en África

Homo neanderthalensis

Homo neanderthalensis

• 230 000 anos – 26 000 anos• Viviron por toda Europa e Oriente Medio durante as glaciacións.• Constitución física forte, notable musculatura. Seguramente isto foi unha adaptación á Idade de Xeo e ao seu estilo de vida perigoso: dedicábanse á caza do oso das cavernas, o uro (touro salvaxe) e o mamut.• Estatura media 1,65 metros.• Excelentes fabricantes de utensilios. Industria lítica musteriense.• Bos cazadores.• Enterraban aos seus mortos con cerimonias (1ª indicación dunha relixión humana).• Encontrouse con sapiens en Europa hai 40 000 anos.• Os seus últimos redutos estiveron no Algarbe e en Xibraltar.

Arcos óseo encima dos ollos.Sen barbela.Cerebro grande (mais incluso que os humanos modernos)

Homo neanderthalensis

Ferramentas de pedra da cultura musteriense, máis refinada que a do Homo erectus pero pouco innovadora.

Homo neanderthalensis

POR QUE SE EXTINGUIRON?Os neandertais nunca chegaron a ser moi numerosos. Posibles causas da súa extinción (poden ser varias):• Gran dispersión xeográfica (decadencia xenética por endogamia).• Loita polos mesmos territorios que sapiens. • Contaxio de enfermidades por parte de sapiens. • Baixo índice de natalidade• Reproducíronse con nós, polo que en realidade non se extinguiron. Confirmado por Svante Paabo.

Homo sapiens

Apareceu hai 200 000 anos en África. Saíu de África hai 150 000 ou 100 000 anos.O Homo sapiens europeo é coñecido como o home de Cro-Magnon.Chegou a América a través do estreito de Bering (estaba seco) hai uns 20 000 anos.

A cova de Altamira estivo habitada por grupos de cazadores – recolectores entre hai 36.000 e 13.000 anos, durante o período histórico denominado Paleolítico Superior.Declarada Patrimonio da humanidade.

Colonización dos continentes polo Homo sapiens

Chegou a América a través do estreito de Bering (estaba seco) hai uns 20 000 anos

Estreito de Bering

Encontros entre Homo neanderthalensis e Homo sapiens

Outros científicos responden a esta pregunta dicindo que somos monos.