Proxecto Interdisciplinar. Deportes tradicionais e populares na UE.

Post on 15-Aug-2015

28 views 2 download

Transcript of Proxecto Interdisciplinar. Deportes tradicionais e populares na UE.

Proxecto Interdisciplinar

Eduardo C. M.Nerea A. L.

1º ESO – BCurso 2014-2015

Colexio Sagrado Corazón de Jesús

Deportes tradicionais e populares na

UniónEuropea.

1.Calcio florentino (Italia)2.Fútbol gaélico (Irlanda)3.Skeleton (Alemaña) 4.Hurling (Reino Unido)5.Lanzamento de disco (Grecia)6.Lanzamento de xabalina (Grecia)7.Brandy (Finlandia, Estonia e Hungría)8.Jeu paume (Francia) 9.Curling (Escocia, Reino Unido) 10.Pesäpallo (Finlandia)11.Rugby (Inglaterra, Reino Unido)12.Críquet (Inglaterra, Reino Unido)13.Lanzamento de caber (Escocia, Reino Unido)14.Savate (Francia)15.Croquet (Irlanda)16.Kayak-Polo (Reino Unido, Escocia)17.Korfball (Holanda, Países Baixos)18.Bossaball (España) 19.Hockey sobre hielo(Austria)20.Fontes de información

Índice

Calcio Florentino

O calcio florentino é unha forma primitiva do fútbol, orixinaria da Italia do século XVI.

Componse por dous equipos de 27 xogadores cada un, dos cales cinco exercen de porteiros.

Cada encontro dura 50 minutos e é supervisado por oito árbitros: un árbitro principal, seis xuíces de liña e un mestre de campo.

Fútbol gaélico

O fútbol gaélico é un deporte de equipo que se xoga fundamentalmente en Irlanda. O fútbol gaélico xógase en equipos de 15 xogadores nunha terreo rectangular de céspede con porterías en forma de H a ambos lados.

Os xogadores avanzan polo campo levando o balón na súas mans, pateándoo e pasándoo entre os seus compañeiros de equipo. Todos os partidos duran 60 minutos. Utilízase un balón de coiro, similar a un de fútbol, pero lixeramente máis pesado.

Skeleton

O Skeleton creouse en Alemaña a finais do século XIX, cando un soldado inglés utilizou unha zorra de metal que era similar a un esqueleto humán.

Este deporte foi espallándose por Suíza e Austria ata se converter nun deporte olímpico no 2002.

Hurling

O Hurling é un deporte de equipo de orixe celta.

Xógase con paos, cos que se golpea unha pelota.

Este xogo practícase principalmente en Irlanda. O All-Ireland Championship é a principal competición deste deporte.

Lanzamento de Disco

O lanzamento de disco é unha proba de atlétismo, onde o obxectivo é lanzar un disco o máis lonxe posible.

O disco está realizado en madeira e revestido por metal. Débese lanzar a unha soa man. Existen rexistros de que esta proba xa se efectuaba dende o século VI a.C.

Lanzamento de xavelina

O lanzamento de xavelina é unha proba de atletismo na que se lanza unha xavelina feita cun material reglamentario de metal ou fibra de vidro, o máis lonxe posible.

O lanzamento de xavelina practicábase na antiga Grecia. Lanzar o máis lonxe posible ou con máis puntería, podería ter unha orixe moito máis lonxana do que nos mostra a historia escrita.

Brandy

O brandy é un deporte similar ao Hockey de Xeo.

Xógase entre dous equipos con once xogadores cada un e un porteiro en cada equipo. O Brandy ten outras regras que son similares ao fútbol. A regra do fóra de xogo tamén se emprega. O terreo de xogo é de xeo e ten o mesmo tamaño que un campo de fútbol convencional.

Jeu de Paume(xogo de palma)

O xogo de palma é un deporte de raqueta practicado dende hai preto de mil anos, en Francia.

O xogo de palma foi o deporte rei entre os anos 1250 e 1650. É o antecesor do tenis e de todos os deportes de raqueta. Practícase individual (1 contra 1) ou en dobres (2 contra 2), pero tamén se xogaba tres contra tres e ata catro contra catro.

CurlingO curling inventouse cara 1909 en Escocia. É un deporte de precisión e de equipo, que ten semellanza cos bolos e a bocha, aínda que se practica nunha pista de xeo.

Dous equipos de catro participantes compiten entre sí deslizando oito pedras de granito de 20 kg (cada unha). Os outros membros do equipo (swepers) acompañan a cada pedra para facilitar a súa direción.

Pesäpallo(béisbol finés)

O Pesäpallo ou béisbol finés é o deporte nacional de Finlandia. É un xogo parecido ao béisbol.

O Pesäpallo foi deseñado por Lauri Pihkala, que colleu a idea tras ver o béisbol na década de 1910. No xogo hai 18 xogadores, dos cales 9 están fóra e 9 están dentro.

RugbyO rugby é un deporte de contacto en equipo nacido en Inglaterra, onde tomou ese nome a partir das regras do fútbol elaboradas no colexio da cidadr de Rugby (Rugby School) no século XIX.

No rugby enfróntanse dous equipos dentro dun campo rectangular en cuxos extremos atópanse instaladas dúas porterías con forma de “H”. O obxectivo fundamental consiste en apoiar un balón ovalado no chan coas mans sobre ou trala liña de ensaio, isto denomínase ensaio.

Críquet

É un deporte de bate e pelota, no que se enfrentan dous equipos de once xogadores cada un.

Xógase nun campo de herba, máis ou menos ovalado, cunha extensión non inferior aos de fútbol.

O xogo naceu en Escocia hai centos de anos.

Consiste no lanzamento dun gran tronco de madeira, parecido a un poste telefónico e denominado cáber (do gaélico escocés cabar) o máis lonxe posible.

Lanzamiento de Cáber

O Savate, tamén coñecido como Boxe Française, é un deporte de contacto francés que usa tanto as mans como os pés como armas e inclúe elementos de boxeo occidental, técnicas de agarre e técnicas de perna.

O Savate practicouse a principios do século XIX en París, no norte de Francia e no sur.

Savate(boxeo francés)

É un deporte que consiste en golpear bolas de madeira ou plástico cun mazo, a través de pequeños arcos de metal que están chantados no campo de xogo.

A versión moderna deste xogo inventouse en Irlanda na década de 1830, sendo un parente lonxano do golf.

Croquet

É un deporte competitivo con balón que se xoga na auga, nun “campo” delimitado. Participan dous equipos de 5 xogadores, cada xogador está nun Kayak de aproximadamente 3 metros. O obxectivo do xogo é conseguir introducir o balón na portería do equipo contrario. O equipo que marque máis goles no tempo reglamentario é o gañador.

Kayak-Polo

O korfball inventouse no século XX en Holanda. É un deporte xogado entre dous equipos que intentan introducir unha pelota dentro dunha canastra. Os equipos son mixtos, formados por catro homes e catro mulleres en cada formación. O korfball ten similitudes co baloncesto.

Korfball

Este deporte inventouse en España no 2004. É un xogo que mestura deportes como o fútbol, o voleibol e a capoeira (artes marciais que mesturan danza, música e acrobacias).

Baseado nas regras do voleibol, xógase sobre unha superficie de colchóns inchables e camas elásticas.

Bossaball

Hockey sobre

xeo

Se ben o hockey sobre xeo foi creado en Canadá, é en Austria onde este desfruta de maior popularidade.

É un deporte que se xoga entre dous equipos de seis xogadores con patíns sobre unha pista de xeo. Os patinadores deben dirixir un disco de caucho cun bastón longo para tratar de anotar na portería contraria. Ao final gaña o equipo que máis goles marque.

FONTES DE INFORMACIÓN

-Wikipedia-Europa.eu-Deportesdesconocidos.wordpress.com

Fin