PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)

Post on 13-Jun-2015

1.341 views 11 download

description

Unidades e funcións

Transcript of PresentacióN Sintaxe (Unidades E FuncióNs)

SINTAXE

de se relacionar entre si

de se combinar con outras

e

para formar

FRASES CLÁUSULAS ORACIÓNS

Estuda o xeito que teñen as palabras

ALGUNHAS ABREVIATURAS UTILIZADAS

Frase nominal (fr. nom.)

Frase substantiva (fr. subs.)

Frase preposicional (fr. prep.)

Frase adxectiva (fr. adx.)

Frase adverbial (fr. adv.)

Cláusula simple (cláus. simple)

Cláusula complexa (cláus. complexa)

Cláusula subordinada (cláus. sub.)

Substantiva (subs.)

Adxectiva (adx.)

Adverbial (adv.)

Oración simple (or. simple)

Oración complexa (or. complexa)

Artigo (art.)

Posesivo (pos.)

Demostrativo (dem.)

Numeral (num.)

Indefinido (ind.)

Interrogativo (int.)

Exclamativo (ex.)

Substantivo (subs.)

Verbo (v.)

Perífrase verbal (p.v.)

Adverbio (adv.)

Adxectivo (adx.)

Preposición (prep.)

Conxunción (conx.)

Pronome (pr.)

ALGUNHAS ABREVIATURAS UTILIZADAS

DETERMINANTE (DET.)

NOMINAL (NOM.)

NÚCLEO (N.)

MODIFICADOR (MOD.)

RELATOR (REL.)

TERMO (TERMO)

NEXO (NEXO)

SUXEITO (SUX.)

PREDICADO (PRED.)

C.DIRECTO (C.D.)

C.INDIRECTO (C.I.)

SUPLEMENTO (SUP.)

C.CIRCUNSTANCIAL (C.C.)

C.AXENTE (C.AX.)

ATRIBUTO (ATR.)

C.PREDICATIVO (C.PVO)

UNIDADES E FUNCIÓNS

UNIDADES PARTES que forman o enunciado e desempeñan unha función. Gráfanse en MINÚSCULA. Poden ser: PALABRAS, FRASES, CLÁUSULAS E ORACIÓNS.

FUNCIÓNS RELACIÓNS que se establecen entre as unidades que forman o

enunciado. Tipos de funcións: SUXEITO, PREDICADO, C.DIRECTO,

MODIFICADOR... Gráfanse en MAIÚSCULA.

UNIDADES

PALABRAS

FRASES CLÁUSULAS ORACIÓNS

INDICA QUE TIPO DE UNIDADES REALIZAN A FUNCIÓN DE SUXEITO NOS SEGUINTES

ENUNCIADOS

TI NON FUCHES CAPAZ DE APROBAR AS MATEMÁTICAS.

POLA TÚA CASA PASOU UN RAPAZ DE FONCUBERTA.

QUEN NON FAGA AS TAREFAS NON APROBARÁ.

FRASE

Unidade lingüística CON SENTIDO E SEN VERBO que desempeña unha función dentro da cláusula.

Poden ser de dous tipos: SIMPLES: non teñen outra frase no seu interior

(un terremoto). COMPLEXAS: unha ou máis frases no seu interior

(un terremoto con vítimas).

FRASES FRASE NOMINAL:

Ten como núcleo un SUBSTANTIVO. Ex. Un xornal. Están formadas por DETERMINANTE + NOMINAL.

FRASE SUBSTANTIVA: O núcleo da frase é un SUBSTANTIVO. Ex. xornal vello (NÚCLEO + MODIFICADOR)

FRASE ADXECTIVA: O núcleo da frase é un ADXECTIVO. Ex. moi sinxelo (MODIFICADOR + NÚCLEO)

FRASE ADVERBIAL: O núcleo da frase é un ADVERBIO. Ex. moi lonxe ( MODIFICADOR + NÚCLEO)

FRASE PREPOSICIONAL: Ex. Un barco de papel Están formadas por RELATOR + TERMO.

ANALIZA AS SEGUINTES FRASES

UN PANTALÓN DE LIÑO

ATA MOI TARDE

CON FERTILIZANTES NATURAIS

BEN LONXE DA CASA

AS AUGAS ENZOUFADAS POLA MAREA NEGRA

NO PEQUENO CUARTO DE BAÑO DA SÚA ESTANCIA

COS PRIMEIROS RAIOS DUN SOL INVISIBLE

CLÁUSULA

Unidade sintáctica que necesita un VERBO para funcionar.

As cláusulas poden ser: SIMPLES:

Ten un único predicado. Merqueille un gatiño gris.

COMPLEXAS: Ten outra cláusula no seu interior. Merqueille un gatiño gris que era moi bonito.

ANALIZA SINTACTICAMENTE AS SEGUINTES CLÁUSULAS

XULIA REGALOU UN GATO A HENRIQUE

SUSPENDEU O EXAME DE MATEMÁTICAS

GÚSTANME OS LIBROS DE AVENTURAS

O CAN É O MELLOR AMIGO DO HOME

ORACIÓN

Diferéncianse das cláusulas complexas no tipo de relación que se establece entre os seus constituíntes.

As oracións poden ser: BIPOLARES. COORDINADAS.

FUNCIÓNS

SUXEITO

PREDICADO C.DIRECTO ATRIBUTO MODIFICADOR ...

SUXEITO

Realiza a acción do predicado, co cal concorda en nº e persoa. Recoñécese cambiando de nº e persoa o verbo.

A NENA ESTABA NO PARQUE

AS NENAS ESTABAN NO PARQUE

Ao cambiar de nº o predicado aquilo que cambia obrigatoriamente é o SUXEITO.

cambio

de nº

Nunca pode ir precedido de preposición.

Outros complementos da cláusula non varían.

SUXEITO

CLÁUSULAS SEN SUXEITO EXPRESO:

CLÁUSULAS CON SUXEITO ELIDIDO: o suxeito existe pero

non aparece expreso na cláusula.

(Ela) Estuda xornalismo

CLÁUSULAS SEN SUXEITO: o suxeito non existe. Cláusulas unipersoais con verbos en P3 (haber, ir, facer,

verbos meteorolóxicos). Na mesa había dous libros / Agora chove moito.

cláusulas impersoais con verbos en p3 e pronome se. Fálase moito de política

SUXEITO

UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE SUXEITO

SUBSTANTIVO Carla estuda moito.

PRONOME Ela estuda moito.

FRASE NOMINAL A rapaza estuda moito.

CLÁUSULA A rapaza que me chamou estuda moito.

PRONOMES PERSOAIS TÓNICOSSUXEITO

1ª EU

2ª TI

3ª EL/ELA

1ª NÓS

2ª VÓS

3ª ELES/ELAS

SINGULAR

PLURAL

COPIA E SUBLIÑA (se o hai) O SUXEITO NAS SEGUINTES CLÁUSULAS

Non me importa o teu comportamento. A guitarra toqueina ata os vinte anos. A ela non lle gusta o cine. Non me interesa esa materia. Mércanse uvas. O curso pasado houbo moitos aprobados. No inverno nevou demasiado. Fumar tabaco prexudica gravemente a saúde. Gustaríalle moito que a foses visitar. Ao chegar o verán ascenden as temperaturas. O que marche primeiro debe pechar a porta. Sempre che gustou gastar bromas aos demais.

PREDICADO

É unha función IMPRESCINDIBLE para que exista a cláusula.

Pode ser desempeñada por: Unha forma verbal simple. Unha perífrase verbal. Un infinitivo.

PREDICADO PERÍFRASES VERBAIS

Teñen unha significación conxunta. Os verbos perden parte do seu significado para formar en conxunto

un significado novo. Están constituídas por un:

Verbo auxiliar (en forma conxugada). Verbo auxiliado ( en infinitivo, xerundio ou participio). Unidos ou non por un ELEMENTO DE RELACIÓN (prep. ou

conx.). TES QUE FACER OS DEBERES. NON DOU FEITO O TRABALLO.

Cláusula simple

PRED. C.DIR

fr.nom.

DET. NOM.

perífrase verbal art. subst.

Tes que facer os deberes

PREDICADO

Dependendo da NATUREZA DO PREDICADO, as cláusulas poden ser de dous tipos:

PREDICATIVAS: Teñen significado léxico por si mesmas. Non levan ATRIBUTO. Poden ser:

TRANSITIVAS (o predicado acepta C.DIR.). INTRANSITIVAS (o predicado non acepta C.DIR.).

ATRIBUTIVAS: O predicado é un verbo copulativo (SER, ESTAR,

PARECER...).

ANALIZA SINTACTICAMENTE AS CLÁUSULAS

TEMOS QUE MERCAR UN PISO O ANO PRÓXIMO.

PODERÍA APROBAR TODAS AS MATERIAS.

BUSCA DOUS EXEMPLOS DE PERÍFRASE VERBAL E DOUS DE COMPLEXO VERBAL.

DISTINGUE AS PERÍFRASES VERBAIS DOS COMPLEXOS VERBAIS NAS SEGUINTES

CLÁUSULAS

QUERO COMER PATACAS COCIDAS CON PEIXE.

CHEGUEI A COMER DEZ IOGURES NO DÍA. ACABOU POR MARCHAR CANDO VIU QUE

NON LLE FALABAN. PARECE QUE QUERE CHOVER. TEÑO QUE IR MAÑÁ CEDO?. O RAPAZ FALA MIRANDO O LIBRO.

XUSTIFICA OS CASOS DE PERÍFRASE VERBAISÁmbolos dous verbos presentan unha significación conxunta.En cheguei a comer o verbo chegar non ten significado de aproximarse; en acabou por marchar o verbo acabar non ten significado de concluír; en quere chover o verbo querer non ten significado de desexar. En teño que ir o verbo ter non implica posesión.

C. DIRECTO

Recoñécese:

Mediante a substitución polos pronomes persoais átonos de 3ª persoa

o, a, os, as ( e os seus alomorfos lo, la, los, las/no, na, nos, nas). O paxaro fixo o niño - O paxaro fíxoo.

Transformando a cláusula activa en pasiva

Eu escribín esa carta.

Esa carta foi escrita por min.

SUX. C.DIR.

SUX. C.AXENTE.

CLÁUS. ACTIVA CLÁUS. PASIVA

C.DIRECTO SUXEITO

C. DIRECTO

Normalmente o CDIR. non leva preposición Escoitei os rapaces.

Ocasionalmente o CDIR. pode estar constituído por unha FRASE

PREPOSICIONAL coa preposición A . Isto sucede cando fai referencia a

unha persoa: con nomes propios. Visitei a Helena.

con pronomes tónicos. Aviseino a el.

para evitar ambigüidades. O elefante matou ao león.

En ocasións, o CDIR. Pode ir introducido pola preposición EN Coller nos figos - Collelos

Nas CONSTRUCIÓNS REFLEXIVAS o pronome SE funciona como

CDIR. Marta lavouse

C. DIRECTO

UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. DIRECTO

SUBSTANTIVO, FRASE NOMINAL e FRASE SUBSTANTIVA.

Escoitei música/ Escoitei aquela canción/ Escoitei

baladas nostálxicas.

FRASE PREPOSICIONAL. Vin a Helena no cine.

PRONOME PERSOAL ÁTONO Vina no supermercado.

CLÁUSULA Díxenlle que estudase máis.

C. INDIRECTO

Recoñécese substituíndo polos pronomes persoais átonos de 3ª persoa lle, lles.

Devolve eses lapis a Xoán. Devólvelle eses lapis.

É habitual que o CIND. apareza redobrado (pronome e frase

preposicional á vez). Deixeille o libro a Ana.

C.IND. C.IND.

C. INDIRECTO

UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. INDIRECTO

PRONOME. Merqueiche un lapis de cores.

FRASE PREPOSICIONAL. Merqueille un lapis a Xoán

PRONOMES PERSOAIS ÁTONOS

C. DIRECTO

1ª ME

2ª TE

3ª O/LO/NO

1ª NOS

2ª VOS

3ª OS/LOS/NOS

C. INDIRECTO

1ª ME

2ª CHE

3ª LLE

1ª NOS

2ª VOS

3ª LLES

SINALA OS C.DIR. E C.IND. QUE HAXA NAS SEGUINTES CLÁUSULAS

Téñoo gardado no armario. Hóubolle pegar a gripe. Díxenllelo a todas. Deixoume abraiada coas súas explicacións. Deixeino por imposible. Deuche unha boa labazada. Collín a Xoán no colo. Tivo que coller nas mazás. Deume o seu ordenador vello. Mercoumo onte pola mañá. Tívollo que entregar antes da data. Chamareite despois das dez. Escoitounos con moita atención. Deunos unha gran noticia. Comunicareivos os resultados cando os saiba.

SUPLEMENTO

É un complemento que vai precedido dunha preposición esixida

polo verbo (influír en, dedicarse a, aspirar a, ocuparse de, confiar

en...). Esta función sempre está desmpeñada por unha FRASE

PREPOSICIONAL. Non pode ser substituído por pronomes persoais átonos. Pode ser substituído por pronomes persoais tónicos (el, ela, eles,

elas) ou polo demostrativo neutro (iso).

Dedícase ao xornalismo

Confía no seu pai

A ISO

NEL

SUPLEMENTO

UNIDADE QUE DESEMPEÑA A FUNCIÓN DE SUPLEMENTO

FRASE PREPOSICIONAL. A conferencia versou sobre economía.

SINALA O SUPLEMENTO DAS SEGUINTES CLÁUSULAS

A súa partida dependía da invitación do poeta mallorquín.

O alumnado de Medicina falaba de Ignacio. Xosefa contaba cun grupo de compañeiras. Ás veces lembrábase da súa cidade natal. Aquela carreira influíu moito na súa vida.

XUSTIFICA POR QUE SON SUPLEMENTOSVan introducidos por unha preposición esixida polo verbo e ao suprimir o suplemento a cláusula non ten sentido ou perde o sentido que tiña.

C.CIRCUNSTANCIAL

Indica o lugar, o tempo, o modo, a cantidade, a compañía, o

instrumento... Recoñécese substituíndo por adverbios que indiquen esas

circunstancias. Xogaremos o venres.

Non se substitúe por pronomes. Nunha mesma cláusula pode haber varios complementos

circunstanciais. Xogaremos o venres no pavillón do centro.

MAÑÁ ALÍ

MAÑÁ

C. CIRCUNSTANCIAL

UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. CIRCUNSTANCIAL

FRASE PREPOSICIONAL. Iremos ao parque pola tarde.

ADVERBIO ou FRASE ADVERBIAL Iremos alí máis tarde.

FRASE NOMINAL Iremos ao parque o domingo.

CLÁUSULA Bota alcol onde tes a ferida.

SUBLIÑA OS C. CIRCUNSTANCIAIS DAS SEGUINTES CLÁUSULAS

En setembro cheguei de Londres. Con eles estaba María. Carme apareceu alí anos despois. Podaremos o rosal cunhas tesoiras mañá cedo. Fixemos exercicio con moito coidado. As casas baleiras nunca me deron medo.

XUSTIFICA POR QUE SON C.CIRCUNSTANCIAS

C. AXENTE

É unha función exclusiva das cláusulas pasivas. É o que realiza a acción neste tipo de cláusulas. Sempre está formado por unha FRASE PREPOSICIONAL

introducida pola preposición POR. Recoñécese porque na transformación a activa, o complemento

axente pasa a ser suxeito.

O premio foi gañado por Luís.

Luís gañou o premio.

C.AX.

SUX.

C. AXENTE

UNIDADE QUE DESEMPEÑA A FUNCIÓN DE C. AXENTE

FRASE PREPOSICIONAL. A coche foi adquirido polo meu irmán.

TRANSFORMA EN PASIVA AS SEGUINTES CLÁUSULAS ACTIVAS E

SUBLIÑA O C. AXENTE O profesor chamou os estudantes. Eduardo Blanco Amor escribiu A

esmorga. Os compañeiros están escoitando a

Marta. O poeta conduciunos a trávés da illa.

ATRIBUTO É un complemento propio dos verbos copulativos (ser, estar,

parecer...) Mantén unha relación dobre:

o Concorda co VERBO en número.

o Co SUXEITO en xénero e número.

Pode ser substuído polo pronome persoal átono o.

ElAS parecen aburridAS.

Elas paréceno.

Concorda en xº e nº co suxeito

Concorda en nº

co verbo

ATRIBUTO

UNIDADES QUE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE ATRIBUTO

SUBSTANTIVO, FRASE NOMINAL e FRASE SUBSTANTIVA.

Aquel home é médico / Aquel home é o médico de

Maceda / Aquel home é médico en Maceda.

ADXECTIVO ou FRASE ADXECTIVA María estaba cansa / María estaba moi cansa.

ADVERBIO ou FRASE ADVERBIAL A casa está lonxe / A casa está moi lonxe.

CLÁUSULA Aquel home é quen chamou á policía.

SINALA OS ATRIBUTOS DAS SEGUINTES CLÁUSULAS

Con moito traballo e esforzo Ánxela será unha boa actriz.

O tenista mallorquín parece hoxe moi canso. O meu amigo Miguel está algo enfermo estes días. As rebaixas de xaneiro son as mellores. As mazás xa parecían maduras na horta do meu pai. As nosas compañeiras de clase son encantadoras.

XUSTIFICA POR QUE SON ATRIBUTOSSon frases nominais, frases adxectivas ou adxectivos segundo os casos. Concordan co suxeito e poden substituírse polo pronome O.

C. PREDICATIVO

Función semellante ao atributo pero con verbos predicativos

( atopar, chegar, entrar, deixar, quedar, resultar, seguir...), non

copulativos. Concorda co VERBO e co SUXEITO (OU COMPLEMENTO

DIRECTO) a un tempo.

ElA abandonou enfadadA o cuarto.

Deixa amañada a cociña.

CDIR.

Concorda en xº e nº co suxeito

Concorda en nº verbo

SUX.

Concorda en nº verbo e en xº e nº co CDIR.

C. PREDICATIVO

UNIDADES QUE HABITUALMENTE DESEMPEÑAN A FUNCIÓN DE C. PREDICATIVO

ADXECTIVO O home permaneceu calado.

FRASE ADXECTIVA O home permaneceu moi calado.

FRASE NOMINAL A Marta elixírona a mellor deportista do ano.

FRASE SUBSTANTIVA Fixeron a Marcos capitán do equipo.

SINALA OS C. PREDICATIVOS QUE HAXANAS SEGUINTES CLÁUSULAS

O meu pai chamoume maleducada. O seu ton era maleducado. Contestou enfadado aos seus pais. Estivo enfadado todo o día. Xaime volveu contento da viaxe. María estaba moi contenta. O taxi de Maceda chegou puntual. Estou totalmente desesperada. Xoán tiña as mans húmidas.

XUSTIFICA POR QUE SON C.PRED.Son adxectivos que acompañan a verbos non copulativos e concordan en xº e nº co SUX. ou C.DIR.

Escoitouna con moita atención. Esta mañá tivemos moito traballo na oficina. Os deportistas falan entusiasmados despois da

carreira. O último debe pechar a porta. Tivo que entregarllo antes da data. Fíxolle un retrato moi orixinal a María con

rotuladores. Divertímonos moito con Xosé aquel día. Xoán subiu as amplas escaleiras exteriores. Nivardo falou de cousas sen importancia.

ANALIZA SINTACTICAMENTE AS SEGUINTES CLÁUSULAS