Post on 27-Jun-2020
PROTOCOLO DE ATENCIÓN ÁS PERSOAS CONSENSIBILIDADE QUÍMICA MÚLTIPLE
Esta obra está dispoñible para a súa consulta e descarga na seguinte ligazón: https://www.sergas.es/A-nosa-organizacion/Publicaci%C3%B3ns-da-Organizaci%C3%B3n
XUNTA DE GALICIAConsellería de Sanidade
Servizo Galego de Saúde
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria
Santiago de Compostela 2019
DATA DE ELABORACIÓN: Setembro de 2019
EDITA: Xunta de Galicia. Consellería de Sanidade. Servizo Galego de Saúde.
Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria.
LUGAR: Santiago de Compostela
DESEÑO E MAQUETACIÓN: Subdirección Xeral de Ordenación Sanitaria e
Innovación Organizativa.
ANO: 2019
AUTORÍA: Subdirección Xeral de Ordenación Sanitaria e Innovación Organizativa.
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
INTRODUCIÓN
Segundo a Axencia de Protección Ambiental Americana a sensibilidade química múltiple (SQM) é
“un diagnóstico para persoas que sofren enfermidades multisistémicas como resultado do contacto
ou a proximidade a unha serie de axentes ambientais e outras substancias”. Trátase dun conxunto de
síntomas e signos de etioloxía descoñecida. Atribúeselle unha orixe multifactorial e está asociada á
exposición previa a substancias que se atopan no ambiente, a concentracións toleradas pola maioría
da poboación. A súa sintomatoloxía caracterízase por unha ampla heteroxeneidade na súa
intensidade (gravidade) e curso evolutivo. Esta variabilidade fai moi difícil o diagnóstico diferencial
con outras enfermidades multisistémicas, xa que non se dispón dunha definición de caso que sexa
aceptada polo conxunto da comunidade científica.
O Documento de Consenso Sensibilidad Química Múltiple publicado polo Ministerio de Sanidade,
Política Social e Igualdade no ano 2011 (1), aborda a necesidade de revisar e actualizar a evidencia
científica sobre SQM nun prazo de 2 anos. Este documento elaborado polo Ministerio aborda por
vez primeira a sensibilidade química múltiple como un problema de saúde.
Posteriormente, no ano 2015 o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Instituto
Aragonés de Ciencias da Saúde editaron o informe de avaliación de tecnoloxías sanitarias titulado
Actualización da evidencia científica sobre Sensibilidade Química Múltiple (SQM) (2). Trátase
dunha revisión sistemática, na que se tomou como punto de partida o documento publicado no
2011, cuxo obxectivo foi a actualizar o coñecemento científico dispoñible sobre SQM, para facilitar
a toma de decisións aos profesionais sanitarios e ás autoridades competentes, na súa prevención,
diagnóstico e tratamento.
As conclusións principais deste recente informe de avaliación son:
1. A SQM asóciase con frecuencia a persoas que presentan enfermidades alérxicas.
2. Persisten as lagoas sobre as causas e bases fisiopatolóxicas da SQM, motivo polo que se
seguen manexando numerosas hipóteses etiopatoxénicas que explican parcialmente a
variada sintomatoloxía da SQM.
3. Investígase a asociación da SQM cunha predisposición individual debido a polimorfismos
xenéticos, exposición laboral, trazos de personalidade, estados de ánimo, alteracións da
1
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
transmisión de impulsos eléctricos e neurotransmisión, mecanismos toxicolóxicos,
alteracións do sistema inmunolóxico, e outras hipóteses socioculturais.
4. As persoas que padecen SQM poden ver afectados un ou varios sistemas simultaneamente,
como poden ser o sistema dixestivo, cardiovascular, a pel e mesmo a nivel psicolóxico.
5. A sintomatoloxía inespecífica e unha falta de consenso na definición de SQM dificultan un
diagnóstico temperán da enfermidade. Cóntase con instrumentos que poden contribuír a un
diagnóstico precoz como a versión en castelán validada do “Quick Environmental Exposure
and Sensitivity Inventory (QEESI)”.
6. O descoñecemento das súas causas mantén a dificultade de desenvolver intervencións
efectivas para o seu tratamento.
7. Crese que a adopción de medidas que sensibilicen á poboación sobre SQM, poderían influír
na redución da exposición a substancias desencadeantes, e que melloraría a comprensión
desta patoloxía e das persoas que a padecen por parte da poboación xeral.
8. Non se identificaron estudos que acheguen novas medidas de tratamento eficaces e seguras
para manexo terapéutico das persoas con SQM. Polo tanto, a mellor opción terapéutica
preventiva na actualidade segue sendo evitar a exposición ás substancias desencadeantes.
Non é doado estimar a prevalencia da SQM debido ás seguintes razóns: diferentes nomes que se dan
a esta entidade, baixo a mesma denominación englóbanse diferentes entidades nosolóxicas,
ausencia de criterios de definición de caso nos estudos e a diversidade de ferramentas diagnósticas
descritas nas publicacións (2).
A epidemioloxía da SQM baséase en datos que proveñen, en moitos dos casos, da información
recollida mediante cuestionarios entre persoas que se autoconsideran enfermas por SQM ou por
persoas con diagnóstico clínico. Este dato é moi variable, sendo así que mentres que no informe
elaborado polo goberno australiano (3) a prevalencia estimada é de cerca do 1%, en España
estímase a prevalencia de SQM entre un 0,02% e 0,04% da poboación xeral (2). Isto implica que a
poboación afectada por SQM en Galicia podería oscilar entre as 540 e 1.080 persoas. Os datos
ofrecidos por este tipo de estudos deben manexarse con precaución, xa que é previsible que
sobreestimen o verdadeiro valor da prevalencia da SQM.
2
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
Pese a que actualmente a OMS non considera á SQM como unha patoloxía cun código específico, o
que dificulta calcular a sua prevalencia na Comunidade, en setembro de 2014 o Ministerio de
Sanidade incorporouna á Clasificación internacional de enfermidades (CIE), cos seguintes códigos:
• CIE-9-MC.9ª: 995.3
• CIE-10-ES: T78.40
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, sensibilizada polas necesidades asistenciais destas
persoas, así como pola necesidade de limitar a exposición ambiental dentro do ámbito sanitario,
decidiu elaborar este Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple coa
intención de diminuír, na medida do posible, os axentes ambientais que se encontran dentro dos
centros sanitarios e que poidan afectar a estes pacientes.
INSTRUMENTOS PARA O DIAGNÓSTICO DA SQM
O cuestionario de exposición e sensibilidade ambiental rápido, QEESI (Anexo 1) desenvolveuse
como un cuestionario de selección para intolerancias químicas múltiples (MCI). O instrumento ten
cinco escalas: severidade dos síntomas, intolerancias químicas, outras intolerancias e impacto da
vida. Cada escala contén 10 ítems, cunha puntuación de 0 (non é un problema) a 10 (problema
severo ou incapacitante). Os usos potenciais para o QEESI inclúen:
1. Avaliacións clínicas: para obter un perfil dos síntomas e intolerancias autoinformadas
polos/as pacientes. O QEESI© pódese administrar a intervalos para seguir os síntomas ao
longo do tempo ou para documentar as respostas ao tratamento ou evitar a exposición.
2. Investigacións no lugar de traballo ou na comunidade: para caracterizar e comparar
poboacións de estudo, seleccionar suxeitos e controis, identificar e axudar a quen pode ser
máis susceptible quimicamente ou a aquelas persoas que informan de novas intolerancias.
As persoas afectadas deben ter a opción de discutir os resultados cos investigadores ou os
seus médicos persoais.
Este instrumento foi traducido e adaptado para a poboación española por Mena G et al, como un
instrumento fiable, sensible e específico para medir a SQM, e utilízase na práctica como criterio de
gravidade e de prognóstico evolutivo da enfermidade. Axuda a identificar axentes desencadeantes
3
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
dos síntomas, permite cuantificar a súa gravidade e repercusións sobre as actividades da vida
diaria.
Este cuestionario pode empregarse tanto no ámbito da asistencia primaria coma do hospitalario por
profesionais que atenden pacientes con sospeita de sensibilidade química múltiple (SQM).
Outro aspecto importante na SQM é o de analizar o grao de severidade da enfermidade, xa que en
función deste estableceranse distintas abordaxes. Co fin de identificar con corrección este nivel de
severidade, elaborouse a clasificación SANOXA. Esta foi creada no Hospital Clínico de Barcelona
e establece catro graos de severidade. Estes marcan diferentes niveis de incapacitación e illamento,
sendo o grao I o/a paciente practicamente asintomático e o grao IV correspondente coa invalidez
absoluta.
4
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
PROCEDEMENTO DE COIDADOS EN ATENCIÓN PRIMARIA
A consulta de Atención Primaria é un dos lugares onde a adaptación a estas persoas resulta máis
importante, debido a que é un lugar ao que as persoas con esta patoloxía deben acudir forzosamente
para o seu diagnóstico e tratamento.
Recoméndase o establecemento dunha boa comunicación relación profesional-paciente para que
cando xurda algún problema de saúde o/a paciente poida acudir a un profesional coñecido e de
confianza.
Moitas das substancias desencadeantes para unha persoa con SQM atópanse comunmente nos
centros de saúde, e inclúen ambientadores, neutralizadores de cheiro, desinfectantes e produtos de
hixiene persoal, entre outros.
Aínda que conseguir unha consulta libre de fragrancias e produtos químicos sería a situación ideal,
é de difícil consecución. Polo tanto, o mais aconsellable é pedirlle ao/a paciente que indique os
produtos que lle causan reacción para intentar evitalos.
Recomendacións para ter en conta para a atención no centro de saúde
1. Concertar a visita á primeira hora, cando non haxa demasiados/as pacientes na sala e o
tempo de espera sexa mínimo.
2. Comprobar o cadro de “alerxias” e intolerancias do/a paciente.
3. Retirar, no posible, ambientadores e outros aparellos de cheiro.
4. Permitir que espere fóra ou no seu vehículo, se o tempo o permite.
5. Proporcionar un lugar de espera no que se evite o contacto coas outras persoas, se for
posible.
6. Na medida do posible, limitarase o uso por parte dos profesionais do centro de saúde de
produtos de coidado persoal perfumados o día da visita, para evitar o uso de axentes
ambientais prexudiciais ás persoas afectas por SQM.
5
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
7. Informar o persoal que teña relación directa co/a paciente que non utilice produtos
perfumados o día da consulta.
8. Consultar a pacientes antes de administrarlle algunha medicación, e tamén antes de utilizar
alcol ou similares ou tocalo con luvas de látex.
9. Se a persoa reacciona a algún produto, retiralo inmediatamente da consulta. Levala ao
exterior ou a outra habitación con ventilación independente.
10. Evitar o uso na sala de produtos de limpeza, aerosois, e equipamento de oficina como fax
ou fotocopiadoras mentres o/a paciente permaneza na consulta.
11. Escoitar atentamente. As persoas afectadas adoitan saber a que están a reaccionar e como
poñer remedio á situación da maneira máis eficaz.
12. Evitar crear tensión ou sentimentos de incomprensión dicíndolle cousas como “non penses
niso” ou “reláxate”. O único modo de reverter a situación de emerxencia é corrixindo o que
a está ocasionando.
13. Coloque sinais que avisen de calquera obra de remodelación, pintura, carpintaría ou
construción que se estea levando a cabo.
6
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
PROCEDEMENTO DE COIDADOS EN SERVIZOS DE URXENCIA EPUNTOS DE ATENCIÓN CONTINUADA
1. Se FPUSG-061 organizase un traslado, dende o propio Centro coordinador de Urxencias
Sanitarias informaranse os equipos móbiles da patoloxía do/a paciente.
2. Fágalle saber que vostede é coñecedor de que ten sensibilidade química múltiple e que
traballará con el ou ela para darlle os coidados necesarios. Asegúrese de preguntarlle a que
cousas ten sensibilidade, incluíndo reaccións a fármacos que quizais necesite administrarlle.
3. Facilite que a persoa poida levar o seu propio equipo sanitario, comida e auga, artigos para
a cama, roupa, xabón etc.
4. Si se traslada a un hospital, axude a protexelo da contaminación do aire. Estas son algunhas
das recomendacións:
1. Permita que use máscara ou abra unha xanela segundo sexa necesario
2. Advirta ao persoal que se vai a facer cargo dos seus coidados no hospital que non
deberían atendelo profesionais que fumen.
3. Os profesionais que estean en contacto directo deben utilizar as batas, gorros e luvas sen
látex.
4. Evite situalo/a en espazos que fosen utilizados recentemente con ambientadores,
insecticidas, desinfectantes ou locais que estean recentemente pintados ou que tivesen
algunha remodelación recente.
5. Recoméndase a colocación dun cartel na porta do/a paciente indicando a condición de ser
persoa afectada de sensibilidade química múltiple.
6. Recoméndase que as persoas con SQM se identifiquen como tales no rexistro de entrada dos
servizos de urxencias e puntos de atención continuada.
7. Na atención do/a paciente priorizarase o uso de agua da billa embotellada en cristal, ou
produtos de hixiene sen perfume; ambas poderá levalas o/a propio/a paciente.
7
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
PROCEDEMENTO DE COIDADOS DURANTE O INGRESOHOSPITALARIO
Planificar a hospitalizaciónEn todos os casos nos que sexa posible, a persoa con SQM debe proporcionar información das súas
sensibilidades nos servizos de admisión do hospital coa maior antelación posible antes de calquera
visita programada.
As persoas con SQM deben informar as persoas coas que contactan sobre as substancias
desencadeantes co obxectivo de reducir a exposición a estas no hospital.
As persoas con SQM poderán levar os seus propios artigos persoais, por exemplo pasta de dentes,
roupa e produtos de hixiene persoal. Tamén será posible que leve a súa propia comida sempre que
estea adaptada á súa situación clínica e non exista contraindicación.
Preparación para o ingreso
O servizo de medicina preventiva do hospital coordinará e participará na atención do/a paciente, se
fora necesario.
LIMPEZA:
1. Limpeza da habitación e baño antes do ingreso
2. Asignar persoal de limpeza coñecedor das recomendacións a seguir.
3. O cuarto debe estar libre de humidade e mofo e revisar e limpar o sistema de ventilación.
4. Non se utilizarán limpadores en aerosol, desinfectantes nin ambientadores. Todos os obxectos
con aroma deben ser retirados da habitación.
5. Utilizar auga e bicarbonato sódico para a limpeza de superficies, como o baño, colchón, cama,
sofá, cadeiras, etc...
8
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
Profesionais sanitarios asignados ao paciente
A SQM é unha enfermidade que pode ser debilitante. Os enfermos de SQM poden reaccionar de
forma severa a produtos e substancias químicas de uso común. Os seguintes pasos axudarán a previr
os axentes ambientais na área en que o/a paciente estea ingresado:
• O persoal ao cargo do/a paciente debe ser no posible voluntario e estar informado sobre esta
enfermidade.
• Os deterxentes e suavizantes para a roupa, desodorizantes, xampús, locións capilares, lacas
e escumas para o cabelo, maquillaxe ou os xabóns para a ducha poden ter perfumes ou
fragrancias desodorizantes. Ao persoal que vaia coidar o/a paciente aconséllase utilizar
produtos de hixiene persoal libres de perfume.
• O persoal que fume non debería facerse cargo dos enfermos de SQM.
• Débese estar en alerta ante calquera posible desencadeamento ambiental de SQM durante os
procedementos hospitalarios habituais. Sempre que sexa posible, dispoñer que o/a paciente
sexa tratado no seu cuarto.
• O persoal médico e de enfermaría que se ocupe da atención e coidados debe coñecer a súa
enfermidade e o protocolo que hai que seguir. Para minimizar a contaminación, é
aconsellable asignar un equipo clínico referente: médico/enfermeira/auxiliar de enfermaría
para que atenda o/a paciente e informe todo o persoal sanitario e non sanitario. Se é
necesario o traslado a outra unidade, por exemplo en radioloxía, o persoal debe ser
notificado con antelación á chegada do/a paciente.
• Todos os membros do persoal sanitario deben ser informados previamente á hospitalización
do/a paciente con SQM para garantir unha adecuada preparación da atención necesaria.
• Os pacientes con SQM deben ter rexistradas todas as substancias e procesos que fosen
desencadeantes na súa historia clínica.
9
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
Coidados ambientais hospitalarios
A habitación do/a paciente é a área onde vai pasar a maior parte do tempo. A pesar de ser
virtualmente imposible conseguir un ambiente totalmente sen químicos, poden tomarse medidas
para previr exposicións innecesarias.
• Procurarase ofrecer un cuarto individual eliminando o mobiliario innecesario, e elixirase o
cuarto de menos tránsito na unidade.
• Sinalización do illamento na habitación, insistindo en que antes de entrar contacte co persoal
sanitario referente. Existirá material de protección individual na entrada da porta da
habitación.
• As sabas serán 100% de algodón e lavadas con xabón neutro.
• O/a paciente poderá utilizar calquera material de uso individual (máscara de O2, toallas…),
sempre que sexa aceptado polo equipo sanitario responsable do/a paciente e non poida
interferir coa evolución da súa enfermidade ou coa saúde das outras persoas que se
encontren ingresadas.
Durante a hospitalización
Os seguintes puntos ofrecen unha visión xeral da preparación que pode ser necesaria durante a
hospitalización en función dos requirimentos individuais do enfermo. O proceso de atención
durante a hospitalización pode incluír:
1. Todo o persoal do hospital e os visitantes deben contactar co persoal referente do/a paciente
que lles dará instrucións antes de entrar no cuarto do/a paciente.
2. A porta do cuarto debe estar sempre pechada.
3. O persoal do hospital debe lavar as mans antes de entrar na habitación, preferiblemente co
xabón neutro e desinfección con hidroalcol.
4. Na habitación do/a paciente non pode haber flores, plantas, xornais nin papel tratado.
10
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
5. A limpeza debe coordinarse co persoal responsable de forma que non se utilicen, se é
posible, produtos químicos no cuarto. Recoméndase a utilización de bicarbonato sódico para
a limpeza diaria sempre que non requira de asepsia.
6. A limpeza diaria da habitación do enfermo de SQM, se é individual e baixo o criterio do
servizo de medicina preventiva, debe ser mínima e debe incluír:
• Quitar o po cun pano de algodón mollado exclusivamente con auga.
• Utilizar bicarbonato de sodio para a bañeira, o vertedoiro e o inodoro.
• Tirar o lixo como mínimo dúas veces ao día.
7. Non se debe deixar a bandexa na habitación despois das comidas.
8. Non deben deixarse roupa e toallas húmidas na habitación. Retiraranse unha vez que o/a
paciente terminase a súa hixiene persoal. O equipamento recomendado para o coidado de
enfermos con SQM estará suxeito tanto ás necesidades individuais e especificas do/a
paciente, como á súa dispoñibilidade por parte do centro sanitario:
• Roupa de algodón 100% lavada con xabón neutro.
• Roupa de cama de algodón 100% lavada con xabón neutro.
• Produtos de hixiene sen perfume.
• Auga da billa embotellada en cristal, que levará o/a propio/a paciente.
• Cartel na porta do cuarto informando de que existe unha persoa afectada coa
sensibilidade química múltiple.
• Produtos de limpeza sen perfume.
• Produtos sen látex, incluíndo luvas (sen po).
• Bicarbonato de sodio.
• Produtos de limpeza non tóxicos e sen químicos.
• Material de cura: apósitos de algodón 100%, vendas de algodón 100% e antisépticos
sen alcois ou derivados.
11
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
Medicación
As persoas afectadas con SQM poden ter mala tolerancia farmacolóxica ou incluso reaccións
adversas a medicamentos. Esta información débese remitir ao servizo de farmacia e farmacoloxía.
Non substituirán os medicamentos que toman no seu domicilio por outras marcas. Deben coñecerse
os ingredientes dos medicamentos estándares, xa que os enfermos de SQM reaccionan a
ingredientes tales como colorantes, conservantes, edulcorantes artificiais e aromatizantes, entre
outros.
Para os procedementos de anestesia recoméndase a consulta do documento do Hospital
Universitario de Guadalajara “Precauciones farmacológicas y anestésicas en enfermos con
sensibilidad química múltiple (SQM)” (4).
Necesidades alimentarias
O/As pacientes de SQM poden ter diferentes intolerancias e/ou alerxias alimentarias. Reaccionan a
ingredientes tales como colorantes, conservantes, edulcorantes artificiais e aromatizantes, entre
outros.
É por iso que se debe contactar co nutricionista do hospital, se o/a paciente é consciente de que teña
algunha intolerancia e/ou alerxia alimentaria que requira dunha dieta especial e organizar as
medidas personalizadas para atender as súas necesidades alimentarias e nutricionais. Débese
facilitar aos pacientes levar a súa propia comida se así o solicitan e é compatible co tratamento.
As bandexa de comida e os utensilios non serán de plástico, utilizaranse cubertos de aceiro e louza.
Recomendacións para ter en conta en caso de atención cirúrxica
• Aplicarase o protocolo existente nos hospitais en casos de alerxia ao látex.
• A limpeza previa realizarase seguindo instrucións recollidas neste documento.
• O procedemento cirúrxico programarase preferentemente á primeira hora.
• A zona de atención do/a paciente en coidados poscirúrxicos, tentarase que estea situada, na
medida do posible, en zonas pouco transitadas.
12
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
Todos os profesionais que atendan estes pacientes deberán coñecer e poñer en marcha as
recomendacións que se recollen neste documento.
13
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
ANEXO 1. CUESTIONARIO QEESI
14
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
ANEXO 2. CLASIFICACIÓN SANOXA
GRAO I: Síntomas tolerables. É máis un incremento da percepción fisiolóxica que unha
verdadeira enfermidade.
- A súa puntuación na escala 1 ou 3 do QESSI>40 puntos.
GRAO II: Síntomas leves; non precisa máscara nin tivo que realizar un cambio de domicilio por
ese motivo.
- A súa puntuación na escala 1 e 3 do QESSI>40 puntos.
GRAO III: Síntomas moderados; usa máscara de forma esporádica ou cambiou de domicilio por
ese motivo.
- A súa puntuación na escala 1 e 3 do QESSI>40 puntos, e
- A súa puntuación na escala 4 do QESSI<6 puntos.
GRAO IV: Grande invalidez. Síntomas ante múltiples produtos que alteran gravemente a saúde;
precisa máscara de forma case continua e cambiou de domicilio por ese motivo. Vive illado no seu
domicilio.
- Puntuación na escala 1 e 3 do QESSI>40 puntos.
- Puntuación na escala 4 do QESSI< 4 puntos.
OBSERVACIÓNS:
Admítense clasificacións intermedias (I-II, II-III, III-IV).
Se o/a paciente é fumador ou pinta (acuarelas, óleos) débese restar un grao á clasificación.
15
CLASIFICACIÓN SANOXA DO HOSPITAL CLÍNICO DE BARCELONA.
GRAOS DE GRAVIDADE DA SQM
Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple______________________
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
(1) Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad. Documento de consenso sobre sensibilidad
química múltiple. 2011. Accesible en:
http://www.mscbs.gob.es/organizacion/sns/planCalidadSNS/pdf/equidad/
SQM_documento_de_consenso_30nov2011.pdf
(2) Actualización de la Evidencia Científica sobre Sensibilidad Química Múltiple (SQM) / Mónica
Valderrama Rodríguez …[et al]. – Madrid: Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad,
2015. – 92 p. ; 24 cm. – (Informes, estudios e investigación) (Informes de evaluación de tecnologías
sanitarias. IACS). NIPO: 680-15-118-7. Accesible en:
https://www.sergas.es/Asistencia-sanitaria/Documents/953/Actualización%20de%20la
%20evidencia%20científica%20sobre%20sensibilidad%20química%20múltiple.pdf
(3) Goverment of South Australia. Multiple Chemical Sensivity (MCS). Guideliness for South
Australian hospitals. 2010. Accesible en:
https://docs.google.com/uc?export=download&id=0B6c815ok-OlQTHYwXzVITTBLbmc
(4) Hospital Universitario de Guadalajara. “Precauciones farmacológicas y anestésicas en enfermos
con sensibilidad química múltiple (SQM)”. Accesible en:
https://sfcsqmeuskadi-aesec.org/wp-content/uploads/2019/01/Protocolo-Farmacos-Anestesia-
Hosp.Guadalajara-SQM.pdf
16