Post on 07-Apr-2016
description
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
TÍTULO DO PROXECTO:
“Lectores viaxeiros”
INTRODUCIÓN:
“Cando non se coñece persoalmente a individuos doutros grupos étnicos, relixiosos o
culturais, é moi doado crer cousas horribles deles e terlles medo”
“Cuando no se conoce personalmente a individuos de otros grupos étnicos, religiosos o
culturales, es muy fácil creer cosas horribles de ellos y tenerles miedo”
"When you do not personally know individuals from other ethnic, religious or cultural
groups, it is very easy to believe horrible things about them and fear them"
«Quand vous ne connaissez pas personnellement des personnes d'autres groupes
ethniques, religieux ou culturels, il est très facile de croire des choses horribles à leur
sujet et les craindre"
"Quan no es coneix personalment individus d'altres grups ètnics, religiosos o culturals,
és molt fàcil creure coses horribles d'ells i tenir-los por"
"As jy nie persoonlik ken mense van ander etniese, godsdienstige of kulturele groepe, is
dit baie maklik om verskriklike dinge oor hulle te glo en vrees hulle”
“當你不親自知道其他族裔,宗教或文化群體的個人,這是很容易相信關於他們可怕的事情,怕他們”
«Όταν δεν ξέρεις προσωπικά άτομα από άλλες εθνοτικές, θρησκευτικές ή πολιτισμικές
ομάδες, είναι πολύ εύκολο να πιστέψει φρικτά πράγματα γι 'αυτούς και να τους
φοβούνται"
MICHAEL LEVINE
XUSTIFICACIÓN:
O traballo que a continuación se describe realizarase no CEIP Sofía Casanova
situado na localidade coruñesa de Vilaboa, no concello de Culleredo. Para o
curso que vén o centro contará con 7 unidades de educación infantil e 13
unidades de educación primaria.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
A idea de traballar nun proxecto de centro que ten como eixo principal a
Biblioteca xorde coa necesidade de mellorar as competencias en comunicación
lingüística, comunicación matemática, coñecemento e interacción có mundo
físico, competencia cultural e artística, competencia dixital e tratamento da
información, competencia para aprender a aprender, e competencia social e
cidadá do alumnado.
Levamos tres anos traballando con proxectos documentais integrados que
xorden dende a biblioteca. Isto provocou unha nova maneira de ver a
biblioteca:
-Como facilitadora de aprendizaxes.
-Como fonte de propostoas dinamizadoras
-A Biblioteca como centro de recursos.
Este ano, seguiremos coa mesma dinámica que tan ben funciona e
traballaremos os “Pobos do Mundo” partindo do alumnado inmigrante que
temos no centro.
O proxecto desenvolverase ao longo do curso 2014-2015.
NECESIDADES MÁIS URXENTES:
Grazas ao traballo nestes últimos anos contamos cun espazo adecentado e
adicado exclusivamente á biblioteca escolar. Este ano fixemos a compra dunha
estantería cun expositor, un moble para os libros de banda deseñada e
recuperamos un expositor vello para a entrada da biblioteca.Sen embargo, o
espazo adicado à biblioteca quédanos un pouco escaso: cada vez temos máis
nenos e nenas.
A nosa biblioteca segue a ser un espazo frío, necesitamos convertelo nun lugar
donde a estancia sexa máis cómoda e agradable.
Aínda que este curso aumentamos a colección todavía temos que seguir
dotando a nosa biblioteca de libros de consulta, xa que estos non son
suficientes
É imprescindible facer un gran expurgo xa que hai moitos libros que non teñen
movemento dentro da biblioteca, e teremos que renovalos.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
Necesitamos mellorar a xestión de recursos documentais de centro para poder
ofrecer información inmediata sobre a súa localización e dispoñibilidade.
Non contamos con ningún libro electrónico entre o noso equipo.
Un dos nosos puntos febles é a banda deseñada, xa que, aínda que temos
títulos, só contamos no noso catálogo cos máis tradicionais (Super Humor,
Tintín, Zipi e Zape...). É imprescindible coñecer máis a fondo este tipo de
literatura e adquirir novos fondos.
Contamos coa suscripción a varias revistas “Caracola”, “Reportero DOC”, “Leo
Leo”, “I Love english Junior”
E este ano continuamos coa compra de DVDs, que teñen unha grande acollida,
pólo que pensamos que é necesario adquirir novos fondos.
Tamén sería necesaria a compra de estanterías novas. E un par de postos
informáticos, xá que solo temos un posto para a consulta e está un pouco
obsoleto
Necesitamos ampliar o espazo adicado aos lectores máis novos, o curso que
vén abrimos unha unidade máis de infantil, e necesitamos que os libros non
estén tan xuntos. Por outra banda, gustaríanos poder contar cun espazo de
lectura informal, o cal non podemos crear polas pequenas dimensións da nosa
BE.
É moi urxente poñer un aceso para persoas con movilidade reducida.
Non queremos esquecer a importancia da formación do equipo de biblioteca a
través dun proxecto de centro, e que poidan facer os cursos ofertados pólo
Cefore, xa que ainda que o solicitan, sempre quedan fora.
Para todo isto necesitamos un horario o suficientemente amplo de
dispoñibilidade do profesorado encargado da B.E para acometer todas estas
reformas.
OBXECTIVOS:
a) OBXECTIVOS XERAIS DA B.E:
- Promover o gusto pola lectura
- Reformar a biblioteca para convertela nun espacio cálido, vivo, aberto
ao goce da lectura e da búsqueda de información.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
- Visualización da biblioteca e das súas actividades na comunidade
escolar.
- Adquisición de fondos documentais relacionados coa interculturalidade
- Mochilas viaxeiras: poñer en funcionamento esta actividade.
- Catalogar e rexistrar os fondos existentes por toda a escola e
centralizalos na B.E.
- Queremos difundir entre o alumnado e o profesorado a información en
diferentes soportes para satisfacer as necesidades curriculares, culturais
e complementarias, ofrecéndolles asistencia e orientación para
conseguir que a biblioteca sexa un verdadeiro centro de recursos.
- Organizar e deseñar actividades encamiñadas a plans de fomento de
lectura.
b)OBXECTIVOS PARA O ALUMNADO
Queremos que o alumando goce do pracer da lectura
Queremos que o alimnado utilice a biblioteca como unha ferramenta útil
para a súa aprendizaxe.
Potenciar entre o alumnado a bvusca de información como un xeito de
resolución de problemas nun contexto dado e cun sentido crítico.
Converter a lectura e a busca de información nun xeito de canalizar as
expresións artísticas e plásticas do alumnadop por medio das
ilustracións, a banda deseñada...
Queremnos converter a biblioteca como un punto de encontro entre o
alumnado de tódalas idades, con intercambio de experiencias e
informacións.
Queremos conseguir a integración e disminuir as desigualdades do
alumnado máis desfavorecido.
c)OBXECTIVOS PARA O PROFESORADO:
Queremos que o profesorado sexa capaz de dotar ao alumnado das
capacidades básicas para manexar distintas fontes de información,
utilizando estratexias de busca, almacenamento ou tratamento da
mesma.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
Queremos que a biblioteca artelle o proxecto global estando presente en
tódolos departamentos ou ciclos como cento de actividades.
Queremos habituar ao alumnado e profesorado á utilización das
bibliotecas con fins recreativos, informativos e de educación
permanente.
Queremos dotar ao profesorado e ao alumnado de asesoramento
técnico e pedagóixico para o uso da B.E.
Queremos deseñar actividades relacionadas co P.A.T (Plan de Acción
Titorial) que posibiliten a igualdade de oportunidades con fins
coeducativos e de integración social.
Queremos que a biblioteca sexa unha peza fundamental da mellora
educativa.
d)OBXECTIVOS DE CENTRO:
Queremos implicar a comunidade educativa na dinamización da B.E e
no pracer da lectura, ampliando as propostas de actividades ás familias.
- Revisión e actualización do Proxecto Lector de Centro.
TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO
a)Respecto ao profesorado:
Somos varias as persoas do Equipo da Biblioteca cunha coordinadora; o
Equipo de Biblioteca será o encargado , a principio de curso, de deseñar as
actuacións a levar a cabo na BE. Nese momento, confeccionarase unha
axenda de actuacións e unha asignación de tarefas. Este equipo presentará as
súas propostas á C. Pedagóxica e ao Equipo Directivo, para debatelas nos
ciclos e a súa forma de levalo á práctica.
É necesario salientar que, para realizar este proxecto, contamos coa
implicación de todo o profesorado, senón non sería factible.
Funcións e tarefas do Equipo da Biblioteca: como xa vimos realizando en
anos anteriores terá que coordinar os horarios de cada titoría na utilización da
Biblioteca e o uso que se fai dela; repasar as normas de funcionamento para a
Biblioteca, tanto en período lectivo como nas actividades extraescolares.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
Ademais será o Equipo quen realice as seguintes tarefas:
- Publicacións de boletíns (un por trimestre).
- Guías de lectura de determinados libros.
- Listado de libros recomendados polo Nadal e nas vacacións de verán.
- Presencia da BE na revista escolar.
- Propostas para a mellora do Plan Lector.
- Actualización do blog : “Diario dun Bufolector”
- Actualización da páxina web do cole, na sección da biblioteca
O xeito de realizar os préstamos debe de ser revisado e ampliado na medida
das posibilidades horarias do profesorado.
A renovación da Biblioteca realizarase no primeiro trimestre do vindeiro curso
polo que será necesario artellar medidas para que durante ese tempo os
fondos pasen para as aulas e non parar toda a actividade bibliotecaria.
b) Respecto ao alumnado:
Temos que salientar que a proposta de actividades que se relatan a
continuación estarán, ou ben adaptadas a cada nivel por medio de
secuenciacións de dificultade, ou ben ,cando se trate dunha unidade didáctica,
facela globalizada coas áreas curriculares de cada curso.
Noso centro de interese para o vindeiro curso será OS POBOS DO MUNDO
pero para provocar unha maior motivación entre o alumnado conectarémolo
directamente coa súa propia experiencia e, sobre todo, co aspecto emocional
para poder relacionalo co Plan de Acción Titorial
A nosa mascota: seguirá sendo o Bufolector, da man del o alumnado recibirá
cartas periodicamente con propostas de actividades, ademáis será el quen
renove a biblioteca e nos mostre as novidades literarias.
ACTUACIÓN POR TRIMESTRES
a) XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN
A idea principal dentro deste apartado é facer unha remodelación en
profundidade da biblioteca existente ampliando o espazo.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
Ademáis realizaremos un gran expurgo e ambientaremos a biblioteca con
motivos de diferentes culturas. A idea é encher a biblioteca de imaxes e
obxectos que provoquen curiosidade nos nenos e nenas e os inviten á busca
de información.
Ademáis propoñemos actividades orientadas cara ao profesorado e outras
encamiñadas ao coñecemento da biblioteca por parte do alumnado:
1º TRIMESTRE
- Distribución de parte dos fondos nas aulas mentres se acondiciona o
novo espacio.
- Acondicionamento da biblioteca (pintado, sinalización, conexións á
rede, traslado de mobiliario, traslado dos fondos etc..)
- Asesoramento e aprendizaxe por parte do profesorado novo do sistema
de clasificación e catalogación Proxecto MEIGA de Bibliotecas
Escolares de Galicia.
- Posta en contacto coa Biblioteca Pública de Culleredo para seguir
programando actividades conxuntas.
- Posta en contacto coas Bibliotecas Públicas de Coruña para seguir
organizando visitas do alumnado de 3º ciclo e intercambios e préstamos
de fondos.
- Expurgo dos fondos obsoletos.
- Realizar as operacións básicas da cadea documental: selección de
documentos, adquisición, tratamento material, catalogación e difusión da
información.
- Centralización dos fondos existentes por toda a escola.
- As actividades encamiñadas á formación no uso da BE: normas, tipos de
busca, etc.,serán realizadas na medida en que a nova biblioteca estea
preparada.
- Adquisición de fondos relacionados coa temática a traballar neste curso.
2º TRIMESTRE
- Operacións básicas da cadea documental.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
- Difusión dos fondos: expandir os libros por recantos, exposicións
temáticas, etc..
- Actualización dos fondos.
- Adquisición de novo mobiliario
3º TRIMESTRE
- Operacións básicas da cadea documental.
- Clasificar soportes diversos.
- Plan de adquisición de novos fondos.
b)DINAMIZACIÓN
-Formación de usuarios: a biblioteca: un universo organizado
1º TRIMESTRE
Visitas guiadas de tódolos cursos para coñecer a nova
distribución da Biblioteca Escolar.
Xogos para descubrir a colocación e as cores dos
diferentes niveis de lectura.
Xogos para coñecer a sinalización da Biblioteca
Os/As maiores explican e guían pola biblioteca aos/as
máis pequenos/as.
O alumnado do terceiro ciclo coñece e comeza a utilizar o
Meiga.
2º TRIMESTRE
Coñecemos a Biblioteca de Culleredo e outras (Cambre,
Coruña…)
Axudar a colocar un conxunto de libros no seu lugar
correspondente.
Publicación dunha guía da nova Biblioteca coas normas,
formas de utilización, etc.
3º TRIMESTRE
Coñecemos outras bibliotecas a través da rede ( ReBeca,
Biblioteca Virtual Galega, etc..)
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
C) -Educación para o acceso á información ( educación documental)
O traballo estará encamiñado a conseguir paulatinamente o concepto de
biblioteca integrada a través do proxecto de traballo, o que supón
aprender a investigar un tema dende un enfoque relacional con ideas claves
e metodoloxías de diferentes disciplinas.
Desenvolvemento do traballo centrando sempre as actividades nun eixe
central. Este apartado versará fundamentalmente na busca da información
e do material necesario para desenvolver posteriormente determinados
traballos creativos e de investigación.
1º TRIMESTRE
Elaboración de murais e carteis explicando que é o que
se ve nas imaxes ou obxectos que estarán colocados
pola biblio sobre a temática: cada curso buscará a
información sobre o que lle toque investigar e fará un
mural explicativo.
En colaboración co equipo de Normalización Lingüística
organizar o Día do Magosto, engadindo aos nosos
xogos tradicionais xogos do Mundo.
Poñerlle ás aulas nomes de pobos do mundo e facer un
pequena reseña de onde está situado ese lugar e as
súas características máis salientables.
Recompilación de contos e fábulas de diferentes
lugares e comparalas coas que xa coñecemos.
Actualización constante do blog da Biblioteca.
Elaborar un recetario sobre os platos típicos de Nadal
no mundo
2º TRIMESTRE
Xogaremos co libro “A volta ao mundo en 80 días” de
Julio Verne. Da man de Phileas Fogg descubriremos
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
outras culturas, visitando diferentes continentes e a
riqueza dos seus pobos.
Buscaremos outros título deste autor e a súa relación
cos pobos do mundo.
Xogo de pistas na biblio para atopar outros libros que
teñan unha temática parecida.
Trivial para o terceiro ciclo sobre o libro “A volta ao
mundo en 80 días”
Día da Muller Traballadora: investigaremos sobre o
papel da muller nas diferentes culturas. En todas se
valora igual o seu traballo?
Creación de Mini –quests e Web-quests
Actualización constante do blog da Biblioteca.
Semana do cine: proxeción de películas para toda a
escola.
Día da poesía: os Haiku
Día do libro:
Análise da presenza das outras culturas na prensa
española.
3º TRIMESTRE
Busca e tratamento de información para facer unha
exposición no centro (bailes, comidas, tradiciónss…) de
todas as culturas presentes na nosa comunidade escolar.
Actualización constante do blog da Biblioteca.
Como peche de proxecto organizar un evento de danzas
do mundo.
Proxecto Lector de Centro. Fomento da lectura
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
Neste proxecto prímase a idea de lectores/as polivalentes , é dicir, formar
lectores que non sexan meros/as consumidores/as de libros, senón suxeitos
capaces de variar os seus modos de lectura segundo os seus intereses e
necesidades.
O Plan Lector, que implica a todo o profesorado e a tódalas áreas, decide as
liñas de mellora prioritarias para cada curso e as estratexias para levalas a
cabo, entre as que está contemplado o uso da BE como tarefa transversal e o
seu uso específico para a aprendizaxe de cada área. Así, no Plan Xeral e nas
programacións didácticas queda reflectido este uso.
En liñas xerais, no Plan Lector configúrase a organización de:
.- Fixar itinerarios lectores.
.- Coas actividades abaixo reseñadas, mellora da producción de textos orais e
escritos.
.-Sesións de lectura semanal en cada titoría, con actividades programadas de
uso da biblioteca e mellora da comprensión lectora.
.- Tódolos cursos farán a HORA DE LER, onde diariamente todo o centro
(profes e alumnos) adicaranse a ler. Esto organizarase de varias maneras:
lectura en voz alta compartida (todos lendo o mismo libro), lectura en voz baixa,
lectura por placer, lectura comprensiva (con actividades para antes, durante e
despois da lectura), lectura de imaxess, lectura de prensa, lectura dixital…
1º TRIMESTRE
O alumnado do terceiro ciclo contará contos ao alumnado de
infantil.
Escolma de libros sobre diferentess lugares do mundo.
Binomio fantástico.
Crear historias sobre un título determinado.
Que pasa despois da palabra FIN?
CrearInventar un conto lido dun xeito incompleto.
madriñas/padriños lectores entre o alumnado de diferentes
niveis.
2º TRIMESTRE
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
Día da Poesía : lectura de poemas e cantigas doutros lugares.
Somos capaces de ler noutros idiomas?
Escribimos un folleto turístico sobre algún lugar que non
conocemos
3º TRIMESTRE
No mes abril celebramos “O Día do Libro”.
Creación de rimas
Contos bilingües: lectura simultánea de contos en dúas
linguas.
Normalización Lingüística: Revista Escolar e Letras Galegas
- Apoio ao estudio ou a outras actividades desde a Biblioteca para a
compensación das desigualdades sociais.
- Elaboración de materiais de apoio para a mellora dos aspectos xerais da
aprendizaxe.
- Facilidades de préstamo de fondos e de acceso ás novas tecnoloxías ao
alumnado máis desfavorecido social e/ou economicamente.
- Selección de materiais e fondos específicos para o alumnado de orixe e
cultura diferente e como complemento dos contidos das distintas áreas.
- Procura de materiais para documentar diferentes actividades: saídas,
visitas a museos, actuacións, festas conmemorativas, etc..
- Elaboración e divulgación de materiais encamiñados á mellora das
técnicas de estudio e á comprensión lectora.
- Estreita colaboración co Departamento de Orientación para:
recibir asesoramento sobre temas relacionados coa comprensión
lectora e as súas estratexias.
o Aplicación de probas de comprensión lectora e a súa posterior
avaliación.
o Fomentar o uso da literatura na educación emocional e na resolución de
conflictos.
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
o Envío continuo ao claustro sobre información relacionada co Plan Lector, enderezos web de interese, actividades da biblioteca, etc..
Accións para a integración da cultura impresa /cultura dixital
Dende a biblioteca buscaremos a difusión entre o alumnado e o
profesorado da información en diferentes soportes para satisfacer as
necesidades curriculares, culturais e complementarias, ofrcéndolles
asistencia e orientación para conseguir que a biblioteca sexa un verdadeiro
centro de recursos.
Motivar ao profesorado para que actualice o blog da biblioteca con
información e traballos propios.
Tentaremos que o alumnado teña de referencia o “Diario dun Bufolector”
como fonte de recursos e información.
Consideramos a posibilidade de mercar algún libro dixital para o seu uso
na B.E.
Actualizar os equipos informáticos da biblioteca e poñer carpetas
informativas, de xogos, etc.
Traballo na aula co xornal.
Difusión dos recursos dispoñibles na BE
Pretendemos que a B.E estea presente en toda a comunidade escolar. Para
isto deseñamos actividades para todos os niveis e departamentos do centro.
Ademáis contamos co blog da biblioteca “Diario dun Bufolector”
(http://bufolector.blogspot.com.es/)
Na páxina web do centro aparece información e recursos da B.E
Mantemos unha estreita relación coas familias a travñes dunha biblioteca
aberta a toda a comunidade escolar: contacontos, cartas, actividades,
recomendacións lectoras, O Pregón do Bufolector...)
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
- Outros
O Programa de Mellora do Éxito Escolar en centros para o terceiro ciclo de
E. Primaria implica unha determinada maneira de aprendizaxe das linguas e
das matemáticas, buscando mellorar os aspectos nos que o alumnado
acadaba menor rendemento.
O papel da Biblioteca Escolar será determinante nun novo concepto de
aprendizaxe relativo á comprensión lectora e á producción de textos.
Actividades propostas pola escola para realizar coas familias:
Posibilidade de facerse socios da Biblioteca.
Implicar ás familias na BE e no goce pola lectura.
As familias tamén contan: sesións de contacontos a cargo das familias
“Ensínanos o teu Mundo”: propoñer ás familias que nos veñan a falar
das súas culturas.
HORARIO DE ATENCIÓN ESPECÍFICA:
A biblioteca permanecerá aberta de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 de luns a venres. A coordinadora disporá de 2-3 horas e o equipo de apoio de 6-10 horas
AVALIACIÓN:
o Grao de presenza da biblioteca escolar e do seu proxecto nas distintas
áreas curriculares e ciclos.
o Análise dos fondos cos que conta a BE para a realización do proxecto
o Análise do uso das diferentes seccións da BE por parte do alumnado.
o Uso real da BE: préstamos, lecturas, consultas…
o Contribución do proxecto á consecución dos obxectivos pedagóxicos de
cada una das áreas e ciclos así como de adaptacións curriculares
o Aumento da lectura e goce coa busca de información por parte do
alumnado
o Avance por parte do alumnado na comprensión, competencia e lectura
de textos
CEIP SOFÍA CASANOVA “LECTORES VIAXEIROS”
o Análise en colaboración co Departamento de Orientación da
competencia lingüística do alumnado